Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Metodoloxía da Investigación Código 651516001
Titulación
Mestrado Universitario en Discapacidade e Dependencia (plan 2015)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 9
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias Biomédicas, Medicina e Fisioterapia
Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Bello Rodriguez, Olalla
Correo electrónico
olalla.bello@udc.es
Profesorado
Bello Rodriguez, Olalla
Mendiri Ruiz de Alda, Paula Maria
Correo electrónico
olalla.bello@udc.es
paula.mendiri@udc.es
Web
Descrición xeral A materia de "Metodoloxía da investigación" ten unha orientación transversal. Por iso, ten que proporcionar aos alumnos os coñecementos e as habilidades que axudan a entender e desenvolver a investigación, tanto en relación ao traballo do proxecto final do máster e, se é o caso, para o desenvolvemento da teses de doutoramento. Polo tanto, os coñecementos adquiridos constitúen o soporte para a realización do traballo final do proxecto coa metodoloxía científica adecuada, constituindo éste a tradución empírica dos coñecementos e competencias adquiridas. Mentres que no traballo final de máster deséñase e execútase na súa totalidade un proxecto de investigación, nesta materia realizase só o deseño metodolóxico do traballo de investigación.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 CE2. Ser capaz de deseñar proxectos de investigación no ámbito da discapacidade e dependencia
A5 CE5. Ser capaz de utilizar eficientemente os recursos tecnolóxicos na comprensión e investigación da discapacidade e a dependencia?
B1 CB6. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 CB7. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B4 CB9. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
B5 CB10. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B6 CG1 Ser capaz de seleccionar e desenvolver as estratexias investigadoras para estudar a problemática relacionada coa discapacidade e a dependencia
B10 CG5 Capacidade para integrar coñecementos científicos de carácter avanzado ligados ao ámbito da discapacidade e a dependencia
B11 CG6 Ser capaz de acceder á información relacionada coa discapacidade e a dependencia
C3 CT3. Utilizar as ferramentas tecnolóxicas básicas necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
C6 CT6. Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas aos que deben enfrontarse

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
1. Ao rematar con éxito a materia, os alumnos serán capaces de recoñecer a estrutura dos diversos traballos de investigación. AI2
BI11
2. Ao rematar con éxito a materia, os alumnos serán capaces de identificar e comprender as distintas fases e tarefas necesarias para a actividade investigadora. AI2
3. Ao rematar con éxito a materia, os alumnos serán capaces de programar distintos deseños de investigación AI2
BI1
BI2
BI5
BI6
4. Ao rematar con éxito a materia, os alumnos serán capaces de identificar as vantaxes e desvantaxes de diferentes deseños metodolóxicos. BI6
5. Ao rematar con éxito a materia, os alumnos serán capaces de calcular os indicadores epidemiolóxicos máis empregados, o tamaño da mostra e as principais estatísticas descritivas. AI5
BI10
CI3
6. Ao rematar con éxito a materia, os alumnos serán capaces de escoller as probas estatísticas mais adecuadas a cada caso, así como de interpretar os resultados das mesmas. BI6
CI3
7. Ao rematar con éxito a materia, os alumnos serán capaces de calcular o tamaño das mostras e os estatísticos descritivos mais empregados. AI5
BI4
BI10
CI3
CI6

Contidos
Temas Subtemas
1. PLAN XERAL DUNHA INVESTIGACION Estrutura dun proxecto de investigación. Actividades a facer nun proxecto de investigación.

Tipos de estudios: Estudos descritivos vs. estudos analíticos. Estudos transversais vs. estudos lonxitudinais. Estudos experimentais vs. estudos observacionais. Estudos prospectivos vs. estudos retrospectivos.
2. EPIDEMIOLOXÍA Medidas de frecuencia da enfermidade: Incidencia. Prevalencia. Axuste de taxas.

Medidas de efecto. Risco. Medición do risco.

Cuestións de validez, precisión e fiabilidade nos estudos

A decisión clínica. Significación estatística vs. relevancia clínica.

Inferencia causal. Metaanálisis. Detección precoz de enfermidades
3. ESTATISTICA E ANÁLISE DE DATOS CON SPSS Concepto da estatística. Variables. Tabulación e representación gráfica das variables.

A análise estatística descritiva. Medidas de tendencia central. Medidas de dispersión. Medidas de distribución de frecuencias.

Probabilidade. A curva normal. Características e aplicacións da curva normal.

Concepto de mostraxe. Aplicacións. Tipos de mostraxes. Cálculo do tamaño da mostra e dos erros de mostraxe.

Realización de bases de datos no SPSS. Creación de variables no SPSS. Operacións previas sobre os datos. Transformación de variables. Análise gráfico.

Introdución á estatística inferencial. Estimación de parámetros e probas de hipóteses. Diferenza de medias. Diferenza de proporcións. Intervalos de confianza.

Correlación e regresión

Introducción a técnicas avanzadas en estadística. Análise multivariante. Estudos de concordancia. Análise de supervivencia. Curvas ROC.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas a través de TIC A5 B4 B6 B10 B11 C3 32 49 81
Traballos tutelados A2 A5 B1 B2 B4 B5 B6 B10 B11 C3 C6 7 28 35
Proba mixta B1 B5 B6 B10 C6 2 30 32
Proba práctica A5 B1 B2 B4 B6 B10 B11 C3 C6 2 20 22
Sesión maxistral A2 B1 B5 B6 B10 B11 C6 20 30 50
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC Estas sesions servirán para levar á práctica os contidos da materia fundamentalmente a través do emprego do programa SPSS para a realización das diferentes técnicas estadísticas estudadas así como a través de outros recursos tecnolóxicos relacionados coa metodoloxía da investigación.
Traballos tutelados Os alumnos deberán desenvolver traballos e/ou pequenos proxectos de investigación ou parte destes.
Así mesmo poderase solicitar tamén ao estudante a exposición oral dalgún/s destes proxectos asi como borradores dos seus traballos de fin de Máster para ser debatidos co profesor e co resto dos seus compañeiros.
Proba mixta Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe que pode conter distintos tipos de preguntas: preguntas test e/ou de resposta breve e/ou de desenvolvemento.
Proba práctica Proba na que se valorará fundamentalmente o manexo das técnicas estatísticas máis adecuadas en cada caso, fundamentalmente a través do emprego do programa SPSS. Esta proba poderá ser realizada de forma conxunta coa proba teórica para poder avaliar conxuntamente a relización de varias fases do proceso de investigación.
Sesión maxistral Efectuarase a exposición oral do temario da materia, complementándose a mesma co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes.

Durante estas sesións tamén se poderá realizar unha docencia máis interactiva na que os alumnos resolverán tarefas propostas polo profesor, ben de forma individual ou en pequenos grupos, asistidos polo profesor e co fin de lograr unha mellor comprensión da materia.

Durante estas sesións, poderanse asignar lecturas relacionadas cos temas a desenvolver, para que os alumnos realicen de forma non presencial.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Proba práctica
Sesión maxistral
Prácticas a través de TIC
Traballos tutelados
Descrición
Tanto nas sesións maxistrais como nas prácticas, fomentarase a participación activa do alumno, estimulando a formulación de dúbidas e a intervención do alumnado. En todas e cada unha das metodoloxías, o alumno terá acceso a unha atención personalizada a través das tutorías presenciais e/ou virtuais.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia potenciarase o emprego da atención personalizada a través das tutorías presenciais e/ou virtuais.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B1 B5 B6 B10 C6 Exame de todos os contidos da materia, que inclúe os tratados nas sesións maxistrais, prácticas e traballos. O tipo de exame será de exposición escrita podendo incluír preguntas tipo test e/ou preguntas de resposta breve e/ou para desenvolver.

Se o profesor e a maioría simple do alumnado así o acorda, poderá facerse unha ou varias probas teóricas da materia durante o curso, de forma que en caso de superalas, o alumnado poida liberar parte ou toda a materia da proba mixta nas convocatorias oficiais.
60
Proba práctica A5 B1 B2 B4 B6 B10 B11 C3 C6 Exame práctico mediante o uso de recursos informáticos de todos os contidos da materia.

Se o profesor e a maioría simple do alumnado así o acorda, poderán realizarse unha ou varias probas prácticas da materia durante o curso, de forma que en caso de superalas, o alumnado poida liberar parte ou toda a materia da proba práctica nas convocatorias oficiais.
20
Traballos tutelados A2 A5 B1 B2 B4 B5 B6 B10 B11 C3 C6 Avaliaranse os traballos/proxectos realizados polos alumnos así como a presentación oral que se derive destes. 20
 
Observacións avaliación

A cualificación de Non Presentado outorgarase a todos aqueles alumnos que non se presentaron á proba práctica e á proba mixta en cada unha da convocatoria oficiais. No caso de presentarse a unha destas probas, o alumno non poderá obter esta cualificación.

O profesorado da materia poderá decidir libremente o número de Matrículas de Honra a outorgar entre as máximas establecidas anualmente. Estas poderanse conceder entre aqueles alumnos que teñan a cualificación de sobresaliente, adxudicándose por orde de cualificación.

O profesor, se así o decide, poderá facer adaptacións á avaliación para o alumnado que xa cursou a materia en anos anteriores, o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica de exención de asistencia.


As metodoloxías de avaliación e portentaxes asignados serán as mesmas en
ambas oportunidades. O alumnado poderá presentar os traballos tutelados nas datas marcadas polo profesorado para cada unha das
oportunidades.


Fontes de información
Bibliografía básica Argimón Pallás, J.M. (2013). Métodos de investigación clínica y epidemiológica. Barcelona: Elsevier
Hair, J.F., Anderson, R.E., Tathan, R.L. & Black, W.C. (1995). Análisis multivariante. Madrid: Prentice-Hall
Sentís, J., Pardell, H., Cobo, E. & Canela, J. (2001). Bioestadística. Barcelona: Masson
Martínez-González M.A. et al. (2014). Bioestadística amigable. Barcelona: Elsevier
Norell, S. (1994). Diseño de estudios epidemiológicos. Madrid: Siglo XXI
Hulley, S.B., Cummings, S.R.,Browner, W.S., Grady, D.G. & (2014). Diseño de investigaciones clínicas. Buenos Aires: Wolters Kluwer Health
Irala-Eatévez, J. de, Martínez-González, M.A. & Seguí-Gómez, M. (2004). Epidemiología aplicada. Barcelona: Ariel
Moreno Altamirano, L., Cano Valle, F. & García Romero, H. (1994). Epidemiología clínica. México: Interamericana-McGraw-Hill
Ruiz Morales, A. & Morillo Zárate, L.E. (2004). Epidemiología clínica. Investigación clínica aplicada. Bogota: Editorial Médica Panamericana
Rothman, K.J. (1987). Epidemiología moderna. Madrid: Ediciones Díaz de Santos
León, O.G. & Montero, I. (2000). Métodos de investigación en Psicología y Educación. Madrid: McGraw-Hill
León, O.G. & Montero, I. (2003). Métodos de investigación en psicología y educación. Madrid: McGraw-Hill
Cubo Delgado, S., Martín Marín, B. & Ramos Sánchez, J.L. (Coords.) (2011). Métodos de investigación y análisis de datos en ciencias sociales y de la salud. Madrid: Ediciones Pirámide
Coolican, H. (2005). Métodos de investigación y estadística en psicología. México: Manual Moderno
Silva, L.C. (2004). Regresión logísitca. Madrid: La Muralla
Pardo Merino, A. & Ruiz Díaz, M.A. (2002). SPSS 11. Guía para el análisis de datos. Madrid: McGraw-Hill

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir o obxectivo estratéxico 11 do Plan Green Campus da Facultade de Fisioterapia, os traballos documentais que se realicen nesta materia poderanse solicitar tanto en formato papel como virtual ou soporte informático. De realizarse en papel, seguiranse na medida do posible as seguintes recomendacións xerais:
- Non se utilizarán plásticos. 
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a realización de borradores.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías