Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Optimización e Análise de Estruturas Código 632508001
Titulación
Mestrado Universitario en Investigación en Enxeñaría Civil (2013)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Civil
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral Nesta materia profundizarase nos métodos de deseño óptimo e os estudos de aeroelasticidade en enxeñaría de pontes.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen

*Metodoloxías docentes que se modifican

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

4. Modificacións na avaliación

*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Profundizar nos métodos máis actuais de deseño óptimo de estruturas aplicado a pontes lanzadas e profundizar nos estudos de aeroelasticidade en enxeñaría de pontes para coñecer a interacción entre o fluxo de vento e a estrutura.
Capacidade para comprender sistematicamente os conceptos, fundamentos e coñecementos propios dos ámbitos da teoría e tecnoloxía de estruturas. Adquisición do dominio das habilidades e métodos de investigación específicos deste campo, con capacidade para elaborar traballos de investigación con orixinalidade e rigor científico. Capacidade de síntese e análise unida ao criterio científico necesario para evaluar calquera proposta de investigación nos ámbitos mencionados. Capacidade para elaborar documentos para a difusión dos resultados da investigación (artigos, informes, etc.), así como a súa protección (patentes e modelos de utilidade).

Contidos
Temas Subtemas
1. Deseño óptimo de estruturas.
2. Optimización de pontes lanzadas.
3. Aerolasticidade en pontes.
4. Optimización de pontes con condicións aeroelásticas.
5. Optimización e análise probabilística de pontes de gran van.
Describiranse as metodoloxías de deseño óptimo de estruturas e a súa aplicación a distintos problemas de enxeñaría de estruturas. Un campo importante de aplicación destas técnicas é a optimización de pontes lanzadas. Deste procedemento de construción de pontes mostrarase polo miúdo todo o proceso e informarase de como levar a cabo tanto a optimización do pico de lanzamento, que é un dispositivo importante no proceso de construción, como da propia sección transversal da ponte, cando está deseñada con formigón pretensado.
Describiranse os fenómenos aeroelásticos e as inestabilidades a que dan lugar tanto en fluxo laminar como en turbulento.
Estudiarase a metodoloxía experimental para obter a resposta da ponte, que está baseada en ensaios de modelos a escala destas construcións en túneles de vento de capa límite. Tamén se revisarán os métodos totalmente computacionais, baseados en mecánica de fluidos computacional (CFD). Asimesmo describiranse os métodos híbridos, que contan cunha combinación das metodoloxías anteriores, porque comparten unha parte experimental con outra computacional.
Finalmente mostrarase a aplicación das técnicas de análise de sensibilidade e de deseño óptimo de estruturas nos estudos aeroelásticos de pontes de gran van.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 60 60 120
Traballos tutelados 0 20 20
Lecturas 0 8 8
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Os profesores impartirán leccións maxistrais aos estudantes nas que se describirán os conceptos, métodos e resultados de investigación propios das disciplinas contidas na materia.
Traballos tutelados Os profesores, poderán propoñer aos estudantes, no seu caso, a realización de traballos tutelados, individuais ou en grupo, para profundizar nalgún dos aspectos contidos no curso.
Lecturas Os profesores poderán propoñer aos estudantes a lectura de capítulos de libros ou artigos de investigación que permitan aos estudantes familiarizarse co estado da arte, e os métodos de investigación nos campos de investigación obxeto da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Lecturas
Descrición
Os estudantes poderán consultar cos profesores sobre os contidos impartidos nas sesións maxistrais, así como sobre as lecturas ou traballos propostos, no seu caso, durante o curso.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados Valorarase a súa presentación formal, a orixinalidade e rigor do seu desenvolvemento, o nivel das conclusións obtidas e os fundamentos en que se basee o traballo (fontes bibliográficas, datos estadísticos, resultados de laboratorio, etc.). 15
Sesión maxistral Os alumnos deben asistir ás clases maxistrales e prácticas programadas polos profesores, participando activamente nas mesmas. 75
Lecturas Os alumnos no seu caso deberán ler e realizar resumes críticos dos capítulos de libros ou artigos publicados en journals de investigación que foran propostos polos profesores. 10
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Schmid, M. T. (2005). A Construçao e o Lançamento de Pontes pelo Processo dos Segmentos Empurrados. Rudloff Industrial Ltda, 3ª Edição
Iglesias, C. (1992). Algunas ideas sobre el predimensionamiento de puentes empujados: Empuje con nariz metálica. Hormigón y Acero, nº 182, pp. 111-128
Iglesias, C. (1992). Algunas ideas sobre el predimensionamiento de puentes empujados: Empuje con torre provisional de atirantamiento y nariz metálica corta. Hormigón y Acero, nº 183, pp. 35-47
Jurado, Hernández, Nieto & Mosquera (2011). Bridge Aeroelasticity. Sensitivity Analysis and Optimal Design. WITPress
La Violette, M. et al. (2007). Bridge Construction Practices using Incremental Launching. Highway Subcommittee on Bridge and Structures, AASHTO
Rosignoli, M. (2002). Bridge Launching. Thomas Telford
Siegrist, C. (1980). Construcción de puentes de hormigón pretensado por empuje del tablero. Hormigón y Acero nº 135, pp. 83-108
Bouchon, E. et al. (1999). Guide des Ponts Poussés. Association française de génie civil. Presses de l’ecole nationale des ponts et chaussées
Göhler & Pearson (2000). Incrementally Launched Bridges. Design and construction. Ernst & Sohn
Göhler, B. & Pearson, B. (2000). Incrementally Launched Bridges. Design and Construction. Ernst & Sohn
Anderson et al (2008). Introduction to computational fluid dynamics. Von Karman Institute for Fluid Dynamics
Arora (2003). Introduction to Optimum Design. McGraw Hill
Barlow, Rae & Pope (1999). Low-speed wind tunnel testing. John Wiley & Sons, Inc.
Hernández (1990). Métodos de diseño óptimo de estructuras. Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos
Hernández & Fontán (2002). Practical Applications of Design Optimization. WITPress
Llombart, J.A. & Revoltós, J. (20003). Puentes Empujados con Tablero formado por Estructura Mixta Acero-Hormigón. Aplicación del sistema constructivo como solución en casos especiales. Revista de Obras Públicas, nº 3431, pp. 17-36
Manterola, J. (2006). Puentes. Apuntes para su diseño, cálculo y construcción. Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos
VSL International LTD. (1977). The Incremental Launching Method in Prestressed Concrete Bridge Construction. VSL International LTD
Davidson (2004). Turbulence, an introduction for scientists and engineers. Oxford University Press
Simiu & Scanlan (1996). Wind effects on structures. John Wiley & Sons, Inc.
Holmes (2007). Wind loading of structures. Taylor & Francis Group

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Traballo de Iniciación á Investigación/632508022

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías