Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Informática Código 631G02154
Titulación
Grao en Tecnoloxías Mariñas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Vidal Paz, Jose
Correo electrónico
jose.vidal.paz@udc.es
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral Esta materia encádrase dentro das materias básicas das enxeñarías, e máis concretamente considérase como unha materia transversal porque as competencias adquiridas son importantes para cursar a maioría das materias da titulación.

Ademais, se temos en conta a progresiva informatización e automatización experimentada polos buques nestes últimos anos, e moi especialmente nas salas de máquinas e que levou á aparición dun novo profesional da especialidade, como é o Oficial ElectroTécnico (ETO), pódese comprender que as competencias adquiridas nesta materia tamén serán de gran importancia para o desenvolvemento da profesión dos futuros titulados en Tecnoloxías Mariñas.


Dentro do plan de estudos, aínda que esta materia pódese considerar relacionada con case todas as demais, garda unha estreita relación coas Matemáticas e a Física (resolución de problemas, representación gráfica de resultados e interpretación), o Debuxo (CAD e Deseño industrial), Mantemento (xestión de proxectos e resolución de problemas de investigación operativa con ferramentas informáticas), moi especialmente coas materias de Electricidade, Electrónica, Automatización e Regulación (codificación da información, lóxica binaria, hardware, software) e con todas as da mención ETO, como Redes, Equipos de Navegación e Comunicaciones, Sistemas Electrónicos de Adquisición de Datos ou Instrumentación e Sensórica.

Tamén se considera que está relacionada co Inglés, pois moita da información a manexar (libros, Internet, manuais, ...) atópase neste idioma.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 CE2 - Capacidade para a dirección, organización e operación das actividades obxecto das instalacións marítimas no ámbito da súa especialidade.
A13 CE13 - Levar a cabo automatizacións de procesos e instalacións marítimas.
A14 CE14 - Avaliación cualitativa e cuantitativa de datos e resultados, así como a representación e interpretación matemáticas de resultados obtidos experimentalmente.
A15 CE15 - Manexar correctamente a información procedente da instrumentación e sintonizar controladores, no ámbito da súa especialidade.
A16 CE16 - Ensamblar e realizar tarefas básicas de mantemento e reparación de equipos informáticos. Instalar e manexar sistemas operativos e aplicacións informáticas. Instalar e realizar as tarefas básicas de xestión de redes de ordenadores, no ámbito da súa especialidade.
A17 CE17 - Modelizar situacións e resolver problemas con técnicas ou ferramentas físico-matemáticas.
A18 CE18 - Redacción e interpretación de documentación técnica.
A20 CE20 - Ser capaz de identificar, analizar e aplicar os coñecementos adquiridos nas distintas materias do Grao, a unha situación determinada formulando a solución técnica máis axeitada dende o punto de vista económico, ambiental e de seguridade.
A46 CE51 - Utilizar as ferramentas manuais e o equipo de medida para o desmantelado, mantemento, reparación e montaxe das instalacións e o equipo da bordo.
A67 CE57 - Facer funcionar os ordenadores e redes informáticas a bordo dos buques
B2 CT2 - Resolver problemas de forma efectiva.
B5 CT5 - Traballar de forma colaboradora.
B8 CT8 - Versatilidade.
B9 CT9 - Capacidade para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, que lle doten dunha gran versatilidade para adaptarse a novas situacións.
C3 C3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C9 CB1 - Demostrar que posúen e comprenden coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e que inclúe coñecementos procedentes da vanguardia do seu campo de estudo
C10 CB2 - Aplicar os coñecementos no seu traballo ou vocación dunha forma profesional e poseer competencias demostrables por medio da elaboración e defensa de argumentos e resolución de problemas dentro da área dos seus estudos
C11 CB3 - Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuicios que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
C12 CB4 - Poder transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
C13 CB5 - Ter desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer cómo se garda e manipula a información nunha computadora A15
B2
C3
Evaluar expresións lóxicas usando o Álxebra de Boole A13
A15
B2
C3
Identificar as diferentes compoñentes hardware dunha computadora A16
C3
Ser capaz de ensamblar unha computadora a partires das suas compoñentes A16
A46
A67
B2
B5
B8
Ser capaz de instalar varios Sistemas Operativos e aplicacións software nunha computadora A16
A67
B2
B5
B8
Ser capaz de instalar e configurar unha rede wi-fi A16
A67
B2
B5
B8
Deseñar correctamente as táboas dunha Base de Datos B5
B9
C3
Ser capaz de efectuar diferentes tipos de consultas nunha Base de Datos B2
B5
B9
C3
C13
Coñecer o funcionamento básico e as utilidades das follas de cálculo C3
Ser capaz de programar unha folla de cálculo para resolver diferentes tipos de problemas matemáticos A14
A17
B2
B5
B8
C3
C10
C11
Ser capaz de representar gráficamente e interpretar os resultados dunha folla de cálculo A14
A20
B2
B5
B8
C3
C11
C12
Coñecer os aspectos básicos da planificación dun proxecto C3
Ser capaz de planear un proxecto usando unha ferramenta informática A2
A17
A20
B2
B5
B8
C3
Coñecer diferentes ferramentas e aplicacións de software cartográfico A18
A20
C3
Ser capaz de planear unha travesía por mar usando aplicacións cartográficas A18
A20
B2
B5
B8
C3
Ser capaz de resolver os diferentes problemas de xestión que poidan xurdir ao longo dunha travesía por mar usando as ferramentas informáticas vistas ao longo do curso A2
A17
A20
B2
B5
B8
C3
C9

Contidos
Temas Subtemas
1. CODIFICACION 1.1. INTRODUCCION
1.2. NUMEROS DECIMAIS
1.3. NUMEROS BINARIOS
1.4. CONVERSION DECIMAL-BINARIO
1.5. REPRESENTACION DE NUMEROS NEGATIVOS
1.6. NUMEROS HEXADECIMAIS
1.7. CODIGO DECIMAL BINARIO (BCD)
1.8. CODIGOS ALFANUMERICOS
1.9. CODIGOS DE PARIDADE
2. LOXICA BINARIA 2.1. ALXEBRA DE BOOLE
2.2. FUNCIONS DIXITAIS BINARIAS
2.3. TABOAS DE VERDADE
2.4. PORTAS LOXICAS BASICAS
2.5. LOXICA PROPOSICIONAL
3. HARDWARE 3.1. UNIDADES FUNCIONAIS BASICAS
3.2. PLACA BASE
3.3. CPU
3.4. MEMORIA
3.5. SISTEMA DE INTERCONEXIÓN: BUSES
3.6. REDES
4. SISTEMAS OPERATIVOS 4.1. INTRODUCCION
4.2. PROCESOS E XESTION DO PROCESADOR
4.3. ADMINISTRACION DA MEMORIA
4.4. SISTEMAS DE ARQUIVOS
4.5. ENTRADA/SAIDA
5. BASES DE DATOS 5.1. INTRODUCCION
5.2. MODELO E-R
5.3. MODELO RELACIONAL
5.4. S.G.B.D.
5.5. TABOAS
5.6. CONSULTAS
5.7. APLICACION AO MUNDO MARITIMO
6. FOLLA DE CALCULO 6.1. INTRODUCCION
6.2. FILAS E COLUMNAS
6.3. TIPOS DE DATOS
6.4. FORMATOS
6.5. FORMULAS
6.6. REFERENCIAS
6.7. FUNCIONS
6.8. GRAFICOS
6.9. RESOLUCION DE PROBLEMAS DE I.O.
6.10. APLICACION AO MUNDO MARITIMO
7. PLANIFICACIÓN DE PROXECTOS 7.1 INTRODUCCIÓN
7.2 DIAGRAMAS DE GANT
7.3 PROGRAMACION TEMPORAL DUN PROXECTO
7.4 ASIGNACION DE RECURSOS
7.5 SEGUIMENTO DO PROXECTO
7.6 ANALISE DE CUSTOS
7.7 APLICACION AO MUNDO MARITIMO
8. SOFTWARE CARTOGRAFICO 8.1. FERRAMENTAS WEB PARA O TRABALLO COLABORATIVO
8.2. FERRAMENTAS WEB CARTOGRAFICAS
8.3. APLICACION A PROBLEMAS DE NAVEGACION MARITIMA
O desenvolvemento e superación destes contidos, xunto cos correspondentes a outras materias que inclúan a adquisición de competencias específicas da titulación, garanten o coñecemento, comprensión e suficiencia das competencias recollidas no cadro A-III/2, do Convenio STCW, relacionadas co nivel de xestión de Oficial de Máquinas de Primeira da Mariña Mercante, sen limitación de potencia da planta propulsora e Xefe de Máquinas da Mariña Mercante ata o máximo de 3000 kW. Cadro A-III/2 del Convenio STCW.
Especificación de las normas mínimas de competencia aplicables a los Jefes de máquinas y Primeros Oficiales de máquinas de buques cuya máquina propulsora principal tenga una potencia igual o superior a 3000 kW

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta A2 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A20 A46 A67 B2 B5 B8 B9 C3 C9 C10 C11 C12 C13 3 0 3
 
Atención personalizada 147 0 147
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta A primeira parte da proba consistirá nun cuestionario de problemas en Moodle sobre os temas de Codificación e Lóxica Binaria.

A segunda parte da proba consistirá en varios exercicios prácticos en ordenador sobre Bases de Datos, Folla de Cálculo e OpenProj, con entrega final por medio dunha tarefa de Moodle.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Descrición
Por tratarse de unha asignatura dun plan de estudos a extinguir, o alumnado non ten docencia, pero sí pode asistir a titorías co profesor.

Realizarase no despacho do profesorado nos horarios de titorías establecido a comezo de curso e posto en coñecemento do alumno polos medios apropiados no centro e na plataforma de teleaprendizaxe da universidade.

Ademais o profesorado tamén poderá resolver as dúbidas recibidas por medios electrónicos como correo electrónico ou foros creados a tal efecto na plataforma de teleaprendizaxe da universidade ou videoconferencias a través de Teams.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A2 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A20 A46 A67 B2 B5 B8 B9 C3 C9 C10 C11 C12 C13 Avaliarase:
- Codificación e Lóxica Binaria: 20 ptos
- Base de Datos: 20 ptos
- OpenProj: 20 ptos
- Folla de Cálculo: 20 ptos
- Navegación: 20 ptos
100
 
Observacións avaliación

Para poder superar a materia, na proba mixta será necesario acadar una Nota total como mínimo de 50 puntos.

Os criterios de avaliación contemprados no cadro A-III/1 e A-III/3 do Código STCW e recollido no Sistema de Garantía de Calidade teránse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación. 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á segunda oportunidade e á oportunidade adiantada.

Fontes de información
Bibliografía básica Borruel, F. (2002). Access 2000. Madrid
Ujaldón, M. (2001). Arquitectura del PC. Madrid
Prieto, A. (2005). Conceptos de informática. Madrid
Floyd, T.L. (2006). Fundamentos de Sistemas Digitales. Madrid
Rodríguez, J. (2001). Microsoft Excel 2002. Iniciación y referencia. Madrid
Delgado J.M., Paz F. (2009). OpenOffice.org 3.0. Madrid
Bucki, L.A. (2009). OpenProj: the open source solution for managing your projects. Australia
Pablo Lopez Varela; Santiago Iglesias Baniela (2007). Planificacion, Programacion y Control de Proyectos mediante técnicas de camino critico. Santiago. Ed. Tórculo

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Matemáticas 1/631G02151
Física I/631G02153
Inglés/631G02155

Materias que continúan o temario
Física II/631G02158
Matemáticas III/631G02260
Electrónica e Sist. Electrónicos do Buque/631G02356
Fundamentos de Regulación e Control/631G02257
Electrotecnia. Máquinas Eléctricas e Sistemas Eléctricos do Buque/631G02253
Automatización de Instalacións Marítimas/631G02357
Sistemas Xestión e Mantemento do Buque/631G02360
Fundamentos de Programación/631G02511
Sistemas Electrónicos de Adquisición de Datos/631G02512
Automatización e Control de Procesos/631G02314
Xestión Integral do Mantenemento/631G02316
/
Automatización con PLCs e Instrumentación Industrial/631G02509

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías