Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Tratamento da auga e eficiencia enerxética Código 632844206
Titulación
Mestrado Universitario en Enxeñaría da Auga (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Enxeñaría Civil
Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Servia García, María José
Correo electrónico
maria.servia@udc.es
Profesorado
Martínez Díaz, Margarita
Servia García, María José
Vázquez González, Ana María
Correo electrónico
margarita.martinez@udc.es
maria.servia@udc.es
ana.maria.vazquez@udc.es
Web http://caminos.udc.es/info/asignaturas/201/masterindex.html
Descrición xeral O tratamento da auga tense convertido nunha ferramenta fundamental na xestión deste recurso. De feito, o obxectivo fundamental da Directiva Cadro da Auga (2000/60/EC) é conseguir a eliminación de sustancias perigosas e contribuir a acadar concentracións cercanas aos valores de referencia de aquelas sustancias presentes de forma natural tanto nos medios de auga doce como mariños. Así, o obxectivo principal desta materia é axudar aos estudantes a identificar e avaliar factores e risco e procesos relacionados coa contaminación e o tratamento da agua.

Competencias do título
Código Competencias do título
A19 Coñecemento de tratamentos avanzados da auga con diferentes fins: depuración, reutilización, potabilización, eliminación de nutrientes e tratamentos de rexeneración
A23 Coñecementos fundamentais sobre o consumo de enerxía e das súas implicacións ambientais dentro dun desenvolvemento sostible
A25 Coñecemento e comprensión do funcionamento dos ecosistemas e os factores ambientais co fin de inventariar o medio, aplicando metodoloxías de valoración de impactos para o seu emprego en estudos e avaliacións de Impacto Ambiental.
B1 Resolver problemas de forma eficaz
B2 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B3 Traballar de forma autónoma con iniciativa
B4 Comunicarse eficazmente nun ambiente de traballo
B5 Reciclaxe continua de coñecementos nunha perspectiva xeralista no ámbito global de actuación da Enxeñaría da Auga
B6 Compresión da necesidade de analiza-la historia para entender o presente
B7 Facilidade para a integración nos equipos multidisciplinares
B8 Capacidade para organizar e planificar
B9 Capacidade de análise, síntese e estruturación da información e as ideas.
C1 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
C2 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C3 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C4 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C5 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
C6 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares)relacionados coa súa área de estudo
C7 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
C8 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
C9 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Os resultados da aprendizaxe abranguen temas relacionados co tratamento da auga e como este influe no normal funcionamento dos ecosistemas acuáticos. AM19
AM23
AM25
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM7
BM8
BM9
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8
CM9

Contidos
Temas Subtemas
Auga e enerxía: dous conceptos íntimamente relacionados Introdución
O uso de enerxía para obter auga
Enerxía obtida da auga
O uso de auga para obter enerxía
Auga, enerxía e desenvolvemento sostible. Análise do ciclo de vida Demanda de auga
Huella hídrica e huella de carbono
Emisión de gases de efecto invernadoiro
A reutilización da auga como exemplo de iniciativa sostible Opcións de reutilización de auga
Opcións de tratamento e os seus equerimentos enerxéticos
Análise do ciclo de vida da auga reutilizada
Enerxías renovables para afrontar a escaseza de auga O problema da auga e a enerxía
Tecnoloxías baseadas en enerxías renovables para a produción de auga doce
O funcionamento dos ecosistemas acuáticos Sistemas lénticos
Sistemas lóticos
A biodiversidade das augas doces. Grupos de organismos acuáticos Microorganismos e plantas
Animais
Efectos dos contaminantes nos ecosistemas acuáticos Efectos a nivel sub-organismo
Efectos a nivel supra-organismo
O uso de bioindicadores na avaliación da calidade da auga Bioindicadores recomendados pola Directiva Marco da Auga
A contaminación química da auga Tipos
Estándares
Problemas
Efectos sobre a saúde e impacto no ambiente
Tratamentos químicos Coagulación-Precipitación
Oxidación e reducción
Intercambio iónico
Desinfección
Sistemas de bombeo
Xestión de estacións de depuración de augas residuais
Tipos de contaminación da auga Contaminación por residuos domésticos
Contaminación por residuos de gandería
Contaminación por residuos industriais
Contaminación por residuos municipais
Contaminación por resíduos agrícolas
A agua de escorrentía urbana
Métodos analíticos para a determinación de parámetros físico-químicos Métodos analíticos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A19 A23 A25 B5 B6 B7 B9 C2 C3 25 25 50
Prácticas de laboratorio A19 A25 B1 B2 B3 B4 B7 B8 B9 C2 C3 C4 C5 C6 C9 25 25 50
Obradoiro A19 A23 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 10 10 20
 
Atención personalizada 30 0 30
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases maxistrais onde se abordan os principais contidos teóricos da materia
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio serán feitas maiormente no laboratorio de química. As prácticas ilustrarán conceptos químicos e os estudantes formaránse en técnicas de laboratorio fundamentais
Obradoiro Durante os obradoiros organizaránse debates e aos estudantes pediráselle que realicen traballos ou informes en diferentes formatos

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Obradoiro
Descrición
Os alumnos recibirán atención personalizada durante as prácticas e obradoiros

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A19 A25 B1 B2 B3 B4 B7 B8 B9 C2 C3 C4 C5 C6 C9 A avaliación será feita sobre todo mediante a realizacion de traballos. A asistencia ás clases de laboratorio e ás visitas técnicas será tida en conta na nota final 40
Obradoiro A19 A23 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 A asistencia a seminarios preparatorios e o traballo desenvolvido nos obradoiros formará parte da nota final 20
Sesión maxistral A19 A23 A25 B5 B6 B7 B9 C2 C3 O coñecemento dos conceptos explicados nas sesións maxistrais será avaliado e tido en conta na nota final. Os métodos de avaliación poderán incluir presentacións orais, exames escritos, análise de artigos científicos, etc. 40
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Water Environment Federation; American Society of Civil Engineers (2009). Design of Municipal Wastewater Treatment Plants, 5th ed.; Manual of practice No.8; ASCE Manuals and Reports on Engineering Practice No.76. Alexandria, Virginia: Water Environment Federation
US Environmental Protection Agency (2009). Energy Star for Wastewater Plants and Drinking Water Systems . http://www.energystar.gov/index.cfm?c=water.wastewater_drinking_water
Dodds, W. & Whiles, M. (2010). Freshwater Ecology. Academic Press
Malcolm Pirnie (2006). Municipal wastewater treatment plant energy evaluation summary report. Albany, New York: New York State Energy Research and Development Authority
Karassik, I.; Messina, J.; Cooper, P.; Head, C. (2008). Pump handbook. New York: McGraw-Hill (4th ed.)
U.S. Environmental Protection Agency (2006). Wastewater Management Fact Sheet - Energy conservation. U.S. Environmental Protection Agency, Office of Water (http://www.epa.gov/own/mtb/energycon_fasht_fi

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías