Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Historia da Empresa Código 650G01005
Titulación
Grao en Ciencias Empresariais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Lindoso Tato, Elvira
Correo electrónico
elvira.lindoso.tato@udc.es
Profesorado
Lindoso Tato, Elvira
Correo electrónico
elvira.lindoso.tato@udc.es
Web
Descrición xeral A materia Historia da Empresa ofrece unha formación básica ao futuro graduado, orientado a traballar no ámbito empresarial e onde o coñecemento da evolución da empresa resulta determinante á hora de tomar decisións executivas.

O obxectivo da materia é estudar e comprender a figura da empresa e do empresario e o seu papel no desenvolvemento económico (relación entre determinadas formas de empresa e a intensidade do crecemento económico). Estudar os cambios experimentados en tamaño e forma. Posibilitar a análise dos diferentes tipos de empresas incardinados nun contexto histórico. É dicir, a análise dos axentes e as organizacións empresariais en perspectiva histórico-económica ata o século XXI. E, así mesmo, establecer comparacións entre os distintos modelos empresariais ao longo do tempo e dos países.

A materia contribúe a proporcionar unha formación que permite un coñecemento extenso e profundo da evolución da empresa moderna no longo prazo, o seu desenvolvemento e a súa situación actual, capacitando aos futuros graduados para responder de xeito crítico e responsable aos diferentes retos que se lle presenten, contribuíndo á potenciación e mellora da empresa. Permite examinar como se resolveron problemas similares aos que se enfrontan as empresas na actualidade e, xa que logo, é unha ferramenta útil para a toma de decisións. Móstrase que a realidade empresarial é plural, diversa e dinámica. Non pode ser aprehendida cunha teoría universal, nin existe unha única solución organizativa ou tecnolóxica que garanta a excelencia empresarial.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se producen modificacións nos contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Manteñénse todas pero en formato virtual. As actividades iniciais, os estudios de casos, a presentación oral, as sesións maxistrais e a proba obxectiva faránse de maneira non-presencial mediante entrega de tarefas en Moodle, a realización de cuestionarios online e a aplicación Teams para as exposicións dos traballos no calendario marcado a inicios do curso.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Todas a metodoloxías pasan a formato non presencial no senso antes sinalado.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico e Teams no horario marcado ó comezo do curso.
4. Modificacións na avaliación
A avaliación será non presencial nos mesmos ítems marcados nesta guía docente.
*Observacións de avaliación:
Na primeira oportunidade, a proba práctica faráse mediante unha entrega de tarefa no Moodle. A entrega do traballo faráse de maneira idéntica segundo o sinalado na guía inicialmente (entrega de pdf a través do Moodle) e a exposición deste traballo individual terá lugar online a través da aplicación Teams. A proba obxectiva faráse en formato online a través do Moodle.
Para a segunda oportunidade e a convocatoria adiantada, a realización da proba sinalada nesta guía terá lugar no calendario oficial en formato online (a través do Moodle).
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non existen modificacións. A maoires, solicitaráse á biblioteca a compra de libros en formato electrónico para completar as referencias sinaladas nesta guía.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Aprender a aprender, por exemplo, cómo, cándo, ónde novos desenvolvementos persoais son necesarios.
A3 CE3 - Comprender detalles do funcionamento empresarial, tamaño de empresas, rexións xeográficas, sectores empresariais, vinculación con coñecemento e teorías básicas.
A4 CE4 - Comprender a estrutura de linguas estranxeiras e desenvolver un vocabulario, Comprender, ler, falar e escribir nunha lingua estranxeira.
A5 CE5 - Comprender a tecnoloxía nova e existente e o seu impacto para os novos/futuros mercados.
A6 CE6 - Comprender os principios da enxeñaría e vinculalos co coñecemento empresarial.
A7 CE7 - Comprender os principios da lei e vinculalos co coñecemento de negocios e xestión.
A8 CE8 - Comprender os principios da psicoloxía, identificar as implicacións para a organización empresarial.
A9 CE9 - Comprender os principio éticos, identificar as implicacións para as organizacións empresariais, deseño de escenarios.
A11 CE11 - Definir criterios de acordo de cómo unha empresa é definida e vincular os resultados coa análise do entorno para identificar perspectivas.
A12 CE12 - Definir obxectivos, estratexias e políticas comerciais.
A13 CE13 - Xestión dunha compañía a partir da planificación e control, utilizando conceptos, métodos e ferramentas.
A16 CE16 - Identificar aspectos relacionados e comprender o seu impacto na organización empresarial.
A17 CE17 - Identificar o impacto dos elementos micro e macroeconómicos na organización empresarial.
A18 CE18 - Identificar as características dunha organización.
A19 CE19 - Identificar novos desenvolvementos de organizacións empresariais para afrontar con éxito o entorno cambiante.
A20 CE20 - Identificar e operar o software adecuado. Deseñar e implementar sistemas de información.
A21 CE21 - Identificar e utilizar as ferramentas adecuadas de matemáticas e estatística.
A22 CE22 - Planificar e xestionar os recursos humanos das organizacións.
A23 CE23 - Uso de instrumentos para a análise de entornos empresariais.
A24 CE24 - Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
B1 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B6 CG1 - Que os estudantes formados sexan profesionais versátiles, capacitados tanto de iniciar o seu propio negocio como de desempeñar labores de deseño, planificación, organización, xestión, asesoramento e avaliación nas áreas e departamentos contables, financeiros e fiscais de organizacións empresariais, con especial referencia ás pequenas e medianas empresas.
B7 CG2 - Que os estudantes posúan unha elevada capacitación metodolóxica de xestión e tratamento da información que lles proporcione vantaxes competitivas, non só no seu labor profesional, senón nunha sociedade global en permanente transformación. Para iso, o Grao debe estar dotado dun axeitado nivel de interdisciplinariedade, transversalidad e integración nas súas materias.
B8 CG3 - Que os estudantes presten especial atención aos cambios que, tanto en conceptos, coma en metodoloxía ou en aplicacións, implican no mundo empresarial as novas tecnoloxías da información e as comunicacións. Así mesmo deben poder obter e actualizar os coñecementos específicos que teñan como base a aparición de novas leis e regulamentos que afecten ao mundo fiscal, financeiro ou contable.
B9 CG4 - Que os estudantes integren a aprendizaxe na súa vida e no seu labor profesional, a través da metodoloxía de ensino que lles achega o Grao, o cal lles proporciona unha formación básica xeral que servirá como puntal para a formación continua ao longo da vida.
B10 CG5 - Que os estudantes teñan unha perspectiva integral e destreza no manexo dos conceptos, técnicas e ferramentas empregados en cada unha das diferentes áreas funcionáis, con especial referencia ás contables, financeiras e fiscais da empresa; así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización. Todo iso tendo en conta os principios de sustentabilidade e responsabilidade social das mesmas.
B11 CG6 - Que os estudantes saiban identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, realizar asesoramento fiscal e contable, control orzamentario, xestión de tesouraría, auditorías de contas e temas concursais (suspensións de pagamentos e quebras), tomar decisións en condicións de incerteza e avaliar resultados.
B12 CG7 - Que os estudantes sexan capaces de liderar proxectos nas áreas de valoración da empresa, de dirección estratéxica e financeira; deben poder entender a información contable das empresas co fin de obter conclusións e realizar predicións tanto sobre rendementos coma sobre riscos futuros.
B13 CG8 - Que os estudantes identifiquen os requisitos legais da información financeira aos que a empresa debe enfrontarse.
B14 CG9 - Que os estudantes manifesten respecto aos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, o respecto e a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade.
C1 CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 CT2 - Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 CT4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 CT6 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 CT7 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 CT8 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Recoñecer as diferentes fases da evolución económica e comprender as variacións que se produciron na empresa co paso do tempo A11
A19
B1
B8
B14
Estudar e comprender a figura da empresa e do empresario e o seu papel no desenvolvemento económico A11
A19
Coñecer as principais formas de empresa, a súa evolución e a súa problemática nun contexto histórico A11
A19
Establecer comparacións entre os distintos modelos empresariais ao longo do tempo e dos países A11
A19
Coñecer e avaliar criticamente as distintas aproximacións teóricas sobre o desenvolvemento empresarial e como se relacionan co mundo real A3
Apreciar como as diferenzas nas contornas culturais, legais, políticas, sociais, etc. afectaron ás empresas e ao seu desenvolvemento en diferentes partes do mundo A11
A19
Identificar e explicar as principais vantaxes competitivas das empresas A3
A5
A7
A8
A11
A13
B2
B5
B6
Facilitar o proceso de toma de decisións nas empresas a partir da familiarización cunha perspectiva histórica e temporal das mesmas A11
A13
A19
Analizar como os empresarios e os directivos afrontaron no pasado os problemas derivados da xestión das súas empresas A3
A11
A13
A19
Comprender como as empresas reaccionaron ante os cambios nos mercados, as tecnoloxías e as institucións e como, á súa vez, influíron nos mesmos A3
A5
A6
A11
A16
A17
A18
A19
A23
B13
Explicar os principais cambios estructurais que permitan ás empresas aumentar de tamaño A5
A11
A19
C8
Mostrar a existencia dunha realidade empresarial plural, diversa e dinámica, que non pode aprehenderse cunha teoría ou un modelo universal C4
Capacidade de expresión, oral e escrita A4
B4
C1
C2
Capacidade analítica, lóxica e sintética A24
C6
Capacidade de percura, selección e elaboración de información C3
C6
Capacidade de traballo en equipo e de relación A1
C4
Capacidade de aplicación dos coñecementos adquiridos á interpretación do material estatístico, gráfico e documental A20
A21
A24
Destreza na aplicación de técnicas cuantitativas para o tratamento de repertorios estatísticos A13
A21
A22
B10
B11
Avaliar o comportamento, a cultura e a estratexia das empresas A12
C5
C8
Comprender a rápida dinámica de cambio dos negocios e os factores que inflúen nos ritmos e patróns dese cambio A9
A11
A19
Aprendizaxe de organización, planificación e administración do tempo de traballo A13
A22
Estimular o desenvolvemento do afán de superación e o liderado, favorecendo a capacidade de convicción e de aceptación dos puntos de vista dos demais C1
C4
C6
Potenciar a creatividade e a innovación A5
A19
C8
Fomentar a iniciativa persoal e emprendedora B9
C5
Xestionar o cambio con eficacia e responder a demandas cambiantes A19
Asumir responsabilidades á hora de lograr unha aprendizaxe e un desenvolvemento persoal e profesional (Planificación do Desenvolvemento Persoal) A1
B3
B7
B12
C3
C7
Contribuír ao recoñecemento da diversidade e a multiculturalidad C4
Facilitar o desenvolvemento dun compromiso ético A9
C4

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1: A empresa no mundo preindustrial 1. As baixas taxas de crecemento da economía preindustrial: unha visión a longo prazo da historia económica precapitalista occidental
2. A organización da produción precapitalista: a empresa antes da industrialización
Tema 2: A empresa na Primeira Revolución Industrial, c.1770-c.1870 1. A Revolución Industrial Británica e a difusión da industrialización
2. A xénese da empresa moderna
Tema 3: A Segunda Revolución Industrial e o desenvolvemento da gran empresa, c.1870-1973 1. A Segunda Revolución Industrial e a integración do mercado internacional
2. As estratexias de crecemento empresarial no marco da Segunda Revolución Industrial
Tema 4: A empresa ante os desafíos da globalización, 1973-2020 1. A evolución da economía mundial, 1973-2020
2. Os últimos desenvolvementos da gran empresa e outras respostas empresariais

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A1 A17 A19 B14 C4 C5 C7 C8 2 0 2
Estudo de casos A3 A11 A13 A16 A17 A18 A19 A22 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C4 C6 19 38 57
Presentación oral A1 A4 A17 A18 A19 A20 A21 B1 B2 B3 B4 B8 B9 B14 C1 C3 C6 1 11 12
Proba obxectiva A21 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B13 B14 C1 C2 C6 3 0 3
Sesión maxistral A24 A23 A22 A19 A18 A17 A16 A13 A12 A11 A9 A8 A7 A6 A5 A3 B1 B10 B11 B12 C3 C4 C5 C7 C8 17 51 68
 
Atención personalizada 8 0 8
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Exposición previa das líneas maestras da materia e orientación inicial en función dos recursos bibliográficos, docentes e informáticos dos que dispón o alumnado.
Estudo de casos Análise das prácticas que conteñen diverso material cuantitativo e cualitativo relacionado co contenido da asignatura
Presentación oral Exposición e discusión en horario lectivo dun traballo individual sobre un aspecto teórico ou práctico da materia
Proba obxectiva Consistirá na realización dun exame escrito sobre os contidos do programa nas convocatorias oficiais.
Sesión maxistral Nestas sesións, o profesor impartirá as pautas chave de cada un dos puntos do temario da asignatura que o alumno debe conocer e preparar co traballo persoal e coa axuda dos restantes instrumentos que ofrece o curso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Presentación oral
Actividades iniciais
Descrición
En cada un dos casos, procurase a atención persoalizada nas correspondentes sesións de tutoría individual (seguimento do traballo do estudantado, resolución de dúbidas, orientación cara a mellora do estudo, etc.).
Ademáis, nas tutorías de grupos reducidos realizaranse actividades de orientación docente, de seguimento do traballo do estudantado, de resolución de dificultades e conflictos na materia, etc.
Dita atención terá lugar mediante a aplicación Teams no horario marcado ao inicio do curso.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A3 A11 A13 A16 A17 A18 A19 A22 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C4 C6 Incluen as prácticas con material cuantitativo y cualitativo que serán avaliadas cunha proba ao longo do primeiro cuatrimestre. O calendario da proba facilitarase ao comezo do curso. 30
Presentación oral A1 A4 A17 A18 A19 A20 A21 B1 B2 B3 B4 B8 B9 B14 C1 C3 C6 Esta presentación correspóndese coa realización, exposición e discusión dun traballo individual durante o primeiro cuatrimestre, basado no material gráfico-estatístico ou teórico que os docentes facilitarán aos estudantes e que estos deberán analizar a partires de consultas bibliográficas (realizadas individualmente na biblioteca universitaria). O calendario da entrega do traballo e da súa exposición facilitarase durante as primeiras semanas do curso. 30
Proba obxectiva A21 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B13 B14 C1 C2 C6 Consistirá na realización dun examen escrito sobre os contidos teóricos do programa na convocatoria oficial da primeira oportunidade. Valoraráse a capacidade de expresión, o manexo e o dominio do vocabulario específico, a capacidade analítica e sintética e, por suposto, o coñecemento dos contidos do programa. 40
 
Observacións avaliación

Non se exise asistencia obrigatoria á clase. Porén, recoméndase a asistencia a clase dende o primeiro día aínda que o estudante esté pendente de completar o proceso de matrícula porque o calendario da avaliación fixado aos inicios do curso (para cada apartado anterior) é independente da data de matrícula individual do alumno.

A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia solicitarase en formato pdf a través da plataforma Moodle nas condicións que os docentes sinalarán ó inicio do curso.

Para superala asignatura, o alumno debe obter como mínimo 50 puntos dos 100 totais.

A calificación de non presentado corresponde ao alumno, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a calificación final, con independencia da calificación alcanzada.

Respecto á convocatoria da segunda oportunidade e a da extraordinaria adiantada, ambalas dúas consistirán na realización dunha proba obxectiva cun valor máximo do 70% da nota final. A puntuación obtida nesta proba engadirase á calificación que o/a estudante obtivera, ou ben na proba práctica do primeiro cuatrimestre, ou ben no traballo do curso do primeiro catrimestre (seleccionarase só unha desas notas, a maoir obtida polo alumno/a). Na convocatoria adiantada, se o estudante carece de nota de evaluación continua durante o curso 2020/21, engadirase á puntuacion obtida a da avaliación continua do curso inmediatamente anterior. En calqueira caso, en ambalas dúas oportunidades, aínda que non teñan nota de avaliación continua, os estudantes poderán superar a materia nas citadas oportunidades obtendo 5 puntos dos 7 potenciais.

Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico compatible coa sua dedicación sempre e cando ese calendario esté integrado na franxa horaria das exposiciones ou probas prácticas da clase do grupo asinado ó estudante (porque a proba práctica e a exposición do traballo teñen lugar de maneira presencial diante do resto do estudantado no horario lectivo do grupo de clase no que se atope o alumno). O estudante que se atope nestas circunstancias debe poñerse en contacto cos seus docentes vía correo electrónico antes do 30 de setembro de 2020. Así mesmo, recordamos que non se require asistencia obrigatoria á materia salvo para as probas e a exposición dos traballos; éstos sí requiren presenza física do estudante, sempre e cando desexe ser avaliado neses ítems.

Por tanto, todolos estudantes, incluidos os que teñan recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, poderán superala materia obtendo a lo menos 50 puntos dos 100 totais entre todalas probas do curso. Aqueles estudantes que non poidan acudir as probas do curso con motivo debidamente xustificado (xustificado cos certificados correspondentes para os casos que contempla a normativa académica -caso de enfermidade ou accidente, por exemplo-), poderán realizar as mesmas noutra ocasión que lles será comunicada tendo en conta o sinalado polo regramento académico.

Está prohibido acceder á aula do exame/probas con calquer dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenaxe de información.

De igual maneira, é necesario que cada alumno que desexe realizar as probas se identifique correctamente co D.N.I. na aula onde se vaia realizar a proba (ten que acreditar a súa personalidade dacordo ca normativa vixente).

Os alumnos/as deben consultar obrigatoria e frecuentemente a plataforma virtual da materia (moodle), onde os profesores colocan a información mais relevante da mesma. Ademáis, os estudantes deben subir unha foto actualizada ao seu perfil de moodle para a súa correcta identificación.


Fontes de información
Bibliografía básica (). .

Os manuais fundamentais da materia son:

Palafox, Jordi, ed. (2014): Los tiempos cambian. Historia de la economía . Valencia, Tirant lo Blanch.

Valdaliso, Jesús M.ª y López, Santiago (2007): Historia económica de la empresa, Barcelona, Crítica [reimpresión de 2008].

Ademáis, recoméndanse as seguintes obras:

Aldcroft, D. H., Morewood, S. (2013): The European economy since 1914, New York, Routledge, 5ª edición.

Álvarez Arza, Mª José (2001): Historia económica de la empresa (guía didáctica) , Madrid, UNED.

Álvarez Arza, María José et al. (1998): Historia económica (guía didáctica) , Madrid, UNED.

Calvo, Angel (2016): "Strategic alliances in the European industries of the Third Industrial Revolution", Journal of Evolutionary Studies in Business, vol. 2, nº 1, pp. 235-265.

Cameron, Rondo (2009): Historia económica mundial. Desde el Paleolítico hasta el presente , Madrid, Alianza, 2ª edición [3ª reimpresión].

Caruana, L., Larrínaga, C., Matés, J. M. (2011): "La pequeña y mediana empresa en la edad de oro en la economía española: estado de la cuestión", Investigaciones de Historia Económica nº 7, pp. 322-333.

Catalán, J. (2014): “From the Great Depresión to the Euro Crisis, 1929-2013: A Global Approach”, Revista de Historia Industrial nº 53, 3,pp. 15-45.

Catalán, J., Miranda, J. A., Ramón, R. (2011): Distritos y clusters en la Europa del Sur, Madrid, Lid.

Chandler, Alfred D. Jr. (1996): Escala y diversificación: la dinámica del capitalismo industrial , Zaragoza, Prensas Universitarias de Zaragoza.

Chandler, Alfred D. Jr. (2008): La mano visible: la revolución de la gestión en la empresa norteamericana , Barcelona, Ediciones de Belloch.

Comín, Francisco (2011): Historia económica mundial. De los orígenes a la actualidad, Madrid, Alianza.

Comín, Francisco y Díaz Fuentes, Daniel (2004): La empresa pública en Europa , Madrid, Síntesis.

Comín, Francisco y Martín Aceña, Pablo (eds.) (1996): La empresa en la historia de España , Madrid, Civitas.

Comín, Francisco, Hernández, Mauro y Llopis, Enrique (eds.) (2005): Historia económica mundial, siglos X-XX , Barcelona, Crítica.

Cuadrado-Roura, J. R. (2012): “La crisis económica actual y sus efectos regionales. Panorama general,perspectivas y posibles salidas”, Cuadernos de CC.EE. y EE., nº 63, pp. 113-136.

Debasa Navalpotro (2012): “China:cambio de sistema e hipercrecimiento económico”, Mediterráneo Económico nº 22, pp. 317-327.

Di Vittorio, Antonio (coord.) (2003): Historia económica de Europa siglos XV-XX , Barcelona, Crítica.

Díaz Morlán, Pablo (2009): Capitalistas y empresarios. El mercado de la función empresarial , Alicante, Universidad de Alicante.

Dunning, John H. (comp.) (1976): La empresa multinacional , México, Fondo de Cultura Económica.

Dunning, John H. y Lundan, Sarianna M. (2008): Multinational enterprises and the global economy , 2ª ed., Cheltenham y Northampton, EE.

Erro, Carmen (2003): Historia empresarial. Pasado, presente y retos de futuro , Barcelona, Ariel.

Estella, Mª. Concepción, Arribas, Victoria y de Haro, Dionisio (2001): Prácticas de historia económica mundial y de España , Madrid, ESIC.

Feliú, Gaspar y Sudrià, Carles (2013): Introducción a la historiaeconómica mundial , Valencia, Universitat de Valencia, 2ª edición.

Fernández, P. (coor.) (2013): La profesionalización de las empresas familiares , Madrid, Lid.

García Ruíz, José Luis (1994): Historia económica de la empresa moderna , Madrid, Istmo.

García Ruíz, José Luis (coord.) (1998): Historia de la empresa moderna , Madrid, Síntesis.

García Ruiz, José Luis (coord.) et al. (1998): Historia de la empresa mundial y de España , Madrid, Síntesis.

García-Blanch Menárguez, Francisco (2002): Crecimiento económico en Corea del Sur (1961-2000). Aspectos internos y factores internacionales , Madrid, Síntesis.

Goodall, Francis, Gouvirsh, Terence R. and Tolliday, Steven (eds.) (1997): International Bibliography of Business History , London, Routledge.

Hannah, Leslie (1996): “La evolución de las grandes empresas en el siglo XX: un análisis comparativo”, Revista de Historia Industrial , nº 10, pp. 93-125.

Hébert, Robert F., Link, Albert N. (2010): A History of Entrepreneurship, London-New York, Routledge, reprinted.

Hernández Andreu, Juan y García Ruiz, José Luis (1994): Lecturas de Historia empresarial , Madrid, Civitas.

Jensana Tanehashi, Amadeu (2004): Empresa y negocios en Asia Oriental. Estrategias y acciones, Barcelona, UOC.

Jones, Geoffrey, Zeitlin, Jonathan (2008): The Oxford Handbook of Business History, Oxford, Oxford University Press.

Junqueras, O. y otros (2012): Historia de Japón: economía, política y sociedad , Barcelona, UOC.

Landes, D. S. (2006): Dinastías. Fortunas y desdichas de las grandes familias de negocios, Barcelona, Crítica.

Landes, D. S. (2008): La riqueza de las naciones: por qué algunas son tan ricas y otras tan pobres , Barcelona, Crítica.

Landes, David S., Mokyr, Joel, Baumol, William J. (2010): The invention of enterprise. Entrepreneurship from ancient Mesopotamia to modern times, Princenton y Oxford, Princenton University Press.

Marichal, Carlos (2010): Nueva historia de las grandes crisis financieras: una perspectiva global, 1873-2008, Barcelona, Debate.

Martín Martín, Victoriano et al. (coord.) (2006): Lecciones de historia económica, Madrid, McGraw Hill.

Martín Martín, Victoriano, (coord.) (2012): Historia de la Empresa, Madrid, Pirámide.

Micklethwait, John, Wooldridge, Adrian (2003): La empresa. Historia de una idea revolucionaria, Barcelona, Mondadori.

Nolan, Peter (2001): China and the Global Economy: National Champions, Industrial Policy, and the Big Business Revolution , Houndsmill, Palgrave.

Nuñez, Gregorio y Segreto, Luciano (eds.) (1994): Introducción a la historia de la empresa en España , Madrid, Abacus.

Ocampo Suárez-Valdés, Joaquín (1998): Historia económica mundial y de España , Oviedo, Universidad de Oviedo.

Palafox, Jordi, ed. (2014): Los tiempos cambian. Historia de la economía. Valencia, Tirant lo Blanch.

Park, Hong Y. (2012): "Las reformas de los chaebols", Vanguardia. Dossier. Corea del Sur. El pequeño gigante, nº 47, abril/junio.

Pelegrín Solé, Àngels y Jensana Tanehashi, Amadeu (2011): Economía de Japón, Barcelona, UOC.

Piore, Michael J. y Sabel, Charles F. (1990): La segunda ruptura industrial, Madrid, Alianza.

Pollard, Sidney (1987): La génesis de la dirección de la empresa moderna. Estudios sobre la revolución industrial en Gran Bretaña , Madrid, Ministerio de Trabajo.

Porter, Michael E. (1991): La ventaja competitiva de las naciones , Barcelona, Plaza y Janés.

Prieto, Enrique, de Haro, Dionisio y Santos, Marta (2005): Historia Económica. Lecturas y materiales , Madrid, Dykinson.

Roberts, Michael (2016): La larga depresión. Cómo ocurrió, por qué ocurrió y qué ocurrirá a continuación, España, El viejo topo.

Rugman, Alan M., Brewer, Thomas L. (2001): Oxford Handbook of International Business, Oxford University Press.

Salort, S. (2012): Revoluciones industriales, trabajo y Estado del Bienestar. La gran ruptura mundial contemporánea, Madrid, Sílex.

Teichova, Alice, Lévy-Leboyer, Maurice y Nissbaum, Helga (comps.) (1990): Empresas multinacionales, finanzas, mercados y gobiernos en el siglo XX , Madrid, Ministerio de Trabajo y Seguridad Social, 2 vols.

Tortella, G. y otros (2008): Educación, instituciones y empresa: los determinantes del espíritu empresarial , Madrid, Academia Europea de Ciencias y Artes.

Valdaliso, Jesús M.ª y López, Santiago (2007): Historia económica de la empresa , Barcelona, Crítica [reimpresión de 2008].

Yoshimori, Masaru (1993): "Claves de la competitividad japonesa", Harvard-Deusto Business Review , nº 56, pp. 20-30.

Zamagni, Vera (2004): Historia económica de la Europa contemporánea: de la revolución industrial a la integración europea , Barcelona, Crítica.

Ademáis, existen en formato electrónico as seguintes obras (algunha de historia empresarial, a maoiría de historia económica mundial):

  • Erro, C. (dir.) (2003): Historia Empresarial, Barcelona, Ariel. P-ISBN: 9788434448391
  • Feliu, Gaspar y Sudrià, Carles (2013): Introducción a la Historia Económica Mundial , Valencia, Universitat de València, 2ª edición.
  • Bernardos, J. U. et al. (2014): Historia económica, Madrid, UNED. E-ISBN: 9788436269307. P-ISBN: 9788436267396
  • Williamson, J. G. (2012): El desarrollo económico mundial en perspectiva histórica: cinco siglos de revoluciones industriales, globalización y desigualdad, Zaragoza, Prensas Universitarias de Zaragoza. E-ISBN: 9788415770756 P-ISBN: 9788415538677
  • Tascón, J., López, M. A. (2012): Historia económica mundial: una visión eurocéntrica de la actividad económica, del Neolítico al siglo XXI, Madrid, Biblioteca Nueva. E-ISBN: 9788499407494 P-ISBN: 9788499405254
  • Martín, V. (2006): Lecciones de historia económica, Madrid, McGraw-Hill. E-ISBN: 9788448183707 P-ISBN: 9788448146467

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

A materia non esixe requisitos previos. Nembargantes, considéranse recomendables alguns prerrequisitos e coñecementos previos: coñecementos de Historia Universal, familiaridade con conceptos básicos de Economía e de Empresa así como coñecementos do programa Word a nivel de usuario para a realización dos traballos. 

Recoméndase familiarizarse co funcionamento da biblioteca universitaria (uso do catálogo e os servizos que ofrece a biblioteca) de cara a realización do traballo do curso.

Así mesmo, recoméndase dispoñer dun ordenador personal con cámara e conexión a internet estable en caso de que a situación sanitaria empeore e se ordene un novo confinamiento. Tamén recordamos que a Facultade de Economía e Empresa dispón de aulas informáticas con ordenadores para o estudantado (véanse máis detalles na web da Facultade sobre o seu uso).


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías