Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Introdución á Auditoría Código 650G01033
Titulación
Grao en Ciencias Empresariais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía Financeira e Contabilidade
Coordinación
Vara Arribas, Ricardo Jose
Correo electrónico
ricardo.vara@udc.es
Profesorado
Vara Arribas, Ricardo Jose
Correo electrónico
ricardo.vara@udc.es
Web
Descrición xeral Curso enfocado para que resulte de utilidade aos futuros profesionais que traballen en actividades relacionadas coa información financeira elaborada polas empresas:

. Departamentos administrativos e contables
. Analistas financeiros
. Controllers
. Asesores de empresa
. Auditores internos ou externos.
. Inspectores de facenda

Competencias do título
Código Competencias do título
A3 CE3 - Comprender detalles do funcionamento empresarial, tamaño de empresas, rexións xeográficas, sectores empresariais, vinculación con coñecemento e teorías básicas.
A7 CE7 - Comprender os principios da lei e vinculalos co coñecemento de negocios e xestión.
A10 CE10 - Comprender e utilizar sistemas contables e financeiros.
A16 CE16 - Identificar aspectos relacionados e comprender o seu impacto na organización empresarial.
A18 CE18 - Identificar as características dunha organización.
B1 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B6 CG1 - Que os estudantes formados sexan profesionais versátiles, capacitados tanto de iniciar o seu propio negocio como de desempeñar labores de deseño, planificación, organización, xestión, asesoramento e avaliación nas áreas e departamentos contables, financeiros e fiscais de organizacións empresariais, con especial referencia ás pequenas e medianas empresas.
B7 CG2 - Que os estudantes posúan unha elevada capacitación metodolóxica de xestión e tratamento da información que lles proporcione vantaxes competitivas, non só no seu labor profesional, senón nunha sociedade global en permanente transformación. Para iso, o Grao debe estar dotado dun axeitado nivel de interdisciplinariedade, transversalidad e integración nas súas materias.
B8 CG3 - Que os estudantes presten especial atención aos cambios que, tanto en conceptos, coma en metodoloxía ou en aplicacións, implican no mundo empresarial as novas tecnoloxías da información e as comunicacións. Así mesmo deben poder obter e actualizar os coñecementos específicos que teñan como base a aparición de novas leis e regulamentos que afecten ao mundo fiscal, financeiro ou contable.
B9 CG4 - Que os estudantes integren a aprendizaxe na súa vida e no seu labor profesional, a través da metodoloxía de ensino que lles achega o Grao, o cal lles proporciona unha formación básica xeral que servirá como puntal para a formación continua ao longo da vida.
B10 CG5 - Que os estudantes teñan unha perspectiva integral e destreza no manexo dos conceptos, técnicas e ferramentas empregados en cada unha das diferentes áreas funcionáis, con especial referencia ás contables, financeiras e fiscais da empresa; así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización. Todo iso tendo en conta os principios de sustentabilidade e responsabilidade social das mesmas.
B11 CG6 - Que os estudantes saiban identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, realizar asesoramento fiscal e contable, control orzamentario, xestión de tesouraría, auditorías de contas e temas concursais (suspensións de pagamentos e quebras), tomar decisións en condicións de incerteza e avaliar resultados.
B12 CG7 - Que os estudantes sexan capaces de liderar proxectos nas áreas de valoración da empresa, de dirección estratéxica e financeira; deben poder entender a información contable das empresas co fin de obter conclusións e realizar predicións tanto sobre rendementos coma sobre riscos futuros.
B13 CG8 - Que os estudantes identifiquen os requisitos legais da información financeira aos que a empresa debe enfrontarse.
B14 CG9 - Que os estudantes manifesten respecto aos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, o respecto e a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade.
C1 CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 CT2 - Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 CT4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 CT6 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 CT7 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 CT8 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender o proceso de elaboración financieira externa e os axentes implicados na mesma A3
A7
A10
B1
B2
B3
B4
B5
Aprender a normativa e a metodoloxía da auditoría de contas e a súa aplicación a distintos ámbitos empresariais A3
A7
A16
A18
B6
B7
B8
B9
B10
C6
Reflexionar sobre os aspectos éticos asociados á elaboración e auditoría da información financeira B11
B12
B13
B14
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
A profesión do auditor Responsables da elaboración da información financeira: o sistema de información contable.
Natureza e obxectivos da auditoría de contas.
A capacitación técnica.
A independencia e a importacia dunha conduta ética.
O acceso á profesión.
O marco normativo da auditoria de contas en España Leis Mercantís de Aplicación.
Lei de Auditoría de Contas.
Regulamento de Auditoría de Contas.
Normas Técnicas de Auditoría.
Consultas e Notas emitidas polo ICAC.
Recomendacións técnicas emitidas polas Coorporaciones Profesionales.
O proceso de auditoría de contas. Visión global Elaboración do presuposto
Carta de encargo
Planificación do traballo
Execución do traballo
Emisión do Informe de Auditoría e da Carta de Debilidades do Control Interno
A importancia relativa ou materialidade A súa determinación nas diversas fases do traballo
Aspectos cuantitativos e cualitativos
O concepto de erro tolerable
As técnicas de mostro
O modelo de risco de auditoría Descrición do modelo
O risco inherente
O risco de control
O risco de detección
Os procedimentos de auditoría Os obxectivos
A metodoloxía do "directional testing"
A obtención de evidencia suficiente e axeitada.
As probas de cumprimento e substantivas
Anexo I: Carta de manifestacións da dirección
Anexo II: Avaliación do principio contable de "empresa en funcionamiento"
Execución e documentación do traballo Plan global de auditoría
Organización e documentación dos papeis de traballo
Momento de execución do traballo
Análise dos feitos posteriores ao peche.
Control de calidade
O informe de auditoría Formatos oficiais.
Tipoloxía dos parágrafos intermedios.
Circunstancias que modifican a opinión.
Tipos de opinión.
O proceso de decisión do auditor na emisión do informe.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba de resposta breve A3 A7 A10 A16 A18 B1 B2 B3 B4 B5 B6 1 6 7
Discusión dirixida B7 B8 B9 B11 B12 B13 B14 C1 C2 12 24 36
Estudo de casos B5 12 36 48
Sesión maxistral B10 C3 C4 C5 C6 C7 C8 17 34 51
 
Atención personalizada 8 0 8
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba de resposta breve Os alumnos deberán someterse a un control de respostas breves nas que poderán demostrar a suficiencia do traballo persoal realizado e dos coñecementos adquiridos
Discusión dirixida Analizado un tema ou unha metodoloxía, formúlase a súa aplicación a distintas situacións nas que se esixe unha participación activa por parte do alumnado. A devandita participación require a súa previa preparación como traballo persoal.
Estudo de casos Selecciónanse contas anuais e os seus correspondentes informes de auditoria depositados na Comisión Nacional do Mercado de Valores. Analízase a casuística existente en cada uns deles. O alumno que presenta o caso responde ás solicitudes de aclaración que lle realizan o seu compañeiros, os cales deben concluír cunha avaliación da información financeira presentada, os riscos existentes e o traballo realizado polo auditor.
Sesión maxistral Presentación dos temas aos alumnos. Descrición dos obxectivos de aprendizaxe. Enfase práctico dos conceptos mais importantes.

Atención personalizada
Metodoloxías
Discusión dirixida
Estudo de casos
Sesión maxistral
Descrición
O profesor presenta en clase unha aproximación crítica á elaboración e interpretación da información financeira, analizando os posibles motivos que os elaboradores da devandita información puidesen ter para terxiversala. A actitude de "escepticismo profesional", inherente ao traballo do auditor, transmítese coa finalidade de que o alumno poida entender os distintos enfoques cos que o auditor aborda o seu traballo. A análise de riscos propón deseñar probas de auditoría que permitan identificar debilidades nos controis internos das compañías.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida B7 B8 B9 B11 B12 B13 B14 C1 C2 Asistencia participativa en clase. Calidad de la intervenciones y de las cuestiones planteadas 20
Estudo de casos B5 Dificultad del trabajo seleccionado, calidad de la exposición de la evaluación riesgos, defensa de lsa conclusiones alcanzadas. 20
Proba de resposta breve A3 A7 A10 A16 A18 B1 B2 B3 B4 B5 B6 Prueba escrita obligatoria 60
 
Observacións avaliación

Cualificación de non presentado. Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada.

Na segunda oportunidade aplicaranse os mesmos criterios de avaliación que na primeira oportunidade.

Para aqueles alumnos que poidan optar á oportunidade adiantada (decembro), a avaliación consistirá na realización dun único exame que valore a totalidade dos contidos e competencias da materia.

Alumnado con reconocimiento de dedicación a tiempo parcial y dispensa académica de exención de asistencia: Salvo para las fechas aprobadas en la Junta de Facultad, en lo que respecta a la prueba mixta, para las restantes pruebas, se acordará al inicio del curso un calendario específico de fechas compatible con su dedicación, motivo por el cual, dicho alumnado deberá ponerse en contacto con el profesor en los primeros diez días del cuatrimestre en que la materia se imparta, con el fin de fijar el citado calendario. Las pruebas tendrán el mismo formato que para los alumnos con dedicación a tiempo completo. No caso de que al alumno se le conceda una oportunidad de "evaluación adelantada", y solo en este caso, para aprobar la asignatura, el alumno deberá superar una prueba mixta oral y/o escrita encaminada a evaluar todas las competencias y contenidos propios de la materia. Calificación de no presentado. Corresponde al alumnado, cuando solo participe en actividades de evaluación que tengan una ponderación no superior al 20% sobre la cualificación final, con independencia de la calificación obtenida.



Fontes de información
Bibliografía básica J.Antonio Arcenegui - Isabel Gómez -Horacio Molina (2002). MANUAL DE AUDITORÍA FINANCIERA . Desclée de Brouwer
ICAC/IFAC (2013). Normas Internacionales de Auditoría. http://www.icac.meh.es/Temp/20130627190704.PDF
(2011). Real Decreto 1517/2011, de 31 de octubre, por el que se aprueba el Reglamento que desarrolla el texto refundido de la Ley de Auditoría de Cuentas, aprobado por el Real Decreto Legislativo 1/2011, de. http://boe.es/boe/dias/2011/11/04/pdfs/BOE-A-2011-17395.pdf
(2011). Real Decreto Legislativo 1/2011, de 1 de julio, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley de Auditoría de Cuentas.. http://www.boe.es/boe/dias/2011/07/02/pdfs/BOE-A-2011-11345.pdf

O manual presenta unha visión profunda e clara da actividade de auditoría de contas anuais. A tal fin, o libro divídese en dúas partes. A Parte I, "O proceso de auditoría", describe en detalle as fases de traballo (planificación, execución e emisión do informe); efectúa unha exposición exhaustiva dos conceptos clave (importancia relativa, risco de auditoría e evidencia); e presenta unha análise detallada do informe de auditoría.

A Parte II, "Os ciclos de operacións e as áreas de traballo", presenta dun xeito práctico e aplicada ao traballo concreto de cada epígrafe das contas anuais, como interveñen os conceptos subliñados na parte primeira. Deste xeito, a estrutura dos capítulos recolle unha análise de obxectivos, riscos e procedementos para afrontar estes.

O aspecto normativo cóbrese co real decreto lexislativo e o seu desenvolvemento regulamentario, que ofrecen un texto sistemático e unificado comprensivo da normativa aplicable á actividade de auditoría de contas na actualidade.

Por último, a adaptación do compendio que forman as normas internacionais de auditoría integran a normativa reguladora da actividade de auditoría de contas, de conformidade co disposto no artigo 6 do texto refundido da Lei de Auditoría de Contas mencionado anteriormente.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Contabilidade Financeira I/650G01013
Contabilidade Financeira II/650G01017

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías