Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Economía da Empresa: Función Organizativa Código 650G01003
Titulación
Grao en Ciencias Empresariais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Guillen Solorzano, Maria
Correo electrónico
maria.guillen@udc.es
Profesorado
Gago Cortés, María Carmen
Guillen Solorzano, Maria
Correo electrónico
m.gago@udc.es
maria.guillen@udc.es
Web
Descrición xeral O obxetivo desta asignatura céntrase en alcanzar uns conceptos xerais sobre a empresa, as súas clases e tipos, a súa estructura, o seu funcionamento, e as súas interrelacions como axentes económicos da nosa realidade.
Plan de continxencia

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Aprender a aprender, por exemplo, cómo, cándo, ónde novos desenvolvementos persoais son necesarios.
A3 CE3 - Comprender detalles do funcionamento empresarial, tamaño de empresas, rexións xeográficas, sectores empresariais, vinculación con coñecemento e teorías básicas.
A6 CE6 - Comprender os principios da enxeñaría e vinculalos co coñecemento empresarial.
A9 CE9 - Comprender os principio éticos, identificar as implicacións para as organizacións empresariais, deseño de escenarios.
A11 CE11 - Definir criterios de acordo de cómo unha empresa é definida e vincular os resultados coa análise do entorno para identificar perspectivas.
A12 CE12 - Definir obxectivos, estratexias e políticas comerciais.
A13 CE13 - Xestión dunha compañía a partir da planificación e control, utilizando conceptos, métodos e ferramentas.
A14 CE14 - Xestionar as operacións da empresa.
A15 CE15 - Xestionar os recursos financeiros.
A16 CE16 - Identificar aspectos relacionados e comprender o seu impacto na organización empresarial.
A17 CE17 - Identificar o impacto dos elementos micro e macroeconómicos na organización empresarial.
A18 CE18 - Identificar as características dunha organización.
A19 CE19 - Identificar novos desenvolvementos de organizacións empresariais para afrontar con éxito o entorno cambiante.
A22 CE22 - Planificar e xestionar os recursos humanos das organizacións.
A23 CE23 - Uso de instrumentos para a análise de entornos empresariais.
A24 CE24 - Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
B1 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B6 CG1 - Que os estudantes formados sexan profesionais versátiles, capacitados tanto de iniciar o seu propio negocio como de desempeñar labores de deseño, planificación, organización, xestión, asesoramento e avaliación nas áreas e departamentos contables, financeiros e fiscais de organizacións empresariais, con especial referencia ás pequenas e medianas empresas.
B7 CG2 - Que os estudantes posúan unha elevada capacitación metodolóxica de xestión e tratamento da información que lles proporcione vantaxes competitivas, non só no seu labor profesional, senón nunha sociedade global en permanente transformación. Para iso, o Grao debe estar dotado dun axeitado nivel de interdisciplinariedade, transversalidad e integración nas súas materias.
B8 CG3 - Que os estudantes presten especial atención aos cambios que, tanto en conceptos, coma en metodoloxía ou en aplicacións, implican no mundo empresarial as novas tecnoloxías da información e as comunicacións. Así mesmo deben poder obter e actualizar os coñecementos específicos que teñan como base a aparición de novas leis e regulamentos que afecten ao mundo fiscal, financeiro ou contable.
B9 CG4 - Que os estudantes integren a aprendizaxe na súa vida e no seu labor profesional, a través da metodoloxía de ensino que lles achega o Grao, o cal lles proporciona unha formación básica xeral que servirá como puntal para a formación continua ao longo da vida.
B10 CG5 - Que os estudantes teñan unha perspectiva integral e destreza no manexo dos conceptos, técnicas e ferramentas empregados en cada unha das diferentes áreas funcionáis, con especial referencia ás contables, financeiras e fiscais da empresa; así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización. Todo iso tendo en conta os principios de sustentabilidade e responsabilidade social das mesmas.
B11 CG6 - Que os estudantes saiban identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, realizar asesoramento fiscal e contable, control orzamentario, xestión de tesouraría, auditorías de contas e temas concursais (suspensións de pagamentos e quebras), tomar decisións en condicións de incerteza e avaliar resultados.
B12 CG7 - Que os estudantes sexan capaces de liderar proxectos nas áreas de valoración da empresa, de dirección estratéxica e financeira; deben poder entender a información contable das empresas co fin de obter conclusións e realizar predicións tanto sobre rendementos coma sobre riscos futuros.
B13 CG8 - Que os estudantes identifiquen os requisitos legais da información financeira aos que a empresa debe enfrontarse.
B14 CG9 - Que os estudantes manifesten respecto aos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, o respecto e a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade.
C1 CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 CT2 - Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 CT4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 CT6 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 CT7 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 CT8 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Analizar o concepto de empresa, a súa finalidade, as súas tipoloxías, a súas áreas funcionais e a súa estructura organizativa. A1
A3
A6
A9
A11
A12
A13
A14
A15
A16
A17
A18
A19
A22
A23
A24
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1: INTRODUCCIÓN Á ECONOMÍA DA EMPRESA 1.1 CONCEPTO DE EMPRESA
1.2 MACROECONOMÍA, MICROECONOMÍA E ECONOMÍA DA EMPRESA
TEMA 2: TIPOS DE EMPRESAS 2.1 SEGUNDO O SECTOR OU ACTIVIDADE
2.2 SEGUNDO O TAMAÑO
2.3 SEGUNDO A FORMA XURÍDICA
TEMA 3: AS AREAS FUNCIONALES DA EMPRESA 3.1 ADQUISICIÓNS E ABASTECEMENTO
3.2 PRODUCCIÓN
3.3 MARKETING
3.4 PERSOAL
3.5 FINANZAS
TEMA 4: A ESTRUCTURA ORGANIZATIVA 4.1 MECANISMOS DE COORDINACIÓN
4.2 PARTES DA ORGANIZACIÓN
4.3 PARÁMETROS DE DESEÑO
4.4 FACTORES DE CONTINXENCIA
4.5 TIPOS DE ESTRUCTURA

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A22 A19 A18 A17 A16 A15 A14 A13 A12 A11 A9 A6 A3 17 0 17
Estudo de casos A1 A17 A18 A23 A24 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 15 10 25
Traballos tutelados A1 A17 A18 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B9 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 6 36 42
Presentación oral A1 B1 B4 B5 1 5 6
Proba de resposta múltiple A3 A11 A12 A13 A14 A16 A17 A18 A23 1 55 56
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Corresponderase coas 17 horas de docencia expositiva que figuran no POD.

Nelas desenvolveranse os conceptos fundamentais da asignatura e se establecerá o marco teórico da mesma.
Estudo de casos Corresponderase coas 25 horas de docencia interactiva que figuran no POD.

Nesta metodoloxia inclúense todo tipo de probas, exercicios, traballos grupais, casos,... que os profesores estimen necesarios para o desenrolo da docencia interactiva.
Traballos tutelados Traballos en grupo nos que se aplicarán os conceptos vistos nas sesións maxistrais.
Presentación oral Correspóndese coa presentación oral dos traballos tutelados, que será obrigatoria.
Proba de resposta múltiple Realizarase na convocatoria oficial da asignatura (nas dúas oportunidades de exame: Xaneiro e Xullo)

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Estudo de casos
Presentación oral
Proba de resposta múltiple
Descrición
Para a realización dos traballos tutelados grupais, é importante consultar cos profesores os avances que se van realizando, para que estes podan ofrecer, en cada caso, as orientacións necesarias que aseguren o aprendizaxe dos alumnos, así como a calidade do traballo dacordo cos criterios que se indicarán na clase e se colgarán na plataforma moodle.
O seguimento, dos traballos, farase grupo a grupo, ben no horario de titorías ou vía e-mail.
Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A17 A18 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B9 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 A calificación é a obtida polos traballos tutelados realizados en grupo y será a mesma para tódolos integrantes do equipo. 15
Estudo de casos A1 A17 A18 A23 A24 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Na cualificación inclúense: exercicios, estudo de casos e calquera outro tipo de probas que o profesor plantexe ó longo do período lectivo. 10
Presentación oral A1 B1 B4 B5 Correspóndese coa calificación obtida a título individual na presentación oral dos traballos tutelados.

A presentación oral é obrigatoria para obter, tanto esta calificación, como a do traballo tutelado.
15
Proba de resposta múltiple A3 A11 A12 A13 A14 A16 A17 A18 A23 Realizarase na data oficial fixada pola FEE (nas dúas oportunidades de exame: Xaneiro e Xullo)

Esixirase unha calificación mínima de 4/10 na proba de resposta múltiple para facer media sumándolle a nota correspondente ó resto de apartados.

No caso de non alcanzar ó menos 4/10 nesta proba, a nota da materia será a obtida nela ponderada polo 60%.
60
 
Observacións avaliación

A avaliación consta de dúas partes:

1. Avaliación continua (estudo de casos, traballos tutelados e presentación oral): supón un 40$ da cualificación. 
2. Exame final (proba de resposta múltiple): supón un 60% da cualificación.

As actividades de avaliación continua realizaránse ao largo do curso e non é posible a súa realización fora do período lectivo.

Gardarase a nota da avaliación continua para a segunda oportunidade, pero en ningún caso para cursos posteriores.

Para sumar a nota da avaliación continua á do exame, haberá que alcanzar como mínimo un 4 sobre 10 no exame (proba de resposta múltiple). Para superar a materia, a nota media ponderada final deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10.

En caso de non alcanzar un 4 sobre 10 no exame (proba de resposta múltiple), a nota da materia será a obtida no exame ponderada polo 60%.

É de aplicación a normativa de evaluación, revisión e reclamación das calificacions dos estudos de grado e mestrado universitario, de la UDC (29/06/17).


  • Os alumnos coñecerán as calificacións dos traballos antes da realización do exame de Xaneiro.
  • Os criterios de avaliación e calificación son exactamente iguais en tódalas oportunidades de avaliación (Adiantada, Primeira e Segunda).
  • O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
    académica de exención de asistencia, deberá comunicar esta circunstancia ó profesor ó comezo do curso. Aplicaráselles o mesmo sistema de avaliación (coa particulariedade de que o traballo tutelado poderano facer a título individual). No caso deste alumnado, agás
    para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba
    obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un
    calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.
  • As guías para a realización dos traballos tutelados ou de calquer outra práctica ou exercicio proposto polo profesor estarán colgadas na plataforma Moodle.
  • Calquer información, aviso os alumnos,… colgarase nesta plataforma. Enviarase un e-mail notificandoo.
  • É altamente recomendable a asistencia a clase e o seguimento de todas as actividades programadas na materia.
  • Na defensa oral do traballo tutelado, participarán obligatoriamente tódolos compoñentes do grupo responsable da súa elaboración.
  • Acordo da FEE: a calificación de "Non presentado" esixe que o alumno non teña participado en actividades que superen o 20% da calificación.
  • Así mesmo, recórdase que calquera alumno sorprendido realizando traballos ou exame mediante calquera procedemento fraudulento se lle asignará unha nota de cero na convocatoria.
É responsabilidade do alumno consultar a dirección de e-mail ca UDC lle asigne.

Fontes de información
Bibliografía básica

O material básico, para o seguimento da asignatura, colgarase na plataforma dixital Moodle. O alumno poderá completar este material, coa bibliografía complementaria.

Bibliografía complementaria

BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA

Cuervo, A. (2008): Introducción a la Administración de Empresas. Ed.Cívitas, Madrid.

Mintzberg, H. (2012). La estructuración de las organizaciones. Ed.Ariel Economía.

Guerras y Navas, J. E. (2007): Dirección estratégica de la empresa. Teoría y aplicaciones. Ed. Civitas.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Organización de Empresas/650G01016

Observacións

Recomendacións:

1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático

1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

1.3. De se realizar en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural

3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais

4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

5.- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade

6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas

7. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías