Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Sistemas de abastecemento e saneamento Código 632844202
Titulación
Mestrado Universitario en Enxeñaría da Auga (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público
Economía
Enxeñaría Civil
Matemáticas
Coordinación
Naves García-Rendueles, Acacia
Correo electrónico
acacia.naves@udc.es
Profesorado
Martinez Lopez, Alberto
Naves García-Rendueles, Acacia
Rodríguez-Vellando Fernández-Carvajal, Pablo
Sanz Larruga, Francisco Javier
Correo electrónico
alberte.martinez@udc.es
acacia.naves@udc.es
pablo.rodriguez-vellando@udc.es
javier.sanz.larruga@udc.es
Web http://caminos.udc.es/hosting/masteragua/
Descrición xeral Introdución histórica aos sistemas de abastecemento e saneamento. Sistemas de captación e tratamentos de potabilización.
Redes de distribución: conceptos xerais, descrición e deseño. Redes de saneamento: conceptos xerais, descrición e deseño. Sistemas de drenaxe sostible. Tratamentos de auga residual previos á vertedura ao medio receptor. Marco legal.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se prevén modificacións significativas nos contidos. Se a situación de continxencia é moi prolongada é posible que se reduza a carga de traballo.

2. Metodoloxías
Metodoloxías docentes que se manteñen
Análises de fontes documentais
Aprendizaxe colaborativa
Solución de problemas
Prácticas a través de TIC
Proba obxectiva
Recensión bibliográfica

Metodoloxías docentes que se modifican
Actividades iniciais e Sesión maxistral impartiranse on- line en parte, pero outra parte será substituída por vídeos e/ou documentación para revisar.
Presentación oral farase por vía telemática ou mediante un vídeo.
As saídas a campo cancelaranse.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Estableceranse horarios nos que o alumno pode reservar cita mediante email. As reunións terán lugar mediante videoconferencia. Tamén se atenderán consultas por correo. En ningún caso atenderase por teléfono ou whatsup.

4. Modificacines na avaliación
O 5% asignado ás tarefas das visitas a campo, será traspasado á resolución de problemas que tomarán un peso do 15%.

Comentarios á avaliación: os test resolveranse a través de Campus Virtual. ou GoogleForms. As entregas realizaranse a través de Campus Virtual..

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Facilitarase maior cantidade de fontes bibliográficas e outra documentación, informándose ao alumno a través do Campus Virtual..

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecemento, comprensión e capacidade de aplicar a lexislación relacionada coa Enxeñaría de auga para o desenvolvemento da profesión. Capacidade de analizar os mecanismos de funcionamento da economía e xestión pública e privada de auga
A2 Capacidade para resolver os problemas físicos básicos de Enxeñaría da Auga, e coñecemento teórico e práctico das propiedades físicas, químicas, mecánicas e tecnolóxicas da auga
A3 Capacidade de aplicar a mecánica dos fluídos e as ecuacións fundamentais de fluxo en tubulacións, cálculo de presión e superficie libre
A4 Capacidade para aplicar os coñecementos hidrolóxicos e os fundamentos de Mecánica de Fluídos nos métodos de cálculo sobre Hidroloxía, tanto de superficie coma subterránea. Capacidade para realizar a avaliación dos recursos hidráulicos e aplicar as principais ferramentas para a planificación hidrolóxica e para a regulación e laminación das achegas hídricas. Capacidade para analizar a hidráulica fluvial e aplicar os coñecementos adquiridos na restauración de canles e demais actuacións sobre ríos e os seus ámbitos.
A5 Coñecemento de conceptos básicos de ecoloxía aplicados á Enxeñaría da Auga. Capacidade para actuar de forma respectuosa e enriquecedora sobre o medio contribuíndo ao desenvolvemento sostible. Capacidade de análise da calidade ecolóxica da auga. Coñecemento dos principios básicos da ecoloxía e comprensión do funcionamento dos sistemas acuáticos continentais.
A6 Capacidade de analizar os mecanismos de funcionamento da economía e xestión pública e privada de auga
A11 Coñecemento de modelos numéricos aplicados a enxeñaría hidráulica. Capacidade utilizar e analizar os resultados dun modelo hidráulico. Capacidade de deseñar, desenvolver e analizar os esquemas numéricos utilizados nun modelo hidráulico.
A12 Capacidade para utilizar modelos numéricos comerciais de fluxo en lámina libre, fluxo en presión, drenaxes, cálculo hidrolóxico de avenidas, transporte de sedimentos en ríos e zonas costeiras, transporte de contaminantes e propagación de ondada
A13 Coñecemento das técnicas experimentais aplicadas á enxeñaría da auga. Capacidade para deseñar un experimento. Capacidade para desenvolver modelos reducidos en laboratorio. Capacidade para utilizar distintos tipos de instrumentación experimental incluíndo caudalímetros, sondas de calado, velocímetros tridimensionais, limnómetros, molinetes.
A15 Visión xeral e equilibrada dos aspectos básicos e aplicados da Hidroloxía Subterránea dende as necesidades propias da enxeñaría civil. Capacidade de proxectar e interpretar os distintos ensaios hidráulicos de caracterización hidrodinámica do medio, interpretar mapas hidroxeolóxicos e coñecer aspectos construtivos das captacións.
A16 Comprensión das bases da química da auga, que condiciona totalmente o seu comportamento no medio natural e os seus usos. Coñecemento e comprensión das diferentes normativas de calidade de augas tanto a nivel autonómico, nacional e europeo.
A17 Visión global do que é un sistema de abastecemento a través dos distintos elementos que o compoñen, á vez que os coñecementos necesarios para o seu dimensionamento básico e dos aspectos tecnolóxicos relacionados coa súa xestión e implantación construtiva
A18 Capacidade de realizar un aproveitamento integral e eficiente do recurso hídrico. Coñecemento do funcionamento dos organismos de conca e análise xeral dos proxectos de enxeñaría da auga no ámbito da cooperación ao desenvolvemento e a axuda humanitaria
A19 Coñecemento de tratamentos avanzados da auga con diferentes fins: depuración, reutilización, potabilización, eliminación de nutrientes e tratamentos de rexeneración
A24 Capacidade para deseñar e xestionar o abastecemento e saneamento dunha poboación, incluíndo deseño e proxecto de solucións de saneamento, drenaxe e xestión avanzada de augas residuais na cidade. Coñecemento sobre procesos avanzados de depuración para a eliminación de nutrientes e de estratexias de xestión de augas tempo de chuvia.
A25 Coñecemento e comprensión do funcionamento dos ecosistemas e os factores ambientais co fin de inventariar o medio, aplicando metodoloxías de valoración de impactos para o seu emprego en estudos e avaliacións de Impacto Ambiental.
B1 Resolver problemas de forma eficaz
B2 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B3 Traballar de forma autónoma con iniciativa
B4 Comunicarse eficazmente nun ambiente de traballo
B5 Reciclaxe continua de coñecementos nunha perspectiva xeralista no ámbito global de actuación da Enxeñaría da Auga
B6 Compresión da necesidade de analiza-la historia para entender o presente
B7 Facilidade para a integración nos equipos multidisciplinares
B8 Capacidade para organizar e planificar
B9 Capacidade de análise, síntese e estruturación da información e as ideas.
C1 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
C2 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C3 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C4 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C5 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
C6 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares)relacionados coa súa área de estudo
C7 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
C8 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
C9 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Visión global dos sistemas de abastecemento e saneamento a través dos distintos elementos que o compoñen saber AM1
AM5
AM6
AM17
AM24
AM25
BM2
BM3
BM4
BM5
BM7
BM8
BM9
CM2
CM3
CM5
CM8
CM9
Visión global da construción, xestión e mantemento dos elementos que compoñen os sistemas de abastecemento e saneamento. AM2
AM5
AM11
AM16
AM17
AM18
AM24
AM25
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM7
BM8
BM9
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8
CM9
Capacidade de deseño e dimensionamento básico de solucións de captación de auga, potabilización, abastecemento, saneamento, tratamento de auga residual e sistemas de xestión da escorrentía dunha poboación. AM1
AM2
AM3
AM4
AM5
AM11
AM12
AM13
AM15
AM17
AM18
AM19
AM24
AM25
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM7
BM8
BM9
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8
CM9

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución aos sistemas de abastecemento da auga 1.1. Conceptos básicos e elementos dun sistema de abastecemento
2. Sistemas de captación da auga 2.1. Introdución e repaso de hidroloxía
2.2 Captación da agua superficial: ríos, lagos, encoros...
2.3. Captación de mananciais
2.4. Pozos de bombeo
3. Tratamento de auga para o consumo 3.1. Intodución aos tratamentos da auga
3.2. Pre-tratamento
3.3. Tratamento primario
3.4. Tratamento secundario
3.5. Desinfeción
3.6. Tratamentos avanzados
4. Redes de abastecemento 4.1. Conceptos xerais: introdución aos sistemas de abastecemento e repaso da hidráulica de tubaxes
4.2. Descrición de cada compoñente: tubaxes, válvulas, bombas, depósitos e outros elementos
4.3. Deseño e modelización
5. Sistemas de drenaxe urbana 5.1. Conceptos xerais: xeración escorrentía e repaso de conceptos básicos de hidroloxía
5.2. Xestión da escorrentía urbana
5.3. Estruturas de detección e tratamento da escorrentía
5.4. Sistemas non convencionais de xestión da escorrentía urbana
6. Redes de saneamento 6.1. Descrición
6.2. Deseño e modelización
7. Historia dos sistemas de abastecemento e saneamento e o seu papel na sociedade actual
7.1. Introdución á historia dos sistemas de abastecemento e saneamento
7.2. Os servizos de abastecemento e saneamento na actualidade no mundo
6. Marco legal 6.1. Marco legal europeo

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A17 B2 B3 B4 B6 B8 B9 C2 C3 C8 C9 4 0 4
Sesión maxistral A1 A4 A5 A6 A16 A17 A18 A19 A24 B2 B6 B9 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C9 24 0 24
Análise de fontes documentais A2 A3 A4 A5 A11 A15 A17 A18 A24 B2 B3 B7 B8 B9 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 2 10 12
Aprendizaxe colaborativa A1 A2 A3 A4 A5 A15 A16 A17 A18 A24 A25 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C5 C6 C7 C8 C9 4 14 18
Solución de problemas A1 A2 A3 A4 A13 A15 A16 A17 A18 A24 A25 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 4 10 14
Prácticas a través de TIC A2 A3 A4 A11 A12 A17 A18 A24 B1 B2 B3 B5 B8 B9 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 8 20 28
Saídas de campo A17 A18 A19 A24 A25 B1 B2 B4 B5 B7 B9 C2 C3 C4 C5 C7 C8 C9 8 2 10
Proba obxectiva A2 A3 A5 A11 A15 A16 A17 A18 A24 A25 B2 B3 B8 B9 C2 C3 C4 C5 C6 C9 4 12 16
Presentación oral A24 A25 B2 B3 B4 B8 B9 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 2 6 8
Recensión bilbiográfica A1 A5 A6 A18 A25 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C9 0 6 6
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Apertura das sesións cunha actividade que axude a poñer en contexto ao alumno e motivarlle.
Sesión maxistral Clases nas que se expoñen os principais contidos teóricos da materia.
Preséntanse tamén exemplos e casos reais.
Análise de fontes documentais Revisión individual de documentación como introdución a conceptos importantes ou como metodoloxía de revisión e afondamento. A comprensión e asimilación dos conceptos debe demostrarse nunha actividade de aprendizaxe colaborativa ou nunha proba obxectiva.
Aprendizaxe colaborativa Afondamento nas metodoloxías de deseño de sistemas de abastecemento e saneamento aplicándoos nun caso práctico. O traballo dividirase en grupos e os resultados compartiranse co resto dos compañeiros.
Solución de problemas Solución de problemas propostos en clase polos profesores para afianzar os conceptos teóricos.
Prácticas a través de TIC Deseño e dimensionamiento de compoñentes dos sistemas de abastecemento e saneamento utilizando software técnico.
Saídas de campo Visita a unha ETAP e/ou EDAR.
Visita a obras nun sistema de abastecemento de auga ou saneamento.
Proba obxectiva Tests de varias opcións ou verdadeiro/falso que serán respondidos individualmente ou en grupos.
Presentación oral Presentación oral en clase apoyada nun póster ou conxunto de diapositivas preparados previamente. Non só avalíanse os contidos, senón tamén o material preparado e a capacidade comunicativa.
Recensión bilbiográfica Revisión dun artigo e escribir un ensaio baseado nel.

Atención personalizada
Metodoloxías
Recensión bilbiográfica
Presentación oral
Análise de fontes documentais
Solución de problemas
Saídas de campo
Aprendizaxe colaborativa
Prácticas a través de TIC
Sesión maxistral
Descrición
Resolución de dúbidas que xurdan dos contidos teóricos expostos en clase, a resolución de problemas e outras actividades. Seguimento dos traballos colaborativos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Recensión bilbiográfica A1 A5 A6 A18 A25 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C9 Ensaio baseado nun artigo que debe ser revisado previamente 10
Presentación oral A24 A25 B2 B3 B4 B8 B9 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 Presentación oral breve dun tema en clase utilizando material de apoio (póster ou diapositivas) 5
Solución de problemas A1 A2 A3 A4 A13 A15 A16 A17 A18 A24 A25 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 Resolución de problemas propostos 10
Saídas de campo A17 A18 A19 A24 A25 B1 B2 B4 B5 B7 B9 C2 C3 C4 C5 C7 C8 C9 Asistencia e actividades relacionadas 5
Proba obxectiva A2 A3 A5 A11 A15 A16 A17 A18 A24 A25 B2 B3 B8 B9 C2 C3 C4 C5 C6 C9 Tests de elección múltiple ou de verdadeiro/ falso 30
Prácticas a través de TIC A2 A3 A4 A11 A12 A17 A18 A24 B1 B2 B3 B5 B8 B9 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 Resolución de simulacións propostas con software técnico. 40
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica

Advanced water distribution modeling and management. Haestad Methods, Thomas M. Walski...[et al.] http://kmelot.biblioteca.udc.es/search~S8*gag?/dAgua+--+Depuraci{226}on./dagua+depuracion/-3%2C-1%2C0%2CB/frameset&FF=dagua+distribucion&6%2C%2C30

Analysis of water distribution networks. P.R. Bhave, R. Gupta. http://kmelot.biblioteca.udc.es/search~S8*gag?/dAgua+--+Depuraci{226}on./dagua+depuracion/-3%2C-1%2C0%2CB/frameset&FF=dagua+distribucion&8%2C%2C30

Design of water supply pipe networks. Prabhata K. Swamee, Ashok K. Sharma. http://kmelot.biblioteca.udc.es/search~S8*gag?/dAgua+--+Depuraci{226}on./dagua+depuracion/-3%2C-1%2C0%2CB/frameset&FF=dagua+distribucion&10%2C%2C30

Urban Drainage. 3rd Ed. Butler y Davies (2011). Taylor Francis. http://kmelot.biblioteca.udc.es/search~S8*gag?/turban+drainage/turban+drainage/1%2C3%2C4%2CB/frameset&FF=turban+drainage&2%2C%2C2/indexsort=-

Wastewater hydraulics theory and practice. Hager (2010). Springer. http://kmelot.biblioteca.udc.es/search~S8*gag?/twastewater+/twastewater/1%2C25%2C27%2CB/frameset&FF=twastewater+hydraulics+theory+and+practice&1%2C%2C2/indexsort=-

EPANET: https://www.epa.gov/water-research/epanet

SWMM: https://www.epa.gov/water-research/storm-water-management-model-swmm

ITOGH Instruccións Ténicas para Obras Hidráulicas en Galicia. http://augasdegalicia.xunta.gal/seccion-tema/c/Obras_AHG_saneamento_depuracion?content=/Portal-Web/Contidos_Augas_Galicia/Seccions/itohg/seccion.html&std=itohg.html

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Planificación hidrolóxica e proxectos/632844201
Físico-química e calidade da auga/632844203
Tratamento da auga e eficiencia enerxética/632844206
Enxeñaría da auga subterránea/632844207

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías