Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Mecánica de Fluidos Código 631G02258
Titulación
Grao en Tecnoloxías Mariñas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña
Coordinación
Baaliña Insua, Alvaro
Correo electrónico
alvaro.baalina@udc.es
Profesorado
Arias Fernández, Ignacio
Baaliña Insua, Alvaro
Correo electrónico
ignacio.arias@udc.es
alvaro.baalina@udc.es
Web http://www.udc.es
Descrición xeral Os obxetivos da Mecánica de Fluidos céntranse no estudo dos fluidos en reposo ou en movemento así como nos correspondentes efectos nos contornos. O coñecemento dos principios básicos do comportamento dun fluido resulta esencial á hora de analizar e deseñar todo sistema que conta cun fluido operativo como sistemas de tuberías e máquinas hidráulicas.
O alumno debe ter coñecementos de Termodiánimica e Mecánica ademais dunha sólida base física e matemática.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se modifican os contidos

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen

Sesión Maxistral (computa na avaliación) Solución de problemas; Traballos tutelados (computa na avaliación); Proba obxectiva (computa na avaliación)

*Metodoloxías docentes que se modifican
Non se modifican

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

Correo electrónico: Pra facer consultas, resolver dúbidas teóricas e de resolución de problemas e facer o seguimento dos traballos tutelados. – Moodle: A través dos foros poden formular consultas sobre os contidos teóricos e resolución de problemas. Tamén se poden planear debates dirixidos sobre determinados contidos da materia. – Teams: Sesións no horario oficial para o desenrolo dos contidos teóricos-prácticos e dos traballos tutelados. Sesións adicionais se é necesario ou baixo demanda do alumnado, para a resolución de dúbidas e apoio nos traballos tutelados

4. Modificacións na avaliación

Traballos tutelados pasan a computar un 30 %. Proba obxectiva pasa a computar un 60 %.

*Observacións de avaliación:

Mantéñense os mesmos requisitos na 2ª oportunidade, computándose a asistencia tanto presencial como non presencial si é o caso (segundo a listaxe de asistencia descargada desde Teams). Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a cualificación obtida nas actividades asociadas ao sistema personalizado de titorías corresponderase coa avaliación dos traballos tutelados e das probas obxectivas, cunha ponderación do 30 e do 70 %, respectivamente.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Non se realizarán cambios. O alumnado pode acceder aos contidos dixitalizados tanto teóricos como prácticos en Moodle

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Capacidade para a realización de inspeccións, medicións, valoracións, taxacións, peritacións, estudos, informes, planos de labores e certificacións nas instalacións do ámbito da súa especialidade.
A6 CE6 - Coñecementos e capacidade para a realización de auditorías enerxéticas de instalacións marítimas.
A7 CE7 - Capacidade para a operación e posta en marcha de novas instalacións ou que teñan por obxecto a construción, reforma, reparación, conservación, instalación, montaxe ou explotación, realización de medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritacións, estudos, informes, e outros traballos análogos de instalacións enerxéticas e industriais mariñas, nos seus respectivos casos, tanto con carácter principal como accesorio, sempre que quede comprendido pola súa natureza e característica na técnica propia da titulación, dentro do ámbito da súa especialidade, é dicir, operación e explotación.
A14 CE14 - Avaliación cualitativa e cuantitativa de datos e resultados, así como a representación e interpretación matemáticas de resultados obtidos experimentalmente.
A21 CE37 - Capacidad para ejercer como Oficial de Máquinas de la Marina Mercante, una vez superados los requisitos exigidos por la Administración Marítima.
A30 CE42 - Operar, reparar, manter, reformar, optimizar a nivel operacional as instalacións industriais relacionadas coa enxeñaría mariña, como motores alternativos de combustión interna e subsistemas; turbinas de vapor, caldeiras e subsistemas asociados; ciclos combinados; propulsión eléctrica e propulsión con turbinas de gas; equipos eléctricos, electrónicos, e de regulación e control do buque; as instalacións auxiliares do buque, tales como instalacións frigoríficas, sistemas de goberno, instalacións de aire acondicionado, plantas potabilizadoras, separadores de sentinas, grupos electróxenos, etc.
A31 CE43 - Operar, reparar, manter e optimizar as instalacións auxiliares dos buques que transportan cargas especiais, tales como quimiqueiros, LPG, LNG, petroleiros, cementeiros, Ro-Ro, Pasaxe, botes rápidos, etc.
A41 CE48 - Operar os sistemas de bombeo e de control correspondentes.
A63 CE53 - Supervisar o funcionamento dos sistemas eléctricos, electrónicos e de control
B2 CT2 - Resolver problemas de forma efectiva.
B7 CT7 - Capacidade para interpretar, seleccionar e valorar conceptos adquiridos noutras disciplinas do ámbito marítimo, mediante fundamentos físico-matemáticos.
B9 CT9 - Capacidade para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, que lle doten dunha gran versatilidade para adaptarse a novas situacións.
B11 CT11 - Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos habilidades e destrezas.
C1 C1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 C2 - Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 C3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 C6 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C9 CB1 - Demostrar que posúen e comprenden coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e que inclúe coñecementos procedentes da vanguardia do seu campo de estudo
C11 CB3 - Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuicios que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Recoñecer as propiedades básicas dos fluídos Análise do fluxo interno de fluídos Capacidade para determinar as perdas de enerxía en sistemas fluídos Capacidade para resolver problemas de fluídos aplicando as hipótesis precisas e os modelos físicos adecuados. Planificación e tomade decisión á hora de xestionar unha instalación industrial de manexo de fluídos. Capacidade para comprender os procesos que ocorren en maquinaria hidráulica A1
A6
A7
A14
A21
A30
A31
A41
B2
B7
B9
B11
C1
C2
C3
C6
C9
C11
Capacidade para razoar e comprender as interaccións enerxéticas en diversos sistemas fluidos. Capacidade para resolver problemas e realizar accións de mantemento e optimización dos sistemas fluidos. Planificación e toma decisións en canto á xestión de fluidos en instalacións industriais. Avaliación crítica dos modelos físicos aplicables. Hábito de estudo e estruturación da información a través de táboas e diagramas. As seguintes competencias incluídas na táboa A-III / 1 do código STCW modificado por Manila; Función: maquinaria naval, a nivel operativo -1.1 Realizar unha garda de maquinaria segura -1.2 Manexar a maquinaria principal e auxiliar e os sistemas de control correspondentes. A1
A6
A7
A14
A21
A30
A31
A41
A63
B2
B7
B9
B11
C2
C3
C6
C9
C11

Contidos
Temas Subtemas
PARTE I.- CONCEPTOS BÁSICOS E CINEMÁTICA. TEMA 1.- PRESENTACIÓN. 1.1.- DEFINICIONS E MAGNITUDES.
2.1.- CAMPO DE FORZAS NOS FLUIDOS. ECUACIÓN DO MOVEMENTO.
3.1.- CAMPO DE VELOCIDADE.
4.1.- DIFERENCIACIÓN E INTEGRACIÓN NO CAMPO FLUIDO.


PARTE II.- ESTÁTICA. TEMA 2.- ESTÁTICA DE FLUIDOS. 1.2.- FLUIDOSTÁTICA.
2.2.- HIDROSTÁTICA.
3.2.- DISTRIBUCIÓN DE PRESIONS EN MOVEMENTO COMO SÓLIDO RÍXIDO.
4.2.- FLOTABILIDADE
5.2.- ESTABILIDADE
PARTE III.- DINÁMICA. TEMA 3.- ANÁLISE INTEGRAL DE VOLÚMENES DE CONTROL. 1.3.- LEIS DE CONSERVACIÓN APLICABLES A UN VOLUMEN DE CONTROL.
2.3.- ECUACIÓN DE CONTINUIDADE.
3.3.- ECUACIÓN DE CONSERVACIÓN DE CANTIDADE DE MOVEMENTO.
4.3.- CONSERVACIÓN DE MOMENTO CINÉTICO.
5.3.- ECUACIÓN INTEGRAL DA ENERXÍA PARA UN VOLUMEN DE CONTROL INDEFORMABLE.
TEMA 4.- ANÁLISE DIFERENCIAL DE VOLÚMENES DE CONTROL. 1.4.- FORMAS DE OBTER AS ECUACIONS DIFERENCIAIS XERAIS.
2.4.- FORMA DIFERENCIAL DA ECUACIÓN DE CONTINUIDADE.
3.4.- FORMA DIFERENCIAL DA ECUACIÓN DE CANTIDADE DE MOVEMENTO.
4.4.- CONSERVACIÓN DA ENERXÍA MECÁNICA E ECUACIÓN DE BERNOULLI.
TEMA 5.- ANÁLISE DIMENSIONAL E SEMELLANZA. 1.5.- INTRODUCCIÓN AO ANÁLISE DIMENSIONAL.
2.5.- PARÁMETROS ADIMENSIONAIS E SIGNIFICADO. LEIS DE SEMELLANZA.
TEMA 6.- FLUXO INTERNO INCOMPRESIBLE E VISCOSO. 1.6.- FLUXO INTERNO LAMINAR.
2.6.- FLUXO LAMINAR TOTALMENTE DESENVOLVIDO.
3.6.- FLUXO TURBULENTO TOTALMENTE DESENVOLVIDO.
4.6.- FLUXO TURBULENTO EN TUBERÍAS. PERDAS DE CARGA. REDES.
PARTE IV.- MAQUINARIA HIDRÁULICA. TEMA 7.- TURBOMÁQUINAS HIDRÁULICAS. 1.7.- CLASIFICACIÓN DE LA MAQUINARIA HIDRÁULICA.
2.7.- ECUACIÓN DE EULER DE LAS TURBOMÁQUINAS.
3.7.- CURVA MOTRIZ TEÓRICA.
4.7.- ANÁLISIS DIMENSIONAL APLICADO AL ESTUDIO DE LAS TURBOMÁQUINAS.
5.7.- CAVITACIÓN Y NPSH.
6.7.- ACOPLAMIENTO A UN SISTEMA FLUIDO.
TEMA 13.- STCW
O desenvolvemento e superación destes contidos, xunto cos correspondentes a outras materias que inclúan a adquisición de competencias específicas da titulación, garanten o coñecemento, comprensión e suficiencia das competencias recollidas no cadro AIII/2, do Convenio STCW, relacionadas co nivel de xestión de Oficial de Máquinas de Primeira da Mariña Mercante, sen limitación de potencia da planta propulsora e Xefe de Máquinas da Mariña Mercante ata o máximo de 3000 kW.
13.1.- Cadro A-III/2 del Convenio STCW.
Especificación das normas mínimas de competencia aplicables aos Xefes de Máquinas e Primeiros Oficiais de Máquinas de buques cuxa máquina propulsora principal teña unha potencia igual ou superior aos 3000 kW.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A6 A7 A14 A21 A30 A31 A41 A63 B2 B7 B9 B11 C1 C2 C3 C6 C9 C11 30 56 86
Solución de problemas A1 A6 A7 A14 A21 A30 A31 A41 A63 B2 B7 B9 B11 C6 C9 C11 19 25 44
Traballos tutelados A1 A6 A7 A14 A21 A30 A31 A41 A63 B2 B7 B9 B11 C1 C2 C3 C6 C9 C11 0 15 15
Proba obxectiva A1 A6 A7 A14 A21 B2 B7 B11 C1 C3 C6 C9 C11 3 0 3
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Realizarase a explicación polo miúdo dos contidos da materia e que se distribúen en temas. O alumno contará en todo momento cunha copia mecanografiada do tema a tratar en cada sesión maxistral. Foméntase a participación en clase, a través de comentarios que relacionan os contidos teóricos con experiencias da vida real.
Solución de problemas Resolveranse as coleccións de exercicios propostas para cada tema, permitindo a aplicación dos modelos matemáticos máis axeitados cada caso, incluíndo manexo de táboas, aplicación das hipóteses máis axeitadas, e relación cos contidos teóricos desenvolvidos nas sesións maxistrais e co exercicio profesional. Mostraranse equipos reais relacionados coa materia tanto na aula como no taller.
Traballos tutelados Resolución dos problemas non finalizados nas sesións en clase, con indicacións xenéricas do profesor para a súa resolución e/ou presentación de temas ou problemas de cálculo e deseño de especial relevancia.
Proba obxectiva Realizaranse da orde de 3 probas parciais escritas, con posibilidade de recuperar materia desde a segunda proba . Constará dunha parte teórica e outra práctica, de tal forma que ambas computan polo 50% da nota. Os exames ordinarios e extraordinarios rexeranse polo mesmo formato.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Solución de problemas
Traballos tutelados
Descrición
Trátase de orientar ao alumno naquelas cuestións relativas á materia impartida e que resulten de especial dificultade para a súa comprensión. Tamén se inclúen as correspondentes revisións de exames. As canles de información e contacto serán a Facultade Virtual, as tutorías individualizadas que se desenvolven durante seis horas ao longo da semana e sesións por videoconferencia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A6 A7 A14 A21 A30 A31 A41 A63 B2 B7 B9 B11 C1 C2 C3 C6 C9 C11 Valórase a asistencia a clase até un máximo do 10% da nota, sempre que se garanta unha asistencia ás sesións maxistrais non inferior ao 90%. Tamén se ten en conta a participación a través de preguntas ou observacións sobre a materia obxecto de explicación 10
Proba obxectiva A1 A6 A7 A14 A21 B2 B7 B11 C1 C3 C6 C9 C11 Pra os alumnos que siguen a materia, poderase dividir a mesma en dous ou tres parciais dependendo da marcha do grupo, a libre elección do profesor. 70
Traballos tutelados A1 A6 A7 A14 A21 A30 A31 A41 A63 B2 B7 B9 B11 C1 C2 C3 C6 C9 C11 Presentación e defensa dos traballos realizados. Valorarase estrutura, pulcritude, método expositivo e orixinalidade. O alumno pode non optar por esta metodoloxía pasando a computar a porcentaxe da cualificación na proba obxectiva.
Pode exporse a posibilidade de crear un portafolio dixital.
20
 
Observacións avaliación

As probas oficiais da primeira oportunidade, recollerán as distintas metodoloxías de avaliación e deberán ser completadas por aqueles alumnos que non superasen na súa totalidade a avaliación continua. Esta proba estará deseñada de tal forma que o alumno poida examinarse sempre e cando non alcanzase o 30 % da cualificación total na metololoxía de proba obxectiva.

O alumnado obrigado a acudir ás probas oficiais da "segunda oportunidade" conservará a cualificación alcanzada en todas as metodoloxías, fóra da obtida nas probas obxectivas da 1ª oportunidade, que será substituída pola da 2ª. Do mesmo xeito, só poderá optarse á matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non fose cuberto na súa totalidade na "primeira oportunidade".

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a cualificación obtida nas actividades asociadas ao sistema personalizado de tutorías corresponderase coa avaliación das metodoloxías de traballos tutelados  e probas obxectivas, cunha ponderación do 30 e do 70 %, respectivamente.

O sistema de avaliación cumpre cos criterios de avaliación da competencia recollidos na Columna 4 dos seguintes Cadros do Convenio STCW, modificado por Manila 2010:

1.- Táboa A-III/1 de Especificación das normas mínimas de competencia aplicables aos oficiais encargados

da garda nunha cámara de máquinas con dotación permanente e dos designados para prestar servicio en cámaras de máquinas sen dotación permanente

Función: Maquinaria naval, a nivel operacional

Competencias: 

-1.1 Realizar unha garda de máquinas segura

-1.2 Facer funcionar a maquinaria principal e auxiliar e os sistemas de control correspondientes



Fontes de información
Bibliografía básica (). .
Streeter, V. L. et al. (1998) (1998). Fluid Mechanics. McGraw-Hill, USA

Streeter, V. L. et al. (1998). Fluid Mechanics. McGraw-Hill, USA

Kundu, P. K. y Cohen, I. M. (2002). Fluid Mechanics. Academic Press, New York

White, F. M. (1995). Mecánica de Fluidos. McGraw-Hill, Madrid

Robert L. Mott (6ª Edición). Mecánica de Fluidos. Prentice Hall.

Agüera, J. S. (1996). Mecánica de Fluidos Incompresibles y Turbomáquinas Hidráulicas. Ciencia, Madrid

Bibliografía complementaria

Munson, B. R. et al. (1999). Fundamentos de Mecánica de Fluidos. Limusa-Wiley, México

Fox, R. W. y McDonald, A. T. (1998). Introduction to Fluid Mechanics . Wiley, USA


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Matemáticas 1/631G02151
Física I/631G02153
Matemáticas II/631G02156
Física II/631G02158

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Matemáticas III/631G02260

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías