Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Sistemas de representación do territorio Código 632514047
Titulación
Mestrado Universitario en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Civil
Coordinación
Varela Garcia, Alberto
Correo electrónico
alberto.varela@udc.es
Profesorado
Hernandez Ibañez, Luis Antonio
Varela Garcia, Alberto
Correo electrónico
luis.hernandez@udc.es
alberto.varela@udc.es
Web
Descrición xeral A formulación da materia baséase en adquirir e desenvolver as capacidades de utilización da información xeográfica para representar e analizar o territorio, así como os fenómenos que nel se producen, tanto naturais como xerados polo home mediante o uso de métodos de análises geoespacial. Introducirase tamén ao alumno en técnicas de visualización avanzada do terreo, a paisaxe e a obra de Enxeñaría Civil integrada nel..

Os coñecementos teóricos serán transmitidos mediante o desenvolvemento de clases participativas complementadas con espazos virtuais de información, empregando numeroso material audiovisual. A maior parte das clases terán un carácter eminentemente práctico, polo que se fomentará o traballo diario mediante a realización de exercicios, que nalgúns casos deberanse entregar como parte da avaliación.
Plan de continxencia

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Capacitación científico-técnica e metodolóxica para a asesoría, a análise, o deseño, o cálculo, o proxecto, a planificación, a dirección, a xestión, a construción, o mantemento, a conservación e a explotación nos campos relacionados coa Enxeñería Civil: edificación, enerxía, estruturas, xeotecnia, hidráulica, hidroloxía, enxeñería cartográfica, enxeñería marítima e costeira, enxeñería sanitaria, materiais de construción, medio ambiente, ordenación do territorio, transportes e urbanismo, entre outros
A5 Coñecemento da profesión de Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos e das actividades que se poden realizar no eido da Enxeñaría Civil
A8 Utilización dos ordenadores para a resolución de problemas complexos de enxeñería. Utilización de métodos e modelos sofisticados de cálculo por ordenador así como utilización de técnicas de sistemas expertos e de intelixencia artificial no contexto das súas aplicacións na resolución de problemas do ámbito estrito da Enxeñería Civil
A13 Capacidade de visión espacial, dominio dos Sistemas de Representación e coñecemento das técnicas e normativas actuais para a representación de obxectos propios da enxeñería civil. Coñecemento das técnicas de trazado de obras lineais e de plataformas e capacidade para aplicar os coñecementos do Debuxo Técnico á croquización e cubicación de pezas propias das obras públicas
A14 Coñecemento das técnicas topográficas, fotogramétricas, cartográficas e xeodésicas para a representación de elementos, actuacións e fenómenos observables sobre o territorio, e capacidade para obter medicións, formar planos, elaborar mapas e facer análises xeoespaciais, así como levar ao terreo xeometrías definidas, establecer trazados e controlar movementos de estruturas ou obras de terra
A15 Capacidade para coñecer, comprender e aplicar os métodos que as novas tecnoloxías da información proporcionan para a resolución de problemas xeométricos. Coñecemento e comprensión dos fundamentos teóricos empregados nas técnicas de Deseño Asistido, Visualización Avanzada e Animación por computador, así como a súa aplicación práctica en problemas de Enxeñaría Civil mediante o uso de programas de CAD.
A35 Coñecemento e comprensión do funcionamento dos ecosistemas e os factores ambientais co fin de inventariar o medio, aplicando metodoloxías de valoración de impactos para o seu emprego en estudos e avaliacións de Impacto Ambiental.
A48 Capacidade para deseñar e proxectar unha obra de enxeñería desde a comprensión do lugar e a análise da paisaxe que a caracteriza.
B1 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
B3 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B4 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B5 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
B6 Resolver problemas de forma efectiva
B7 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo
B8 Traballar de xeito autónomo con iniciativa
B9 Traballar de forma colaborativa
B11 Comunicarse de xeito efectivo nun ambiente de traballo
B12 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
B13 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
B16 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
B18 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
B19
C7 Apreciación da diversidade
C8 Facilidade para a integración en equipos multidisciplinares
C11 Habilidade para a xestión de información
C12 Capacidade de análise, síntese e estruturación da información e das ideas
C14 Capacidade de abstracción
C15 Capacidade de traballo persoal, organizado e planificado
C16 Capacidade de autoaprendizaxe mediante a inquietude por buscar e adquirir novos coñecementos, potenciando o uso das novas tecnoloxías da información
C19 Capacidade para aumentar a calidade no deseño gráfico das presentacións de traballos
C20 Capacidade para aplicar coñecementos básicos na aprendizaxe de coñecementos tecnolóxicos e na súa posta en práctica

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Tras cursar a materia, o alumno coñecerá os distintos métodos de representación da morfoloxía do territorio e o seu uso para a obtención, a inclusión e a análise da información geoespacial asociada. O alumno aprende as técnicas de visualización por computador necesarias para representar visualmente a paisaxe a integrar no mesmo as actuacións propias da Enxeñaría Civil. Ademais o alumno adquire capacidades para realizar análises geomorfométrico do terreo e analizar os elementos xeográficos nel representados. AM1
AM5
AM8
AM13
AM14
AM15
AM35
AM48
BM1
BM3
BM4
BM5
BM6
BM7
BM8
BM9
BM11
BM12
BM13
BM16
BM18
BM19
CM7
CM8
CM11
CM12
CM14
CM15
CM16
CM19
CM20

Contidos
Temas Subtemas
1.- Modelos dixitais e visualización do territorio 1.1 Modelos Dixitais do territorio (MDT, MDE, MDS)
1.2 Visualización dixital do territorio
2.- Adquisición de datos de altura 2.1 Métodos directos: Medición in situ. Telemetría, LIDAR
2.2 Métodos indirectos:Estereopares. Fotogrametría. Interferometría
2.3 Preproceso de datos: Ortorrectificación. Georreferencia
3.- Geomorfometría 3.1 Conceptos básicos de SIG
3.2 Análise do terreo mediante SIG
3.3 Cálculos de pendentes, orientación, concas visuais e hidrológicas, etc.
4.- Cartografía colaborativa 4.1 Representación do territorio de forma participativa
4.2 OpenStreetMap
5.- Análise SIG avanzado
5.1 Análise geoespaciales ráster
5.2 Accesibilidade Territorial con SIG
6.- Integración de modelos dixitais de enxeñaría civil e territorio
8.1 Modelado de terreo en sistemas CAD
8.2 Integración de modelos constructivos no terreo
8.3 Integración de obras lineáis en modelos do territorio
7.- Visualización avanzada de modelos dixitais no territorio 7.1 Asignación de materiais do terreo, ceo e auga.
7.2 Integración de elementos accesorios
7.3 Integración de vehículos
7.4 Vexetación
7.5 Edificacións
7.5 Cámaras. Obtención de imaxes e animacións.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A8 A13 A14 A15 A35 A48 B1 B3 B4 B6 B7 B8 B12 B13 B16 C11 C12 C14 C16 C20 14.75 14.75 29.5
Traballos tutelados A1 A5 A8 A13 A14 A15 A35 A48 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B12 B19 B13 C7 C11 C12 C15 C19 C20 16 32 48
Sesión maxistral A1 A5 A13 A14 A15 A35 B19 C8 8 8 16
Aprendizaxe colaborativa A8 A14 A15 B9 B11 B18 C11 C12 C14 5 10 15
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Realización de problemas e exercicios prácticos sobre cada un dos temas explicados no laboratorio informático
Traballos tutelados Realización de traballos curtos individuais para pór en práctica o aprendido en casos reais.
Sesión maxistral Asistencia ás clases teóricas impartidas polos profesores
Aprendizaxe colaborativa Desenvolvemento de prácticas específicas de traballo en grupo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
Atención personalizada do profesor das dúbidas que poidan xurdirlle ao alumno na prácticas de laboratorio e titorías nos traballos tutelados

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A5 A13 A14 A15 A35 B19 C8 Asistencia ás clases teóricas impartidas polos profesores 20
Prácticas de laboratorio A8 A13 A14 A15 A35 A48 B1 B3 B4 B6 B7 B8 B12 B13 B16 C11 C12 C14 C16 C20 Realización de problemas e exercicios prácticos sobre cada un dos temas explicados no laboratorio informático 20
Traballos tutelados A1 A5 A8 A13 A14 A15 A35 A48 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B12 B19 B13 C7 C11 C12 C15 C19 C20 Realización de traballos curtos individuais para pór en práctica o aprendido en casos reais. 40
Aprendizaxe colaborativa A8 A14 A15 B9 B11 B18 C11 C12 C14 Desenvolvemento de prácticas específicas de traballo en grupo. 20
 
Observacións avaliación

O sistema de avaliación basearase nunha avaliación continua mediante o seguimento dos traballos, prácticas e intervencións dos alumnos nas clases, e a asistencia será tamén avaliable. Cada práctica proposta para entregar terá unha puntuación concreta e avaliarase individualmente, de forma que cada alumno irá sumando as notas de cada exercicio entregado en tempo e forma.

Se se asistiu a clase, e a nota de todas as valoracións das prácticas é superior ou igual á nota mínima esixida, a materia considerarase aprobada. En caso contrario o alumno poderá volver presentar os exercicios puntuables na seguinte convocatoria.

En casos excepcionais, poderá exporse unha proba de avaliación de coñecementos final.


Fontes de información
Bibliografía básica

- Bibliografía específica de representación do territorio presente na rede de bibliotecas da UDC

- Publicacións, Software e Aplicacións do Grupo de Visualización Avanzada e Cartografía (http://cartolab.udc.es | http://videalab.udc.es/)

- Revistas científicas da rede de bibliotecas universitarias de Galicia no ámbito da representación do territorio.

- Recursos en Internet do ámbito de estudo.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Deseño asistido e visualización/632514029

Materias que continúan o temario

Observacións

Aínda que non é indispensable, considérase interesante cursar algunha materia ou ter coñecementos básicos en Sistemas de Información Xeográfica, por exemplo a materia optativa Cartografía e SIG do Grao de Enxeñaría de Obras Públicas.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías