Identifying Data 2023/24
Subject (*) Transport infrastructures Code 632G01018
Study programme
Grao en Enxeñaría de Obras Públicas
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Second Obligatory 6
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Enxeñaría Civil
Enxeñaría Naval e Industrial
Matemáticas
Coordinador
Rodríguez Pasandín, Ana María
E-mail
ana.rodriguez.pasandin@udc.es
Lecturers
Orro Arcay, Alfonso
Rodríguez Bugarín, Miguel Domingo
Rodríguez Pasandín, Ana María
E-mail
alfonso.orro@udc.es
m.bugarin@udc.es
ana.rodriguez.pasandin@udc.es
Web
General description Nesta materia impartiranse os conceptos básicos relativos ao proxecto e construción de estradas e liñas ferroviarias.
A guía docente da materia está dispoñible en galego e castelán. En caso de discrepancia entre ambas as versións, prevalecerá a versión en castelán.

Perspectiva de xénero nesta materia:
- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria incorporarase a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)
- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
- Traballarase para detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

Study programme competencies
Code Study programme competences

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Permite coñecer os distintos elementos dunha estrada e dunha liña ferroviaria, así como as liñas xerais do seu deseño e construción. Permite o coñecemento de firmes de estradas, tanto desde o punto de vista do proxecto e construción como da conservación dos firmes.
Permite coñecer os distintos elementos dunha estrada e dunha liña ferroviaria, así como as liñas xerais do seu deseño e construción. Permite o coñecemento de firmes de estradas, tanto desde o punto de vista do proxecto e construción como da conservación dos firmes.

Contents
Topic Sub-topic
1. Introdución: O transporte e as infraestruturas O transporte por estrada. O transporte ferroviario. Outros modos de transporte.
2. Conceptos básicos Definición de estrada. Tipos de estradas. Estradas 2+1. Smart Roads. Elementos das estradas. Infraestrutura e superestructura (explanaciones, drenaxe, firmes e dotacións viarias).
3. Enxeñería de tráfico Variables características do tráfico por estrada. Estudos de tráfico. Capacidade e niveis de servizo en circulación continua (segundo HCM 6TH Edition).
4. Trazado de estradas Introducción (simplificacións, obxectivos, condicionantes, normativa). Parámetros básicos (velocidade e visibilidade). O trazado en planta (aliñacións rectas, curvas circulares, curvas de transición e transición do peralte). O trazado en alzado (inclinacións, rasantes uniformes, acordos parabólicos). A sección transversal.
5. Introdución ao deseño da vía Consideracións xerais sobre a vía. Superestructura da vía.
6. Terminais de transporte ferroviario Terminais.
7. Introdución ao material móbil Material móvil.
8. Introdución á tracción A tracción eléctrica.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Introductory activities 1.5 0 1.5
Guest lecture / keynote speech 26.75 26.75 53.5
Problem solving 24 36 60
Supervised projects 3 9 12
Objective test 3 18 21
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Realízase unha sesión inicial para expor o programa do curso e a organización do mesmo, presentando a bibliografía básica, a forma de avaliación e resolvendo as dúbidas que poidan ter os estudantes antes de enfrontarse á materia.
Guest lecture / keynote speech Sesións teóricas nas que se transmiten os contidos principais da materia. Durante estas sesións foméntase a participación dos alumnos mediante a xeración de cuestións curtas así como a proposta de exemplos prácticos.
Problem solving Durante o curso realízanse periodicamente sesións durante as que se expoñen exercicios que permiten afianzar os coñecementos teóricos explicados nas sesións maxistrais. Nestas sesións soluciónanse os exercicios expostos e resólvense as dúbidas xurdidas durante a súa realización. Estas sesións serven como base para o correcto desenvolvemento dos traballos tutelados que se realizan na materia.
Supervised projects Presentación de diferentes exercicios e traballos relacionados cos diferentes temas da materia, que se exporán en clase e deberanse entregar ao profesorado nas datas indicadas.
Objective test Realízase, ao final da materia, unha proba obxectiva para comprobar os coñecementos adquiridos polos estudantes sobre a materia explicada nas sesións maxistrais e nas sesións de solución de problemas. Así mesmo, levarán a cabo diversas probas obxectivas ao longo do curso.

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Problem solving
Description
Exponse a atención personalizada para resolver as dúbidas individuais que calquera dos estudantes poida ter sobre os problemas resoltos ou calquera das cuestións teóricas expostas na materia. Por outra banda, a atención personalizada constitúe unha ferramenta para o apoio dos estudantes durante a realización dos traballos tutelados que se expoñan durante o curso.
Será en horario laboral, de luns a venres.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects Resolución dos traballos expostos aos estudantes ao longo do curso. 25
Objective test A proba obxectiva consta á súa vez de varias probas. Unha delas é a proba final obxectiva que se realizará na data marcada no calendario académico oficial. Tamén haberá probas obxectivas ao longo do curso, na data e forma que irá definindo o profesorado da materia durante o curso. Todas elas son probas de avaliación de contidos teóricos e/ou prácticos sobre a materia impartida na materia 75
 
Assessment comments

A materia consta de tres bloques: Transportes (1 ECTS),
Camiños (3 ECTS) e Ferrocarrís (2 ECTS).

Cales son os requisitos para aprobar a materia?

Existen dous requisitos para aprobar a materia:

1.- En primeiro lugar, debe obterse unha
cualificación mínima de 4,0 puntos sobre 10 nas probas obxectivas finais de
todos e cada un dos Bloques (Transportes, Camiños e Ferrocarrís). Se este
requisito non se cumpre, non se poderá aprobar a materia.

2.- En segundo lugar, a media ponderada das notas
dos tres bloques deberá ser maior ou igual que 5,0 puntos sobre 10. A media
ponderada calcúlase como a suma de 1/6 da cualificación obtida na proba
obxectiva do Bloque de Transportes, de 1/2 da obtida no Bloque de Camiños e de
1/3 da obtida no Bloque de Ferrocarrís.

Como se calcula a cualificación final da materia?

Cada bloque temático da materia avalíase da seguinte forma:

Transportes

Dada a escasa duración do bloque, realizarase unha proba
final obxectiva, cunha ponderación do 100% na cualificación do bloque.

Adicionalmente, exporase un traballo tutelado voluntario,
que permitirá sumar ata 0,5 puntos na cualificación do Bloque de Transportes.
Esta cualificación só se terá en conta a partir dunha cualificación de 4,0
puntos na proba final obxectiva do Bloque.

Camiños

Un máximo de 5 traballos tutelados que poderán ser: sobre
identificación de elementos da sección transversal, sobre identificación de
tipoloxías de nós, sobre identificación de perdas de trazado, dinámicas e de
orientación, sobre enxeñería de tráfico e/o sobre problemas de trazado. A
puntuación, data e forma de entrega de cada un deles definirase ao longo do
curso. Todos eles entregaranse vía Moodle. O peso dos mesmos será dun 30% na
cualificación do bloque.

Probas obxectivas de avaliación continua. Exporase a
realización, ao longo do curso, de diversos exames teóricos e/o prácticos. O
peso dos mesmos será dun 30% na cualificación do bloque.

Proba obxectiva final. Realizarase un exame final na data
establecida no calendario académico, cun peso do 40% na cualificación do
bloque.

Ferrocarrís

Tres traballos tutelados, teóricos ou prácticos,
relacionados con cada un dos temas en que se estrutura o bloque de Ferrocarrís.
A súa data de entrega definirase ao longo do curso. Todos os traballos
entregaranse a través da correspondente tarefa definida en Moodle. Os traballos
tutelados supoñerán un 30% da cualificación do Bloque de Ferrocarrís.

Probas obxectivas de avaliación continua. Exporase a
realización de 5 probas teóricas, a través da plataforma Moodle, en horas de
clase. O peso conxunto das mesmas será dun 30% na cualificación do Bloque.

Proba obxectiva final. Realizarase un exame final na data
establecida no calendario académico cun peso do 40% na cualificación do Bloque.

No caso de que, por limitacións no desenvolvemento do calendario docente, o número de traballos ou probas obxectivas fose menor, estas porcentaxes redistribuiríanse previa consulta cos alumnos.

A cualificación final calcúlase como a suma de 1/6 da
cualificación global obtida no Bloque de Transportes, de 1/2 da obtida no
Bloque de Camiños e de 1/3 da obtida no Bloque de Ferrocarrís.

Lémbrase que, con independencia da cualificación global
obtida en cada bloque, para aprobar a materia é preciso obter polo menos un 4
en cada unha das probas obxectivas finais de cada bloque e, ademais, a media
ponderada das devanditas probas debe ser igual ou superior a 5.

Hai que presentarse na mesma oportunidade a todos os
bloques?

Non é preciso. O estudantado poderá decidir se na primeira
oportunidade quere presentarse a ningún, algún ou todos os bloques. Desta
forma, se nalgunha das probas obxectivas finais de cada bloque obtén unha
cualificación maior ou igual a 5,0 puntos sobre 10, dita cualificación
gardaráselle, pero só ata a segunda oportunidade, non para o curso seguinte.

Os estudantes que superasen algún bloque na primeira
oportunidade, de acordo co exposto no parágrafo anterior, só terán que
presentarse ao bloque ou aos bloques pendentes na segunda oportunidade.

É obrigatoria a asistencia a clase?

Non é obrigatoria a asistencia a clase, pero tense en conta.
Así, se un/a estudante asiste a un 80% ou máis das clases da materia, terá unha
oportunidade extraordinaria para realizar a proba obxectiva final do Bloque de Transportes
e a proba obxectiva final do Bloque de Camiños. O exame de cada bloque
realizarase con anterioridade á data da primeira oportunidade, coincidindo
aproximadamente co final da docencia de cada bloque, aínda que se fixará na
data e forma fixada polo profesor/a de cada un destes bloques.

Se por razóns de calquera índole, o/a estudante non asiste
ao mínimo do 80%, non poderá optar a esta oportunidade extraordinaria.

E se un estudante está matriculado a tempo parcial ou non
desexa seguir a avaliación continua?

Neste caso, poderá asistir unicamente ás probas obxectivas
finais, fixadas no calendario académico da Escola. Mantéñense os requisitos
para aprobar a materia (4,0 puntos sobre 10 na proba obxectiva final de cada
bloque) e a cualificación final será o resultado de considerar a media
ponderada das cualificacións obtidas na proba de avaliación final de cada
bloque.


Sources of information
Basic Marcelino Conesa Lucerga y Alfredo García García (1987). Diseño geométrico de carreteras. Universidad Politécnica de Valencia
García Díaz-de-Villegas (2002). Ferrocarriles. Publicaciones de la ETS de Ingenieros de Caminos de Santander
UIC (). Fichas UIC - Normativa ferroviaria.
Lichterberger, B. (2003). Handuch gleis Unterbau, Oberbau, Instandhaltung, Wirtschaftlichkeit. Tetzlaff Verlag
(). Highway Capacity Manual - 2010. Transportation Research Board
López Pita, A. (2006). Infraestructuras ferroviarias. Edicions UPC
Kraemer et al. (2004). Ingeniería de Carreteras. Volumen I. McGraw-Hill
Kraemer et al. (2004). Ingeniería de Carreteras. Volumen II. McGraw-Hill
Ministerio de Fomento (). Instrucción de Carreteras. Norma 3.1-IC. Trazado.
Alias, J y Valdés, A. (1990). La vía del ferrocarril. Bellisco
Esveld, C. (2001). Modern Railway Track. MRT Productions
ADIF (). Normas ADIF Vía y Normas Renfe Vía.
Ministerio de Fomento (). Pliego de prescripciones técnicas generales para obras de carreteras y puentes, PG-3. Parte 3ª: Explanaciones, Parte 4ª: Drenaje y Parte 5ª: Firmes.
Juan de Oña et al. (2005). Problemas resueltos de caminos y aeropuertos. Trazado. Grupo editorial universitario
Profillidis, V.A. (2006). Railway Management and Engineering. Ashgate
Profesores de la asignatura / profesores da materia (). Transparencias de la asignatura / Transparencias da materia.

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Algebra/632G01001
Calculus/632G01002
Geology/632G01004
Technical drawing/632G01005
Topography/632G01007

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus
Roads and railways/632G01027
Metropolitan Mobility and Transport Terminals/632G01057
Road engineering and airports/632G01061
Railway engineering/632G01062

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.