Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Métodos Numéricos e Estatísticos Código 631G03011
Titulación
Grao en Máquinas Navais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
Arós Rodríguez, Angel Daniel
Correo electrónico
angel.aros@udc.es
Profesorado
Arós Rodríguez, Angel Daniel
Calvo Garrido, María Del Carmen
Correo electrónico
angel.aros@udc.es
carmen.calvo.garrido@udc.es
Web http://www.nauticaymaquinas.es/
Descrición xeral Nesta asignatura impartiranse métodos básicos de dúas disciplinas matemáticas moi demandadas nas aplicacións prácticas. Por unha banda, estudaremos probabilidade básica e métodos de estatística inferencial. Por outra banda, estudaremos métodos numéricos para a resolución práctica dalgúns dos problemas vistos nas materias de Matemáticas I e II. Nos dous casos, a resolución práctica dos problemas contemplarase tanto en libreta (a man) coma con software científico, proporcionando así ferramentas que poden ser útiles tanto na actual vida académica do alumno como na súa futura vida profesional.

Competencias do título
Código Competencias do título
A73 CE73 - Modelizar situacións e resolver problemas con técnicas ou ferramentas físico-matemáticas.
A74 CE74 - Avaliar de forma cualitativa e cuantitativa os datos e resultados, así como a representación e interpretación matemáticas de resultados obtidos experimentalmente.
B1 CB1 - Demostrar que posúen e comprenden coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e que inclúe coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B3 CB3 - Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuicios que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 CB4 - Poder transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5 CB5 - Ter desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía.
B6 CG01 - Capacidade para xestionar os propios coñecementos e utilizar de forma eficiente técnicas de traballo intelectual.
B7 CG02 - Resolver problemas de forma efectiva.
B8 CG03 - Comunicarse de maneira efectiva nunha contorna de traballo.
B9 CG04 - Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B10 CG05 - Traballar de forma colaborativa.
B11 CG06 - Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B13 CG08 - Capacidade para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, que lle doten dunha gran versatilidade para adaptarse a novas situacións.
B14 CG09 - Comunicar por escrito e oralmente os coñecementos procedentes da linguaxe científica.
B15 CG10 - Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos habilidades e destrezas.
B16 CG11 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
B17 CG12 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
B18 CG13 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C1 CT01 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 CT03 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C7 CT07 - Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
C8 CT08 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C9 CT09 - Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Realizar eficazmente as tarefas asignadas como parte do grupo. B3
B4
B6
B8
B10
B11
B14
B15
B17
B18
C1
C3
C7
C8
C9
Ser quen de resolver e analizar os resultados dos problemas matemáticos que poidan plantearse na enxeñaría. A73
A74
B1
B3
B5
B7
B9
B10
B13
B14
B15
B16
C3
C7
C8
Coñecer algúns dos métodos numéricos máis relevantes para resolver ecuacións non lineais, sistemas de ecuacións lineais, interpolación polinómica, derivación e integración numérica, ecuacións diferenciais ordinarias e problemas de optimización. A73
A74
B1
B3
B5
B7
B9
B10
B13
B14
B15
B18
C3
C7
C8
Coñecer algúns dos resultados máis relevantes do cálculo de probabilidades e estatística descriptiva e inferencial. A73
A74
B1
B3
B4
B7
B9
B13
B14
B15
B16
B18
C3
C7
C8
Aplicar na práctica os coñecementos adquiridos A73
A74
B1
B3
B4
B5
B7
B8
B9
B10
B14
B15
B18
C1
C3
C7
C8
C9
Manexar software científico e, no seu caso, ofimático, para resolver numéricamente problemas planteados nesta e outras materias, así como para analizar series de datos empíricos orixinados a partir dunha mostra. A73
A74
B1
B4
B7
B8
B9
B10
B15
B16
B18
C3
C7
C8
Elaborar unha memoria/informe de modo científico, estruturado, rigoroso e conciso A73
A74
B1
B3
B4
B9
B10
B11
B14
B15
B16
B18
C1
C3
C8
C9

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1: Probabilidade básica. Variables aleatorias. Distribucións de probabilidade 1.1.- Probabilidade básica
1.2.- Variables aleatorias. Función de probabilidade
1.3.- Esperanza matemática, varianza e outras medidas de centralidade e dispersión
1.4.- Distribucións de probabilidade notables
Tema 2: Inferencia estadística 2.1.- Teoría do muestreo.
2.2.- Teoría da estimación. Intervalos de confianza
2.3.- Proba de hipótese. Significancia
2.4.- Axuste de curvas. Mínimos cadrados. Regresión
2.5.- Análisis da varianza
Tema 3: Resolución de sistemas de ecuacións
lineais. Interpolación polinómica
3.1.- Resolución de sistemas de ecuacións lineais
3.2.- Interpolación polinómica
Tema 4: Métodos numéricos para problemas de cálculo 4.1.- Resolución numérica de ecuacións non lineais.
4.2.- Derivación e integración numérica.
4.3.- Resolución numérica de EDO's

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A73 A74 B4 B8 B9 B13 B14 B16 B17 B18 C1 C3 C8 30 30 60
Análise de fontes documentais B3 B9 B10 B11 B13 B14 B16 B17 B18 C8 0 5 5
Proba obxectiva B1 B5 B7 B9 B11 B14 B15 B16 C1 C9 2 3 5
Prácticas a través de TIC A73 A74 B5 B7 B9 B10 B11 B13 B15 B16 B18 C3 C8 8 8 16
Traballos tutelados A73 A74 B1 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B14 B15 B16 B18 C1 C3 C7 C8 C9 0 10 10
Solución de problemas A73 A74 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B14 B15 C1 C3 C7 C9 16 32 48
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición na aula dos conceptos fundamentais.
Análise de fontes documentais Seleccionar libros e páxinas web a utilizar
Proba obxectiva Resolver de forma individual unha proba de coñecementos teóricos e prácticos.
Prácticas a través de TIC Resolver de forma individual ou en grupo problemas da materia facendo uso de software científico
Traballos tutelados Preparación e, no seu caso, entrega de traballos relacionados con problemas e prácticas da materia.
Solución de problemas Resolución de exercicios tipo e proposta de outros a resolver por os estudantes.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Traballos tutelados
Solución de problemas
Descrición
Resolución de dúbidas persoais de forma individual ou en grupo moi reducido. Debido á situación sanitaria provocada pola COVID-19, a atención ao alumnado farase preferentemente mediante ferramentas informáticas (correo electrónico e reunións por MS Teams).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A73 A74 B4 B8 B9 B13 B14 B16 B17 B18 C1 C3 C8 Resolución de cuestións teóricas ou prácticas breves plantexadas durante as sesións maxistrais. 10
Prácticas a través de TIC A73 A74 B5 B7 B9 B10 B11 B13 B15 B16 B18 C3 C8 Prácticas e problemas a resolver utilizando software científico 10
Traballos tutelados A73 A74 B1 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B14 B15 B16 B18 C1 C3 C7 C8 C9 Prácticas e problemas a resolver 5
Proba obxectiva B1 B5 B7 B9 B11 B14 B15 B16 C1 C9 Entrega para avaliación das respostas do alumno feitas en tempo e forma a cuestións e problemas sobre os coñecementos adquiridos. 60
Solución de problemas A73 A74 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B14 B15 C1 C3 C7 C9 Entregas, dentro de prazos concretos, das resolucións por parte do alumno, ou grupo de alumnos, de problemas ou prácticas propostas, da mesma categoría e dificultade dos tratados nas clases interactivas, tanto para resolver a man, como con axuda de software científico. 15
 
Observacións avaliación

Os estudantes que participan no sistema EEES, deberán acudir a un mínimo do 80% das clases. A avaliación continua (solución de problemas e prácticas plantexados en clase para entregar) supón o 40% da nota. Ó longo do cuadrimestre realizaranse dúas probas parciais que permitan acadar o restante 60% da nota (proba obxectiva).

Os estudantes que teñan realizado a avaliación continua (solución de problemas) pero non superasen a materia trala realización dos parciais (probas obxectivas), terán a oportunidade de acadar o 60% da nota correspondente a proba obxectiva nun examen final de toda a asignatura na primeira ou segunda oportunidade. Os parciais non eliminan materia. Un alumno que non aprobe a materia trala realización dos parciais e que non se presente ós exames finais, será cualificado como NON PRESENTADO.

Os estudantes que decidan NON participar no sistema EEES serán avaliados a través dunha única proba individual (que constará de cuestións teóricas e prácticas, incluíndo no seu caso a resolución de problemas co software científico utilizado durante o curso), que constituirá o 100% da avaliación.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017), e queira manterse na vía do EEES e beneficiarse da avaliación continua, DEBERÁ INDICALO Ó PRINCIPIO DO CUADRIMESTRE e asistir ó 50% das clases interactivas. No caso de non poder asistir ás prácticas deberá asistir a titorías onde realizará probas equivalentes.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a calificación de suspenso, nota numérica de 0, na convocatoria correspondente, invalidando calquera calificación obtida en todas as probas ou actividades de avaliación, tal e como se establece na normativa académica vixente na UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica D. Kincaid, W. Cheney (1994). Análisis numérico. Addison-Wesley Iberoamericana
A. Quarteroni, F. Saleri. (2006). Cálculo Científico con MATLAB y Octave. Springer Milan
Mode, E. B. (1967). Elementos de probabilidad y estadística. Reverté
Cao-Abad et. al. (2001). Introducción a la estadística y sus aplicaciones. Pirámide
J.M. Viaño, M. Burguera (1995). Lecciones de Métodos Numéricos, vol 2. Resolución de Ecuaciones. Tórculo Edicións
S.C. Chapra, R.P. Canale (2010). Métodos numéricos para ingenieros. McGraw Hill
Spiegel M. et al. (2010). Probabilidad y estadística (3a Edición). McGraw Hill

Dispoñible en formato electrónico a través de https://www.udc.es/es/biblioteca.nautica/ ou directamente a través da ligazón http://sfx.bugalicia.org/aco?sid=III:innopac&pid=id=9788847005044

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Matemáticas I/631G03001
Matemáticas II/631G03006

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Termodinámica e Termotecnia/631G03014

Materias que continúan o temario

Observacións

Obseracións: Está previsto que en terceiro curso (que será implementado no curso 2023/24) se imparta a materia Xestión do Mantemento do Buque, onde se impartirán contidos que continúan e aproveitan os desta materia Métodos Numéricos e Estatísticos.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías