Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Contabilidade de Custos Código 650G01023
Titulación
Grao en Ciencias Empresariais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía Aplicada 2
Economía Financeira e Contabilidade
Coordinación
Garcia Arthus, Emilia Luisa
Correo electrónico
emilia.garcia.arthus@udc.es
Profesorado
Centeno Carballido, Amparo
Garcia Arthus, Emilia Luisa
Lado González, Eva Mª
Correo electrónico
amparo.centeno@udc.es
emilia.garcia.arthus@udc.es
eva.lado@udc.es
Web
Descrición xeral Custos e rendementos son elementos de información relevantes na toma de decisións na empresa e nas entidades sen ánimo de lucro; e coñecer a súa natureza, cálculo e influenza na decisión, son competencias básicas para calquer profesional que desexe manexarse axeitadamente.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Aprender a aprender, por exemplo, cómo, cándo, ónde novos desenvolvementos persoais son necesarios.
A2 CE2 - Auditar unha organización e deseñar planes de consulta (por exemplo lexislación impositiva, inversións, estudo de casos, proxecto de traballo).
A3 CE3 - Comprender detalles do funcionamento empresarial, tamaño de empresas, rexións xeográficas, sectores empresariais, vinculación con coñecemento e teorías básicas.
A7 CE7 - Comprender os principios da lei e vinculalos co coñecemento de negocios e xestión.
A9 CE9 - Comprender os principio éticos, identificar as implicacións para as organizacións empresariais, deseño de escenarios.
A10 CE10 - Comprender e utilizar sistemas contables e financeiros.
A12 CE12 - Definir obxectivos, estratexias e políticas comerciais.
A13 CE13 - Xestión dunha compañía a partir da planificación e control, utilizando conceptos, métodos e ferramentas.
A14 CE14 - Xestionar as operacións da empresa.
A16 CE16 - Identificar aspectos relacionados e comprender o seu impacto na organización empresarial.
A18 CE18 - Identificar as características dunha organización.
A23 CE23 - Uso de instrumentos para a análise de entornos empresariais.
A24 CE24 - Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
B1 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B6 CG1 - Que os estudantes formados sexan profesionais versátiles, capacitados tanto de iniciar o seu propio negocio como de desempeñar labores de deseño, planificación, organización, xestión, asesoramento e avaliación nas áreas e departamentos contables, financeiros e fiscais de organizacións empresariais, con especial referencia ás pequenas e medianas empresas.
B7 CG2 - Que os estudantes posúan unha elevada capacitación metodolóxica de xestión e tratamento da información que lles proporcione vantaxes competitivas, non só no seu labor profesional, senón nunha sociedade global en permanente transformación. Para iso, o Grao debe estar dotado dun axeitado nivel de interdisciplinariedade, transversalidad e integración nas súas materias.
B8 CG3 - Que os estudantes presten especial atención aos cambios que, tanto en conceptos, coma en metodoloxía ou en aplicacións, implican no mundo empresarial as novas tecnoloxías da información e as comunicacións. Así mesmo deben poder obter e actualizar os coñecementos específicos que teñan como base a aparición de novas leis e regulamentos que afecten ao mundo fiscal, financeiro ou contable.
B9 CG4 - Que os estudantes integren a aprendizaxe na súa vida e no seu labor profesional, a través da metodoloxía de ensino que lles achega o Grao, o cal lles proporciona unha formación básica xeral que servirá como puntal para a formación continua ao longo da vida.
B10 CG5 - Que os estudantes teñan unha perspectiva integral e destreza no manexo dos conceptos, técnicas e ferramentas empregados en cada unha das diferentes áreas funcionáis, con especial referencia ás contables, financeiras e fiscais da empresa; así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización. Todo iso tendo en conta os principios de sustentabilidade e responsabilidade social das mesmas.
B11 CG6 - Que os estudantes saiban identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, realizar asesoramento fiscal e contable, control orzamentario, xestión de tesouraría, auditorías de contas e temas concursais (suspensións de pagamentos e quebras), tomar decisións en condicións de incerteza e avaliar resultados.
B12 CG7 - Que os estudantes sexan capaces de liderar proxectos nas áreas de valoración da empresa, de dirección estratéxica e financeira; deben poder entender a información contable das empresas co fin de obter conclusións e realizar predicións tanto sobre rendementos coma sobre riscos futuros.
B13 CG8 - Que os estudantes identifiquen os requisitos legais da información financeira aos que a empresa debe enfrontarse.
B14 CG9 - Que os estudantes manifesten respecto aos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, o respecto e a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade.
C1 CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 CT2 - Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 CT4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 CT6 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 CT7 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 CT8 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O alumno é quen de expresarse de xeito oral e máis escrito, en calquera dos idiomas oficiais da comunidade, ou nunha língua estranseira, empregando correctamente os conceptos básicos da materia: compra, custo, gasto, inversión, pago. A10
A24
B1
B4
B5
B9
B10
B13
B14
C1
C2
C4
C5
C6
C7
Identificar as características dos ámbitos internos e externos da empresa, así como os modelos contables relacionados con estes, dun xeito innovador. A1
A2
A7
A9
B2
B3
B12
C3
C6
Identificar os diferentes factores de producción de acordo coa súa natureza, función e comportamento A3
A24
Comprender os diferentes modelos de imputación de custos e as posibilidades de afectación e imputación dos mesmos aos portadores de costes en función daqueles. A18
A24
Coñecer e seleccionar en cada caso a millor opción para facer o reparto primario e secundario dos custos indirectos. A3
A24
Identificar, calcular e interpretar conceptos tales como Centro de custo, Unidades equivalentes, Unidades técnicas e económicas, Unidades de obra, Tasa de Aplicación e Imputación racional de custos A24
Obter e analizar as márxenes de contribución nun modelo de custo variable. A3
A23
A24
Cálcular o custo estándar e relacionalo coa planificación e o control da actividade da empresa. A3
A13
A14
A16
A24
B8
Utilizar os orzamentos como ferramenta de planificación A10
A12
A18
A24
B6
B7
B11
C8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Natureza, concepto e clasificación da Contabilidade de Custos. 1.1. Contabilidade de Custos e Contabilidade Financeira
Tema 2. Definición, análise e clasificación dos custos. 2.1. Diferencia compra, custo, gasto, pago e investimento
2.2. Clasificación dos custos
2.3. O custo de oportunidade
Tema 3. Custos dos factores da producción. 3.1. Materiais
3.2. Man de obra
3.3. Custos indirectos
3.3.1. Concepto e clasificación
3.3.2. A estatística de custos
3.3.3. As unidades de obra
Tema 4. Os sistemas de custos. 4.1. Sistema de acumulación de custos por órdenes de traballo e por proceso
4.2. Sistema de custo completo industrial e coste variable
4.3. Sistema de custo histórico, custo estándar e custo normal
Tema 5. Contabilidade por órdenes de traballo e por procesos. 5.1. Os custos directos e indirectos no sistema de acumulación de costes por órdenes de traballo
5.2. Sobreaplicación e subaplicación de custos indirectos nas órdenes de traballo
5.3. Cálculo do custo unitario no sistema de custo por procesos. Unidades físicas e unidades equivalentes
5.4. A producción en curso e a producción equivalente
5.5. Diferencias de inventario
5.6. Custos conxuntos e custos comunes
Tema 6. Modelo de custo completo 6.1. Custo histórico
6.2. Custo estimado
6.3. Custo estándar
6.4. Cálculo e análise das desviacións
Tema 7. Modelo de custo variable 7.1. Punto morto
7.2. Cálculo de ratios e marxes
7.3. Análise de sensibilidade
Tema 8. Modelo de custos baseados na actividade 8.1. As actividades
8.2. Conductores de custos
Tema 9. Orzamentos 9.1. Concepto y obxectivos
9.2. Orzamento xeral
9.3. Orzamentos operativos
9.4. Estados financeiros previsionais

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Solución de problemas A1 A3 A10 B2 B3 B8 10 20 30
Sesión maxistral A1 A9 B9 B10 C7 16 40 56
Estudo de casos A2 A7 A12 A13 A14 A16 A18 A23 B1 B4 B6 B7 B8 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C8 17 20.5 37.5
Proba mixta A10 A24 B5 C6 2.5 20 22.5
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Resolución de exercicios prácticos de aplicación dos conceptos teóricos básicos da materia
Sesión maxistral Desenvolvemento dos conceptos teóricos e prácticos básicos da materia
Estudo de casos O/a alumno/a realizará un traballo en grupo no que desenvolverá o sistema de cálculo do custo do produto ou servizo dunha empresa da súa elección
Proba mixta Exame escrito no que a alumno terá que demostrar ter acadados os resultados de aprendizaxe; a proba incluirá teoría e práctica. Nas sesións de atención personalizada desenvolveranse titorías en pequeno grupo coa fin de aclarar as dúbidas que o alumnado poida ter cara á proba mixta.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Estudo de casos
Descrición
Titorías guiadas de 4 horas en grupos de 15 alumnos antes do remate do cuadrimestre. Os horarios e o lugar no que se desenvolverán comunicaranse no seu momento.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A10 A24 B5 C6 Exame escrito que incluirá cuestións teóricas e cuestións prácticas. A parte teórica terá una valoración do 30% e a parte práctica o 30%. 60
Solución de problemas A1 A3 A10 B2 B3 B8 Valorarase a participación do alumnado nas clases prácticas, a calidade das súas opinións e aportacións, o traballo na aula e a presentación de pequeños problemas que terá que resolver por sí mesmo/a 5
Estudo de casos A2 A7 A12 A13 A14 A16 A18 A23 B1 B4 B6 B7 B8 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C8 O/a alumno/a realizará un traballo en grupo no que desenvolverá o sistema de cálculo do custo do produto ou servizo dunha empresa da súa elección 35
 
Observacións avaliación

Los criterios de evaluación que a continuación se especifican son válidos para la primera y segunda oportunidad.

A superación da materia precisará que o alumno teña sido valorado tanto na súa participación na "solución de problemas" como na "proba mixta". 

Na "proba mixta" é preciso ter acadado alomenos un punto da valoración na parte teórica e un punto na práctica para seren evaluado.

A cualificación mínima para obter un aprobado é de 5 (50%).

Cualificación de non presentado. Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades
de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a
cualificación final, con independencia da cualificación acadada.

Convocatoria adiantada: proba mixta cun peso do 100% sobre a cualificación: consistirá nunha proba mixta na que se incluirán cuestións teóricas1 e prácticas e na que o/a alumno/a terá que demostrar ter alcanzado as competencias e os resultados de aprendizaxe da materia.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. Proba mixta cun peso do 100% sobre a
cualificación: consistirá nunha proba mixta na que se incluirán
cuestións teóricas1 e prácticas e na que o/a alumno/a terá que demostrar
ter alcanzado as competencias e os resultados de aprendizaxe da
materia.



Fontes de información
Bibliografía básica (). .
Catalina Vacas Guerrero ... [et al.] (2009). Fundamentos de contabilidad de costes y de gestión : una visión práctica. Collado Villalba : Delta
Ripoll Feliu, Vicente M., coord. Alcoy Sapena, Pablo, coord. Crespo Soler, Cristina, coord (2011). Contabilidad analítica -- Problemas y ejercicios. arcelona: Profit
Carlos Mallo, María Ángela Jiménez Montañés (2009). Contabilidad de costes. . Madrid : Pirámide
Muñoz, Clara; Zornoza, Javier; Veuthey, Eloy (2008). Introducción a la contabilidad de costes para la gestión. Curso práctico. TME Tratados y manuales de empresa
Fullana Belda, Carmen; Paredes Ortega, José Luis (2007). Manual de Contabilidad de costes. Delta Publicaciones

A bibliografía poderá ser actualizada en calquera momento por mor da inclusión de novos textos que o profesor considere axeitados para o alumnado.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías