Competencias do título |
Código
|
Competencias do título
|
A2 |
CE2. Ser capaz de deseñar proxectos de investigación no ámbito da discapacidade e dependencia |
A5 |
CE5. Ser capaz de utilizar eficientemente os recursos tecnolóxicos na comprensión e investigación da discapacidade e a dependencia? |
B1 |
CB6. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación |
B2 |
CB7. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo |
B4 |
CB9. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades |
B5 |
CB10. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo. |
B6 |
CG1 Ser capaz de seleccionar e desenvolver as estratexias investigadoras para estudar a problemática relacionada coa discapacidade e a dependencia |
B10 |
CG5 Capacidade para integrar coñecementos científicos de carácter avanzado ligados ao ámbito da discapacidade e a dependencia |
B11 |
CG6 Ser capaz de acceder á información relacionada coa discapacidade e a dependencia |
C3 |
CT3. Utilizar as ferramentas tecnolóxicas básicas necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida |
C6 |
CT6. Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas aos que deben enfrontarse |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias do título |
1. Ao rematar con éxito a materia, os alumnos serán capaces de recoñecer a estrutura dos diversos traballos de investigación. |
AI2
|
BI11
|
|
2. Ao rematar con éxito a materia, os alumnos serán capaces de identificar e comprender as distintas fases e tarefas necesarias para a actividade investigadora. |
AI2
|
|
|
3. Ao rematar con éxito a materia, os alumnos serán capaces de programar distintos deseños de investigación |
AI2
|
BI1 BI2 BI5 BI6
|
|
4. Ao rematar con éxito a materia, os alumnos serán capaces de identificar as vantaxes e desvantaxes de diferentes deseños metodolóxicos. |
|
BI6
|
|
5. Ao rematar con éxito a materia, os alumnos serán capaces de calcular os indicadores epidemiolóxicos máis empregados, o tamaño da mostra e as principais estatísticas descritivas. |
AI5
|
BI10
|
CI3
|
6. Ao rematar con éxito a materia, os alumnos serán capaces de escoller as probas estatísticas mais adecuadas a cada caso, así como de interpretar os resultados das mesmas. |
|
BI6
|
CI3
|
7. Ao rematar con éxito a materia, os alumnos serán capaces de calcular o tamaño das mostras e os estatísticos descritivos mais empregados. |
AI5
|
BI4 BI10
|
CI3 CI6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
O PROCESO DE INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA |
Formulación do problema de investigación.
Revisión da literatura.
Elección do método e deseño da investigación.
Selección da mostra. Técnicas de recollida de información (tipos, fiabilidade e validez).
Análise da información (cuantitativa e cualitativa).
Elaboración do informe |
ANÁLISE ESTATíSTICO DE DATOS |
Introdución á estatística.
Creación de ficheiros de datos. Creación de variables. Operacións previas cos datos. Transformación de variables.
Análise descritiva dunha ou varias variables.
Nocións básicas de probabilidade. Nocións básicas de variables aleatorias.
Introdución á estatística inferencial. Estimación de parámetros. Intervalos de confianza. Contraste de hipótese. Introdución aos modelos ANOVA. Correlación e regresión
Tamaño muestral, potencia estatística, tamaño do efecto. Significación estatística vs. relevancia clínica. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Prácticas a través de TIC |
A5 B4 B6 B10 B11 C3 |
32 |
49 |
81 |
Traballos tutelados |
A2 A5 B1 B2 B4 B5 B6 B10 B11 C3 C6 |
7 |
28 |
35 |
Proba mixta |
B1 B5 B6 B10 C6 |
2 |
30 |
32 |
Proba práctica |
A5 B1 B2 B4 B6 B10 B11 C3 C6 |
2 |
20 |
22 |
Sesión maxistral |
A2 B1 B5 B6 B10 B11 C6 |
20 |
30 |
50 |
|
Atención personalizada |
|
5 |
0 |
5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Prácticas a través de TIC |
Estas sesions servirán para levar á práctica os contidos da materia fundamentalmente a través do emprego de programas estadísticos para a realización das diferentes técnicas estadísticas estudadas así como a través de outros recursos tecnolóxicos relacionados coa metodoloxía da investigación.
Se aportarán recursos dentro das plataformas institucionais para facilitar a realización de estas prácticas ao alumnado en modalidade de semipresencialidade e o repaso de contidos ao alumnado en modalidade presencial. |
Traballos tutelados |
O alumnado deberá desenvolver traballos e/ou pequenos proxectos de investigación ou parte destes.
Así mesmo poderase solicitar tamén ao estudante a exposición oral dalgún/s destes proxectos asi como borradores dos seus traballos de fin de Máster para ser debatidos co profesor e co resto dos seus compañeiros.
Se aportarán recursos dentro das plataformas institucionais para facilitar a realización de estos traballos ao alumnado en modalidade semipresencial e presencial. |
Proba mixta |
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe que pode conter distintos tipos de preguntas: preguntas test e/ou de resposta breve e/ou de desenvolvemento. |
Proba práctica |
Proba na que se valorará fundamentalmente o manexo das técnicas estatísticas máis adecuadas en cada caso, fundamentalmente a través do emprego de programas estadísticos. Esta proba poderá ser realizada de forma conxunta coa proba teórica para poder avaliar conxuntamente a relización de varias fases do proceso de investigación. |
Sesión maxistral |
Efectuarase a exposición oral do temario da materia, complementándose a mesma co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes.
Durante estas sesións tamén se poderá realizar unha docencia máis interactiva na que os alumnos resolverán tarefas propostas polo profesor, ben de forma individual ou en pequenos grupos, asistidos polo profesor e co fin de lograr unha mellor comprensión da materia.
Durante estas sesións, poderanse asignar lecturas relacionadas cos temas a desenvolver, para que os alumnos realicen de forma non presencial.
Se aportarán recursos dentro das plataformas institucionais para facilitar o seguemento das sesións maxistrais ao alumnado en modalidade de semipresencialidade e o repaso de contidos ao alumnado en modalidade presencial. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Proba mixta |
Proba práctica |
Sesión maxistral |
Prácticas a través de TIC |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Tanto nas sesións maxistrais como nas prácticas, fomentarase a participación activa do alumno, estimulando a formulación de dúbidas e a intervención do alumnado. En todas e cada unha das metodoloxías, o alumno terá acceso a unha atención personalizada a través das tutorías presenciais e/ou virtuais.
Para o alumnado en modalidade semipresencial, con recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica de exención de asistencia, potenciarase o emprego da atención personalizada a través das tutorías presenciais e/ou virtuais. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
B1 B5 B6 B10 C6 |
Exame de todos os contidos da materia, que inclúe os tratados nas sesións maxistrais, prácticas e traballos. O tipo de exame será de exposición escrita podendo incluír preguntas tipo test e/ou preguntas de resposta breve e/ou para desenvolver.
Se o profesor e a maioría simple do alumnado así o acorda, poderá facerse unha ou varias probas teóricas da materia durante o curso, de forma que en caso de superalas, o alumnado poida liberar parte ou toda a materia da proba mixta nas convocatorias oficiais. |
25 |
Proba práctica |
A5 B1 B2 B4 B6 B10 B11 C3 C6 |
Exame práctico mediante o uso de recursos informáticos de todos os contidos da materia.
Se o profesor e a maioría simple do alumnado así o acorda, poderán realizarse unha ou varias probas prácticas da materia durante o curso, de forma que en caso de superalas, o alumnado poida liberar parte ou toda a materia da proba práctica nas convocatorias oficiais. |
25 |
Traballos tutelados |
A2 A5 B1 B2 B4 B5 B6 B10 B11 C3 C6 |
Avaliaranse os traballos/proxectos realizados polos alumnos así como a presentación oral que poida derivar deles. |
50 |
|
Observacións avaliación |
A cualificación de Non Presentado outorgarase a todos aqueles alumnos que non se presentaron á proba práctica e á proba mixta en cada unha da convocatoria oficiais. No caso de presentarse a unha destas probas, o alumno non poderá obter esta cualificación.
O profesorado da materia poderá decidir libremente o número de Matrículas de Honra a outorgar entre as máximas establecidas anualmente. Estas poderanse conceder entre aqueles alumnos que teñan a cualificación de sobresaliente, adxudicándose por orde de cualificación.
O profesor, se así o decide, poderá facer adaptacións á avaliación para o alumnado que xa cursou a materia en anos anteriores, o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica de exención de asistencia. As metodoloxías de avaliación e portentaxes asignados serán as mesmas en
ambas oportunidades. O alumnado poderá presentar os traballos tutelados nas datas marcadas polo profesorado para cada unha das
oportunidades.
A avaliación do alumnado en modalidade semipresencial será a mesma ca do resto do alumnado.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Argimón Pallás, J.M. (2013). Métodos de investigación clínica y epidemiológica. Barcelona: Elsevier
(). .
Hair, J.F., Anderson, R.E., Tathan, R.L. & Black, W.C. (1995). Análisis multivariante. Madrid: Prentice-Hall
Sentís, J., Pardell, H., Cobo, E. & Canela, J. (2001). Bioestadística. Barcelona: Masson
Martínez-González M.A. et al. (2014). Bioestadística amigable. Barcelona: Elsevier
Norell, S. (1994). Diseño de estudios epidemiológicos. Madrid: Siglo XXI
Hulley, S.B., Cummings, S.R.,Browner, W.S., Grady, D.G. & (2014). Diseño de investigaciones clínicas. Buenos Aires: Wolters Kluwer Health
Irala-Eatévez, J. de, Martínez-González, M.A. & Seguí-Gómez, M. (2004). Epidemiología aplicada. Barcelona: Ariel
Moreno Altamirano, L., Cano Valle, F. & García Romero, H. (1994). Epidemiología clínica. México: Interamericana-McGraw-Hill
Ruiz Morales, A. & Morillo Zárate, L.E. (2004). Epidemiología clínica. Investigación clínica aplicada. Bogota: Editorial Médica Panamericana
Rothman, K.J. (1987). Epidemiología moderna. Madrid: Ediciones Díaz de Santos
León, O.G. & Montero, I. (2000). Métodos de investigación en Psicología y Educación. Madrid: McGraw-Hill
León, O.G. & Montero, I. (2003). Métodos de investigación en psicología y educación. Madrid: McGraw-Hill
Cubo Delgado, S., Martín Marín, B. & Ramos Sánchez, J.L. (Coords.) (2011). Métodos de investigación y análisis de datos en ciencias sociales y de la salud. Madrid: Ediciones Pirámide
Coolican, H. (2005). Métodos de investigación y estadística en psicología. México: Manual Moderno
Silva, L.C. (2004). Regresión logísitca. Madrid: La Muralla
Pardo Merino, A. & Ruiz Díaz, M.A. (2002). SPSS 11. Guía para el análisis de datos. Madrid: McGraw-Hill |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Para
axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir o
obxectivo estratéxico 11 do Plan Green Campus da Facultade de
Fisioterapia, os traballos documentais
que se realicen nesta materia poderanse solicitar tanto en formato
papel como virtual ou soporte informático. De realizarse en papel,
seguiranse na medida do posible as seguintes recomendacións xerais:
- Non se utilizarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a realización de borradores. |
|