Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Deseño asistido e visualización Código 632514029
Titulación
Mestrado Universitario en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Civil
Coordinación
Hernandez Ibañez, Luis Antonio
Correo electrónico
luis.hernandez@udc.es
Profesorado
Hernandez Ibañez, Luis Antonio
Varela Garcia, Alberto
Correo electrónico
luis.hernandez@udc.es
alberto.varela@udc.es
Web
Descrición xeral Coñecemento das tecnoloxías de visualización por computador aplicadas á la Ingeniería Civil. Visualización realista e visualización interactiva. Manexo de paquetes informáticos para a representación tridimensional de obras de construcción.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizan cambios

2. Metodoloxías

Metodoloxías docentes que se manteñen

Mantéñense as metodoloxías docentes. As sesións maxistrais grávanse en vídeo e publícanse á hora do comezo das clases, así como a resolución das prácticas, que tamén se facilitan en vídeo e fanse síncronamente en horas de clase. Durante a duración das clases, o profesor está en liña atendendo dúbidas.
As presentacións orais de traballos faranse a través de Teams, ou a través dunha presentación PowerPoint acompañada dun vídeo do gameplay do traballo.

Metodoloxías docentes que se modifican

Ningunha

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

Teams - Reunión telepresencial unha vez á semana, durante as clases.
- En titorías, en caso de ser solicitadas polos estudantes

Moodle - Semanalmente publicaranse materiais docentes do tema en curso.

4. Modificacines na avaliación

Non hai modificacions. A asistencia a clase dos los estudiantes realizarase a través de Teams e contabilizase como se fose presencial.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Mantéñense todos os recursos bibliográficos recomendados accesibles por Internet.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Capacitación científico-técnica e metodolóxica para a asesoría, a análise, o deseño, o cálculo, o proxecto, a planificación, a dirección, a xestión, a construción, o mantemento, a conservación e a explotación nos campos relacionados coa Enxeñería Civil: edificación, enerxía, estruturas, xeotecnia, hidráulica, hidroloxía, enxeñería cartográfica, enxeñería marítima e costeira, enxeñería sanitaria, materiais de construción, medio ambiente, ordenación do territorio, transportes e urbanismo, entre outros
A13 Capacidade de visión espacial, dominio dos Sistemas de Representación e coñecemento das técnicas e normativas actuais para a representación de obxectos propios da enxeñería civil. Coñecemento das técnicas de trazado de obras lineais e de plataformas e capacidade para aplicar os coñecementos do Debuxo Técnico á croquización e cubicación de pezas propias das obras públicas
A15 Capacidade para coñecer, comprender e aplicar os métodos que as novas tecnoloxías da información proporcionan para a resolución de problemas xeométricos. Coñecemento e comprensión dos fundamentos teóricos empregados nas técnicas de Deseño Asistido, Visualización Avanzada e Animación por computador, así como a súa aplicación práctica en problemas de Enxeñaría Civil mediante o uso de programas de CAD.
B1 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
B3 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B5 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
B11 Comunicarse de xeito efectivo nun ambiente de traballo
B12 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
B13 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
C3 Aproveitamento e incorporación das novas tecnoloxías
C6 Comprensión da necesidade de analizar a historia para entender o presente
C19 Capacidade para aumentar a calidade no deseño gráfico das presentacións de traballos

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Tras cursar a materia, o alumno coñecerá e será capaz de manexar tecnoloxías de modelado CAD e de visualización avanzada de aplicación concreta na súa actividade profesional. AM1
AM13
AM15
BM1
BM3
BM5
BM11
BM12
BM13
CM3
CM6
CM19

Contidos
Temas Subtemas
1.- Sistemas de modelado 3D
1.1 Modelado de superficies
1.2 Modelado sólido
1.3 Modelado topográfico
1.4 Outros sistemas de modelado
2.- Visualización realista 2.1 Interacción luz-obxecto
2.2 Materiais
2.3 Fontes de luz. Escena
2.4 Modelos de iluminación local
2,5 Iluminación global
2.6 O proceso de render
2.7 Animación e tempo real.
3.- Taller de visualización na Construción 3 Aplicación dos fundamentos teóricos mediante a aprendizaxe de AutoCAD con exemplos concretos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A13 B3 B11 B12 C6 C19 8.5 8.5 17
Solución de problemas A15 B1 8 16 24
Prácticas de laboratorio A1 A13 B5 B13 C3 9 9 18
Traballos tutelados A1 A13 A15 B1 B3 B5 B11 B12 B13 C3 C19 4 47.5 51.5
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición de aspectos teóricos da materia por parte do profesor.
Solución de problemas Exposición da forma de resolución de problemas de modelado e visualización realista de elementos e obxectos construtivos tipo por parte do profesor
Prácticas de laboratorio Resolución de casos tipo no laboratorio informático asistidos polo profesor.
Traballos tutelados Elaboración dun traballo persoal de representación mediante computador dun obxecto do ámbito da Enxeñaría Civil do tipo dos que o alumno poderá encontrarse na súa actividade profesional.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Prácticas de laboratorio
Descrición
Atención personalizada do profesor das dúbidas que poidan xurdirlle ao alumno na prácticas de laboratorio e titorías nos traballos tutelados.<br>

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A13 A15 B1 B3 B5 B11 B12 B13 C3 C19 Traballo persoal de visualización dun obxecto de construción, existente ou en proxecto. 80
Sesión maxistral A1 A13 B3 B11 B12 C6 C19 Asistencia a clase 20
 
Observacións avaliación

A avaliación terá en conta a asistencia a clase e a presentación dun traballo monográfico na primeira ou segunda oportunidade.

Os criterios de avaliación serán idénticos para a primeira e segunda oportunidade. A presentación do traballo será obrigatoria para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia.


Fontes de información
Bibliografía básica

- Bibliografía específica de visualización avanzada presente na rede de bibliotecas da UDC

- Publicacións, Software e Sistemas Gráficos Avanzados do Grupo de Visualización en Enxeñaría e Urbanismo (http://videalab.udc.es/)

- Revistas científicas da rede de bibliotecas universitarias de Galicia en visualización avanzada na construción.

- Recursos en Internet do ámbito de estudo.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías