Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Mecánica de medios continuos Código 632514002
Titulación
Mestrado Universitario en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas
Enxeñaría Civil
Coordinación
Fontan Perez, Arturo Norberto
Correo electrónico
arturo.fontan@udc.es
Profesorado
Fontan Perez, Arturo Norberto
Nieto Mouronte, Felix
Correo electrónico
arturo.fontan@udc.es
felix.nieto@udc.es
Web http://https://campusvirtual.udc.gal/course/view.php?id=8191
Descrición xeral Esta materia impártese no primeiro curso da titulación. A mecánica de medios continuos permite determinar o comportamento interno dun corpo en resposta ás forzas externas que actúan sobre el e proporciona a base para múltiples e variados campos da ciencia. Os medios continuos poden clasificarse atendendo ao seu comportamento mecánico en sólidos deformables e fluídos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non hai cambios.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión maxistral
Estudo de casos
Lecturas
Proba obxectiva

*Metodoloxías docentes que se modifican
- Sesión maxistral: No caso de non poder facerse presencialmente, impartiranse a través da plataforma de MS Teams.
- Estudo de casos: No caso de non poder facerse presencialmente, realizaranse utilizando MS Teams e a plataforma VDI "Aula Camiños" co software necesario (OPENFoam, Salome, blueCFD, etc).
Proba obxectiva: No caso de non poder facerse presencialmente, realizaranse utilizando Moodle e MS Teams.
Entrega de traballo: Realizarase utilizando Moodle e MS Teams.
Proba de respostas curtas e/ou tipo test: Realizarase utilizando Moodle e MS Teams.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
No caso de non poder levarse a cabo presencialmente, a atención personalizada realizarase a través do correo electrónico, Moodle ou MS Teams.

4. Modificacións na avaliación
Proba obxectiva no Bloque A (medio continuo sólido) (65%) consistente na resolución de problemas nun tempo determinado empregando Moodle e MS Teams.
Entrega de traballo no Bloque B (medio continuo fluído) (20%) consistente en realizar individualmente un modelo CFD en 2D mediante Moodle, MS Teams e a plataforma VDI "Aula Camiños".
Proba de respostas curtas e/ou tipo test no Bloque B (medio continuo fluído) (15%) sobre os contidos teóricos mediante Moodle e MS Teams.

*Observacións de avaliación:
A proba obxectiva do bloque A consistirá nun exame individual manuscrito, presencial ou non presencial, síncrono. A proba de respostas curtas e/ou tipo test do bloque B realizarase presencial ou non presencial, síncrono. Unha vez realizadas as probas, bloque A e/ou B, os profesores poderán contactar de maneira discrecional a través de MS Teams, coa totalidade, ou parte dos estudantes, para preguntar oralmente sobre o contido do exame realizado. Estes contactos serán gravados e pasarán a formar parte do exame do estudante. O obxectivo destes contactos pode ser dobre: acreditar a autoría do exame por parte do estudante, e no seu caso, pedir as aclaracións sobre o exame que poidan ser pertinentes antes de proceder á súa cualificación. É responsabilidade dos estudantes a custodia dos exercicios realizados, que lles poderán ser requiridos en calquera momento. A non comparecencia ao ser contactados polos profesores sen causa xustificada provocará que o exame sexa cualificado cun cero (0).

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se producen modificacións.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Capacitación científico-técnica e metodolóxica para a asesoría, a análise, o deseño, o cálculo, o proxecto, a planificación, a dirección, a xestión, a construción, o mantemento, a conservación e a explotación nos campos relacionados coa Enxeñería Civil: edificación, enerxía, estruturas, xeotecnia, hidráulica, hidroloxía, enxeñería cartográfica, enxeñería marítima e costeira, enxeñería sanitaria, materiais de construción, medio ambiente, ordenación do territorio, transportes e urbanismo, entre outros
A6 Aplicación das capacidades técnicas e xestoras en actividades de I+D+i dentro do eido da Enxeñaría Civil
A8 Utilización dos ordenadores para a resolución de problemas complexos de enxeñería. Utilización de métodos e modelos sofisticados de cálculo por ordenador así como utilización de técnicas de sistemas expertos e de intelixencia artificial no contexto das súas aplicacións na resolución de problemas do ámbito estrito da Enxeñería Civil
A9 Capacidade para resolver numericamente os problemas matemáticos máis frecuentes na enxeñería, desde a formulación do problema ata o desenvolvemento da formulación e a súa implementación nun programa de ordenador. En particular, capacidade para formular, programar e aplicar modelos numéricos avanzados de cálculo, así como capacidade para a interpretación dos resultados obtidos no contexto da enxeñería civil, a mecánica computacional e/ou a enxeñería matemática, entre outros
A12 Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais do movemento mecánico e do equilibrio dos corpos materiais, e capacidade para a súa aplicación na resolución de problemas de Mecánica Racional en ámbitos propios da enxeñería como son a Mecánica dos Medios Continuos, a Mecánica de Fluídos, a Teoría de estruturas, etc
A25 Capacidade para aplicar a mecánica dos fluídos e as ecuacións fundamentais do fluxo en cálculo de conducións a presión e en lámina libre.
B1 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
B2 Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B3 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B4 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B5 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
B6 Resolver problemas de forma efectiva
B7 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo
B9 Traballar de forma colaborativa
B18 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
C2 Comprender a importancia da innovación na profesión
C3 Aproveitamento e incorporación das novas tecnoloxías
C11 Habilidade para a xestión de información
C12 Capacidade de análise, síntese e estruturación da información e das ideas
C13 Claridade na formulación de hipóteses
C14 Capacidade de abstracción
C16 Capacidade de autoaprendizaxe mediante a inquietude por buscar e adquirir novos coñecementos, potenciando o uso das novas tecnoloxías da información
C20 Capacidade para aplicar coñecementos básicos na aprendizaxe de coñecementos tecnolóxicos e na súa posta en práctica

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e comprender o comportamento dos medios continuos sólidos. Entender o comportamento dos materiais lineais e non lineais, empregados en enxeñaría. Coñecer e comprender o comportamento do medio fluído. Entender os tipos de fluxo e os métodos existentes actuais para o tratamento computacional da mecánica de fluídos. AM1
AM6
AM8
AM9
AM12
AM25
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM7
BM9
BM18
CM2
CM3
CM11
CM12
CM13
CM14
CM16
CM20

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Introdución á Mecánica de Medios Continuos. Sólidos e fluídos.
Bloque A. Mecánica do medio continuo sólido. Tema 2. Movementos e deformacións. Ecuacións cinemáticas.
Tema 3. Forza e tensións. Ecuacións de equilibrio.
Tema 4. Relacións entre tensións e deformacións. Ecuacións constitutivas dos materiais.
Tema 5. Elasticidade lineal bidimensional. Deformación plana e tensión plana.
Tema 6. Hiperelasticidade.
Tema 7. Plasticidade. Criterios de plastificación.
Tema 8. Viscoelasticidade lineal.
Tema 9. Elasto-viscoplasticidade lineal.
Bloque B. Mecánica do medio continuo fluído. Tema 10. Introdución á Mecánica de Fluídos.
Tema 11. Cinemática.
Tema 12. Principios de masa e cantidade de movemento.
Tema 13. Vorticidade, viscosidade, sustentación e resistencia.
Tema 14. Ecuación de Navier-Stokes.
Tema 15. Capas límite. Turbulencia.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A6 A8 A9 A12 A25 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B18 C2 C3 C11 C12 C13 C14 C16 C20 40 40 80
Estudo de casos A1 A6 A8 A9 A12 A25 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B18 C2 C3 C11 C12 C13 C14 C16 C20 30 30 60
Lecturas A1 A6 A8 A9 A12 A25 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B18 C2 C3 C11 C12 C13 C14 C16 C20 0 4 4
Proba obxectiva A1 A6 A8 A9 A12 A25 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C3 C11 C12 C13 C14 C20 4 0 4
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición de contidos conceptuais dos diversos temas.
Estudo de casos Resolución das prácticas dos diferentes temas formulados polos profesores.
Lecturas Lectura de artigos de revista como ampliación de coñecementos.
Proba obxectiva Realización dos exames da materia nas datas establecidas ao efecto pola Comisión Docente da Escola.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Estudo de casos
Descrición
Sesión maxistral:
Os alumnos deberán preguntar en titoría individual aqueles aspectos desenrolados nas sesións maxistrais que non foron suficientemente comprendidos e interiorizados.

Estudo de casos:
Igualmente, os alumnos deberán resolver as dúbidas que se lles formulen antes ou despois de que as prácticas de cada tema sexan resoltas na aula polos profesores da asignatura. Neste caso os alumnos poden acudir a titoría individualmente ou en grupo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A6 A8 A9 A12 A25 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C3 C11 C12 C13 C14 C20 O contido da materia divídese en dous bloques: medio continuo sólido (A) e medio continuo fluído (B).
O 65% da cualificación da materia corresponde ao bloque A, mentras que o 35% restante corresponde ao bloque B.
A materia supérase cando a nota global sexa igual ou superior a 5 sobre 10. Para facer media entre as notas dos bloques A e B o estudante debe ter unha nota superior a 3.5 sobre 10 en cada un dos dous bloques.
En cada exame os estudantes poden presentarse libremente a calquera das dúas partes (A ou B) ou a ambas. A cualificación final obterase a partir da nota máis recente obtida polo estudante en cada unha das partes.
100
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica A. A. Shabana (2012). Computational Continuum Mechanics. Cambridge University Press
J. Blazek (2001). Computational Fluid Dynamics: Principles and Applications. Elsevier
E. H. Dill (2007). Continuum Mechanics. Elasticity, Plasticity, Viscoelasticity. CRC Press
S. Nair (2009). Introduction to Continuum Mechanics. Cambridge University Press
X. O. Olivella, C. Agelet de Saracíbar (2002). Mecánica de medios continuos para ingenieros. Univ. Politèc. de Catalunya
S. Hernández, A. Fontán (2016). Mecánica de Medios Continuos. Sólido deformable. Andavira
R. Schiestel (2007). Modeling and Simulation of Turbulent Flows. Wiley
D. C. Wilcox (2006). Turbulence Modeling for CFD. DCW Industries, Inc.
P. A. Davidson (2004). Turbulence. An introduction for scientists and engineers. Oxford University Press

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías