Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Introdución ao Dereito Código 650G01001
Titulación
Grao en Ciencias Empresariais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Privado
Dereito Público Especial
Coordinación
Garcia Presas, Inmaculada
Correo electrónico
i.garcia.presas@udc.es
Profesorado
Blanco Gonzalez, Aurelia
Garcia Presas, Inmaculada
Correo electrónico
aurelia.blanco@udc.es
i.garcia.presas@udc.es
Web
Descrición xeral A asignatura "Introdución ao Dereito" é una materia de formación básica que se imparte no primeiro cuatrimestre do Grado en Ciencias Empresariais. O seu estudo como formación básica do Grado se xustifica atendendo a necesidade do estudante de coñecer as institucións xurídico-privadas a través das que se conforma a actuación dos particulares e empresarios no tráfico mercantil. O seu obxetivo é familiarizar os futuros graduados coas institucións básicas do Dereito Privado que resultan indispensables para o coñecemento do funcionamento do mercado e dos axentes que operan no tráfico económico.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Aprender a aprender, por exemplo, cómo, cándo, ónde novos desenvolvementos persoais son necesarios.
A2 CE2 - Auditar unha organización e deseñar planes de consulta (por exemplo lexislación impositiva, inversións, estudo de casos, proxecto de traballo).
A3 CE3 - Comprender detalles do funcionamento empresarial, tamaño de empresas, rexións xeográficas, sectores empresariais, vinculación con coñecemento e teorías básicas.
A5 CE5 - Comprender a tecnoloxía nova e existente e o seu impacto para os novos/futuros mercados.
A7 CE7 - Comprender os principios da lei e vinculalos co coñecemento de negocios e xestión.
A9 CE9 - Comprender os principio éticos, identificar as implicacións para as organizacións empresariais, deseño de escenarios.
A10 CE10 - Comprender e utilizar sistemas contables e financeiros.
A11 CE11 - Definir criterios de acordo de cómo unha empresa é definida e vincular os resultados coa análise do entorno para identificar perspectivas.
A12 CE12 - Definir obxectivos, estratexias e políticas comerciais.
A13 CE13 - Xestión dunha compañía a partir da planificación e control, utilizando conceptos, métodos e ferramentas.
A14 CE14 - Xestionar as operacións da empresa.
A15 CE15 - Xestionar os recursos financeiros.
A16 CE16 - Identificar aspectos relacionados e comprender o seu impacto na organización empresarial.
A17 CE17 - Identificar o impacto dos elementos micro e macroeconómicos na organización empresarial.
A18 CE18 - Identificar as características dunha organización.
A19 CE19 - Identificar novos desenvolvementos de organizacións empresariais para afrontar con éxito o entorno cambiante.
A21 CE21 - Identificar e utilizar as ferramentas adecuadas de matemáticas e estatística.
A22 CE22 - Planificar e xestionar os recursos humanos das organizacións.
A23 CE23 - Uso de instrumentos para a análise de entornos empresariais.
B1 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B6 CG1 - Que os estudantes formados sexan profesionais versátiles, capacitados tanto de iniciar o seu propio negocio como de desempeñar labores de deseño, planificación, organización, xestión, asesoramento e avaliación nas áreas e departamentos contables, financeiros e fiscais de organizacións empresariais, con especial referencia ás pequenas e medianas empresas.
B7 CG2 - Que os estudantes posúan unha elevada capacitación metodolóxica de xestión e tratamento da información que lles proporcione vantaxes competitivas, non só no seu labor profesional, senón nunha sociedade global en permanente transformación. Para iso, o Grao debe estar dotado dun axeitado nivel de interdisciplinariedade, transversalidad e integración nas súas materias.
B8 CG3 - Que os estudantes presten especial atención aos cambios que, tanto en conceptos, coma en metodoloxía ou en aplicacións, implican no mundo empresarial as novas tecnoloxías da información e as comunicacións. Así mesmo deben poder obter e actualizar os coñecementos específicos que teñan como base a aparición de novas leis e regulamentos que afecten ao mundo fiscal, financeiro ou contable.
B9 CG4 - Que os estudantes integren a aprendizaxe na súa vida e no seu labor profesional, a través da metodoloxía de ensino que lles achega o Grao, o cal lles proporciona unha formación básica xeral que servirá como puntal para a formación continua ao longo da vida.
B10 CG5 - Que os estudantes teñan unha perspectiva integral e destreza no manexo dos conceptos, técnicas e ferramentas empregados en cada unha das diferentes áreas funcionáis, con especial referencia ás contables, financeiras e fiscais da empresa; así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización. Todo iso tendo en conta os principios de sustentabilidade e responsabilidade social das mesmas.
B11 CG6 - Que os estudantes saiban identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, realizar asesoramento fiscal e contable, control orzamentario, xestión de tesouraría, auditorías de contas e temas concursais (suspensións de pagamentos e quebras), tomar decisións en condicións de incerteza e avaliar resultados.
B12 CG7 - Que os estudantes sexan capaces de liderar proxectos nas áreas de valoración da empresa, de dirección estratéxica e financeira; deben poder entender a información contable das empresas co fin de obter conclusións e realizar predicións tanto sobre rendementos coma sobre riscos futuros.
B13 CG8 - Que os estudantes identifiquen os requisitos legais da información financeira aos que a empresa debe enfrontarse.
B14 CG9 - Que os estudantes manifesten respecto aos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, o respecto e a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade.
C1 CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 CT2 - Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 CT4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 CT6 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 CT7 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 CT8 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións xurídico-privadas tanto no ámbito persoal coma patrimonial. A1
A2
A9
A10
A11
A12
A13
A14
A15
A16
A17
A18
A19
A21
A22
A23
C4
Comprender as distintas manifestacións do Dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual. A1
Coñecer os dereitos, principios e valores constitucionais que resulta de aplicación a persoas e as relacións entre persoas. A1
B14
C4
Interpretar e analizar críticamente as normas integrantes do dereito no seu correspondente entorno casuístico A3
B8
B13
Resolver de forma efectiva os conflitos xurídicos fomentando o mantenemento das relacións intersubxetivas. C4
Manexo da oratoria xurídica B1
B3
B5
B10
C1
C2
C6
Capacidade para utilizar a rede informática na obtención de información xurídica e na comunicación de datos e, en xeral, capacidade para empregar as ferramentas básicas das TIC necesarias para o exercicio da súa profesión. A5
B6
B7
C3
C8
Capacidade de negociación e mediación A7
B2
B4
B11
B12
C4
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. A1
B9
C5
C7

Contidos
Temas Subtemas
I. O Dereito Civil 1. Concepto. 2. O Código Civil 3. Os Dereitos civiles especiais ou forais 4. A norma xurídica: normas imperativas e dispositivas 5. A irretroactividade das leis 6. A interpretación, a analoxía e a equidade 7. A prescripción e a caducidade
II. As fontes do Dereito Civil 1. As fontes do Dereito Civil español: a lei, a costume e os principios xerais do Dereito.
III. A persoa 1. A persoa: concepto e clases 2. A capacidade das persoas: a) capacidade xurídica e capacidade de obrar b) A incapacitación 3. A persoa xurídica
IV. A obriga e as súas clases 1. Concepto. 2. Principais tipos de obrigas.
V. O cumprimento da obriga 1. O pago ou cumprimento. 2. A dación en pago e o pago por cesión de bens 3. A compensación 4. A condonación 5. A consignación 6. A confusión 7. A imputación de pagos 8. As garantías das obligacións 9. A extinción das obligacións
VI. O contrato 1. O concepto 2. O principio da autonomía privada. 3. Os requisitos do contrato. 4. A formación do contrato 5. As condicións xerais da contratación. 6. Os efectos do contrato. 7. A ineficacia do contrato. 8. A interpretación do contrato. 9. A clasificación dos contratos 10. Os contratos específicos.
VII. Os dereitos reais 1. Dereito real provisional (posesión) 2. Dereitos reais definitivos, típicos 2.1. Dereito real pleno (propiedade) 2.2. Dereitos reais limitativos da propiedade 2.2.1. De disfrute (usufructo, uso habitación, servidumbre e superficie) 2.2.2. De realización do valor (hipoteca, prenda, anticresis) 2.2.3. De adquisición preferente (opción, tanteo e retracto)
VIII. A familia 1. Os requisitos do matrimonio 1.1. O expediente previo 1.2. A capacidade, o consentimento e a forma 1.3. A inscripción no Rexistro Civil 2. As crisis matrimoniais 3. Os rexímenes económicos matrimoniais 4. A filiación 5. A patria potestade 6. A obligación de alimentos entre parientes
IX. A tutela e a curatela 1. A actuación do tutor 2. As persoas suxetas a tutela 3. A constitución 4. A remuneración 5. As causas de inhabilidade 6. A excusa 7. A remoción 8. A extinción 9. A rendición de contas 10. A curatela 11. As persoas suxetas a curatela 12. A extinción

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A1 2 0 2
Proba de resposta breve B1 B2 B5 B10 B13 C1 C2 C7 C8 4 20 24
Traballos tutelados A2 A7 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A21 A22 A23 B2 B7 C1 C3 25 50 75
Discusión dirixida A5 B3 B4 B14 C1 C6 6 3 9
Simulación B2 B6 B8 B9 C1 4 4 8
Sesión maxistral A3 A7 B11 B12 C4 C5 28 0 28
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais As dúas primeiras sesiones presenciais do curso académico estarán destinadas a explicar a os estudantes o contido da guía docente e a planificación de asignatura en todos os seus aspectos, facendo fincapé nas cuestiones vencelladas a avaliación.
Proba de resposta breve O final do cuatrimestre realizarase un exame tipo test sobre todo o contido da asignatura
Traballos tutelados Os estudantes deberán facer individualmente un traballo tutelado sobre o tema que o profesor lle asigne (e que formará parte dos contidos incluidos no programa da asignatura).
Estos traballos deberán ser defendidos oralmente na aula polo alumno.
Discusión dirixida Se trata de promover o exercicio da dialéctica xurídica, proponendo aos estudantes temas xurídicos para a discusión que será dirixida na aula polo profesor de materia.
Simulación Faránse xogos de rol playing nos que os estudantes, ben indivualmente o por grupos, asumirán os diferentes papeis das partes, avogados e xuizes en xuizos simulados.
Sesión maxistral Nestas sesións o profesor explicará os estudantes o contido da materia segundo o programa previsto e incluido na presente Guía.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
A elaboración dos correspondentes traballos será tutelada polo profesor, dende o seu principio ao final, e tanto nos aspectos formais como de fondo, polo que para esta actividade se precisa atención personalizada fora da aula.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta breve B1 B2 B5 B10 B13 C1 C2 C7 C8 O exame tipo test consistirá en quince preguntas.
Cada pregunta terá un valor de 0.5 puntos na calificación final.
75
Traballos tutelados A2 A7 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A21 A22 A23 B2 B7 C1 C3 Na evaluación dos traballos tutelados valorarase a forma e o fondo do traballo que se entrega por escrito e que será sobre o tema indicado polo profesor, sendo fundamental a defensa oral na aula do traballo tutelado. Na valoración da exposición oral que efectúa o alumno na aula terase en conta a maneira de expresarse, os razonamentos xurídicos adecuados e o manexo correcto da terminoloxía xurídica. 25
 
Observacións avaliación

Os alumnos que sumando a nota do exame a de fora de exame non alcancen o 5 na primeira oportunidades terán que volverse a examinar na segunda oportunidade.

A nota alcanzada fóra de exame manterase ata a segunda oportunidade.

Calificación de non presentado

Corresponde
ao alumno, cando só participe de actividades de avaliación que teñan
unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con
independencia da cualificación alcanzada.

Segunda Oportunidade e convocatoria adiantada

Os criterios de avaliación serán os mesmos para todas as oportunidades de avaliación.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia na primeira e segunda oportunidade os criterios de avaliación rexiranse de acordo a realización dunha proba mixta cun peso do 100% sobre a cualificación: consistirá nunha proba na que se incluirán cuestións teóricas e prácticas e na que o alumno terá que demostrar ter alcanzado as competencias e os resultados de aprendizaxe da materia. 


Fontes de información
Bibliografía básica BERCOVITZ RODRÍGUEZ-CANO, R. (Coord.) (). Manual de Introducción al Derecho. Introducción al Derecho Civil patrimonial . Madrid, Bercal

Bibliografía complementaria CARRASCO PERERA, A. (2010). Derecho de Contratos. Cizur Menor, Aranzadi-Thomson Reuters
BERCOVITZ RODRÍGUEZ-CANO, R. (DIR.) (2013). Tratado de Contratos. Valencia, Tirant lo Blanch


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Dereito Mercantil: Contratos empresariais. Dereito concursal e dereito marítimo/612G01035

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías