Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Equipos Auxiliares do Buque Código 631G02362
Titulación
Grao en Tecnoloxías Mariñas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña
Coordinación
Romero Gomez, Javier
Correo electrónico
j.romero.gomez@udc.es
Profesorado
Romero Gomez, Javier
Correo electrónico
j.romero.gomez@udc.es
Web
Descrición xeral Coñecer e comprender os principios de funcionamento dos sistemas de propulsión e os sistemas auxiliares dos buques
Coñecemento xeral da terminoloxía referente á maquinaria e equipos da bordo.
Coñecer e saber utilizar os telemandos da maquinaria principal e auxiliar dos buques
Interpretación dos debuxos e manuais de maquinaria
Interpretación de diagramas dos sistemas de canalizacións, hidráulicos e pneumáticos
Interpretar correctamente os esquemas e canalizacións dunha instalación, sendo capaz de facer modificacións nestes, e trazar planos de pequenas instalacións ou partes destas.
Expresarse correctamente utilizando os termos relativos á maquinaria principal e auxiliar.
Interpretar a información contida nos catálogos, manuais e demais literatura técnica subministrada polas casas comerciais sobre os seus produtos.
En xeral preténdese que o alumno adquira os coñecementos teóricos e prácticos abondo, conducentes á obtención do título académico que pretende, para que, no exercicio da súa profesión, poida resolver cantas cuestións se lle presenten na enxeñaría da operación e o mantemento dos diversos elementos e sistemas auxiliares que compoñen os distintos tipos de buques, así como en calquera ámbito da industria.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Capacidade para a realización de inspeccións, medicións, valoracións, taxacións, peritacións, estudos, informes, planos de labores e certificacións nas instalacións do ámbito da súa especialidade.
A2 CE2 - Capacidade para a dirección, organización e operación das actividades obxecto das instalacións marítimas no ámbito da súa especialidade.
A3 CE3 - Capacidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
A4 CE4 - Capacidade de analizar e valorar o impacto social e ambiental das solucións técnicas, así como a prevención de riscos laborais no ámbito da súa especialidade.
A7 CE7 - Capacidade para a operación e posta en marcha de novas instalacións ou que teñan por obxecto a construción, reforma, reparación, conservación, instalación, montaxe ou explotación, realización de medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritacións, estudos, informes, e outros traballos análogos de instalacións enerxéticas e industriais mariñas, nos seus respectivos casos, tanto con carácter principal como accesorio, sempre que quede comprendido pola súa natureza e característica na técnica propia da titulación, dentro do ámbito da súa especialidade, é dicir, operación e explotación.
A8 CE8 - Capacidade para realizar actividades inspectoras de acordo co establecido na normativa europea referente ao control polo estado do porto.
A63 CE53 - Supervisar o funcionamento dos sistemas eléctricos, electrónicos e de control
A64 CE54 - Supervisar o funcionamento dos sistemas de control automático da máquina propulsora principal e sistemas auxiliares
A69 CE59 - Manter e reparar os sistemas de control automático da máquina propulsora principal e das máquinas auxiliares
A71 CE61 - Manter e reparar os sistemas eléctricos, electrónicos e automáticos de control da maquinaria de cuberta e do equipo de manipulación da carga
B1 CT1 - Capacidad para gestionar los propios conocimientos y utilizar de forma eficiente técnicas de trabajo intelectual
B2 CT2 - Resolver problemas de forma efectiva.
B3 CT3 - Comunicarse de xeito efectivo nun ámbito de traballo.
B4 CT4 - Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 CT5 - Traballar de forma colaboradora.
B8 CT8 - Versatilidade.
B9 CT9 - Capacidade para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, que lle doten dunha gran versatilidade para adaptarse a novas situacións.
B10 CT10 - Comunicar por escrito e oralmente os coñecementos procedentes da linguaxe científica.
B11 CT11 - Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos habilidades e destrezas.
C2 C2 - Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 C3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 C4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 C5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 C6 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e comprender os principios de funcionamento dos sistemas de propulsión e os sistemas auxiliares dos buques Coñecemento xeral da terminoloxía referente á maquinaria e equipos da bordo. Coñecer e saber utilizar os telemandos da maquinaria principal e auxiliar dos buques Interpretación dos debuxos e manuais de maquinaria Interpretación de diagramas dos sistemas de canalizacións, hidráulicos e pneumáticos Interpretar correctamente os esquemas e canalizacións dunha instalación, sendo capaz de facer modificacións nestes, e trazar planos de pequenas instalacións ou partes destas. Expresarse correctamente utilizando os termos relativos á maquinaria principal e auxiliar. Interpretar a información contida nos catálogos, manuais e demais literatura técnica subministrada polas casas comerciais sobre os seus produtos. En xeral preténdese que o alumno adquira os coñecementos teóricos e prácticos abondo, conducentes á obtención do título académico que pretende, para que, no exercicio da súa profesión, poida resolver cantas cuestións se lle presenten na enxeñaría da operación e o mantemento dos diversos elementos e sistemas auxiliares que compoñen os distintos tipos de buques, así como en calquera ámbito da industria. A1
A2
A3
A4
A7
A8
A63
A64
A69
A71
B1
B2
B3
B4
B5
B8
B9
B10
B11
C2
C3
C4
C5
C6

Contidos
Temas Subtemas
INTRODUCIÓN E XENERALIDADES Disposición xeral nun buque e da maquinaria
Tripulación e a súa responsabilidade respecto á maquinaria
Simboloxía e normalización.
Signos convencionais para canalizacións: normas UNE.
Símbolos básicos de instrumentación
SISTEMAS Función da maquinaria auxiliar
Disposición de plántas propulsoras
Disposición xeral dunha cámara de máquinas segundo propulsión
Disposición de equipos en cuberta.
Sistemas para a propulsión e xeración de enerxía
Sistemas de goberno e manobra.
Sistema de fondeo, amarre. (Molinetes, Cabrestantes, Máquinas de amarre e. Tipos de accionamento)
Sistema de acceso e aprovisionamento exterior e ao interior do buque.
Sistema de salvamento e dispositivos.
Sistema de prevención, detección e extinción de incendios.
Sistema de habilitación e fonda.
Sistemas de ventilación e climatización.
Sistemas de refrixeración por compresión
Servizos sanitarios (Auga doce fría e auga doce quente)
Sistema de achique, lastre e contra-incendios.
EQUIPOS Válvulas e accesorios
Bombas e dispositivos de bombeo
Compresores
Intercambiadores de calor
Grúas e plumas
Equipos de carga e descarga para buques tanques
Separadores de sentinas
Depuradoras centrífugas
Xeradores de auga doce
Plantas sépticas
Incinerador
Frío e climatización
Equipo de gas inerte
Sistemas de control electrohidráulico e electroneumático

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A4 A7 A8 A63 A64 A69 A71 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 B10 C2 C3 C4 C5 C6 40 40 80
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 B10 B11 C2 C3 C4 C5 C6 4 34 38
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 B10 B11 C2 C3 C4 C5 C6 14 0 14
Proba obxectiva A1 A2 A3 A4 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 B10 B11 C2 C3 C4 C5 C6 3 15 18
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Comunicación utilizada para presentar de xeito sintético, secuencial, motivador e preciso os aspectos claves dos contidos fundamentais dun curso mediante a exposición oral, con ou sen apoio audiovisual
Traballos tutelados Este traballo supoñerá a reflexión do estudante sobre aspectos introdutorios nas sesións maxistrais
Obradoiro Cos medios dispoñibles en talleres realízanse prácticas do contido da materia.
Proba obxectiva Avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes de forma escrita.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Os alumnos deberán presentarse no despacho do profesor, co fin de concretar os aspectos esenciais das materias para axudar ao seu estudo nas datas que se indiquen.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A2 A3 A4 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 B10 B11 C2 C3 C4 C5 C6 Proba escrita recollerá os contidos da materia e aprendizaxe. Esta proba está orientada a avaliar tanto a comprensión dos conceptos teóricos fundamentais, coma a súa aplicación á práctica.
Valorarase o desenvolvemento e claridade na explicación e aplicación dos conceptos teóricos e a formulación
100
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica

“Bombas. Teoría, diseño y aplicaciones”. Manuel Viejo Zubicaray. Editorial Limusa. Méjico.1975.

“Bombas y ventiladores”. ASINEL. 1985.

Medios audiovisuales con representación de sistemas reales.

“Principios de Máquinas Marinas para la propulsión de buques”. Enrique Cánovas Rivas.TÓRCULO Artes Gráficas, S.A.L. Santiago de Compostela. 1999.

“Fundamentos y técnicas de la lubricación”. Aniceto Valverde Martínez. Editorial Alción.1985.

“Lubricantes y engrases”. ASINEL. 1985.

“La lubricación y los aceites para motores de combustión interna”. Damián A. Torres

Domínguez. Universidad Politécnica de Madrid. Escuela Técnica Superior de Ingenieros Agrónomos. 1978.

“Heat Exchanger Desing”. Arthur P. Fraas. A Wiley-Interscience Publication. 1989.

“Compresores volumétricos”. Tomás S. Lencero. UPM. ETSII. Sección de publicaciones. Madrid. 1990.

“Aire comprimido. Teoría y cálculo de las instalaciones”. Enrique Carnicer. Paraninfo.

Madrid. 1991.

“Aire comprimido. Compresores”. ASINEL. 1985.

“Regulación del circuito de condensado y agua de alimentación”. ASINEL. 1985.

“Regulación y control”. Creus. “Sistemas de regulación”. ASINEL. 1985.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías