Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Electrónica e Sist. Electrónicos do Buque Código 631G02356
Titulación
Grao en Tecnoloxías Mariñas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Andión Fernández, José Manuel
Correo electrónico
jose.manuel.andion@udc.es
Profesorado
Andión Fernández, José Manuel
Correo electrónico
jose.manuel.andion@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal
Descrición xeral Esta materia introduce as compoñentes electrónicas que están presentes nos distintos sistemas dun buque. Estúdanse dispositivos semicondutores de electrónica analóxica, de potencia e dixital. Así, o alumnado será capaz de avaliar o seu correcto funcionamento e, polo tanto, de detectar posibles avarías.

Competencias do título
Código Competencias do título
A7 CE7 - Capacidade para a operación e posta en marcha de novas instalacións ou que teñan por obxecto a construción, reforma, reparación, conservación, instalación, montaxe ou explotación, realización de medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritacións, estudos, informes, e outros traballos análogos de instalacións enerxéticas e industriais mariñas, nos seus respectivos casos, tanto con carácter principal como accesorio, sempre que quede comprendido pola súa natureza e característica na técnica propia da titulación, dentro do ámbito da súa especialidade, é dicir, operación e explotación.
A14 CE14 - Avaliación cualitativa e cuantitativa de datos e resultados, así como a representación e interpretación matemáticas de resultados obtidos experimentalmente.
A17 CE17 - Modelizar situacións e resolver problemas con técnicas ou ferramentas físico-matemáticas.
A18 CE18 - Redacción e interpretación de documentación técnica.
A30 CE42 - Operar, reparar, manter, reformar, optimizar a nivel operacional as instalacións industriais relacionadas coa enxeñaría mariña, como motores alternativos de combustión interna e subsistemas; turbinas de vapor, caldeiras e subsistemas asociados; ciclos combinados; propulsión eléctrica e propulsión con turbinas de gas; equipos eléctricos, electrónicos, e de regulación e control do buque; as instalacións auxiliares do buque, tales como instalacións frigoríficas, sistemas de goberno, instalacións de aire acondicionado, plantas potabilizadoras, separadores de sentinas, grupos electróxenos, etc.
A31 CE43 - Operar, reparar, manter e optimizar as instalacións auxiliares dos buques que transportan cargas especiais, tales como quimiqueiros, LPG, LNG, petroleiros, cementeiros, Ro-Ro, Pasaxe, botes rápidos, etc.
A47 CE32 - Utilizar as ferramentas manuais e o equipo de medida e proba eléctrico e electrónico para a detección de avarías e as operacións de mantemento e reparación.
B2 CT2 - Resolver problemas de forma efectiva.
B4 CT4 - Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 CT5 - Traballar de forma colaboradora.
B8 CT8 - Versatilidade.
B9 CT9 - Capacidade para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, que lle doten dunha gran versatilidade para adaptarse a novas situacións.
C3 C3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 C6 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C9 CB1 - Demostrar que posúen e comprenden coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e que inclúe coñecementos procedentes da vanguardia do seu campo de estudo
C13 CB5 - Ter desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os dispositivos electrónicos básicos (díodos, transistores, dispositivos de potencia e amplificadores operacionais) e a súa aplicación en circuítos. A7
A14
A17
A18
A30
A31
B2
B8
B9
C3
C6
C9
C13
Ser capaz de analizar sistemas combinacionais e secuenciais básicos. A7
A14
A17
A18
A30
A31
B2
B8
B9
C3
C6
C9
C13
Coñecer os distintos tipos de memorias. A7
A18
A30
A31
B8
B9
C3
C6
C9
C13
Coñecer o funcionamento básico da instrumentación electrónica analóxica e dixital. A7
A14
A18
A30
A31
A47
B2
B4
B5
B8
B9
C3
C6
C9
C13

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. SEMICONDUTORES. 1.1. Semicondutores intrínsecos.
1.2. Semicondutores extrínsecos.
TEMA 2. DÍODOS. 2.1. A unión P-N.
2.2. Curva característica.
2.3. Tipos.
2.4. Modelos lineais.
2.5. Análise de circuítos.
TEMA 3. CIRCUÍTOS RECTIFICADORES. 3.1. Sinais sinusoidais.
3.2. Rectificadores de media onda.
3.3. Rectificadores de onda completa.
3.4. Análise de circuítos.
TEMA 4. TRANSISTORES DE UNIÓN BIPOLAR. 4.1. Estrutura básica e funcionamento.
4.2. Curvas características en emisor común.
4.3. Modelos equivalentes e análise de circuítos.
4.4. Aplicacións.
TEMA 5. TRANSISTORES UNIPOLARES: MOSFETs. 5.1. Estrutura básica e funcionamento.
5.2. Curvas características en fonte común.
5.3. Modelos equivalentes e análise de circuítos.
5.4. Aplicacións.
TEMA 6. DISPOSITIVOS DE POTENCIA. 6.1. SCRs.
6.2. TRIACs.
6.3. IGBTs.
6.4. Aplicacións.
6.5. Análise de circuítos.
TEMA 7. AMPLIFICADORES: O AMPLIFICADOR OPERACIONAL. 7.1. Conceptos básicos: ganancia, resposta en frecuencia e realimentación.
7.2. O amplificador operacional. Aplicacións lineais e non lineais.
7.3. Análise de circuítos.
TEMA 8. PORTAS LÓXICAS. FAMILIAS LÓXICAS. 8.1. Fundamentos de circuítos dixitais.
8.2. Portas lóxicas.
8.3. Familias lóxicas.
8.4. Circuítos integrados.
8.5. Análise de circuítos.
TEMA 9. SISTEMAS DIXITAIS. 9.1. Sistemas combinacionais.
9.2. Sistemas secuenciais.
9.3. O procesador.
9.4. Memorias.
9.5. Análise de circuítos.
PRÁCTICAS DE LABORATORIO Uso de equipos de medida en corrente continua e corrente alterna.
Análise e montaxe de circuítos.
PRÁCTICAS A TRAVÉS DE TIC Interpretación e debuxo de esquemas.
Simulación de circuítos.
O desenvolvemento e superación destes contidos, xunto cos correspondentes a outras materias que inclúan a adquisición de competencias específicas da titulación, garanten o coñecemento, comprensión e suficiencia das competencias recollidas no cadro A-III/2, do Convenio STCW, relacionadas co nivel de xestión de Oficial de Máquinas de Primeira da Mariña Mercante, sen limitación de potencia da planta propulsora e Xefe de Máquinas da Mariña Mercante ata o máximo de 3000 kW. Cadro A-III/2 do Convenio STCW.
Especificación das normas mínimas de competencia aplicables aos Xefes de Máquinas e Primeiros Oficiais de Máquinas de buques con máquina propulsora principal con potencia igual ou superior a 3000 kW.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A7 A18 B9 C6 C9 C13 30 45 75
Solución de problemas A14 A17 A18 B2 B4 B8 C6 C9 8 24 32
Prácticas de laboratorio A7 A14 A18 A30 A31 A47 B2 B5 B8 B9 C3 C6 C9 C13 8 10 18
Prácticas a través de TIC A7 A14 A17 A18 A30 A31 A47 B2 B5 B8 B9 C3 C6 C9 C13 8 10 18
Proba mixta A7 A14 A17 A18 A30 A31 B2 B4 B8 C6 C9 4 0 4
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de fases de debate co alumnado. Servirán como punto de partida para o resto de actividades.
Solución de problemas Formulación e resolución de problemas relacionados cos contidos da materia.
Prácticas de laboratorio O alumnado realizará unha serie de prácticas no Laboratorio de Electrónica utilizando equipos de medida e compoñentes electrónicas.
Prácticas a través de TIC O alumnado realizará unha serie de prácticas utilizando o software de simulación de circuítos LTspice.
Proba mixta Proba escrita sobre contidos tratados ao longo do cuadrimestre, valorándose o seu coñecemento teórico e a súa aplicación á resolución de problemas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Prácticas de laboratorio
Sesión maxistral
Solución de problemas
Descrición
A atención personalizada na realización das prácticas de laboratorio e a través de TIC considérase imprescindible para guiar ao alumnado no desenvolvemento do traballo. Ademais, esta atención servirá para validar e apoiar o traballo que vai sendo realizado nas súas distintas fases de desenvolvemento ata chegar á súa finalización.

Doutra banda, recoméndase fortemente a asistencia a titorías como método de axuda para a total comprensión do contido das sesións maxistrais e para a resolución de problemas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A7 A14 A17 A18 A30 A31 A47 B2 B5 B8 B9 C3 C6 C9 C13 Valorarase o traballo realizado en cada unha das sesións.
O alumnado con dedicación a tempo parcial ou con dispensa académica de exención de asistencia terá a opción de realizar un exame de prácticas.
10
Prácticas de laboratorio A7 A14 A18 A30 A31 A47 B2 B5 B8 B9 C3 C6 C9 C13 Valorarase o traballo realizado en cada unha das sesións.
O alumnado con dedicación a tempo parcial ou con dispensa académica de exención de asistencia terá a opción de realizar un exame de prácticas.
10
Solución de problemas A14 A17 A18 B2 B4 B8 C6 C9 Avaliación da resolución de problemas a través dunha serie de probas breves. 30
Proba mixta A7 A14 A17 A18 A30 A31 B2 B4 B8 C6 C9 Consistirá en varios exames sobre os contidos tratados ao longo do cuadrimestre, valorándose o seu coñecemento teórico e a súa aplicación á resolución de problemas. 50
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

A) PROBA MIXTA:

  • Consistirá en tres parciais de 5 puntos (máximo) cada un. Para aprobar a materia deberá obterse un mínimo de 2,5 puntos en cada un deles. Unha vez obtidos, a nota da proba mixta será a media das notas dos parciais.
  • En caso de non aprobarse algún dos parciais, terase a oportunidade do exame final para aprobalos.

B) SOLUCIÓN DE PROBLEMAS: 

  • Consistirá nun conxunto de probas cunha valoración máxima conxunta de 3 puntos, cun mínimo de 1,5 para aprobar a materia. 
  • En caso de non aprobar as probas, o alumnado disporá dun exame de resolución de problemas na mesma data e horario que o do exame de prácticas (ver apartado C). Deberá aprobarse devandito exame para aprobar a materia.

C) PRÁCTICAS DE LABORATORIO/TIC:

  • Consistirá nun conxunto de tarefas de laboratorio e simulación por computador (TIC) de valoración conxunta máxima de 2 puntos, cun mínimo de 1 para aprobar a materia. 
  • En caso de non aprobarse as tarefas, o alumnado disporá dun exame de prácticas na data e horario estipulados polo centro. Deberá aprobarse devandito exame para aprobar a materia. 
Detección de plaxios ou copia de traballos: a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación para as oportunidades segunda e adiantada.

SEGUNDA OPORTUNIDADE E OPORTUNIDADE ADIANTADA

Manterase a nota obtida nos parciais, en solución de problemas e nas prácticas de laboratorio/TIC. O alumnado terá á súa disposición os correspondentes exames para aquelas partes non superadas (similares e coas mesmas condicións que os da primeira oportunidade). 

O alumnado matriculado a tempo parcial ou que teña concedida a dispénsa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017), realizará as mesmas probas de avaliación que o alumnado matriculado a tempo completo. Terá a opción de realizar un exame de prácticas de laboratorio/TIC en cada oportunidade.


Os criterios de avaliación contemplados nos cadros A-III/1 e A-III/3 do Código STCW, e recollidos no Sistema de Garantía de Calidade, teranse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación.


Fontes de información
Bibliografía básica Boylestad, Robert L. e Nashelsky, Louis (2018). Electrónica : teoría de circuitos y dispositivos electrónicos. México : Pearson
Brégains, Julio C. e Castro, Paula M. (2013). Electrónica básica : problemas resueltos. Paracuellos del Jarama : Starbook
Malvino, Albert Paul e Bates, David J. (2007). Principios de electrónica. Madrid : McGraw-Hill

Bibliografía complementaria Millman, Jacob e Halkias, Christos C. (1991). Electrónica integrada circuitos y sistemas analógicos y digitales. Barcelona : Edit. Hispano Europea
Linear Technology (2009). LTspice User Manual. Linear Technology
Varios Autores (2020). LTspice Users Group. https://groups.io/g/LTspice
Millman, Jacob e Grabel, Arvin (1991). Microelectrónica. Barcelona : Edit. Hispano Europea
Keysight Technologies (2012). Osciloscopios de la serie 1000B de Keysight. Guía del usuario. Keysight Technologies
Siglent Technologies (2017). SDG800 Series Function/Arbitrary Waveform Generator. User Manual. Siglent Technologies


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Matemáticas 1/631G02151
Informática/631G02154
Matemáticas II/631G02156
Química/631G02157
Física II/631G02158
Matemáticas III/631G02260
Fundamentos de Regulación e Control/631G02257
Electrotecnia. Máquinas Eléctricas e Sistemas Eléctricos do Buque/631G02253

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Automatización de Instalacións Marítimas/631G02357

Materias que continúan o temario
Sistemas Electrónicos de Adquisición de Datos/631G02512
Sistemas Electrónicos de Comunicacións e Axuda á Navegación/631G02457
Electrónica Dixital/631G02364
Electrónica Analóxica e de Potencia/631G02363

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías