Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Proxecto de obras hidráulicas Código 632514036
Titulación
Mestrado Universitario en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Civil
Coordinación
Hernáez Oubiña, David
Correo electrónico
david.hernaez@udc.es
Profesorado
Hernáez Oubiña, David
Correo electrónico
david.hernaez@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta asignatura trataranse distintos aspectos relacionados co cálculo, redacción e execución de distintos proxectos de obras hidráulicas coma: obras de abastecemento e de saneamento, regos, aproveitamentos hidroeléctricos e obras fluviais. A asignatura constará de clases teóricas, seminarios e talleres prácticos

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Capacitación científico-técnica e metodolóxica para a asesoría, a análise, o deseño, o cálculo, o proxecto, a planificación, a dirección, a xestión, a construción, o mantemento, a conservación e a explotación nos campos relacionados coa Enxeñería Civil: edificación, enerxía, estruturas, xeotecnia, hidráulica, hidroloxía, enxeñería cartográfica, enxeñería marítima e costeira, enxeñería sanitaria, materiais de construción, medio ambiente, ordenación do territorio, transportes e urbanismo, entre outros
A2 Capacidade para comprender os múltiples condicionamentos de carácter técnico, legal e da propiedade que se suscitan no proxecto dunha obra pública, e capacidade para establecer diferentes alternativas válidas, elixir a óptima e plasmala adecuadamente, prevendo os problemas da súa construción, e empregando os métodos e tecnoloxías máis adecuadas, tanto tradicionais como innovadoras, coa finalidade de conseguir a maior eficacia dentro do respecto polo medio ambiente e a protección da seguridade e saúde dos traballadores e usuarios da obra pública
A3 Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria durante o desenvolvemento da profesión de Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos
A6 Aplicación das capacidades técnicas e xestoras en actividades de I+D+i dentro do eido da Enxeñaría Civil
A8 Utilización dos ordenadores para a resolución de problemas complexos de enxeñería. Utilización de métodos e modelos sofisticados de cálculo por ordenador así como utilización de técnicas de sistemas expertos e de intelixencia artificial no contexto das súas aplicacións na resolución de problemas do ámbito estrito da Enxeñería Civil
A10 Aplicación das características da aleatoriedade da maioría dos fenómenos físicos, sociais e económicos, para actuar da forma correcta na toma de decisións ante a presenza de incerteza en problemas complexos, e para efectuar análises e crítica racional de actuacións
A25 Capacidade para aplicar a mecánica dos fluídos e as ecuacións fundamentais do fluxo en cálculo de conducións a presión e en lámina libre.
A26 Capacidade para aplicar os coñecementos hidrolóxicos e os fundamentos de Mecánica de Fluídos nos métodos de cálculo sobre Hidroloxía, tanto de superficie como subterránea. Capacidade para realizar a avaliación dos recursos hidráulicos e aplicar as principais ferramentas para a planificación hidrolóxica e para a regulación e laminación das achegas hídricas. Capacidade para analizar a hidráulica fluvial e aplicar os coñecementos adquiridos na restauración de canais e demais actuacións sobre ríos e as súas contornas.
A27 Capacidade para planificar, proxectar, dimensionar, dirixir a construción e explotación de conducións hidráulicas, presas, aproveitamentos hidroeléctricos, sistemas de regulación de ríos, regadíos, obras fluviais e outras obras hidráulicas e hidrolóxicas.
B1 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
B2 Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B3 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B4 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B5 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
B6 Resolver problemas de forma efectiva
B7 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo
B8 Traballar de xeito autónomo con iniciativa
B9 Traballar de forma colaborativa
B16 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
B17 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida
B18 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
B19
C1 Reciclaxe continua de coñecementos nunha perspectiva xeral no eido global de actuación da Enxeñería Civil
C2 Comprender a importancia da innovación na profesión
C3 Aproveitamento e incorporación das novas tecnoloxías
C4 Entender e aplicar o marco legal da disciplina
C5 Comprensión da necesidade de actuar de forma enriquecedora sobre o medio ambiente contribuíndo ao desenvolvemento sostible
C8 Facilidade para a integración en equipos multidisciplinares

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
OS contidos desta asignatura desenvolverán as capacidades do alumnado para o cálculo, redacción e execución de proxectos de obras hidráulicas. AM1
AM2
AM3
AM6
AM8
AM10
AM25
AM26
AM27
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM7
BM8
BM9
BM16
BM17
BM18
BM19
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5
CM8

Contidos
Temas Subtemas
Estructura dun proxecto constructivo Personalización documento a documento dun proxecto constructivo a unha obra hidráulica
Anexos de cálculos hidráulicos e caudais Criterios mínimos para a obtención de caudais de cálculo e criterios de deseño dos diferentes tipos de infraestructuras hidráulicas
Exemplos de proxectos de obras hidráulicas 1.- Abastecementos
2.- Saneamentos
3.- Encauzamientos e protección frente a inundacións
4.- EDAR (estación de tratamento de Auga Residual)
5.- ETAP (Estación de tratamento de auga potable)
6.- Presas e aproveitamentos hidroeléctricos
Taller de orzamentos Traballo con software para a elaboración dun orzamento, os seus documentos e o anexo de descomposición de prezos
Taller de Estacións de impulsión Criterios de deseño e funcionamento das estacións de impulsión
Visita a Obras Hidráulicas Visitas a diferentes obras hidráulicas sobre as que se traballara a nivel de proxecto

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas a través de TIC A1 A3 B6 B7 B19 C3 C4 6 6 12
Sesión maxistral A1 A2 A3 A6 A8 A10 A25 A26 A27 B2 B3 B4 B6 B16 B17 B18 C4 C5 C8 20 14.5 34.5
Seminario A1 A2 A3 A6 A25 A26 A27 B1 B6 B7 8 0 8
Traballos tutelados A1 A2 A3 A6 A8 A10 A25 A26 A27 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B18 4 40 44
Presentación oral B5 C1 C2 7 7 14
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC
Traballaranse prácticas de ordenador con programas informáticos de cálculo de obras hidráulicas e cálculo de orzamentos.
Sesión maxistral Se impartirán os contidos teóricos e metodoloxías de cálculo
Seminario SE invitará a profesionais da enxeñería hidráulica a dar conferencias sobre proxectos nos que participaran, sobre problemáticas concretas, materiais e equipos habituais en enxeñería hidráulica
Traballos tutelados Os alumnos desenvolveran traballando en grupos reducidos ou de xeito individual proxectos de obras hidráulicas para dar solución a problemáticas reais
Presentación oral Os alumnos presentarán os traballos realizados en grupo ou de xeito individual

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Traballos tutelados
Descrición
O profesor supervisará os traballos e prácticas prácticas de xeito pesonalizado

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A6 A8 A10 A25 A26 A27 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B18 Se evaluará a calidade do traballo en grupo ou individual presentado e o esforzo e dedicación individual de cada alumno do grupo. 70
Presentación oral B5 C1 C2 Se evaluará a calidade da presentación oral con medios audiovisuais 30
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica

Se facilitará presentación, proxectos reais coma exemplos e documentación complementaria relacionada coa elaboración de proxectos hidráulicos:

01.- Lei de contratos e regulamento

02.- Novo Código estructural

03.- Avaliación Ambiental

04.- Xestión de residuos

05.- SEguridade e Saude

06.- Clasificación do contratista

07.- Control de Calidade

08.- Revisión de Prezos

09.- Tramitación eléctrica

10.- Seminario de EBAR

11.- Proxectos de referencia

12.- Catálogo de prezos

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Enxeñería sanitaria/632514009
Obras hidráulicas e hidroloxía/632514005

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías