Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Mercados e Intermediarios Financeiros Código 650G01042
Titulación
Grao en Ciencias Empresariais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Análise Económica e Administración de Empresas
Coordinación
Salcines Cristal, Jose Venancio
Correo electrónico
venancio.salcines@udc.es
Profesorado
Salcines Cristal, Jose Venancio
Correo electrónico
venancio.salcines@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo desta materia é coñecer o sistema financeiro español e o funcionamento dos principais mercados financeiros que operan en España. Dado que é unha materia optativa e de último ano faise un especial fincapé naqueles aspectos que se mostran como máis relevantes na realidade financeira nacional, prevalecendo estes sobre outros aspectos máis conceptuais que xa foron analizados polo alumno en materias precedentes.

Competencias do título
Código Competencias do título
A15 CE15 - Xestionar os recursos financeiros.
A23 CE23 - Uso de instrumentos para a análise de entornos empresariais.
B1 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B6 CG1 - Que os estudantes formados sexan profesionais versátiles, capacitados tanto de iniciar o seu propio negocio como de desempeñar labores de deseño, planificación, organización, xestión, asesoramento e avaliación nas áreas e departamentos contables, financeiros e fiscais de organizacións empresariais, con especial referencia ás pequenas e medianas empresas.
B7 CG2 - Que os estudantes posúan unha elevada capacitación metodolóxica de xestión e tratamento da información que lles proporcione vantaxes competitivas, non só no seu labor profesional, senón nunha sociedade global en permanente transformación. Para iso, o Grao debe estar dotado dun axeitado nivel de interdisciplinariedade, transversalidad e integración nas súas materias.
B8 CG3 - Que os estudantes presten especial atención aos cambios que, tanto en conceptos, coma en metodoloxía ou en aplicacións, implican no mundo empresarial as novas tecnoloxías da información e as comunicacións. Así mesmo deben poder obter e actualizar os coñecementos específicos que teñan como base a aparición de novas leis e regulamentos que afecten ao mundo fiscal, financeiro ou contable.
B9 CG4 - Que os estudantes integren a aprendizaxe na súa vida e no seu labor profesional, a través da metodoloxía de ensino que lles achega o Grao, o cal lles proporciona unha formación básica xeral que servirá como puntal para a formación continua ao longo da vida.
B10 CG5 - Que os estudantes teñan unha perspectiva integral e destreza no manexo dos conceptos, técnicas e ferramentas empregados en cada unha das diferentes áreas funcionáis, con especial referencia ás contables, financeiras e fiscais da empresa; así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización. Todo iso tendo en conta os principios de sustentabilidade e responsabilidade social das mesmas.
B11 CG6 - Que os estudantes saiban identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, realizar asesoramento fiscal e contable, control orzamentario, xestión de tesouraría, auditorías de contas e temas concursais (suspensións de pagamentos e quebras), tomar decisións en condicións de incerteza e avaliar resultados.
B12 CG7 - Que os estudantes sexan capaces de liderar proxectos nas áreas de valoración da empresa, de dirección estratéxica e financeira; deben poder entender a información contable das empresas co fin de obter conclusións e realizar predicións tanto sobre rendementos coma sobre riscos futuros.
B13 CG8 - Que os estudantes identifiquen os requisitos legais da información financeira aos que a empresa debe enfrontarse.
B14 CG9 - Que os estudantes manifesten respecto aos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, o respecto e a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade.
C1 CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 CT2 - Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 CT4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 CT6 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 CT7 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 CT8 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer o funcionamento do sistema financeiro español e ter a suficiente capacidade crítica para avalialo. A15
A23
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
C1
C2
C3
C6
C7
C8
Comprender a estrutura dos mercados financeiros, a súa regulación e evolución, dende unha perspectica económica. A15
A23
B1
B9
B10
B11
B13
B14
C1
C2
C4
C5
C6
C7

Contidos
Temas Subtemas
1. Sistema Financeiro

2. Estrutura do Sistema Financeiro

3. Supervisión

4. As Institucións de Investimento Colectivo

5. Fondos de Pensións

6. O Mercado de Valores Español.

7. O Banco de España e a Unión Monetaria.

8. A Execución da Política Monetaria: os instrumentos.

9. A Banca española.
1.1. Introdución ao concepto de sistema financeiro
1.2. Fagamos algo de Historia: O oficio de Banqueiro
1.3. Institucións financeiras de España
1.4. Marco Estrutural do Sistema Financeiro Español
1.5. Marco Estrutural do Sistema Financeiro Español: Versión ampliada

2.1 Desenvolvemento do marco estrutural

3.1 Eficiencia nos mercados
3.2 Entidades Supervisoras: Banca e Seguros

4.1 Os fondos de investimento mobiliarios: Características Xerais.
4.2 Os fondos de investimento mobiliarios: Características Específicas
4.3 Criterios Xerais de Adscrición dos fondos.
4.4 Criterios Concretos de Adscrición de fondos.
4.5 IIC de Investimento Alternativo
4.6 Estrutura e grandes categorías de Hedge Funds.
4.7 A regulación en España dos Hedge Funds
4.8 Fondos de investimento Cotizados ou ETFs.

5.1 Entidades aseguradoras e fondos de pensións.
5.2. Plans e Fondos de pensións; Características.
5.3. Tipos de Plans e Fondos.
5.4. Depositarios.
5.5. Entidades xestoras de fondos de pensións (EGFP).
5.6. Achegas, prestacións, continxencias, mobilización de dereitos e valoración de activos.
5.7. A situación en España
5.8. Plans Individuais de Aforro Sistemático.

6.1 O Mercado de Valores español.
6.2 O mercado bolsista español.
6.3 O Índice IBEX35®
6.4 O Mercado Alternativo Bursatil
6.5 O mercado de derivados.
6.6 O mercado AIAF.
6.7 O mercado SENAF.
6.8 Os sistemas de liquidación.
6.9 A evolución recente do sistema financeiro español.
6.10 Desenvolvemento do mercado de débeda pública.
6.11 Os inicios da reestruturación do aforro.
6.12 O mercado bursatil: o punto de partida.
6.13 A lei do Mercado de Valores: A consolidación do mercado bursátil.
6.14 A influencia do exterior.

7.1 As orixes e as leccións aprendidas.
7.2 As Funcións do Banco de España.
7.3 O BCE, o SEBC e o Eurosistema.
7.4 Órganos reitores do BCE

8.1 A Execución da Política Monetaria.
8.2 Conceptos básicos.
8.3 As operacións de mercado aberto (OMA).
8.4 Outros instrumentos de política monetaria.

9.1 A Banca Española.
9.2 Os grandes Grupos bancarios españois.
9.3 O proceso de liberalización bancaria.
9.4 As Caixas de Aforro.
9.5 O desenvolvemento das Caixas.
9.6 O Novo Acordo de Capital de Basilea (Basilea II).

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A15 A23 B6 B7 B8 B9 B10 B14 C4 C5 C6 C8 17 34 51
Proba oral A23 C1 C2 2 6 8
Proba obxectiva A23 B3 B11 C1 2 6 8
Discusión dirixida B1 B2 B3 B4 B5 B11 B12 B13 C3 C5 C7 25 50 75
 
Atención personalizada 8 0 8
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Son sesións teórico prácticas nas que se desenvolverán os conceptos fundamentais da materia.
Proba oral O alumno terá que expoñer o desenvolvemento dun tema prefixado polo docente
Proba obxectiva Executarase sobre a docencia impartida na aula máis os temas de estudo do manual.
Discusión dirixida Implica a asistencia a clase e realizarase sobre o material achegado polo docente e unha análise de conxuntura financeira.

Atención personalizada
Metodoloxías
Discusión dirixida
Descrición
O docente propoñerá ao alumnado un tema específico para a realización da presentación oral.
Realizaranse titorías en grupos reducidos de 15 persoas, catro horas fora do horario lectivo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida B1 B2 B3 B4 B5 B11 B12 B13 C3 C5 C7 E necesaria a asistencia á clase. 20
Proba oral A23 C1 C2 Aporta o 50% da nota. 50
Proba obxectiva A23 B3 B11 C1 Necesaria para obter unha cualificación superior ao 5 sobre 10 30
 
Observacións avaliación

A proba obxectiva son dous preguntas da materia impartida e que está sustentada na docencia na aula mais a bibliografía obrigatoria. 

A proba oral consiste en desenrolar, de modo oral, un dos temas que compoñen o programa. Esta proba e voluntaria y soo poden ir a ela os estudantes que tiveran asistido a clase e colaborado nas dinamicas da mesma.

Os estudiantes que no veñan a clase o no cumpran as condicions necesarias para ir a proba oral sexan examinados mediante un examen escrito.

<p>Calificación de no presentado: corresponde o alumno cando so participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior o 20% sobre a calificación final, con independencia da calificación alcanzada.</p>


Fontes de información
Bibliografía básica Salcines, V. (2010). Sistema Financiero Español. Escuela de Finanzas

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Intermediarios Financeiros/611111616
Política Monetaria e Sistema Financeiro/611111621

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías