Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Sistemas Electrónicos de Comunicacións e Axuda á Navegación Código 631G02457
Titulación
Grao en Tecnoloxías Mariñas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña
Enxeñaría de Computadores
Coordinación
López López, María Natividad
Correo electrónico
natividad.lopezl@udc.es
Profesorado
Iglesia Iglesias, Daniel Ismael
López López, María Natividad
Correo electrónico
daniel.iglesia@udc.es
natividad.lopezl@udc.es
Web
Descrición xeral Ensamblar, coñecer e realizar tarefas básicas de mantemento de equipos de comunicacións e navegación.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Capacidade para a realización de inspeccións, medicións, valoracións, taxacións, peritacións, estudos, informes, planos de labores e certificacións nas instalacións do ámbito da súa especialidade.
A16 CE16 - Ensamblar e realizar tarefas básicas de mantemento e reparación de equipos informáticos. Instalar e manexar sistemas operativos e aplicacións informáticas. Instalar e realizar as tarefas básicas de xestión de redes de ordenadores, no ámbito da súa especialidade.
A62 CE52 - Exercer como oficial ETO da Mariña Mercante, logo de superados os requerimentos esixidos pola Administración Marítima
A63 CE53 - Supervisar o funcionamento dos sistemas eléctricos, electrónicos e de control
A67 CE57 - Facer funcionar os ordenadores e redes informáticas a bordo dos buques
A70 CE60 - Manter e reparar os equipos de navegación da ponte e dos sistemas de comunicación do buque
B2 CT2 - Resolver problemas de forma efectiva.
B4 CT4 - Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B8 CT8 - Versatilidade.
B9 CT9 - Capacidade para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, que lle doten dunha gran versatilidade para adaptarse a novas situacións.
C3 C3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C9 CB1 - Demostrar que posúen e comprenden coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e que inclúe coñecementos procedentes da vanguardia do seu campo de estudo
C10 CB2 - Aplicar os coñecementos no seu traballo ou vocación dunha forma profesional e poseer competencias demostrables por medio da elaboración e defensa de argumentos e resolución de problemas dentro da área dos seus estudos
C11 CB3 - Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuicios que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
C12 CB4 - Poder transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
C13 CB5 - Ter desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer como se opera cos principais equipos de Navegación. Coñecer como se opera cos principais equipos de Comunicacións no Puente. Saber interpretar os datos relevantes dun sistema de comunicacións. Coñecer as técnicas de transmisión e sistemas de axuda marítimos. Coñecer os tipos de canles máis habituais no ámbito marítimo. Saber interpretar un esquema de bloques de sistemas radio. Optimización das instalacións dun sistema de comunicacións e de radioayuda á navegación. Manexar os sistemas telemáticos navais comúns. Diagnosticar, detectar e reparar as avarías dos equipos de navegación e comunicacións do puente. A1
A16
A62
A63
A67
A70
B2
B4
B8
B9
C3
C9
C10
C11
C12
C13
Supervisar o funcionamiento dos sistemas eléctricos, elctrónicos e de control Facer funcionar os ordenadores e as redes informáticas a bordo dos buques A1
A16
A62
A63
A67
A70
B2
B4
B8
B9
C3
C9
C10
C11
C12
C13

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE I:Tema 2: Sistemas de radiocomunicacións Mariñas

. Bandas e canles nas radiocomunicacións mariñas.
. Introdución ós sistemas de Socorro, urxencia e seguridade (punto de vista funcional)
. Sistemas non GMDSS, sistemas GMDSS.
. DSC.
. Radiotelex.
. NAVTEX.
. Sistemas satelitales
BLOQUE I:Tema 1: Sistemas de radiocomunicacións





. Xeneralidades: Espectro radioeléctrico, ondas de radio.
. Técnicas de modulación.
. Modos de transmisión. Modelo de transmisor receptor.
. Fontes de enerxía.
BLOQUE I:Tema 3: Sistemas de Axuda á navegación
. Radar, Arpa.
. Radiobalizas e Trasponders.
. Sistemas de Navegación por Satélite.
. carta electrónica (ECDIS)
BLOQUE I:Tema 4: Regulamentación e normativa.
BLOQUE II: Tema 1: Fundamentos teóricos dos sistemas de radiocomunicacións .Introdución aos sistemas de comunicacións.
.Conceptos
.Comunicacións radiotelefónicas.
.Propagación das ondas electromagnéticas de RF.
.Antenas
.Compoñentes/fallos dos equipos radiomaritimos.
BLOQUE II: Tema 2: Fundamentos teóricos de sistemas de axuda á navegación .Sistemas de navegación por satélite (GNSS).
.Sistema de identificación automática (AIS).

BLOQUE II: Tema 3: Fundamentos teóricos de sistemas de radiocomunicacións mariñas .Chamada selectiva dixital (DSC)
Segundo o STCW incluídas as Emendas de Manila de 2010, columna 2 (recoñecementos, comprensión e suficiencia) do cadro A-III/6 . Funcionamento de todos os sistemas de a bordo para as comunicacións internas.
. Coñecemento dos principios e dos procedementos de mantemento do equipo de navegación e dos sistemas de comunicacións internas e externas.
. Coñecementos teóricos: funcionamento do equipo eléctrico e electrónico en zonas inflamables.
.Coñecementos prácticos: executar sen riscos os procedementos de mantemento e reparación. Detección de fallos de funcionamento das máquinas, localización de fallos e medidas para previr as avarías.
Segundo o STCW incluídas as Emendas de Manila de 2010, en función de instalacións eléctricas,electrónicas e de control a nivel operacional, do cadro A-III/6 engádese:
Un tema de alarmas e sistemas de vixilancia(regulación e control)
Un tema de tecnoloxía dos materiais electrónicos (Ciencia e Enxeñería de materiais)
Un tema de riscos eléctricos no mantemento (Mantemento eléctrico do buque)
• Sistemas hidraúlicos e elctroneumáticos ( Equipos auxiliares do buque)
O desenvolvemento e superación destes contidos, xunto cos correspondentes a outras materias que inclúan a adquisición de competencias específicas da titulación, garanten o coñecemento, comprensión e suficiencia das competencias recollidas no cadro AIII/2, do Convenio STCW, relacionadas co nivel de xestión de Oficial de Máquinas de Primeira da Mariña Mercante, sen limitación de potencia da planta propulsora e Xefe de Máquinas da Mariña Mercante ata o máximo de 3000 kW. Cadro A-III/2 del Convenio STCW.
Especificación das normas mínimas de competencia aplicables aos Xefes de máquinas e Primeiros Oficiais de máquinas de buques cuxa máquina propulsora principal teña unha potencia igual ou superior a 3000 kW

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva A1 A16 A62 A63 A67 A70 B2 B4 B8 B9 C3 C9 C10 C11 C12 C13 2 13 15
Prácticas de laboratorio A1 A16 A62 A63 A67 A70 B2 B4 B8 B9 C3 C9 C10 C11 C12 C13 14 24.5 38.5
Lecturas A1 A16 A62 A63 A67 A70 B2 B4 B8 B9 C3 C9 C10 C11 C12 C13 0 6 6
Sesión maxistral A1 A16 A62 A63 A67 A70 B2 B4 B8 B9 C3 C9 C10 C11 C12 C13 32 56 88
 
Atención personalizada 2.5 0 2.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigurosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento,etc.
A proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de resposta breve, e/ou de desenvolvemento. Tamén se pode construir con un só tipo dalgunha destas preguntas.
Prácticas de laboratorio Realización de exercicios de carácter práctico relacionados cos conceptos teóricos explicados nas sesións maxistrais.
As prácticas non computarán na avaliación da materia, pero a súa realización, e polo menos un 80%, é condición necesaria para a superación da materia.
Lecturas Documentaicón facilitada os alumnos onde se profundiza sobre os contidos a desenrolar na materia.
Sesión maxistral Exposición oral da materia complementada co uso de presentacións audivisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ós estudiantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Dentro desta dinámica a intervención dos alumnos estará aberta para a realización de preguntas ou comentarios, que poderían dar lugar a debates abertos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Descrición
O seguimento das prácticas realizarase de forma continua na aula, con todo, se se vise necesario, estableceranse tutorías adicionais de caracter individual ou en grupo moi reducido para o seu seguimento e a resolución das dúbidas que sobre elas, ou sobre os aspectos teóricos que as alcanzan, teñan os alumnos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A16 A62 A63 A67 A70 B2 B4 B8 B9 C3 C9 C10 C11 C12 C13 A materia divídese en dous bloques que se avaliarán de forma independente.
En cada unha das partes realizarase polo menos un exame parcial para aqueles alumnos cunha asistencia de polo menos un 80% das clases. A superación dos examenes parciais permitirá librar materia para o exame final, o cal tamén se dividirá en dous bloques.
A nota da materia será a media aritmética das notas dos dous bloques, sendo a nota mínima necesaria para compensar unha parte coa outra de 4,5.
En caso de obter unha nota inferior a 4,5 nunha das partes, a nota da asignaura será a menor das obtidas en ambas as partes.
Con esta metodoloxíase evaluaranse as competencias A1 A16 A62 A70 B2 B4 B8 B9 C3 C9 C10 C11 C12 C13 .
100
 
Observacións avaliación

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo
parcial e dispensa académica de exención de asistencia non se lle exixirá unha
asistencia mínima para poder presentarse os exames parciais, sen embargo, deberán
acordarse co docente unha serie de titorías (presenciais ou non presenciais) o
longo do curso para acreditar o seguimento da materia.

Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-III/6 do código STCW, e recollido no sistema de Calidade, terase en conta á hora de diseñar e realizar a avaliación.

"A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria".


Fontes de información
Bibliografía básica

MANUAL DE COMUNICACIONES MARÍTIMAS - F. Louzán, I. Baniela (2009).

INTEGRATED BRIDGE SYSTEMS VOL 1: RADAR AND AIS - The Nautical Institute

INTEGRATED BRIDGE SYSTEMS VOL 2: ECDIS AND POSITIONING - The Nautical Institute

RADAR NAVIGATION AND MANEUVERING BOARD MANUAL – National Imagery And Mapping Agency (http://msi.nga.mil/NGAPortal/MSI.portal?_nfpb=true&_pageLabel=msi_portal_page_62&pubCode=0008)

RADAR AND ARPA MANUAL – A. G. Bole & W.O. Dineley

BRIDGE TEAM MANAGEMENT. A PRACTICAL GUIDE – Capt. A.J. Swift – The Nautical Institute

THE ELECTRONIC CHART DISPLAY AND INFORMATION SYSTEM (ECDIS): AN OPERATIONAL HANDBOOK - Adam Weintrit

CONVENIO INTERNACIONAL PARA LA SEGURIDAD DE LA VIDA HUMANAEN EL MAR (SOLAS)

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías