Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Macroeconomía Código 650G01015
Titulación
Grao en Ciencias Empresariais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Análise Económica e Administración de Empresas
Coordinación
Pateiro Rodriguez, Carlos
Correo electrónico
carlos.pateiro@udc.es
Profesorado
Estevez Mengotti, Carlos Benigno
Pateiro Rodriguez, Carlos
Varela Candamio, Laura
Correo electrónico
c.mengotti@udc.es
carlos.pateiro@udc.es
laura.varela.candamio@udc.es
Web
Descrición xeral Trátase de ter unha visión do funcionamento dos mercados no marco da Teoría Económica. Explicarase a metodoloxía económica, básicamente macroeconómica. A análise se desenvolve utilizando modelos matemáticos sinxelos e con apoio gráfico.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Aprender a aprender, por exemplo, cómo, cándo, ónde novos desenvolvementos persoais son necesarios.
A3 CE3 - Comprender detalles do funcionamento empresarial, tamaño de empresas, rexións xeográficas, sectores empresariais, vinculación con coñecemento e teorías básicas.
A9 CE9 - Comprender os principio éticos, identificar as implicacións para as organizacións empresariais, deseño de escenarios.
A11 CE11 - Definir criterios de acordo de cómo unha empresa é definida e vincular os resultados coa análise do entorno para identificar perspectivas.
A12 CE12 - Definir obxectivos, estratexias e políticas comerciais.
A13 CE13 - Xestión dunha compañía a partir da planificación e control, utilizando conceptos, métodos e ferramentas.
A14 CE14 - Xestionar as operacións da empresa.
A16 CE16 - Identificar aspectos relacionados e comprender o seu impacto na organización empresarial.
A17 CE17 - Identificar o impacto dos elementos micro e macroeconómicos na organización empresarial.
A18 CE18 - Identificar as características dunha organización.
A19 CE19 - Identificar novos desenvolvementos de organizacións empresariais para afrontar con éxito o entorno cambiante.
A21 CE21 - Identificar e utilizar as ferramentas adecuadas de matemáticas e estatística.
A22 CE22 - Planificar e xestionar os recursos humanos das organizacións.
A23 CE23 - Uso de instrumentos para a análise de entornos empresariais.
B1 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B6 CG1 - Que os estudantes formados sexan profesionais versátiles, capacitados tanto de iniciar o seu propio negocio como de desempeñar labores de deseño, planificación, organización, xestión, asesoramento e avaliación nas áreas e departamentos contables, financeiros e fiscais de organizacións empresariais, con especial referencia ás pequenas e medianas empresas.
B7 CG2 - Que os estudantes posúan unha elevada capacitación metodolóxica de xestión e tratamento da información que lles proporcione vantaxes competitivas, non só no seu labor profesional, senón nunha sociedade global en permanente transformación. Para iso, o Grao debe estar dotado dun axeitado nivel de interdisciplinariedade, transversalidad e integración nas súas materias.
B8 CG3 - Que os estudantes presten especial atención aos cambios que, tanto en conceptos, coma en metodoloxía ou en aplicacións, implican no mundo empresarial as novas tecnoloxías da información e as comunicacións. Así mesmo deben poder obter e actualizar os coñecementos específicos que teñan como base a aparición de novas leis e regulamentos que afecten ao mundo fiscal, financeiro ou contable.
B9 CG4 - Que os estudantes integren a aprendizaxe na súa vida e no seu labor profesional, a través da metodoloxía de ensino que lles achega o Grao, o cal lles proporciona unha formación básica xeral que servirá como puntal para a formación continua ao longo da vida.
B10 CG5 - Que os estudantes teñan unha perspectiva integral e destreza no manexo dos conceptos, técnicas e ferramentas empregados en cada unha das diferentes áreas funcionáis, con especial referencia ás contables, financeiras e fiscais da empresa; así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización. Todo iso tendo en conta os principios de sustentabilidade e responsabilidade social das mesmas.
B11 CG6 - Que os estudantes saiban identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, realizar asesoramento fiscal e contable, control orzamentario, xestión de tesouraría, auditorías de contas e temas concursais (suspensións de pagamentos e quebras), tomar decisións en condicións de incerteza e avaliar resultados.
B12 CG7 - Que os estudantes sexan capaces de liderar proxectos nas áreas de valoración da empresa, de dirección estratéxica e financeira; deben poder entender a información contable das empresas co fin de obter conclusións e realizar predicións tanto sobre rendementos coma sobre riscos futuros.
B13 CG8 - Que os estudantes identifiquen os requisitos legais da información financeira aos que a empresa debe enfrontarse.
B14 CG9 - Que os estudantes manifesten respecto aos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, o respecto e a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade.
C1 CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 CT2 - Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 CT4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 CT6 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 CT7 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 CT8 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Entender os conceptos macroeconómicos fundamentais e as relacións entre as variables macroeconómicas. A12
A21
B2
Saber interpretar a realidade económica e aplicar a análise ós problemas económicos A1
A3
A9
A11
A13
A14
A16
A17
A18
A19
A22
A23
B1
B3
C5
C6
C8
Interpretar os efectos das políticas macroeconómicas sobre os distintos axentes e sectores. B4
B5
B6
B7
Adoptar unha actitud emprendedora e de colaboración. B9
B10
B14
C4
C7
Comprender e interpretar os obxectivos das políticas macroeconómicas monetarias, fiscais e de oferta B8
B11
B12
C1
C2
Saber acceder ás fontes bibliográficas e ás fontes de datos económicos. B13
C3

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. MACROMAGNITUDES NA CONTABILIDADE NACIONAL TEMA 1.
1.1.- Macroeconomía e política macroeconómica
1.2.- Producto Nacional Bruto e Producto Nacional Neto
1.3.- Producto Interior Bruto
1.4.- Os problemas de medición da producción nacional
1.5.- Producción nominal e producción real
1.6.- Os índices de prezos
1.7.- Renda Nacional, Renda Persoal, Renda dispoñible
1.8.- O Gasto. Os compoñentes da demanda agregada
1.9. Identidades Macroeconómicas importantes
TEMA 2. A RENDA DE EQUILIBRIO TEMA 2.
2.1. A producción de equilibrio
2.2. A función de consumo
2.2.1. Factores dos que depende o consumo
2.3. Outras formulacións da función de consumo
2.4. A función de ahorro
2.5. A demanda de inversión
2.6. A determinación da renda de equilibrio nun modelo simple
2.7. A determinación da renda de equilibrio nun modelo con sector público
2.8. A estabilidade da renda de equilibrio
TEMA 3. O ESTUDO DO MULTIPLICADOR TEMA 3.
3.1. Efectos dun desprazamento da función de aforro
3.1.1. Variación da función de aforro
3.1.2. Variación da inversión
3.2. Introducción ó estudo dos multiplicadores
3.2.1. O multiplicador dinámico
3.2.2. O multiplicador con impostos fixos
3.3. O teorema del presuposto equilibrado
3.4. Deducción dos multiplicadores considerando os impostos en función da renda
3.4.1. Impostos crecentes coa renda
3.4.2. Multiplicador dunha variación da taxa impositiva
3.5. O multiplicador nunha economía aberta.
TEMA 4. A DEMANDA DE INVERSIÓN. A CURVA IS TEMA 4.
4.1. A introducción do tipo de xuro
4.2. A decisión de invertir
4.3. A inversión coma un proceso de axuste de capital
4.4. Renda de equilibrio e tipo de xuro. A curva IS
4.4.1. A pendente da curva IS
4.4.2. Os desprazamentos da curva IS
TEMA 5. O MERCADO DO DIÑEIRO TEMA 5.
5.1. A oferta de diñeiro
5.2. A demanda de diñeiro
5.3. O equilibrio no mercado do diñeiro
5.4. O proceso de expansión do diñeiro bancario
5.5. Renda de equilibrio e tipo de xuro no mercado de activos. A curva LM
5.6. Los puntos a la izquierda y a la derecha de las curvas IS y LM
5.7 A base monetaria
5.7.1. Relación entre a base monetaria e a oferta monetaria. O multiplicador monetario
5.8. A demanda de diñeiro transaccional
5.9. Velocidade de circulación do diñeiro e demanda de diñeiro
5.10. A política monetaria e a trampa da liquidez
5.11. Os tipos de xuro do Eurosistema
TEMA 6. A CURVA DE DEMANDA AGREGADA TEMA 6.
6.1. A curva de demanda agregada
6.1.1. A representación gráfica da curva de demanda agregada
6.1.2. Os desprazamentos da curva de demanda agregada
6.2. Explicación analítica da curva de demanda agregada
TEMA 7.
POLÍTICA FISCAL E POLÍTICA MONETARIA
TEMA 7.
7.1. Introducción
7.2. A política fiscal
7.2.1. Un incremento do gasto público
7.2.2. O multiplicador do gasto público
7.2.3. Un cambio da taxa impositiva
7.2.4. O multiplicador dun cambio da taxa impositiva
7.2.5. O multiplicador do presuposto equilibrado
7.2.6. A efectividade da política fiscal
7.3. A política monetaria
7.3.1. Cambios na oferta monetaria
7.3.2. O multiplicador dos cambios da oferta monetaria
7.3.3. A efectividade da política monetaria
7.4. A eficacia e a certidume das políticas fiscal e monetaria
7.5. A interacción da política monetaria e fiscal
TEMA 8.
O MERCADO DO TRABALLO E A OFERTA AGREGADA
TEMA 8.
8.1. Os supostos fundamentais do modelo clásico
8.1. As diferenzas entre o modelo clásico e o modelo keynesiano
8.2. A función de producción. Productividade total, media y marxinal.
8.3. La demanda de traballo neoclásica.
8.4. A oferta de traballo neoclásica
8.5. O modelo clásico completo
8.6. A oferta agregada na economía clásica. A curva de oferta agregada (SA)
8.7. Resultados da política fiscal no modelo clásico
8.8. Resultados da política monetaria nol modelo neoclásico
8.9. Política monetaria con efecto riqueza no modelo clásico.
8.10. As políticas de oferta no modelo clásico
TEMA 9.
O MODELO CON ILUSIÓN MONETARIA
TEMA 9.
9.1. O modelo de determinación da renda con ilusión monetaria. Introducción
9.2. A oferta de traballo con ilusión monetaria
9.3. O equilibrio no mercado de traballo
9.4. A oferta da economía no modelo con ilusión monetaria
9.5. O modelo completo con ilusión monetaria
9.6. A política fiscal neste modelo
9.6.1. Un incremento do gasto público
9.6.2. Unha reducción dos impostos
9.7. A política monetaria no modelo con ilusión monetaria
9.8. Unha expresión da pendente da curva de oferta agregada
TEMA 10.
MODELO CON RIXIDEZ SALARIAL
TEMA 10.
10.1. Salario monetario ríxido
10.2. O sector producción emprego con rixidez de salarios
10.3. O modelo completo con ilusión monetaria e rixidez de salarios. Efectos dun empeoramento das expectativas empresariaies
10.4. Política monetaria e pleno emprego
TEMA 11.
O MODELO DE SÍNTESE
TEMA 11.
11.1. Introducción ó modelo de síntese. O bloque de demanda e o bloque de oferta
11.1.1. As ecuacións do bloque de demanda
11.1.2. As ecuacións do bloque de oferta
11.2. A función de oferta agregada no modelo de síntese
11.3. O modelo de síntese completo
11.4. O funcionamiento do modelo completo. Efectos sobre tódolos mercados dunha reducción da inversión.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Solución de problemas A3 A11 A12 A16 A17 A21 A22 A23 B2 B5 B7 B10 C3 C4 25 25 50
Sesión maxistral A1 A9 A13 A14 A18 A19 B1 B2 B4 B8 B9 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C5 C6 C7 C8 17 34 51
Proba obxectiva B3 B6 5 29 34
 
Atención personalizada 15 0 15
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Na aula se propoñen problemas que os alumnos deberán resolver.
Os alumnos exporán a súa resposta na aula unha vez comprobada a correcta resolución dos casos.
Os problemas ou casos terán estreita relación con cada un dos temas que se explicaron nas sesións maxistrais.
Tamén se plantearán intervencións inherentes ó proceso de enseñanza-aprendizaxe baseadas na exposición verbal a través da cal os alumnos e o profesor interactúan de maneira ordenada, facendo aclaracións ás cuestións planteadas, expoñendo temas e traballos realizados baixo a dirección do profesor. Traballos que poderán ser individuais ou en grupos reducidos e expostos na aula cos medios dispoñibles.
Sesión maxistral As actividades docentes do curso abarcarán clases maxistrais, ademáis de clases prácticas. Utilizarase a linguaxe oral, a linguaxe matemática e a linguaxe gráfica para a explicación dos diferentes temas do programa docente. A presenza ou asistencia do alumnado na aula, de acordo coa guia da titulación, se considera obrigatoria e resulta de fundamental importancia para o correcto seguimento do curso e das actividades propostas polo profesor.
Proba obxectiva Os exames da asignatura realizaranse nas convocatorias oficiais en xaneiro e xullo, que corresponden respectivamente coa primeira e coa segunda oportunidade. Tamén se realizarán na data establecida para a oportunidade adiantada. Nesta proba obxectiva se trata de avaliar os coñecementos acadados polo alumno na preparación da asignatura. O obxectivo fundamental da proba obxectiva é avaliar a capacidade de razonamento nos temas propios de Macroeconomía e a capacidade para entender e actuar ante as cuestións plantexadas. Os coñecementos teóricos e o desenvolvementos matemáticos e gráficos acadados durante a preparación do programa da asignatura serán conveñentemente avaliados na proba. Polo tanto, será unha proba que abarque todo o programa explicado, cun nivel de profundidade axeitado, que non exceda ni sexa inferior ó plantexado no curso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Sesión maxistral
Solución de problemas
Descrición
A atención persoalizada ó alumno levarase a cabo no despacho da titoría e nas propias aulas. Ainda que o tempo programado é de 15 horas, o profesor disporá dun maior número de horas para esta labor. Polo tanto, a atención persoalizada se debe entender coma una labor continua. Tamén poderá informarse sobre búsqueda de fontes de datos económicos. Nesta actividade de atención persoalizada ó alumno se inclue a acción de titoría en grupos reducidos, a razón de 4 horas por cada grupo de 15 alumnos. Esta actividade está incluida nas 15 horas de atención persoalizada ó alumno que se recolle no apartado 4: Planificación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B3 B6 Esta proba celebrarase na data establecida pola Xunta de Facultade, correspondente ós exames finais de xaneiro e de xullo, é decir, da primeira e da segunda oportunidade. O mesmo aplícase a oportunidade adiantada.
A nota máxima desta proba será de 7 puntos.
Para superar a proba obxectiva, nos casos da primeira e segunda oportunidade, o alumno debe obter como mínimo 3,5 puntos no exame. O alumno se considerará aprobado na asignatura sempre que a súa nota total, suma da proba obxectiva (siempre que nela se acadasen polo menos 3,5 puntos) e dos problemas ou actividades de clase propostas sexa de 5 o máis puntos. Este criterio seguirase tamén na oportunidade adiantada.
Esta proba obxectiva consistirá nunha batería de test con respostas múltiples, sendo correcta unha delas. Alguns dos test poderán consistir na selección do resultado correcto de problemas propostos en forma de test. A puntuación de cada un destos últimos test será a mesma que a do resto dos test.
A puntuación de cada test acertado será o resultado de dividir 7 puntos entre o número de preguntas propostas.
Os erros restarán puntuación. Cada pregunta contestada incorrectamente restará o resultado de dividir 7 puntos entre o doble do número de preguntas propostas.

Na primeira e na segunda oportunidade, como se indicou, para superar a asignatura se esixe un mínimo de 5 puntos na suma da puntuación de A+B, sendo A a puntuación do traballo de clase (máximo 3 puntos) e B a puntuación da proba obxectiva (máximo 7 puntos) siempre que nesta última se acade unna puntuación mínima de 3,5 puntos.
Na oportunidade adiantada o sistema será o mesmo.


70
Solución de problemas A3 A11 A12 A16 A17 A21 A22 A23 B2 B5 B7 B10 C3 C4 O profesor propoñerá ós alumnos actividades que se deben desenvolver ó longo do curso. O profesor utilizará aquelas actividades, como solución de problemas e exposición de resultados, realización de exercicios e probas sobre os contidos, que estime más axeitada para o seguimento do curso. Se valorará a resolución e exposición dos problemas na clase, de forma individual ou en conxunto e as solucións dadas ós exercicios propostos. A calificación máxima de estas actividades é de 3 puntos. As puntuaciones que se acadasen (máximo 3 puntos) non terán en ningún caso carácter liberatorio dos contidos do programa. Estas actividades poderanse avaliar tamén a través de cuestionarios que se presentarán periodicamente ós alumnos. As calificacións que se obteñan nestas actividades se incluen no máximo de 3 puntos reservados ás actividades da clase. Para os alumnos que teñan dispensa académica de exención de asistencia ás clases estos cuestionarios poderanse realizar en datas e horarios diferentes dos establecidos para o resto dos alumnos. 30
 
Observacións avaliación
1.- Sobre la calificación de NO PRESENTADO

Cualificación de non presentado. Corresponde ao alumnado, cando só
participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior
ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación
acadada. 


2.- sobre mínimos das partes da materia:
Como se indicou, o traballo de clase puntúa ata un máximo de 3 puntos (30%)
A proba obxectiva objetiva puntúa ata un máximo de 7 puntos (70%)

No 30% que supón o denominado traballo de clase non se esixe mínimo de puntuación.
No 70% que supón a proba obxectiva nas datas establecidas pola Xunta de Centro, a calificación mínima para que se poida sumar a puntuación do traballo de clase é de 3,5 puntos. 
No conxunto das dúas partes (30% e 70%),o alumno deberá obter unha puntuación mínima de 5 puntos, pero sempre que na proba obxectiva obteña un mínimo de 3,5 puntos. Este criterio aplicarase á primeira oportunidade, á segunda oportunidade e tamén á portunidade adiantada.


3.- Sobre as condicións de realización da avaliación final. 
Está prohibido acceder a aula de exame con cualquera dispositivo que permita a comunicación co exterior o/ou o almacenamento de información.

4.- Sobre a avaliación de la oportunidade segunda ou de xullo
Ésta deberá realizarse cos mesmos criterios que os utilizados, no seu caso, na avaliación do primeiro ou do segundo cuadrimestre.
Na segunda oportunidade se conservarán polo alumno as calificacións obtidas no traballo de clase, pero non a obtenida na proba obxectiva.


Fontes de información
Bibliografía básica (). .
PATEIRO RODRÍGUEZ, C. (1994). CONTESTACIÓN AL PROGRAMA DE MACROECONOMÍA. EDC. TÓRCULO
BAJO, O. Y M.A. MONÉS (1994). CURSO DE MACROECONOMIA. EDIC. A. BOSCH
RODRÍGUEZ, J., F. MOCHÓN, Y OTROS (1993). ELEMENTOS Y CUESTIONES DE T. ECONÓMICA. UNED
KRUGMAN, P., Y. WELLS, k. GRADDY (2015). FUNDAMENTOS DE ECNOMÍA. REVERTÉ
MOCHÓN MORCILLO, F. (2009). INTRODUCCIÓN A LA MACROECONOMÍA. MC GRAW HILL
MOCHÓN MORCILLO, F. (2005). INTRODUCCIÓN A LA MACROECONOMÍA. MADRID MCGRAW-HILL
MOCHÓN MORCILLO, F. , DE JUAN, (2008). INTRODUCCIÓN A LA MACROECONOMÍA EJERCICIOS 3ª EDIC.. MADRID. EDERSA
MOCHÓN, F. Y J. DÍAZ DE, REBECA (2010). INTRODUCCIÓN A LA MACROECONOMÍA. EJERCICIOS. 4ª EDIC.. EDICIONES ACADÉMICAS
ESCRIBÁ, F.J. Y OTROS (1995). INTRODUCCIÓN PRÁCTICA A LA ECONOMÍA. MCGRAW HILL
DORNBUSCH, R. Y S. FISCHER (VARIAS EDICIONES). MACROECONOMÍA. MCGRAW-HILL
BLANCHARD, O. (2000). MACROECONOMÍA. 2ª EDIC.. PRENTICE HALL
C. PATEIRO RODRÍGUEZ, M. J. FREIRE SEOANE, L.A. VEIGA FERNÁNDEZ, L. VARELA CANDAMIO, F. BRUNA QUINTA (2016). MACROECONOMÍA. LIBRO DE EJERCICIOS RESUELTOS. TEST, PROBLEMAS Y EXÁMENES. REPROGRAFÍA DEL NOROESTE
C. PATEIRO RODRÍGUEZ, M.J. FREIRE, L.A. VEIGA, L. VARELA; F. BRUNA, M. BARREIRO (2015). MACROECONOMÍA. TEMAS. EMPRESARIALES Y EMP+TURISMO. REPROGRAFÍA DEL NOROESTE
BELZUNEGUI, B, J. CABRERIZO y R. PADILLA (1992). MC-GRAW HILL (SIRVEN OTRAS EDICIONES). MADRID

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase ó alumno un seguimento continuo da asignatura. Se aconsella a asistencia ás sesións maxistrais e ás actividades de solución de problemas. Se aconsella ó alumno resolva cantas dúbidas se lle presenten, ben sexa na aula ou ben sexa na titoría individual ou en grupos.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías