Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Fundamentos de Programación Código 631G02561
Titulación
Grao en Tecnoloxías Mariñas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Vidal Paz, Jose
Correo electrónico
jose.vidal.paz@udc.es
Profesorado
Correo electrónico
Web http://moodle.udc.es/
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 CE2 - Capacidade para a dirección, organización e operación das actividades obxecto das instalacións marítimas no ámbito da súa especialidade.
A13 CE13 - Levar a cabo automatizacións de procesos e instalacións marítimas.
A14 CE14 - Avaliación cualitativa e cuantitativa de datos e resultados, así como a representación e interpretación matemáticas de resultados obtidos experimentalmente.
A15 CE15 - Manexar correctamente a información procedente da instrumentación e sintonizar controladores, no ámbito da súa especialidade.
A16 CE16 - Ensamblar e realizar tarefas básicas de mantemento e reparación de equipos informáticos. Instalar e manexar sistemas operativos e aplicacións informáticas. Instalar e realizar as tarefas básicas de xestión de redes de ordenadores, no ámbito da súa especialidade.
A17 CE17 - Modelizar situacións e resolver problemas con técnicas ou ferramentas físico-matemáticas.
A18 CE18 - Redacción e interpretación de documentación técnica.
A20 CE20 - Ser capaz de identificar, analizar e aplicar os coñecementos adquiridos nas distintas materias do Grao, a unha situación determinada formulando a solución técnica máis axeitada dende o punto de vista económico, ambiental e de seguridade.
A67 CE57 - Facer funcionar os ordenadores e redes informáticas a bordo dos buques
A69 CE59 - Manter e reparar os sistemas de control automático da máquina propulsora principal e das máquinas auxiliares
B2 CT2 - Resolver problemas de forma efectiva.
B5 CT5 - Traballar de forma colaboradora.
B8 CT8 - Versatilidade.
B9 CT9 - Capacidade para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, que lle doten dunha gran versatilidade para adaptarse a novas situacións.
C3 C3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 C5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C7 C7 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C9 CB1 - Demostrar que posúen e comprenden coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e que inclúe coñecementos procedentes da vanguardia do seu campo de estudo
C10 CB2 - Aplicar os coñecementos no seu traballo ou vocación dunha forma profesional e poseer competencias demostrables por medio da elaboración e defensa de argumentos e resolución de problemas dentro da área dos seus estudos
C11 CB3 - Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuicios que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
C12 CB4 - Poder transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
C13 CB5 - Ter desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Manexar unha linguaxe de programación estructurada A13
A15
B8
B9
C3
Coñecer os pasos para realizar un programa e as suas principais compoñentes A13
A17
Coñecer as estructuras de control da programación estructurada e as diferenzas entre elas A13
Saber desenrolar programas para resolver problemas de pequena e mediana envergadura A2
A13
A16
A17
A20
B2
B5
B8
B9
C3
C9
C10
C11
C13
Construir programas correctos, ben organizados e documentados A13
A16
A17
A18
A67
C3
C11
C12
Adquirir bos hábitos ligados á programación A18
B5
B8
B9
C3
C5
C7
C11
C12
C13
Coñecer as distintas organizacións dos datos: variables, constantes, arrays, estructuras, punteiros. A13
A14
Ser capaz de depurar e reprogramar sistemas de control automático A67
A69

Contidos
Temas Subtemas
1. INTRODUCIÓN 1.1. MICROCONTROLADORES
1.2. LINGUAXES DE PROGRAMACIÓN
2. TIPOS E EXPRESIÓNS 2.1. TIPOS DE DATOS
2.2. OPERADORES
2.3. EXPRESIÓNS
3. CONTROL DE FLUXO 3.1. SECUENCIAL
3.2. ALTERNATIVA
3.3. REPETITIVA
4. FUNCIÓNS 4.1. VALOR DE RETORNO
4.2. ARGUMENTOS
4.3. INICIALIZACIÓN
4.4. RECURSIVIDADE
5. ESTRUCTURAS DE DATOS 5.1. ARRAYS
5.2. PUNTEIROS
5.3. ESTRUCTURAS
6. ORIENTACIÓN A OBXECTOS 6.1. OBXECTOS, ATRIBUTOS E MÉTODOS
6.2. CLASES E HERDANZA
6.3. POLIMORFISMO
7. LIBRARÍAS 7.1. LIBRARÍAS ESPECÍFICAS PARA MICROCONTROLADORES
8. CONTROL POR MICROCONTROLADOR 8.1. CONTROL DO SISTEMA DE PROPULSIÓN
8.2. CONTROL DOS SISTEMAS AUXILIARES

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A13 A14 A15 A16 A17 A20 A67 A69 B2 B8 B9 C3 7 14 21
Traballos tutelados A2 A13 A14 A15 A16 A18 A20 A67 A69 B2 B5 B8 B9 C3 C5 C7 C9 C10 C11 C12 C13 14 28 42
Sesión maxistral A17 B9 C5 C7 21 21 42
 
Atención personalizada 45 0 45
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Proporanse una serie de exercicios para que o alumno aprenda a desenrolar sinxelos algoritmos cos que resolver os problemas que se lle indiquen, utilizando para elo as estructuras de control , así coma os tipos e estructuras de datos básicas dunha linguaxe de programación. O alumnado poderá desenvolver estas prácticas tanto de maneira presencial no laboratorio coma de maneira autónoma desde o seu domicilio. Se lle proporcionará un kit coas compoñentes electrónicas necesarias para as mesmas.
A entrega se fará usando o Campus Virtual da UDC, onde deben subir o código do algoritmo e un pequeno vídeo que demostre o funcionamento do programa.
Traballos tutelados Proporase a realización dun traballo tutelado relacionado co seu ámbito profesional no que o alumno deberá integrar os coñecementos adquiridos non só nesta materia, senón tamén noutras materias da titulación.
Este traballo levarase a cabo de forma autónoma, co apoio do profesorado. Para elo se lle proporcionará o equipo hardware necesario que deberá programar para conseguir o seu correcto funcionamento. O traballo defenderase presencialmente ou a través de Teams, e entregarare facendo uso de ferramentas como o Campus Virtual da UDC e GitHub.
Sesión maxistral O profesor fará unha descripción dos contidos de cada tema, relacionándoos cos conceptos adquiridos previamente. Despois desenrolará os contidos teóricos utilizando transparencias e exemplos prácticos. Estas sesión poderán desenvolverse usando Teams e o Campus Virtual da UDC.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada é imprescindible para dirixir ao alumnado na realización do traballo proposto, tratando de aportar solución a os problemas e dúbidas que vaian aparecendo ao longo do desenvolvemento do mesmo, así como para orientar ao alumnado na resolución dos exercicios de programación que lles crearon máis dificultades.

Farase uso dos seguintes medios:

- Correo electrónico: Diariamente. Uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer seguimento do traballo tutelado.
- Campus Virtual: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñene dos enunciados dos exercicios prácticos e vídeos de elaboración propia en Stream nos que se explica a resolución dos exemplos. Ademáis, dispoñen de nelaces a páxinas web con manuais e titoriais.
- Teams. Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Utilizarase para o seguimento e apoio do traballo tutelado e as prácticas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A13 A14 A15 A16 A17 A20 A67 A69 B2 B8 B9 C3 Resolución e entrega das prácticas de laboratorio. 45
Traballos tutelados A2 A13 A14 A15 A16 A18 A20 A67 A69 B2 B5 B8 B9 C3 C5 C7 C9 C10 C11 C12 C13 Realización, exposición e defensa do traballo tutelado proposto. 55
 
Observacións avaliación

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017):

  • Asistencia/participación nas actividades de clase mínima: pode ser compensada coa resolución dos problemas e o desenvolvemento do traballo tutelado a distancia (embarcado), realizando as titorías a través do correo electrónico, do Campus Virtual da UDC e por videoconferencia con Teams.
  • Se lle proporcionará un kit de prácticas para que poda realizar as prácticas de laboratorio propostas, as cales poderá entregar por videoconferencia con Teams.
  • Presentación oral: poderá realizarse a distancia (embarcado) por videoconferencia a través de Teams.
  • Calificación: aplicaranse os mesmos criterios.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á segunda oportunidade e á oportunidade adiantada.

Os criterios de avaliación contemprados no cadro A-III/6 do Código STCW e recollido no Sistema de Garantía de Calidade teránse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación.


Fontes de información
Bibliografía básica Torrente Artero, O. (2016). El Mundo Genuino-Arduino. Curso Práctico de Formación. RC Libros
García Carballeira, F.; Calderón Mateos, A.; Carretero Pérez, J.; Fernández Muñoz, J. y Pérez Menor, (2003). Problemas Resueltos de Programación en Lenguaje C. Thomson
Antonakos, J.L. y Mansfield Jr., K.C. (2004). Programación Estructurada en C. Prentice Hall

Bibliografía complementaria Ganazhapa, B.O. (2016). Arduino. Guía Práctica. RC Libros
Kernighan, B.W. y Ritchie, D.M. (1991). El Lenguaje de Programación C. Prentice Hall
Banzi, M. y Shiloh, M. (2016). Introducción a Arduino. Anaya
Stroustrup, B. (2013). The C++ Programming Language. Pearson


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Fundamentos de Regulación e Control/631G02257
Electrónica Dixital/631G02364
Electrónica Analóxica e de Potencia/631G02363
Redes e Comunicacións/631G02366
Instrumentación e Sensórica/631G02369

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Sistemas Electrónicos de Comunicacións e Axuda á Navegación/631G02457
Sistemas Electrónicos de Adquisición de Datos/631G02562

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías