Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Dirección Financeira II Código 650G01025
Titulación
Grao en Ciencias Empresariais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Llano Monelos, Pablo de
Correo electrónico
pablo.de.llano@udc.es
Profesorado
Llano Monelos, Pablo de
Piñeiro Sanchez, Carlos
Correo electrónico
pablo.de.llano@udc.es
carlos.psanchez@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle
Descrición xeral A materia pretende forma-los coñecementos e desenvolve-las habilidades básicas precisas para comprende-la problemática financeira da empresa, iniciarse no estudio da teoría financeira e as Finanzas, e manexa-los modelos básicos de traballo. Preténdese tamén que o alumno adquira un dominio a formación da estructura do pasivo, teoría de cartera, modelos de valoración, interpretación e, os distintos tipos de derivados e a sua valoración.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Aprender a aprender, por exemplo, cómo, cándo, ónde novos desenvolvementos persoais son necesarios.
A2 CE2 - Auditar unha organización e deseñar planes de consulta (por exemplo lexislación impositiva, inversións, estudo de casos, proxecto de traballo).
A3 CE3 - Comprender detalles do funcionamento empresarial, tamaño de empresas, rexións xeográficas, sectores empresariais, vinculación con coñecemento e teorías básicas.
A4 CE4 - Comprender a estrutura de linguas estranxeiras e desenvolver un vocabulario, Comprender, ler, falar e escribir nunha lingua estranxeira.
A5 CE5 - Comprender a tecnoloxía nova e existente e o seu impacto para os novos/futuros mercados.
A6 CE6 - Comprender os principios da enxeñaría e vinculalos co coñecemento empresarial.
A7 CE7 - Comprender os principios da lei e vinculalos co coñecemento de negocios e xestión.
A8 CE8 - Comprender os principios da psicoloxía, identificar as implicacións para a organización empresarial.
A9 CE9 - Comprender os principio éticos, identificar as implicacións para as organizacións empresariais, deseño de escenarios.
A10 CE10 - Comprender e utilizar sistemas contables e financeiros.
A11 CE11 - Definir criterios de acordo de cómo unha empresa é definida e vincular os resultados coa análise do entorno para identificar perspectivas.
A12 CE12 - Definir obxectivos, estratexias e políticas comerciais.
A13 CE13 - Xestión dunha compañía a partir da planificación e control, utilizando conceptos, métodos e ferramentas.
A14 CE14 - Xestionar as operacións da empresa.
A15 CE15 - Xestionar os recursos financeiros.
A16 CE16 - Identificar aspectos relacionados e comprender o seu impacto na organización empresarial.
A17 CE17 - Identificar o impacto dos elementos micro e macroeconómicos na organización empresarial.
A18 CE18 - Identificar as características dunha organización.
A19 CE19 - Identificar novos desenvolvementos de organizacións empresariais para afrontar con éxito o entorno cambiante.
A20 CE20 - Identificar e operar o software adecuado. Deseñar e implementar sistemas de información.
A21 CE21 - Identificar e utilizar as ferramentas adecuadas de matemáticas e estatística.
A23 CE23 - Uso de instrumentos para a análise de entornos empresariais.
A24 CE24 - Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
B1 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B6 CG1 - Que os estudantes formados sexan profesionais versátiles, capacitados tanto de iniciar o seu propio negocio como de desempeñar labores de deseño, planificación, organización, xestión, asesoramento e avaliación nas áreas e departamentos contables, financeiros e fiscais de organizacións empresariais, con especial referencia ás pequenas e medianas empresas.
B7 CG2 - Que os estudantes posúan unha elevada capacitación metodolóxica de xestión e tratamento da información que lles proporcione vantaxes competitivas, non só no seu labor profesional, senón nunha sociedade global en permanente transformación. Para iso, o Grao debe estar dotado dun axeitado nivel de interdisciplinariedade, transversalidad e integración nas súas materias.
B8 CG3 - Que os estudantes presten especial atención aos cambios que, tanto en conceptos, coma en metodoloxía ou en aplicacións, implican no mundo empresarial as novas tecnoloxías da información e as comunicacións. Así mesmo deben poder obter e actualizar os coñecementos específicos que teñan como base a aparición de novas leis e regulamentos que afecten ao mundo fiscal, financeiro ou contable.
B9 CG4 - Que os estudantes integren a aprendizaxe na súa vida e no seu labor profesional, a través da metodoloxía de ensino que lles achega o Grao, o cal lles proporciona unha formación básica xeral que servirá como puntal para a formación continua ao longo da vida.
B10 CG5 - Que os estudantes teñan unha perspectiva integral e destreza no manexo dos conceptos, técnicas e ferramentas empregados en cada unha das diferentes áreas funcionáis, con especial referencia ás contables, financeiras e fiscais da empresa; así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización. Todo iso tendo en conta os principios de sustentabilidade e responsabilidade social das mesmas.
B11 CG6 - Que os estudantes saiban identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, realizar asesoramento fiscal e contable, control orzamentario, xestión de tesouraría, auditorías de contas e temas concursais (suspensións de pagamentos e quebras), tomar decisións en condicións de incerteza e avaliar resultados.
B12 CG7 - Que os estudantes sexan capaces de liderar proxectos nas áreas de valoración da empresa, de dirección estratéxica e financeira; deben poder entender a información contable das empresas co fin de obter conclusións e realizar predicións tanto sobre rendementos coma sobre riscos futuros.
B13 CG8 - Que os estudantes identifiquen os requisitos legais da información financeira aos que a empresa debe enfrontarse.
B14 CG9 - Que os estudantes manifesten respecto aos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, o respecto e a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade.
C1 CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 CT2 - Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 CT4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 CT6 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 CT7 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 CT8 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Afondar na comprensión da lóxica financeira. A1
A2
A3
A5
A10
A11
A12
A13
A14
A15
A16
A17
A18
A20
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Comprende-la fundamentación do financiamento. A1
A2
A3
A4
A5
A7
A9
A10
A11
A13
A14
A15
A16
A17
A18
A20
A23
A24
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
C3
C4
C8
Saber explicala estrutura do pasivo e a existencia duna EFO. A1
A2
A5
A6
A8
A10
A11
A13
A14
A15
A19
A20
A21
A23
A24
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
C3
C4
C6
C8
Saber desenvolver modelos e aplicar ferramentas informáticas. A1
A2
A3
A5
A6
A10
A13
A14
A15
A18
A20
A23
A24
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
C3
C4
C6
C8
Saber formular e defender un proxecto financeiro. A1
A2
A3
A4
A5
A7
A8
A9
A10
A11
A12
A13
A14
A15
A18
A20
A21
A23
A24
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1 Valoración de empresas.

Valoración de empresas. Obxectivo e especificación do concepto de valor
Valor económico e financeiro
Valoración patrimonial
Valoración baseada en rendas: Gordon-Shapiro
Valoración mixta e indirecta
O problema dos intangibles

2 A estructura de pasivo e o seu coste Estrutura de capital: presentación do problema
O apalancamiento
Tese RN e RE
As teses de M&M
Existe unha EFO óptima?

3 Valoración de activos de capital. Análise de activos de capital: o binomio rendibilidade ? risco
Previsión do rendemento e risco para activos individuais
Teoría de carteira. O modelo de Markowitz
O modelo de Sharpe
A introdución dun título sen risco: CAPM
CML e SML. Análise da eficiencia
Unha visión multidimensional do risco


4 Instrumentos financeiros. Derivados. Especificación. Obxectivos.
Opcións.
Warrants.
Permutas financeiras: swaps de interese.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 16 45 61
Solución de problemas A1 A3 A5 A6 A8 A11 A12 A20 C1 C2 C3 C4 C6 C8 16 44 60
Proba mixta A1 A3 A5 A6 A8 A11 A12 A20 C1 C3 C4 C6 C8 4 6 10
Seminario A1 A3 A5 A6 A8 A11 A12 A20 C1 C3 C4 C6 C8 4 0 4
Prácticas a través de TIC A1 A3 A5 A6 A8 A11 A12 A20 C1 C3 C4 C6 C8 5 6 11
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación dos aspectos básicos dos capítulos. O peso real da lección maxistral na docencia diaria dependerá do grao en que o alumnado desenvolva o traballo persoal preparatorio necesario para que poidamos desenvolver actividades participativas.
Solución de problemas Actividades prácticas baseadas en exercicios, casos e/ou problemas, individuais ou en grupo. O grao de interactividade dependerá do desenvolvemento do traballo persoal preparatorio por parte do alumnado.
Proba mixta Probas puntuables con contido teórico e práctico, e cuestións en calquera formato: test, desenvolvemento, análise de casos, exercicios numéricos, etc.
Seminario TGR a desenvolver no formato e horarios que se determinen, en función das necesidades do grupo.
Prácticas a través de TIC Tarefas, análise de casos e/ou resolución de problemas empregando recursos TIC. A programación destas actividades dependerá da realización do traballo persoal deslocalizado necesario para a súa preparación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Solución de problemas
Prácticas a través de TIC
Descrición
As titorías desenvolveranse en formato telemático e, de ser síncronas, previa petición de cita por correo electrónico. Son aplicables os límites que sinala a normativa de dedicación docente do profesorado da UDC e o dereito á desconexión dixital previsto na LO 3/2018. Estes criterios son de aplicación tamén ós alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia.
As TGR programaranse coa debida antelación, en dúas sesións, nas datas e formato que conveñan considerando as necesidades do grupo e a situación sanitaria, ata sumar un total de 4 horas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A3 A5 A6 A8 A11 A12 A20 C1 C3 C4 C6 C8 A cualificación global calcularase sumando o resultado de dúas probas mixtas, valoradas cada unha delas cun máximo de 5 puntos. Estas probas mixtas poden conter cuestións teóricas e/ou prácticas, formuladas en calquera formato ou combinación de formatos: test, desenvolvemento, análise de casos, exercicios numéricos, etc.
Primeira oportunidade: a primeira proba realizarase cara á metade do cuadrimestre, nunha data que se comunicará con antelación, e incluirá a parte da materia que se determine. A segunda proba terá lugar na data que a Facultade designe para o exame final, e referirase exclusivamente á parte da materia non avaliada na primeira proba.
Segunda oportunidade: avaliarase nas mesmas condicións que a primeira. Salvo indicación en contrario, nesta segunda oportunidade ámbalas probas realizaranse de forma consecutiva na data que a Facultade acorde para o exame final.
Tódalas probas puntuables deberán realizarse na data prevista, coas únicas excepcións que sexan aplicables conforme a normativa académica; en caso contrario computaranse como cero.
Os estudantes exentos de asistencia seguirán o programa xeral de avaliación.
A oportunidade adiantada avaliarase mediante unha proba mixta de 10 puntos, relativa ós contidos e competencias definidos na guía do curso inmediatamente anterior.
100
 
Observacións avaliación

Formato das probas: salvo que as circunstancias o fagan necesarioe/ou se reciban instrucións específicas ao respecto, as probas de avaliaciónrealizaranse de xeito presencial e nas datas establecidas, coas únicasexcepcións previstas na normativa académica.

No caso de ser necesario utilizar un formato telemático,aplicaranse as seguintes regras: deberán accederse, realizarse e entregarse nostermos e condicións sinalados en cada caso. Enténdese realizadas se osrexistros da plataforma indican que se accedeu a elas, independentemente de quese rexistren ou non as respostas, e se confirme ou non a entrega. Se omit-laconfirmación, a actividade entenderase entregada en branco e cualificarase cuncero. O incumprimento das bases da proba suporá a expulsión da mesma, acualificación cero na mesma e, se é o caso, a incoación de expediente porfraude segundo a normativa académica. Isto aplícase, en particular, ao accesotardío ás probas telemáticas. O alumnado é responsable de dispor dos mediosnecesarios para acceder aos recursos electrónicos e, no seu caso, realizar unhaavaliación neste formato.

Valoración de non presentado: corresponde a quen participeunicamente en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao20% da nota final, independentemente da cualificación acadada.

Idiomas: a opción por unha lingua concreta para a realización dasprobas de avaliación deberá realizarse por escrito e dentro da primeira semanalectiva do cuadrimestre en que se imparta a materia, e atenderase na medida enque as posibilidades técnicas e organizativas o permitan.

Uso dos recursos TIC: os dispositivos e aplicacións que permitan acomunicación, almacenamento e/ou compartir datos deberán permanecer inactivos efóra da vista, salvo autorización previa do profesorado. Enténdese activocalquera servizo dispoñible en segundo plano e/ou habilitado para recibirnotificacións, mensaxes ou acceso a recursos compartidos de ou para terceiros;polo tanto, o alumnado é responsable de pechalos ou desactivalos cando o seuuso non estea xustificado nos termos anteriores. O incumprimento destas basesimplicará a expulsión da proba, a cualificación de cero na mesma e, no seucaso, a incoación de expediente por fraude académico.

Identificación: o alumnado deberá acreditar fidedignamentea súa identidade de acordo coa normativa vixente, utilizando os mediosaxeitados a cada circunstancia.


Fontes de información
Bibliografía básica Doldan F.R. (2003). Dirección financiera de la emrpesa. Tórculo, Santiago
Piñeiro, C, de Llano, P (2009). Direción financiera un enfoque centrado en valor y riesgo. Delta, Madrid
de Llano, P., Piñeiro, C. (2010). Elementos fundamentales de dirección financiera. Andavira, Santiago
Piñeiro, C., de Llano, P. (2012). Finanzas Empresariales. Teoría y Modelos con hoja de cálculo.. Andavira, Santiago
Piñeiro, C, de Llano, P (2009). Principios y modelos de dirección financiera. Andavira, Santiago
Piñeiro, C (2003). Técnicas y modelos para la gestión financiera de la empresa. Tórculo, Santiago

Bibliografía complementaria de Llano, P., Piñeiro, C. (2003). Casos prácticos de gestiçon financiera. Tórculo, Santiago
Piñeiro, C., de Llano, P., Álvarez, B. (2006). Dirección financiera modelos de decisión con Excel. Delta, Madrid
Ross Westerfield, Jordan (2010). Fundamentos de finanzas corporativas. McGrawHill, Madrid
Ross Westerfield, Jordan (2010). Fundamentos de finanzas corporativas. McGrawHill, Madrid
Ross Westerfield, Jordan (2010). Fundamentos de finanzas corporativas. McGrawHill, Madrid
Dóldan F.R. (2001). Fundamentos de las decisiones financieras empresariales. Tórculo, Santiago
de Llano, P., Piñeiro, C. (2007). Modelos de gestión financiera . McGrawHill, Madrid


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Dirección Financeira I/650G01019
Aplicacións Informáticas para a Empresa/650G01035

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Cumprimento da normativa sanitaria

A participación nas actividades presenciais require inescusablemente o cumprimento estrito das indicacións das autoridades sanitarias, en particular o uso de mascariña protectora e o distanciamento en todo momento. Atenderase ás adaptacións que poidan recibirse da Facultade canto os horarios de entrada e saída escalonados, e todas aquelas circunstancias que poidan afectar á organización da materia.

Sobre a metodoloxía

A materia está deseñada en estrito cumprimento da distribución de tempos de traballo establecida no plano de estudos, que á súa vez está inspirado no crédito europeo transferible (ECTS) e nas liñas xerais da declaración de Boloña. Neste contexto, as responsabilidades académicas van máis aló de, simplemente, asistir ás aulas. O traballo non remata ó saír da aula (ou finalizar a sesión telemática), e non todo o traballo se fai aquí. O plano de estudos está deseñado para que exista una combinación de traballo presencial de 50 horas, e de 100 horas adicionais de traballo non presencial; estas últimas correspóndense co tempo que un alumno medio debe empregar para as súas tarefas persoais (lecturas, preparación de apuntes, e naturalmente tempo de estudo) e para prepara-las actividades que se van programando ó longo do cuadrimestre (busca de información, análise de documentos, traballos, prácticas baseadas nas TIC, etc.). As sesións presenciais (físicas ou telemáticas) dedicaranse prioritariamente a discuti-los aspectos teóricos básicos da materia, coordina-lo traballo do grupo, resolver dúbidas de carácter xeral, debater e realizar actividades prácticas e interactivas. A partir deste traballo común, prográmase o traballo individual que cada alumno debe desenvolver para a(s) seguinte(s) sesión(s), coa orientación e apoio dos seus profesores cando así o precise.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías