Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Réxime Fiscal da Empresa II Código 650G01021
Titulación
Grao en Ciencias Empresariais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía Aplicada 1
Coordinación
Morato Miguel, Luis Carlos
Correo electrónico
carlos.morato@udc.es
Profesorado
Morato Miguel, Luis Carlos
Sieiro Constenla, Maria Milagros
Correo electrónico
carlos.morato@udc.es
m.sieiro@udc.es
Web http://carlos.morato@perezsante.net
Descrición xeral Coñecemento das principais figuras impositivas que afectan á empresa: I.Sociedades (directo) e IVE (indirecto)

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Aprender a aprender, por exemplo, cómo, cándo, ónde novos desenvolvementos persoais son necesarios.
A2 CE2 - Auditar unha organización e deseñar planes de consulta (por exemplo lexislación impositiva, inversións, estudo de casos, proxecto de traballo).
A3 CE3 - Comprender detalles do funcionamento empresarial, tamaño de empresas, rexións xeográficas, sectores empresariais, vinculación con coñecemento e teorías básicas.
A5 CE5 - Comprender a tecnoloxía nova e existente e o seu impacto para os novos/futuros mercados.
A7 CE7 - Comprender os principios da lei e vinculalos co coñecemento de negocios e xestión.
A9 CE9 - Comprender os principio éticos, identificar as implicacións para as organizacións empresariais, deseño de escenarios.
A10 CE10 - Comprender e utilizar sistemas contables e financeiros.
A11 CE11 - Definir criterios de acordo de cómo unha empresa é definida e vincular os resultados coa análise do entorno para identificar perspectivas.
A12 CE12 - Definir obxectivos, estratexias e políticas comerciais.
A13 CE13 - Xestión dunha compañía a partir da planificación e control, utilizando conceptos, métodos e ferramentas.
A14 CE14 - Xestionar as operacións da empresa.
A15 CE15 - Xestionar os recursos financeiros.
A16 CE16 - Identificar aspectos relacionados e comprender o seu impacto na organización empresarial.
A17 CE17 - Identificar o impacto dos elementos micro e macroeconómicos na organización empresarial.
A18 CE18 - Identificar as características dunha organización.
A19 CE19 - Identificar novos desenvolvementos de organizacións empresariais para afrontar con éxito o entorno cambiante.
A21 CE21 - Identificar e utilizar as ferramentas adecuadas de matemáticas e estatística.
A23 CE23 - Uso de instrumentos para a análise de entornos empresariais.
A24 CE24 - Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
B1 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B6 CG1 - Que os estudantes formados sexan profesionais versátiles, capacitados tanto de iniciar o seu propio negocio como de desempeñar labores de deseño, planificación, organización, xestión, asesoramento e avaliación nas áreas e departamentos contables, financeiros e fiscais de organizacións empresariais, con especial referencia ás pequenas e medianas empresas.
B7 CG2 - Que os estudantes posúan unha elevada capacitación metodolóxica de xestión e tratamento da información que lles proporcione vantaxes competitivas, non só no seu labor profesional, senón nunha sociedade global en permanente transformación. Para iso, o Grao debe estar dotado dun axeitado nivel de interdisciplinariedade, transversalidad e integración nas súas materias.
B8 CG3 - Que os estudantes presten especial atención aos cambios que, tanto en conceptos, coma en metodoloxía ou en aplicacións, implican no mundo empresarial as novas tecnoloxías da información e as comunicacións. Así mesmo deben poder obter e actualizar os coñecementos específicos que teñan como base a aparición de novas leis e regulamentos que afecten ao mundo fiscal, financeiro ou contable.
B9 CG4 - Que os estudantes integren a aprendizaxe na súa vida e no seu labor profesional, a través da metodoloxía de ensino que lles achega o Grao, o cal lles proporciona unha formación básica xeral que servirá como puntal para a formación continua ao longo da vida.
B10 CG5 - Que os estudantes teñan unha perspectiva integral e destreza no manexo dos conceptos, técnicas e ferramentas empregados en cada unha das diferentes áreas funcionáis, con especial referencia ás contables, financeiras e fiscais da empresa; así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización. Todo iso tendo en conta os principios de sustentabilidade e responsabilidade social das mesmas.
B11 CG6 - Que os estudantes saiban identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, realizar asesoramento fiscal e contable, control orzamentario, xestión de tesouraría, auditorías de contas e temas concursais (suspensións de pagamentos e quebras), tomar decisións en condicións de incerteza e avaliar resultados.
B12 CG7 - Que os estudantes sexan capaces de liderar proxectos nas áreas de valoración da empresa, de dirección estratéxica e financeira; deben poder entender a información contable das empresas co fin de obter conclusións e realizar predicións tanto sobre rendementos coma sobre riscos futuros.
B13 CG8 - Que os estudantes identifiquen os requisitos legais da información financeira aos que a empresa debe enfrontarse.
B14 CG9 - Que os estudantes manifesten respecto aos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, o respecto e a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade.
C1 CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 CT2 - Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 CT4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 CT6 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 CT7 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 CT8 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprensión do significado e función do dereito tributario en canto sector do ordenamento juridico A1
A5
A7
A9
A10
A11
A13
A14
A15
A16
A17
A19
A21
A23
B14
C2
C5
C7
Coñecemento das normas que regulan os impostos máis importantes que afectan á actividade económica A2
A12
A14
A15
A16
A18
A24
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
C4
C5
C7
C8
Liquidacion impostos facenda publica e coñecemento do réxime tributario de operacións; gestion de partidas do balance A1
A3
A14
A15
C1
C3
C6
C7

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1: Introducción ao Imposto sobre Sociedades Ámbito de aplicación
Base impoñible
Débeda tributaria
Xestión
Rexímenes especiais
Tema 2: Ámbito de aplicación no Imposto sobre Sociedades natureza
ámbito aplicación espacial e temporal
feito impoñible e estimación de rendas
suxeito pasivo
Tema 3: Base impoñible de exercicios anteriores no Imposto sobre Sociedades concepto e método de determinación
ingresos e gastos (deducibles e non deducibles).imputación temporal.
amortizaciones.correccion de valor e provisións.
regras de valoración.compensacion bases negativas de exercicios anteriores
Tema 4: Débeda tributaria de exercicios anteriores no Imposto sobre Sociedades tipo de gravame e cotas
deducións
Tema 5: Xestión do Imposto sobre Sociedades pagamentos a conta
liquidación e outras obrigas formais
Tema 6: Réximes especiais no Imposto sobre Sociedades operacións de reestruturación empresarial
empresa reducida dimension
contratos de arrendamento financeiro
outros
Tema 7: Introducción ao IVE Natureza e normativa reguladora
operacións interiores
operacións intracomunitarias
importacións e exportacións
gestion
Tema 8: Natureza e normativa reguladora no IVE características
normativa reguladora
Tema 9: Operacións interiores no IVE feito impoñible
lugar de realización
exencións
remuneración. suxeito pasivo e repercusión do imposto
base impoñible e tipos de gravame
deducións e devolucións
Tema 10: Operacións intracomunitarias no IVE entregas intracomunitarias de bens.
adquisicións intracomunitarias de bens
Tema 11: Importacións e exportacións no IVE imporaciones (concepto)
exportacións e operacións asimiladas
Tema 12: Xestión do IVE liquidación
obrigas formais

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A3 A7 A9 A10 A11 A12 A13 A16 A17 A18 A19 B1 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C4 C5 C6 C7 C8 17 0 17
Obradoiro A5 A14 A15 A21 A23 A24 B4 B5 B7 C3 15 0 15
Proba mixta A2 A3 A13 A14 A24 3 0 3
Estudo de casos B2 B3 B6 15 75 90
 
Atención personalizada 25 0 25
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral exposición oral complementada con cuestións practicas co obxecto de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Obradoiro modalidade formativa orientada á aplicación do aprendido e na que se poden combinar diversas metodoloxías (exposición,debate,mesa redonda..) a través das que o alumno leva remato tarefas practicas supervisadas polo docente
Proba mixta proba de avaliación final de carácter mixto (teórico e práctico ) con duración aproximada de 3hs na que poderán utilizarse os textos legais (non os apuntamentos nin textos doutrinais)
Estudo de casos explicación teórica con utilización de casos prácticos e realización de casos individuais ou en grupo a expoñer e revisar públicamente

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Sesión maxistral
Obradoiro
Estudo de casos
Descrición
Os casos son resoltos públicamente sen prexuízo de atención individual.

Existirán titorías, en grupos reducidos, para discusión, análises e solución de caso prácticas.

para o alumnado con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia acordarase un calendario específico de titorías

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A2 A3 A13 A14 A24 proba de avaliación final mixta (teorica e practica) con utilización de textos legais. requírese un minimo do 70 por cento desta 70
Sesión maxistral A1 A2 A3 A7 A9 A10 A11 A12 A13 A16 A17 A18 A19 B1 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C4 C5 C6 C7 C8 resolucion dúbidas teoricas e practicas individualmente e grupo 5
Obradoiro A5 A14 A15 A21 A23 A24 B4 B5 B7 C3 asistencia e participación activa 10
Estudo de casos B2 B3 B6 casos presentados e discutidos en publico xunto con coñecemento teorico 15
 
Observacións avaliación

Constará como  presentado,en todo caso,  o alumno que se presente á proba de avaliación final de carácter mixto




Cualificación de NON PRESENTADO: corresponde ao alumno cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da puntación obtida.

Os criterios de avaliación na oportunidade de Xullo e convocatoria adiantada serán os mesmos que na primeira oportunidade.



Agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que comprende a proba objetiva , para as restantes probas acordarase un calendario especifico de datas compatible coa dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia

Fontes de información
Bibliografía básica (). .
(). .

Textos Legais e bibliografia existente UDC

Real Decreto Lexislativo 4/2004,de 5 de marzo, texto refundido do Imposto sobre sociedades e Real Decreto 1777/2004 que aproba o regulamento e P.G.C. APROBADO POR real dECRETO 1514/2007

ley 37 /1992, DO 28 DE DECEMBRO, do IVA

Manuales practicos da AEAT (IVE e IMPOSTO SOBRE SOCIEDADES).www.agenciatributaria.es

manuales e revistas que obran na biblioteca da Universidad

. Manuais Prácticos de IVE e Imposto sobre Sociedades que publica e distribúe a Axencia Estatal de Administración Tributaria. I.V.A encóntrase no seguinte LINK: http://www.agenciatributaria.es/static_files/AEAT/Contenidos_Comunes/La_Agencia_Tributaria/Segmentos_Usuarios/Empresas_y_profesionales/Empresario_individuales_y_profesionales/I.V.A./Manual_IVA_2013.pdf Imposto de Sociedades encóntrase no seguinte LINK: http://www.agenciatributaria.es/static_files/AEAT/DIT/Contenidos_Publicos/CAT/AYUWEB/Biblioteca_Virtual/Manuales_practicos/Sociedades/Manual_Sociedades_2013_(Libro).pdf

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Contabilidade Financeira I/650G01013

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Contabilidade de Sociedades/650G01030

Materias que continúan o temario
Dereito Mercantil/650G01006

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías