Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Macroeconomía Código 650G01015
Titulación
Grao en Ciencias Empresariais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Montes Solla, Paulino
Correo electrónico
paulino.montes.solla@udc.es
Profesorado
Cendán Castillo, María
Montes Solla, Paulino
Correo electrónico
maria.cendan.castillo@udc.es
paulino.montes.solla@udc.es
Web
Descrición xeral Se trata de ter unha visión do funcionamento dos mercados no marco da Teoría Económica. Se estudiará a metodoloxía económica, basicamente macroeconómica. A análise se desenvolverá empregando modelos matemáticos sinxelos e con apoio gráfico.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvimiento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. Valorar críticamente o coñecemento, a tecnología e a información dispoñible para resolver problemas cos que deben afrontarse. B5
B9
B10
C1
C4
C6
C8
Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía A4
A6
A7
A8
B1
B2
C5
Aplicar á análise dos problemas criterios profissionais baseados no manexo de instrumentos técnicos. Comunicarse con fluidez no seu contorno el trabalhar en equipo. A10
A11
A12
B3
B4
C7

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. MACROMAGNITUDES NA CONTABILIDADE NACIONAL TEMA 1.
1.1.- Macroeconomía e política macroeconómica
1.2.- Producto Nacional Bruto e Producto Nacional Neto
1.3.- Producto Interior Bruto
1.4.- Os problemas de medición da producción nacional
1.5.- Producción nominal e producción real
1.6.- Os índices de precios
1.7.- Renda Nacional, Renda Persoal, Renda dispoñible
1.8.- O Gasto. Os compoñentes da demanda agregada
1.9. Identidades Macroeconómicas importantes
TEMA 2. A RENDA DE EQUILIBRIO TEMA 2.
2.1. A producción de equilibrio
2.2. A función de consumo
2.2.1. Factores dos que depende o consumo
2.3. Outras formulacións da función de consumo
2.4. A función de aforro
2.5. A demanda de inversión
2.6. A determinación da renda de equilibrio nun modelo simple
2.7. A determinación da renda de equilibrio nun modelo con sector público
2.8. A estabilidade da renda de equilibrio
TEMA 3. O ESTUDO DO MULTIPLICADOR TEMA 3.
3.1. Efectos dun desprazamento da función de aforro
3.1.1. Variación da función de aforro
3.1.2. Variación da inversión
3.2. Introducción ó estudo dos multiplicadores
3.2.1. O multiplicador dinámico
3.2.2. O multiplicador con impostos fixos
3.3. O teorema do presuposto equilibrado
3.4. Deducción dos multiplicadores considerando os impostos en función da renda
3.4.1. Impostos crecentes coa renda
3.4.2. Multiplicador dunha variación da taxa impositiva
3.5. O multiplicador nunha economía aberta.
TEMA 4. A DEMANDA DE INVERSIÓN. A CURVA IS TEMA 4.
4.1. A introducción do tipo de xuro
4.2. A decisión de investir
4.3. A inversión coma un proceso de axuste de capital
4.4. Renda de equilibrio e tipo de xuro. A curva IS
4.4.1. A pendente da curva IS
4.4.2. Os desplazamentos da curva IS
TEMA 5. O MERCADO DO DIÑEIRO TEMA 5.
5.1. A oferta de diñeiro
5.2. A demanda de diñeiro
5.3. O equilibrio no mercado do diñeiro
5.4. O proceso de expansión do diñeiro bancario
5.5. Renda de equilibrio e tipo de xuro no mercado de activos. A curva LM
5.6. Os puntos á esquerda e á dereita das curvas IS e LM
5.7 A base monetaria
5.7.1. Relación entre a base monetaria e oferta monetaria. O multiplicador monetario
5.8. A demanda de diñeiro transaccional
5.9. Velocidade de circulación do diñeiro e demanda de diñeiro
5.10. A política monetaria e a trampa da liquidez
5.11. Os tipos de xuro do Eurosistema
TEMA 6. A CURVA DE DEMANDA AGREGADA TEMA 6.
6.1. A curva de demanda agregada
6.1.1. A representación gráfica da curva de demanda agregada
6.1.2. Os desplazamentos da curva de demanda agregada
6.2. Explicación analítica da curva de demanda agregada
TEMA 7. POLÍTICA FISCAL E POLÍTICA MONETARIA TEMA 7.
7.1. Introducción
7.2. A política fiscal
7.2.1. Un incremento do gasto público
7.2.2. O multiplicador do gasto público
7.2.3. Un cambio da taxa impositiva
7.2.4. O multiplicador dun cambio da taxa impositiva
7.2.5. O multiplicador do presuposto equilibrado
7.2.6. A efectividade da política fiscal
7.3. A política monetaria
7.3.1. Cambios na oferta monetaria
7.3.2. O multiplicador dos cambios da oferta monetaria
7.3.3. A efectividade da política monetaria
7.4. A eficacia e a certidume das políticas fiscal e monetaria
7.5. A interacción da política monetaria e fiscal
TEMA 8. O MERCADO DE TRABALLO E A OFERTA AGREGADA TEMA 8.
8.1. Os supostos fundamentais do modelo clásico
8.2. As diferencias entre o modelo clásico e o modelo keynesiano
8.3. A función de producción. Productividade total, media e marxinal.
8.4. A demanda de traballo neoclásica.
8.5. A oferta de traballo neoclásica
8.6. O modelo clásico completo
8.7. A oferta agregada na economía clásica. A curva de oferta agregada (SA)
8.8. Resultados da política fiscal no modelo clásico
8.9. Resultados da política monetaria no modelo neoclásico
8.10. Política monetaria con efecto riqueza no modelo clásico.
8.11. As políticas de oferta no modelo clásico

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A8 A10 A11 A12 B1 B2 C5 C6 C7 C8 17 34 51
Proba obxectiva A7 A8 A10 A11 5 29 34
Solución de problemas A4 A6 A7 B3 B4 B5 B9 B10 C1 C4 25 25 50
 
Atención personalizada 15 0 15
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As actividades docentes do curso abarcarán clases maxistrais, ademais de clases prácticas. Utilizarase a linguaxe oral, a linguaxe matemática e a linguaxe gráfica para a explicación dos diferentes temas do programa docente. Todos os contidos someteranse ás probas obxectivas nas datas establecidas pola Facultade, tanto na primeira, coma na segunda oportunidade, coma na oportunidade adiantada.
Proba obxectiva Os exames da asignatura se realizarán nas convocatorias oficiais, nas datas establecidas pola Facultade, tanto na primeira, coma na segunda oportunidade, coma na oportunidade adiantada. Esta proba se puntuará entre 0 e 4 puntos, debendo o alumno obter como mínimo 2 puntos para superar dita proba. Esta proba poderá consistir nunha batería de test con resposta múltiple, sendo correcta soamente unha. Os erros restarán puntuación. Algúns dos test poderán consistir na obtención de resultados de problemas, sendo o sistema de avaliación de estes test o mesmo que o dos restantes test. O exame tamén poderá conter temas de desenvolvemento do programa e/ou a proposta de problemas, pois consideramos que o desenvolvemento de contidos con linguaxe literario, gráfico e matemático é adecuado no estudo da Macroeconomía.
Solución de problemas Na aula se podrán propoñer problemas que os alumnos deberán resolver, así como a realización de traballos. Os problemas e os casos terán estreita relación con cada un dos temas que se explicaron nas sesións maxistrais. A medida que se van explicando os temas, poderanse propoñer avaliacións dos temas tratados. Estas avaliacións non serán liberatorias en ningún caso. As puntuacións acadadas polos alumnos formarán parte do 60% asignado á solución de problemas na clase e mais á actividade de clase.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Sesión maxistral
Proba obxectiva
Descrición
A atención personalizada ó alumno levarase a cabo de forma virtual. Se ben o tempo programado é de 15 horas, o profesor disporá dun maior número de horas para esta labor. Por tanto, a atención personalizada se debe entender como unha labor continua. Nesta actividade de atención personalizada ó alumno se inclue a acción de titoría en grupos reducidos, a razón de 4 horas por cada grupo de 15 alumnos. Esta actividade está incluida nas 15 horas de atención personalizada ó alumno que se recolle no apartado 4: Planificación.

Alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: empregarase a plataforma Moodle, Teams e o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para a xestión de contidos, titorías e a entrega de traballos. Acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación. Terán a mesma obriga de realizaren actividades que o alumnado a tempo completo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A4 A6 A7 B3 B4 B5 B9 B10 C1 C4 O profesor propoñerá ós alumnos actividades que se deben desenvolver ó longo do curso. O profesor utilizará aquelas actividades, como solución de problemas e exposición de resultados, realización de exercicios sobre os contidos, e realización de traballos, que estime máis axeitada para o seguimento do curso. Se valorará a resolución e a exposición dos problemas ou traballos na clase, de forma individual ou en conxunto e mailas solucións dadas ós exercicios propostos. A calificación máxima destas actividades é de 6 puntos. Estas actividades poderanse avaliar tamén a través de cuestionarios que se presentarán periodicamente ós alumnos. Esta proba poderá consistir nunha batería de test con respostas múltiples, sendo correcta unha delas. Algúns dos test poderán consistir na obtención de resultados de problemas. Os fallos restarán puntuación. O número de cuestionarios ou test no cuadrimestre será de tres. As cualificacións que se obteñan nestos cuestionarios se incluen no 60% reservado a actividade da clase. Para os alumnos que teñan dispensa académica de exención de asistencia ás clases estos cuestionarios poderanse realizar en datas e horarios diferentes dos establecidos para o resto dos alumnos. As puntuacións que se houberan acadado (máximo 6 puntos) non terán en ningún caso carácter liberatorio dos contidos do programa. 60
Proba obxectiva A7 A8 A10 A11 Esta proba se celebrará nas datas establecidas pola Xunta de Facultade, correspondentes ós exámenes finais, tanto na primeira oportunidade coma na segunda, coma na oportunidade adiantada de decembro. A nota máxima desta proba será de 4 puntos. Para superar a proba obxectiva o alumno debe acadar como mínimo 2 puntos no examen. O alumno se considerará aprobado na asignatura sempre que a súa nota total, suma da proba obxectiva (sempre que nela se obtiveran polo menos 2 puntos) e dos problemas ou actividades de clase propostas, sexa de 5 ou máis puntos. Esta proba poderá consistir nunha batería de test con respostas múltiples, sendo correcta unha delas. Algúns dos test poderán consistir na obtención de resultados de problemas. Os fallos restarán puntuación. A linguaxe literaria, gráfica e matemática resulta útil para valorar de maneira axeitada os coñecementos adquiridos. Por esta razón, tamén poderá consistir a proba obxectiva en preguntas de desenvolvemento do programa e/ou da realización de problemas. Neste caso, a calificación será tamén dun máximo de 4 puntos, sendo necesario acadar un mínimo de 2 puntos para poderse sumar á puntuación obtida no apartado de actividades. 40
 
Observacións avaliación

A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN:

1. Condicións de avaliación: Está prohibido acceder á aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.

2. Identificación do estudantado: O estudantado acreditará a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.

3. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria.

B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN:


1. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumnado, cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da calificación acadada.

2. Estudantado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: O estudantado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, aínda que estean exentos de asistencia ás aulas, serán avaliados cos mesmos criterios que o alumnado a tempo completo.

C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:

1. Primeira oportunidade: Aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente indicados no paso 7. Avaliación.


2. Segunda oportunidade: atendendo ao artigo 18, apartado 5, das Normas de Avaliación, Revisión e Reclamacións das Calificacións dos Estudos de Grado e Mestrado, a segunda oportunidade debeá garantir a posibilidade de superación da materia polo estudantado, polo que compre modificar as porcentaxes de cualificación respecto da primeira oportunidade. Polo tanto a solución de problemas, pasaría a supoñer un 30% da cualificación e a proba obxectiva un 70%. Na segunda oportunidade conservaranse polo alumnado as calificacións acadadas na avaliación continua (cunha ponderación de un 30%), pero non a acadada na proba obxectiva. Alternativamente, e dado que o exame final incorpora a recuperación de contidos avaliados durante o curso, podería acadarse o 100% da cualificación, no caso de que esta fose superior ao resultado de aplicar as porcentaxes do 30% e 70% citadas anteriormente.


3. Convocatoria adiantada: As condicións de avaliación da oportunidade adiamantada (art. 19 das Normas de Avaliación, Revisión e Reclamacións das Cualificacións dos Estudos de Grado e Mestrado Universitario) serán especificas para esta oportunidade. Esta será avaliada por medio dunha proba que representará o 100% da calificación final.


D) OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN:

1.-Sobre mínimos nos criterios de avaliación

Non se require unha calificación mínima na parte da avaliación continua. Para a proba obxectiva é necesario obter un 50% da calificación posible para poder superar a materia. Este requisito aplícarase tanto á primeira como á segunda oportunidade. No conxunto das dúas partes o alumno deberá obter unha puntuación mínima de 5 puntos para superar a materia, pero sempre que na proba obxectiva acade un mínimo do 50% da puntuación da proba.


Fontes de información
Bibliografía básica MOCHÓN MORCILLO, F. , DE JUAN (2009). INTRODUCCIÓN A LA MACROECONOMÍA. MCGRAW-HILL
MOCHÓN MORCILLO, F. , DE JUAN (2008). INTRODUCCIÓN A LA MACROECONOMÍA EJERCICIOS. EDERSA
DORNBUSCH, R. Y S. FISCHER (VARIAS EDICIONES). MACROECONOMÍA. MCGRAW-HILL
BLANCHARD, O (2017). MACROECONOMÍA. PEARSON
PATEIRO RODRÍGUEZ, C., L.A. VEIGA, L. VARELA, F. BRUNA (2020). PRINCIPIOS DE MACROECONOMÍA. . REPROGRAFÍA NOROESTE, S.L.
PATEIRO RODRÍGUEZ, C., L.A. VEIGA, L. VARELA, F. BRUNA (2020). PRINCIPIOS DE MACROECONOMÍA. LIBRO DE PROBLEMAS, TEST Y EXÁMENES RESUELTOS. REPROGRAFÍA NOROESTE, S.L.

Bibliografía complementaria MOCHÓN, F. Y VICTOR ALBERTO BEKER (2008). ECONOMÍA, PRINCIPIOS Y APLICACIONES. MC-GRAW HILL
RODRÍGUEZ, J., F. MOCHÓN, Y OTROS (1993). ELEMENTOS Y CUESTIONES DE T. ECONÓMICA. UNED
KRUGMAN, P. WELLS, R. y K. GRADDY (2015). FUNDAMENTOS DE ECONOMÍA . REVERTE
MOCHÓN, F. Y J. DÍAZ DE, REBECA (2010). INTRODUCCIÓN A LA MACROECONOMÍA. EJERCICIOS. EDICIONES ACADÉMICAS
ESCRIBÁ, F.J. Y OTROS (1995). INTRODUCCIÓN PRÁCTICA A LA ECONOMÍA. MCGRAW HILL
JONES, CHARLES, I. (2009). MACROECONOMÍA. ANTONI BOSCH


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Principios de Microeconomía/611G02001

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
<p>Se recomenda ao alumnado un seguimento continuo da asignatura. Se aconsella a asistencia ás sesións maxistrais e ás actividades de solución de problemas. Se aconsella ao alumno que resolva cantas dúbidas se lle presenten, ben sexa na aula ou ben sexa na titoría.</p><p> 1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, de ser o caso:</p><p> a. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático</p><p> b. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos</p><p> 2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostibilidade e nos comportamentos persoais e profesionais.</p><p> 3. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.</p><p> 4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.</p><!--endfragment-->


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías