Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Matemáticas II Código 650G01010
Titulación
Grao en Ciencias Empresariais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Pereira Saez, Maria Jose
Correo electrónico
maria.jose.pereira@udc.es
Profesorado
Lema Fernández, Carmen Socorro
Pereira Saez, Maria Jose
Rey Miguez, Fernando
Correo electrónico
carmen.lemaf@udc.es
maria.jose.pereira@udc.es
fernando.rey.miguez@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo desta materia é introducir ao estudantado nos fundamentos do calculo diferencial de varias variábeis e a programación matemática, que serán precisos para a aprendizaxe do resto das materias do grao e para o seu futuro profesional. O estudante deberá comprender os conceptos básicos presentados e os resultados que os relacionan e aplicar de xeito correcto e con rigor estes coñecementos para a resolución práctica de problemas. Fará-se unha especial énfase na aplicación dos contidos do curso a problemas de natureza económica e na interpretación dos resultados obtidos.

Ademais, preténdese axudar ao estudantado a desenvolver competencias xenéricas tais como a capacidade de análise e síntese, capacidade de razoamento lóxico, capacidade de resolución de problemas, espírito crítico, aprendizaxe autónomo, ou a habilidade para pescudar e utilizar información procedente de distintas fontes.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Aprender a aprender, por exemplo, cómo, cándo, ónde novos desenvolvementos persoais son necesarios.
A2 CE2 - Auditar unha organización e deseñar planes de consulta (por exemplo lexislación impositiva, inversións, estudo de casos, proxecto de traballo).
A3 CE3 - Comprender detalles do funcionamento empresarial, tamaño de empresas, rexións xeográficas, sectores empresariais, vinculación con coñecemento e teorías básicas.
A4 CE4 - Comprender a estrutura de linguas estranxeiras e desenvolver un vocabulario, Comprender, ler, falar e escribir nunha lingua estranxeira.
A5 CE5 - Comprender a tecnoloxía nova e existente e o seu impacto para os novos/futuros mercados.
A6 CE6 - Comprender os principios da enxeñaría e vinculalos co coñecemento empresarial.
A8 CE8 - Comprender os principios da psicoloxía, identificar as implicacións para a organización empresarial.
A9 CE9 - Comprender os principio éticos, identificar as implicacións para as organizacións empresariais, deseño de escenarios.
A11 CE11 - Definir criterios de acordo de cómo unha empresa é definida e vincular os resultados coa análise do entorno para identificar perspectivas.
A12 CE12 - Definir obxectivos, estratexias e políticas comerciais.
A21 CE21 - Identificar e utilizar as ferramentas adecuadas de matemáticas e estatística.
B1 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B6 CG1 - Que os estudantes formados sexan profesionais versátiles, capacitados tanto de iniciar o seu propio negocio como de desempeñar labores de deseño, planificación, organización, xestión, asesoramento e avaliación nas áreas e departamentos contables, financeiros e fiscais de organizacións empresariais, con especial referencia ás pequenas e medianas empresas.
B7 CG2 - Que os estudantes posúan unha elevada capacitación metodolóxica de xestión e tratamento da información que lles proporcione vantaxes competitivas, non só no seu labor profesional, senón nunha sociedade global en permanente transformación. Para iso, o Grao debe estar dotado dun axeitado nivel de interdisciplinariedade, transversalidad e integración nas súas materias.
B8 CG3 - Que os estudantes presten especial atención aos cambios que, tanto en conceptos, coma en metodoloxía ou en aplicacións, implican no mundo empresarial as novas tecnoloxías da información e as comunicacións. Así mesmo deben poder obter e actualizar os coñecementos específicos que teñan como base a aparición de novas leis e regulamentos que afecten ao mundo fiscal, financeiro ou contable.
B9 CG4 - Que os estudantes integren a aprendizaxe na súa vida e no seu labor profesional, a través da metodoloxía de ensino que lles achega o Grao, o cal lles proporciona unha formación básica xeral que servirá como puntal para a formación continua ao longo da vida.
B10 CG5 - Que os estudantes teñan unha perspectiva integral e destreza no manexo dos conceptos, técnicas e ferramentas empregados en cada unha das diferentes áreas funcionáis, con especial referencia ás contables, financeiras e fiscais da empresa; así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización. Todo iso tendo en conta os principios de sustentabilidade e responsabilidade social das mesmas.
B11 CG6 - Que os estudantes saiban identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, realizar asesoramento fiscal e contable, control orzamentario, xestión de tesouraría, auditorías de contas e temas concursais (suspensións de pagamentos e quebras), tomar decisións en condicións de incerteza e avaliar resultados.
B12 CG7 - Que os estudantes sexan capaces de liderar proxectos nas áreas de valoración da empresa, de dirección estratéxica e financeira; deben poder entender a información contable das empresas co fin de obter conclusións e realizar predicións tanto sobre rendementos coma sobre riscos futuros.
B13 CG8 - Que os estudantes identifiquen os requisitos legais da información financeira aos que a empresa debe enfrontarse.
B14 CG9 - Que os estudantes manifesten respecto aos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, o respecto e a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade.
C1 CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 CT2 - Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 CT4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 CT6 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 CT7 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 CT8 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Entender os conceptos básicos do espazo euclídeo IRn A1
A2
A3
A4
A5
A6
A8
A9
A11
A12
A21
C2
Determinar se un conxunto é aberto, pechado, acoutado, compacto e convexo A21
Entender o concepto de función de varias variábeis A1
A21
Representar gráficamente o mapa de curvas de nivel de funcións reais de dúas variábeis A21
Entender o concepto de función continua e saber determinar se unha función é ou non continua A1
A21
Identificar unha función linear A1
A21
Identificar unha forma cuadrática A1
A21
Clasificar unha forma cuadrática mediante o criterio dos menores principais e mediante autovalores A1
A21
Clasificar unha forma cuadrática restrinxida A1
A21
Calcular derivadas e elasticidades parciais e as interpretar A1
A21
B1
B2
B5
B7
B14
C1
C7
Obter as derivadas parciais dunha función composta A1
A21
Obter o polinomio de Taylor dunha función A21
Aplicar o teorema de existencia para estudar cando unha ecuación define de xeito implícito unha función real A1
A21
Obter as derivadas e elasticidades parciais da función implícita e as interpretar A1
A21
B5
B7
Estudar a convexidade dun conxunto A1
A21
Estudar a concavidade/convexidade dunha función A1
A21
Formular problemas de programación matemática A1
A21
B1
B2
B3
B4
B5
B8
B14
C1
C4
C5
C6
C7
C8
Distinguir entre óptimo local e global A1
A21
Estudar a existencia de extremos globais utilizando o teorema de Weierstrass A21
Resolver de xeito gráfico programas matemáticos con dúas variábeis A1
A21
Obter os puntos críticos de funcións de variábel vectorial e clasificar aplicando as condicións de segundo orde A1
A21
Determinar o carácter local ou global dos óptimos dun programa sen restricións A1
A21
Formular problemas económicos como programas con restricións de igualdade A21
B9
B12
B13
C6
C8
Calcular os puntos críticos dun programa con restricións de igualdade, clasificar e interpretar os multiplicadores de Lagrange A1
A21
Determinar o carácter local ou global dos óptimos dun programa con restricións de igualdade A1
A21
Coñecer a estrutura e características xerais dun programa linear A1
Saber formular problemas económicos sinxelos mediante programas lineares A21
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B11
B14
C1
C4
C6
C7
C8
Resolver programas lineares mediante o algoritmo do Símplex A21
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B10
B11
B14
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. O espazo euclídeo IRn O espazo vectorial IRn.
Produto escalar. Norma. Distancia.
Conxuntos abertos e pechados.
Conxuntos compactos.
Tema 2. Funcións de varias variábeis Conceptos básicos.
Representación gráfica de funcións reais. Curvas de nivel.
Límite dunha función nun punto.
Continuidade.
Funcións lineares.
Formas cuadráticas. Clasificación.
Formas cuadráticas restrinxidas.
Tema 3. Derivabilidade de funcións de varias variábeis Derivadas parciais.
Derivadas parciais de orde superior. Clase dunha función.
Regra da cadea.
Teorema de Taylor.
Teorema da función implícita.
Tema 4. Convexidade de conxuntos e funcións Conxuntos convexos. Propiedades.
Funcións cóncavas e convexas. Propiedades.
Caracterización das funcións cóncavas e convexas de clase dúas.
Tema 5. Introdución á programación matemática Formulación dun programa matemático.
Óptimos locais e globales.
Resolución gráfica.
Teoremas básicos de optimización.
Tema 6. Programación sen restricións Condicións precisas de primeira orde.
Condicións de segunda orde.
O caso convexo.
Análise de sensibilidade.
Tema 7. Programación con restricións de igualdade Formulación.
Condicións precisas de primeira orde: Teorema de Lagrange.
Condicións de segunda orde.
O caso convexo.
Interpretación dos multiplicadores.
Tema 8. Programación linear Formulación dos programas lineares.
Solucións básicas factíbeis.
Teoremas fundamentais.
O método do simplex.


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A1 B14 C4 C5 C7 C8 1 0 1
Proba de resposta múltiple A21 B2 B5 B7 B14 C4 2 7 9
Proba mixta A21 B2 B5 B14 C1 3 15 18
Seminario A1 A21 B14 C1 C2 C3 C6 2 4 6
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A11 A12 B5 B9 B14 15 15 30
Proba práctica A21 B2 B5 B14 C1 2 8 10
Solución de problemas A1 A21 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B10 B11 B12 B13 B14 C6 25 50 75
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Durarán unha hora e consistirán na presentación da materia
Proba de resposta múltiple Haberá varias probas deste tipo. Estas probas constarán de preguntas relativas a conceptos teóricos e prácticos aboradados nas clases de sesión maxistral, de solución de problemas e seminarios mediante preguntas de resposta múltiple.
Proba mixta Ao final do cuadrimestre haberá unha proba mixta (teórica e práctica). Esta proba será realizada na data oficial de avaliación que determine o centro para esta materia.
Seminario Realizaranse varios seminarios de carácter eminentemente práctico dirixidos á resolución de dúbidas ou dificultades que podan xurdir coa materia. Estes seminarios serán preferentemente presenciais, salvo causas de forza maior.
Sesión maxistral Haberá un total de 15 horas de clase maxistral, que estarán centradas na exposición dos contenidos de carácter mais teórico.
Proba práctica O estudantado realizará varias probas prácticas ao longo do cuatrimestre onde terá que resolver problemas ou cuestións. As respostas serán por escrito e terán que estar debidamente xustificadas.
Solución de problemas Haberá un total de 25 horas de clase de solución de problemas, que consistirán na exposición e realización dos contidos prácticos dos diferentes temas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba de resposta múltiple
Proba mixta
Proba práctica
Seminario
Descrición
Para a preparación das diferentes probas, o estudantado disporá dalgúns dos seguintes medios de comunicación co profesorado:

- Correo electrónico do profesorado.
- Titorías persoais (no horario de titorías que estableza o profesorado, a consultar na páxina web da UDC ou na páxina web da facultade).
-Seminarios.

Ademais, tamén será posíbel a realización de titorías en datas e horas diferentes ás establecidas, previa solicitude por parte do estudantado. Esta medida facilita a atención personalizada a estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A21 B2 B5 B7 B14 C4 Ao longo do curso haberá probas de resposta múltiple, a súa ponderación na avaliación final é do 20% (2 puntos). 20
Proba mixta A21 B2 B5 B14 C1 O exame final (presencial) suporá un 60% da cualificación final (6 puntos). Nesta proba valorarase: a comprensión e asimilación dos conceitos, a utilización de razonamentos axeitados, a boa utilización da linguaxe matemática e a destreza no planeamento e resolución dos problemas.
60
Proba práctica A21 B2 B5 B14 C1 Realizaranse probas presenciais de resolución de problemas. A súa ponderación na calificación final é dun 20% (2 puntos). Nesta proba valorarase especialmente a capacidade de razoamento matemático do estudiantado. 20
 
Observacións avaliación

A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN

1. Condicións de realización dos exames e as probas, e
identificación do estudantado
 

Durante a realización dos exames non se poderá ter acceso a ningún
dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de
información. Poderá denegarse a entrada á aula do exame con este tipo de
dispositivos. Non se admitirán os exames escritos con lapis. Os alumnos deberán
identificarse mediante DNI ou equivalente para a realización das probas de
avaliación. 

2- Utilización de calculadora

As calculadoras que se poden utilizar non deben ter NINGUNHA das
seguintes características: Posibilidade de transmitir datos, ser programábeis,
pantalla gráfica, resolución de ecuacións, operacións con matrices, cálculo de
determinantes, derivadas e/ou integrais, armazenaxe de datos alfanuméricos.
Cando posua algunha destas características será retirada. Se durante o percurso
da proba se constatase o uso dunha calculadora non permitida, adoptaranse as
mesmas medidas que cando o estudantado está copiando.

B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN

1. Cualificación de non presentado

Otorgaráse a cualificación de NON PRESENTADO ao
estudante que só participe en actividades de avaliación que teñan unha
ponderación inferior ao 20% da cualificación final, con independencia da
cualificación obtida

2Estudantado a tempo parcial (ou con dispensa de
asistencia)

Será avaliado acorde as mesmas normas que o resto do estudantado.

C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN

1. Primeira oportunidade

Avaliación continua

A avaliación continua consistirá na realización de probas
tipo test (proba de resposta múltiple) e a realización de probas de
resolución de problemas (proba práctica) na aula. A avaliación continua pondera
un 40% do total da cualificación final.

Exame final

Realización dunha proba mixta. Pondera un 60% da cualificación
final. 

Ademais o alumnado poderá obter ata un punto por participación
activa nas clases, seminarios e titorias persoais, que se sumará á
cualificación obtida na avaliación continua e no exame final.

2. Segunda oportunidade

Na segunda oportunidade haberá unha única proba mixta,
e a cualificación será a máis alta das dúas seguintes opcións:

- Suma das puntuacións obtidas na avaliación continua na primeira oportunidade (máximo
catro puntos das probas de resposta múltiple e prácticas realizadas) e na proba
mixta da segunda oportunidade (máximo seis puntos)

- Cualificación obtida na proba mixta da segunda oportunidade puntuada sobre dez.

3. Convocatoria adiantada: A cualificación final do estudante que solicite a
convocatoria adiantada será a obtida no exame presencial valorado sobre 10
puntos.


Fontes de información
Bibliografía básica K. Sydsæter, P. J. Hammond y A. Carvajal (2012). Matemáticas para el análisis económico . Pearson Educación, Madrid

Bibliografía complementaria S. Harris (2005). Linear programming graphic tutorial. http://www.msubillings.edu/BusinessFaculty/Harris/LP_Problem_intro.htm
R. Caballero, S. Calderón, T. P. Galache, A. C. González, Mª. L. Rey y F. Ruiz (2000). Matemáticas aplicadas a la economía y la empresa. 434 ejercicios resueltos y comentados . Pirámide, Madrid
E. Minguillón, I. Pérez Grasa y G. Jarne (2004). Matemáticas para la economía. Libro de ejercicios. Álgebra lineal y cálculo diferencial. McGraw-Hill, Madrid
I. Pérez Grasa, G. Jarne y E. Minguillón (1997). Matemáticas para la economía: álgebra lineal y cálculo diferencial . McGraw-Hill,Madrid
I. Pérez Grasa, G. Jarne y E. Minguillón (2001). Matemáticas para la economía: programación matemática y sistemas dinámicos . McGraw-Hill, Madrid
M. J. Osborne (1997-2003). Mathematical methods for economic theory: a tutorial . http://www.economics.utoronto.ca/osborne/MathTutorial/
A. C. Chiang y K. Wainwright (2006). Métodos fundamentales de economía matemática . McGraw-Hill, Madrid
R. M. Barbolla, E. Cerdá y P. Sanz (2001). Optimización. Cuestiones, ejercicios y aplicaciones a la economía . Prentice Hall, Madrid
P. Dawkins (2003-2009). Paul’s online math notes. http://tutorial.math.lamar.edu/


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Matemáticas I/650G01004

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

É aconsellabel ter superada a materia de Matemáticas I. O estudante debe estar familiarizado cos conceptos e resultados fundamentais de álxebra linear (matrices, determinantes e sistemas de ecuacións lineares) e de cálculo diferencial dunha variábel (límite, continuidade, derivada, elasticidade, extremos, convexidade).



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías