Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Dereito Mercantil Código 650G01006
Titulación
Grao en Ciencias Empresariais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Privado
Coordinación
Fernández-Montells Fernández, Julian
Correo electrónico
j.fernandez-montells@udc.es
Profesorado
Arevano Fuentes, Mº de la Cruz
Fernández-Montells Fernández, Julian
Correo electrónico
m.arevano@udc.es
j.fernandez-montells@udc.es
Web
Descrición xeral O contido de está asignatura trata de proporcionar ao alumno un marco de referencia básico para o estudo interdisciplinar, sistemático e compresivo do proceso contemporáneo de transformación do mundo da empresa. Deste xeito, a asignatura denominada Dereito Mercantil ten por obxecto o estudo das relacións xurídicas que se xeran en torno ao empresario como suxeito nuclear da materia e que se caracteriza por levar a cabo unha actividade constitutiva de empresa. O estudo desta disciplina ofrecerá ao estudante o coñecemento do fenómeno empresa desde unha perspectiva xurídica que resulta complementaria á visión económica e/ou contable que se ofrece desde outras asignaturas impartidas no Grado en Ciencias Empresariais.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Aprender a aprender, por exemplo, cómo, cándo, ónde novos desenvolvementos persoais son necesarios.
A2 CE2 - Auditar unha organización e deseñar planes de consulta (por exemplo lexislación impositiva, inversións, estudo de casos, proxecto de traballo).
A3 CE3 - Comprender detalles do funcionamento empresarial, tamaño de empresas, rexións xeográficas, sectores empresariais, vinculación con coñecemento e teorías básicas.
A5 CE5 - Comprender a tecnoloxía nova e existente e o seu impacto para os novos/futuros mercados.
A7 CE7 - Comprender os principios da lei e vinculalos co coñecemento de negocios e xestión.
A9 CE9 - Comprender os principio éticos, identificar as implicacións para as organizacións empresariais, deseño de escenarios.
A10 CE10 - Comprender e utilizar sistemas contables e financeiros.
A11 CE11 - Definir criterios de acordo de cómo unha empresa é definida e vincular os resultados coa análise do entorno para identificar perspectivas.
A12 CE12 - Definir obxectivos, estratexias e políticas comerciais.
A13 CE13 - Xestión dunha compañía a partir da planificación e control, utilizando conceptos, métodos e ferramentas.
A14 CE14 - Xestionar as operacións da empresa.
A15 CE15 - Xestionar os recursos financeiros.
A16 CE16 - Identificar aspectos relacionados e comprender o seu impacto na organización empresarial.
A17 CE17 - Identificar o impacto dos elementos micro e macroeconómicos na organización empresarial.
A18 CE18 - Identificar as características dunha organización.
A19 CE19 - Identificar novos desenvolvementos de organizacións empresariais para afrontar con éxito o entorno cambiante.
A21 CE21 - Identificar e utilizar as ferramentas adecuadas de matemáticas e estatística.
A22 CE22 - Planificar e xestionar os recursos humanos das organizacións.
A23 CE23 - Uso de instrumentos para a análise de entornos empresariais.
B1 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B6 CG1 - Que os estudantes formados sexan profesionais versátiles, capacitados tanto de iniciar o seu propio negocio como de desempeñar labores de deseño, planificación, organización, xestión, asesoramento e avaliación nas áreas e departamentos contables, financeiros e fiscais de organizacións empresariais, con especial referencia ás pequenas e medianas empresas.
B7 CG2 - Que os estudantes posúan unha elevada capacitación metodolóxica de xestión e tratamento da información que lles proporcione vantaxes competitivas, non só no seu labor profesional, senón nunha sociedade global en permanente transformación. Para iso, o Grao debe estar dotado dun axeitado nivel de interdisciplinariedade, transversalidad e integración nas súas materias.
B8 CG3 - Que os estudantes presten especial atención aos cambios que, tanto en conceptos, coma en metodoloxía ou en aplicacións, implican no mundo empresarial as novas tecnoloxías da información e as comunicacións. Así mesmo deben poder obter e actualizar os coñecementos específicos que teñan como base a aparición de novas leis e regulamentos que afecten ao mundo fiscal, financeiro ou contable.
B9 CG4 - Que os estudantes integren a aprendizaxe na súa vida e no seu labor profesional, a través da metodoloxía de ensino que lles achega o Grao, o cal lles proporciona unha formación básica xeral que servirá como puntal para a formación continua ao longo da vida.
B10 CG5 - Que os estudantes teñan unha perspectiva integral e destreza no manexo dos conceptos, técnicas e ferramentas empregados en cada unha das diferentes áreas funcionáis, con especial referencia ás contables, financeiras e fiscais da empresa; así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización. Todo iso tendo en conta os principios de sustentabilidade e responsabilidade social das mesmas.
B11 CG6 - Que os estudantes saiban identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, realizar asesoramento fiscal e contable, control orzamentario, xestión de tesouraría, auditorías de contas e temas concursais (suspensións de pagamentos e quebras), tomar decisións en condicións de incerteza e avaliar resultados.
B12 CG7 - Que os estudantes sexan capaces de liderar proxectos nas áreas de valoración da empresa, de dirección estratéxica e financeira; deben poder entender a información contable das empresas co fin de obter conclusións e realizar predicións tanto sobre rendementos coma sobre riscos futuros.
B13 CG8 - Que os estudantes identifiquen os requisitos legais da información financeira aos que a empresa debe enfrontarse.
B14 CG9 - Que os estudantes manifesten respecto aos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, o respecto e a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade.
C1 CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 CT2 - Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 CT4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 CT6 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 CT7 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 CT8 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os conceptos fundamentais do Dereito da empresa. A2
A3
A7
A15
A16
A17
A18
A19
A21
A23
C1
C3
C5
C6
C7
C8
Adquirir os coñecementos básicos para detectar os problemas xurídicos que poidan xurdir na administración dunha empresa. A1
A2
A11
B1
B2
B3
B4
Coñecer a normativa básica relativa ao dereito da empresa. A2
A3
B5
B6
B7
B8
B13
B14
Ser conscientes da importancia do respecto ao ordenamiento xurídico na administración da empresa. A7
A9
A13
B10
B11
B12
Identificar as fontes de información xurídica relevantes. A2
A14
Aprender a manexar as bases de datos xurídicas fundamentais. B9
C3
Comprender a linguaxe xurídica e os textos xurídicos. C1
C4
Aprender a resolver problemas xurídicos individualmente e en grupo. A22
Utilizar correctamente a linguaxe xurídica, tanto en forma oral como por escrito. C1
C2
Comprender a importancia do Dereito como medio de resolución pacífica das controvencias e de resolución dos conflitos de intereses. A5
A10
A12
C8

Contidos
Temas Subtemas
O Dereito da empresa
Concepto e historia
Contido
Fontes
A empresa e o empresario Concepto de empresa
Negocios xurídicos sobre a empresa
Concepto de empresario
Rsponsabilidade do empresario
O estatuto xurídico do empresario: contabilidade e Rexistro Mercantil
Os colaboradores do empresario
O Dereito da competencia Dereito de defensa da competencia
Dereito contra a competencia desleal
Propiedade intelectual Os signos distintivos
As creaciones industriais
O dereito de autor
Teoría xeral de sociedades Concepto de sociedade
Clases de sociedades
A sociedade anónima e a sociedad de responsabilidade limitada Concepto, caracteres e constitución
Accións e participacións
Órganos
Contas anuais
Modificación de estatutos e modificacións estructurais
Emisión de obligacións
Disolución, liquidación e extinción

Outros tipos sociais ou sociedades especiais. A cooperativa
A sociedade profesional
A sociedade cotizada
Unions de empresas e grupos de sociedades
Os títulos valores Teoría xeneral dos títulos valores
A letra de cambio
O cheque
O pagaré
Os contratos mercantis A compraventa
A comisión e a axencia
O transporte
O seguro
Os contratos bancarios
Os contratos marítimos
O concurso A declaración do concurso e os seus efectos
Determinación das masas activa e pasiva
Solucións do concurso e terminación do procedemento

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A3 A5 A7 B6 B7 B8 B9 17 66 83
Lecturas A9 A11 A16 A17 A18 A19 A21 0 5 5
Estudo de casos A12 A13 A14 A15 A22 B10 B11 B12 25 25 50
Traballos tutelados A10 A23 B1 B2 B3 B4 B5 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 0 10 10
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Cada lección abrirase coa explicación por parte do profesor dos aspectos fundamentais do tema
Lecturas Ofrecerase ao alumno algún libro ou artigo básico para que se familiarice coa linguaxe xurídica.
Estudo de casos Achegarase unha ficha coa formulación do caso para que con axuda do profesor e de material didáctico, a utilizar polo alumno, responda ás cuestións que se lle formulen.
Traballos tutelados Encárgase ao alumno realizar un estudo detido sobre un tema determinado e guíaselle na elaboración do traballo

Atención personalizada
Metodoloxías
Lecturas
Traballos tutelados
Estudo de casos
Descrición
O profesor axuda ao alumno a elixir un tema apropiado e oriéntao na súa realización, revisando a súa estrutura, conclusións, etc.

Formaranse dous grupos de 15 alumnos. Estes dous grupos recibirán unha tutoría de 4 horas cada un (en dúas sesións de dúas horas) para poder resolver dúbidas sobre a elaboración dos traballos ou outras cuestións da materia.

Para os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de asistencia, acordarase un calendario de tutorías compatible coa súa dedicación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A9 A11 A16 A17 A18 A19 A21 Valorarase a compresión do caso sometido a lectura a través da exposición oral ou escrita, non só do tema sometido a lectura se non tamén das normas xurídicas que sexa aplicables ao caso proposto. 5
Sesión maxistral A1 A2 A3 A5 A7 B6 B7 B8 B9 Realizarase un exame final sobre os contidos teóricos que o alumno deberá aprobar para superar a materia e que terá un peso decisivo na nota final. Para os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa de asistencia acordarase unhas datas compatibles coa súa dedicación, salvo para as datas aprobadas en Xunta de Facultade. 70
Traballos tutelados A10 A23 B1 B2 B3 B4 B5 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Correxirase o traballo realizado 20
Estudo de casos A12 A13 A14 A15 A22 B10 B11 B12 Avaliaranse as fichas entregadas aos alumnos considerando a comprensión do suposto práctico formulado e a idoneidade das normas xurídicas que fosen aplicadas. 5
 
Observacións avaliación
Será necesario obter como mínimo 5 puntos no exame final sobre contidos teóricos para seguir engadindo os demais conceptos da avaliación continua.

Con relación a avaliación realizarase un exame tipo test de 20 preguntas cunha duración de 20 minutos. Representará o 70% da valoración da materia. Clases prácticas e traballos que representarán o 30% da calificación final.

As preguntas tipo tes valoraránse con 0,5 puntos as preguntas ben contestadas; -0,10 as mal contestadas e -0,05 as preguntas non contestadas. Chegando ao aprobado con un 5.

Considerarase "Non presentado" ao alumno que  tivese unha participación inferior ao 20%.

Os criterios de avaliación serán os mesmos para todas as oportunidades.

Fontes de información
Bibliografía básica Jiménez Sánchez, G. (Última edición.). Nociones de Derecho Mercantil. Marcial Pons
Sánchez Calero, F. (Última edición.). Principios de Derecho Mercantil. Aranzadi

Bibliografía complementaria Sánchez Calero (Ult. ed.). Instituciones de derecho Mercantil. Aranzadi
Alcover Grau (Ult. ed). Introducción al Derecho Mercantil. Dilex
Jiménez Sánchez (Ult. ed.). Lecciones de Derecho mercantil. Marcial Pons
Broseta Pont (Ult. ed.). Manual de derecho Mercantil. Tecnos


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías