Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Electrónica e Sistemas de Control Código 631G03016
Titulación
Grao en Máquinas Navais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Enxeñaría Industrial
Coordinación
Rodríguez Gómez, Benigno Antonio
Correo electrónico
benigno.rodriguez@udc.es
Profesorado
Andión Fernández, José Manuel
Rodríguez Gómez, Benigno Antonio
Correo electrónico
jose.manuel.andion@udc.es
benigno.rodriguez@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 CE02 - Facer funcionar a maquinaria principal e auxiliar e os sistemas de control correspondentes.
A4 CE04 - Facer funcionar os sistemas eléctricos, electrónicos e de control.
A11 CE11 - Manter e reparar o equipo eléctrico e electrónico.
A18 CE18 - Supervisar o funcionamento dos sistemas eléctricos, electrónicos e de control.
A25 CE25 - Manter e reparar os sistemas eléctricos, electrónicos e de control da maquinaria de cuberta e do equipo de manipulación da carga.
A73 CE73 - Modelizar situacións e resolver problemas con técnicas ou ferramentas físico-matemáticas.
A74 CE74 - Avaliar de forma cualitativa e cuantitativa os datos e resultados, así como a representación e interpretación matemáticas de resultados obtidos experimentalmente.
A90 CE90 - Operar, reparar, manter e optimizar a nivel operacional as instalacións industriais relacionadas coa enxeñería mariña, como motores alternativos de combustión interna e subsistemas; turbinas de vapor e de gas, caldeiras e subsistemas asociados; ciclos combinados; equipos eléctricos, electrónicos, e de regulación e control; as instalacións auxiliares, tales como instalacións frigoríficas, instalacións de aire acondicionado, plantas potabilizadoras, grupos electrógenos, etc.
A91 CE91 - Redactar e interpretar documentación técnica.
A99 CE99 - Ter a capacidade para exercer como Oficial de Máquinas da Mariña Mercante, unha vez superados os requisitos esixidos pola Administración Marítima.
A100 CE100 - Ter a capacidade para exercer como oficial ETO da Mariña Mercante, unha vez superados os requisitos esixidos pola Administración Marítima.
B1 CB1 - Demostrar que posúen e comprenden coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e que inclúe coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B5 CB5 - Ter desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía.
B7 CG02 - Resolver problemas de forma efectiva.
B9 CG04 - Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B10 CG05 - Traballar de forma colaborativa.
B13 CG08 - Capacidade para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, que lle doten dunha gran versatilidade para adaptarse a novas situacións.
B16 CG11 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C3 CT03 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C8 CT08 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os dispositivos electrónicos básicos (diodos, transistores, dispositivos de potencia e amplificadores operacionais) e a súa aplicación en circuitos electrónicos. A4
A11
A18
A25
A73
A74
A90
A91
A99
A100
B1
B5
B7
B9
B13
B16
C3
C8
Adquirir nocións básicas de electrónica dixital. A4
A11
A18
A25
A73
A74
A90
A91
A99
A100
B1
B5
B7
B9
B13
B16
C3
C8
Coñecer o funcionamiento básico da instrumentación electrónica analóxica e dixiital. A2
A4
A11
A18
A25
A74
A90
A91
A99
A100
B5
B7
B9
B10
Comprender os principios de funcionamento dos sistemas de regulación e control. A2
A4
A18
A73
A91
A99
A100
B1
B5
B7
B9
B13
B16
C3
C8
Identificar os elementos que forman parte do sistema e o papel que desempeña cada un. A2
A4
A25
A90
A91
A99
A100
B7
B9
B16
C3
C8
Recoñecer o posible comportamento anómalo dun sistema. A2
A4
A18
A25
A73
A74
A90
A91
A99
A100
B1
B7
B9
B10
B13
B16
C3
C8
Aplicar técnicas heurísticas á sintonía de controladores. A2
A4
A18
A25
A73
A74
A90
A91
A99
A100
B1
B5
B7
B9
B10
B13
B16
C3
C8

Contidos
Temas Subtemas
Electrónica analóxica Díodos. Circuítos con díodos.
Transistores. Circuítos con transistores.
Amplificadores operacionais. Circuítos con amplificadores operacionais.
Electrónica de potencia Dispositivos de potencia. Circuítos con dispositivos de potencia.
Electrónica dixital Portas lóxicas. Circuítos lóxicos.
Representación de sistemas Concepto de Sistema Dinámico
Modelado e estimación de Sistemas Lineáis.
Representacións gráficas.
Análise da resposta temporal. Sinais de proba.
Respostas típicas para sistemas de primeiro e segundo orde
Réxime permanente e réxime transitorio. Parámetros característicos.
Controladores, tipos, funcionamiento e sintonía. Controladores Todo o Nada
Controladores PID
Sintonía de Controladores PID
Outro tipo de Controladores

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Solución de problemas A4 A11 A18 A25 A73 A74 A90 A91 A99 A100 B1 B5 B7 B9 B10 B13 B16 C3 C8 16 32 48
Prácticas de laboratorio A11 A25 A74 A90 A91 B9 B10 8 16 24
Proba mixta A2 A4 A11 A18 A25 A73 A74 A90 A91 A99 A100 B1 B5 B7 B9 B13 B16 C3 C8 8 8 16
Sesión maxistral A2 A4 A11 A18 A25 A73 A74 A90 A91 A99 A100 B1 B5 B13 B16 C8 30 30 60
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación proposta mediante un enunciado e, a partir dos coñecementos que se traballaron, debe atopárselle algunha solución.
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións. Neste caso, as prácticas poderán realizarse con elementos físicos ou virtuais mediante aplicacións informáticas.
Proba mixta Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Pódense combinar cuestións de diferente natureza, desenvolver temas, responder cuestións razoadamente, resolver problemas, etc.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Sesión maxistral
Solución de problemas
Descrición
A atención personalizada lévase a cabo na aula e no laboratorio, atendendo ás dúbidas particulares do alumnado cando eles requiren a atención do profesor.

Ademáis, fóra destes espazos, o alumnado pode acudir ás titorías no horario establecido para clarexar calquera cuestión referida á materia. Ou ben, se o desexa, pode ser atendido por TEAMS, correo-e ou mensaxería do Campus Virtual.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A2 A4 A11 A18 A25 A73 A74 A90 A91 A99 A100 B1 B5 B7 B9 B13 B16 C3 C8 Consistirá nunha ou varias probas, que terán carácter global para valorar as distintas partes da materia.

Os contidos da proba poden ser variados: resolución de problemas, cuestións de razoamento sobre a materia vista, desenvolvemento dalgún tema, ou calquera outra forma de demostración do coñecemento.
70
Prácticas de laboratorio A11 A25 A74 A90 A91 B9 B10 As prácticas levaranse a cabo nos laboratorios axeitados para a súa realización. O alumnado fará uso axeitado dos materiais e equipos pertinentes, e procederá a realizar as montaxes e comprobacións que lle sexan indicados.

Ademáis da utilización de elementos físicos, as prácticas tamén poderán ser realizadas a través de simulación con software
10
Solución de problemas A4 A11 A18 A25 A73 A74 A90 A91 A99 A100 B1 B5 B7 B9 B10 B13 B16 C3 C8 A solución de problemas levarase a cabo como aplicación da teoría impartida nas sesións maxistrais.
Valorarase a asistencia, participación e demostración da comprensión da teoría mediante a súa aplicación aos enunciados propostos polo profesor.
Os exercicios poderán ser propostos tanto en formatos tradicionais como a través de ferramentas TIC.
20
 
Observacións avaliación
A materia está estructurada en dúas partes independentes que se avaliarán de xeito separado, por unha parte a Electrónica e por outra os Sistemas de Control. Para superar a materia é necesario superar cada unha destas partes, xa que a cualificación dunha delas non será valida para compensar a outra.

Os criterios para superar a materia tanto na primeira como na segunda oportunidade serán os mesmos.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017):

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara ás oportunidades segunda e adiantada.

Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-III/6 do Código STCW, e recollido no Sistema de Garantía de Calidad, teranse en conta á hora de diseñar e realizar a avaliación.


Fontes de información
Bibliografía básica Roca, Alfredo (2014). Control automático de procesos industriales : con prácticas de simulación y análisis por ordenador PC. [Madrid] : Díaz de Santos,
Boylestad, Robert L. e Nashelsky, Louis (2018). Electrónica : teoría de circuitos y dispositivos electrónicos. México : Pearson
Brégains, Julio C. e Castro, Paula M. (2013). Electrónica básica : problemas resueltos. Electrónica básica : problemas resueltos.
Ogata, Katsuhiko. (). Ingeniería de Control Moderna. Madrid : Pearson Educación
Malvino, Albert P. e Bates, David J. (2007). Principios de electrónica. Madrid : McGraw-Hill
St. Clair, David W. (1991). Sintonizado de controladores y comportamiento del lazo de control Un libro de fundamentos. Barcelona : Tiempo Real

Indícase a edición de 2007 do texto de Malvino por haber varias copias en toda a UDC e estar dispoñible electrónicamente, pero as edicións anteriores conteñen a práctica totalidade do contido introdutorio que se trata nesta materia. Isto mesmo é aplicable ó texto de Boylestad.

O texto de Ogata ten múltiples edicións en diferentes anos, non se indica ningunha en especial porque todos poden valer para a preparación da materia. 681/OGA/ing-X indica que a X pode sustituirse por a, b, c,... xa que a signatura vai variando co exemplar. Tamén está dispoñible noutras bibliotecas da UDC.

Do texto de Roca, ademáis do exemplar  681/ROC/con, existen outros dispoñibles na biblioteca da UDC, e tamén pode ser consultado como recurso electrónico

Bibliografía complementaria Analog Devices (). Learn How to Use LTspice: Instructional Videos. Analog Devices
Keysight Technologies (2012). Osciloscopios de la serie 1000B de Keysight. Guía del usuario. Keysight Technologies
Siglent Technologies (2017). SDG800 Series Function/Arbitrary Waveform Generator. User Manual. Siglent Technologies
Siglent Technologies (2014). SPD3000C Series Programmable DC Power Supply. Quick Start. Siglent Technologies

Os manuais de uso da instrumentación do laboratorio e o simulador serán proporcionados ó alumnado electrónicamente a través do Campus Virtual, xunto con outro material adicional.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Electrotecnia e Máquinas Eléctricas do Buque/631G03015
Matemáticas I/631G03001
Matemáticas II/631G03006
Física I/631G03003
Física II/631G03008

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Automatización de Instalacións do Buque/631G03042
Automatismos e Sistemas de Control/631G03038
Electrónica Analóxica/631G03031
Electrónica Dixital/631G03032
Electrónica de Potencia/631G03035

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías