Identifying Data 2021/22
Subject (*) Research Methodology Code 651516001
Study programme
Mestrado Universitario en Discapacidade e Dependencia (plan 2015)
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree Yearly
First Obligatory 9
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Matemáticas
Coordinador
Bello Rodriguez, Olalla
E-mail
olalla.bello@udc.es
Lecturers
Bello Rodriguez, Olalla
González Rueda, Ángel Manuel
Mendiri Ruiz de Alda, Paula Maria
E-mail
olalla.bello@udc.es
angel.manuel.rueda@udc.es
paula.mendiri@udc.es
Web
General description A materia de "Metodoloxía da investigación" ten unha orientación transversal. Por iso, ten que proporcionar aos alumnos os coñecementos e as habilidades que axudan a entender e desenvolver a investigación, tanto en relación ao traballo do proxecto final do máster e, se é o caso, para o desenvolvemento da teses de doutoramento. Polo tanto, os coñecementos adquiridos constitúen o soporte para a realización do traballo final do proxecto coa metodoloxía científica adecuada, constituindo éste a tradución empírica dos coñecementos e competencias adquiridas. Mentres que no traballo final de máster deséñase e execútase na súa totalidade un proxecto de investigación, nesta materia realizase só o deseño metodolóxico do traballo de investigación.
Contingency plan 1. Modificacións nos contenidos

– Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías

*Metodoloxías docentes que se manteñen

- Prácticas a través de TIC
- Traballos tutelados
- Proba mixta
- Proba práctica
- Sesión maxistral

*Metodoloxías docentes que se modifican

- Ningunha

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

- Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
- Moodle: Semanalmente o con unha frecuencia superior. Segundo a necesidade do alumando e profesorado
- Teams: Semanalmente en gran grupo para o avance dos contidos / traballos /dúbidas na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Tamén en sesiones de frecuencia variable en función da demanda do alumnado.

4. Modificaciones en la evaluación

Os elementos da avaliación e o peso de estos será o mesmo que en situación de normalidade. Soamente se modificará a maneira de realización da proba mixta e da proba práctica que serán realizadas virtualmente de xeito escrito e/ou oral mediante as plataformas institucionais. Se poderán realizar tamén as probas de avaliación continuada, do mesma xeito.

- Traballos tutelados: 30%
- Proba mixta: 35%
- Proba práctica: 35 %


- Se manteñen

5. Modificaciones de la bibliografía o webgrafía
– Non se realizarán cambios

Study programme competencies
Code Study programme competences
A2 CE2. Ser capaz de deseñar proxectos de investigación no ámbito da discapacidade e dependencia
A5 CE5. Ser capaz de utilizar eficientemente os recursos tecnolóxicos na comprensión e investigación da discapacidade e a dependencia?
B1 CB6. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 CB7. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B4 CB9. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
B5 CB10. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B6 CG1 Ser capaz de seleccionar e desenvolver as estratexias investigadoras para estudar a problemática relacionada coa discapacidade e a dependencia
B10 CG5 Capacidade para integrar coñecementos científicos de carácter avanzado ligados ao ámbito da discapacidade e a dependencia
B11 CG6 Ser capaz de acceder á información relacionada coa discapacidade e a dependencia
C3 CT3. Utilizar as ferramentas tecnolóxicas básicas necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
C6 CT6. Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas aos que deben enfrontarse

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Upon successful completion of the course, students will be able to recognize the structure of different research projects. AR2
BR11
Upon successful completion of the course, students will be able to identify the different phases and tasks that are required in research activity. AR2
Upon successful completion of the course, students will be able to program different methodological designs. AR2
BR1
BR2
BR5
BR6
Upon successful completion of the course, students will be able to identify the advantages and disadvantages of different methodological designs. BR6
Upon successful completion of the course, students will be able to calculate the more usual epidemiological indicators, the sample size and the main descriptive statistics. AR5
BR10
CR3
Upon successful completion of the course, students will be able to choose the more appropriate statistical tests in each case. BR6
CR3
Upon successful completion of the course, students will be able to interpret the most usual epidemiological indicators, the descriptive statistics and the outcomes of the main statistical tests. AR5
BR4
BR10
CR3
CR6

Contents
Topic Sub-topic
RESEARCH PLAN Formulación do problema de investigación.

Revisión da literatura.

Elección do método e deseño da investigación.

Selección da mostra. Técnicas de recollida de información (tipos, fiabilidade e validez).

Análise da información (cuantitativa e cualitativa).

Elaboración do informe
FUNDAMENTALS ON STATISTICS. Introdución á estatística.

Creación de ficheiros de datos. Creación de variables. Operacións previas cos datos. Transformación de variables.

Análise descritiva dunha ou varias variables.

Nocións básicas de probabilidade. Nocións básicas de variables aleatorias.

Introdución á estatística inferencial. Estimación de parámetros. Intervalos de confianza. Contraste de hipótese. Introdución aos modelos ANOVA. Correlación e regresión

Tamaño muestral, potencia estatística, tamaño do efecto. Significación estatística vs. relevancia clínica.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
ICT practicals A5 B4 B6 B10 B11 C3 32 49 81
Supervised projects A2 A5 B1 B2 B4 B5 B6 B10 B11 C3 C6 7 28 35
Mixed objective/subjective test B1 B5 B6 B10 C6 2 30 32
Practical test: A5 B1 B2 B4 B6 B10 B11 C3 C6 2 20 22
Guest lecture / keynote speech A2 B1 B5 B6 B10 B11 C6 20 30 50
 
Personalized attention 5 0 5
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
ICT practicals Estas sesions servirán para levar á práctica os contidos da materia fundamentalmente a través do emprego de programas estadísticos para a realización das diferentes técnicas estadísticas estudadas así como a través de outros recursos tecnolóxicos relacionados coa metodoloxía da investigación.

Se aportarán recursos dentro das plataformas institucionais para facilitar a realización e repaso de estas prácticas.
Supervised projects O alumnado deberá desenvolver traballos e/ou pequenos proxectos de investigación ou parte destes.
Así mesmo poderase solicitar tamén ao estudante a exposición oral dalgún/s destes proxectos asi como borradores dos seus traballos de fin de Máster para ser debatidos co profesorado e co resto dos seus compañeiros/as.

Se aportarán recursos dentro das plataformas institucionais para facilitar a realización de estos traballos.
Mixed objective/subjective test Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe que pode conter distintos tipos de preguntas: preguntas test e/ou de resposta breve e/ou de desenvolvemento.
Practical test: Proba na que se valorará fundamentalmente o manexo das técnicas estatísticas máis adecuadas en cada caso a través do emprego de programas estadísticos. Esta proba poderá ser realizada de forma conxunta coa proba teórica para poder avaliar conxuntamente a relización de varias fases do proceso de investigación.
Guest lecture / keynote speech Efectuarase a exposición oral do temario da materia, complementándose a mesma co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes.

Durante estas sesións tamén se poderá realizar unha docencia máis interactiva na que o alumnado resolverá as tarefas propostas polo profesorado, ben de forma individual ou en pequenos grupos, asistidos polo profesorado e co fin de lograr unha mellor comprensión da materia.

Durante estas sesións, poderanse asignar lecturas relacionadas cos temas a desenvolver, para que o alumnado realice de forma non presencial.

Aportaránse recursos dentro das plataformas institucionais para facilitar o seguemento e repaso dos contenidos das sesións maxistrais.

Personalized attention
Methodologies
Mixed objective/subjective test
Practical test:
Guest lecture / keynote speech
ICT practicals
Supervised projects
Description
Tanto nas sesións maxistrais como nas prácticas, fomentarase a participación activa do alumnado, estimulando a formulación de dúbidas e a súa intervención. En todas e cada unha das metodoloxías, o alumnado poderá ter acceso a unha atención personalizada a través das tutorías presenciais e/ou virtuais.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica de exención de asistencia, potenciarase o emprego da atención personalizada a través das tutorías presenciais e/ou virtuais.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Mixed objective/subjective test B1 B5 B6 B10 C6 Exame de todos os contidos da materia, que inclúe os tratados nas sesións maxistrais, prácticas e traballos. O tipo de exame será de exposición escrita podendo incluír preguntas tipo test e/ou preguntas de resposta breve e/ou para desenvolver.

Se o profesorado e a maioría simple do alumnado así o acorda, poderá facerse unha ou varias probas teóricas da materia durante o curso, de forma que en caso de superalas, o alumnado poida liberar parte ou toda a materia da proba mixta nas convocatorias oficiais.
35
Practical test: A5 B1 B2 B4 B6 B10 B11 C3 C6 Exame práctico mediante o uso de recursos informáticos de todos os contidos da materia.

Se o profesorado e a maioría simple do alumnado así o acorda, poderán realizarse unha ou varias probas prácticas da materia durante o curso, de forma que en caso de superalas, o alumnado poida liberar parte ou toda a materia da proba práctica nas convocatorias oficiais.
35
Supervised projects A2 A5 B1 B2 B4 B5 B6 B10 B11 C3 C6 Avaliaranse os traballos/proxectos realizados polo alumnado así como a presentación oral que poida derivar deles. 30
 
Assessment comments

A cualificación de Non Presentado outorgarase a todo o alumnado que non se presente á proba práctica e á proba mixta en cada unha da convocatoria oficiais. No caso de presentarse a unha destas probas, o alumnado non poderá obter esta cualificación.

O profesorado da materia poderá decidir libremente o número de Matrículas de Honra a outorgar entre as máximas establecidas anualmente. Estas poderanse conceder entre aquel alumnado que teña a cualificación de sobresaliente, adxudicándose por orde de cualificación.

O profesorado, se así o decide, poderá facer adaptacións á avaliación para o alumnado que xa cursou a materia en anos anteriores, o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica de exención de asistencia.


As metodoloxías de avaliación e portentaxes asignados serán as mesmas en
ambas oportunidades. O alumnado poderá presentar os traballos tutelados nas datas marcadas polo profesorado para cada unha das
oportunidades.


A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a calificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquer calificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria.


Sources of information
Basic Argimón Pallás, J.M. (2013). Métodos de investigación clínica y epidemiológica. Barcelona: Elsevier
(). .
Hair, J.F., Anderson, R.E., Tathan, R.L. & Black, W.C. (1995). Análisis multivariante. Madrid: Prentice-Hall
Sentís, J., Pardell, H., Cobo, E. & Canela, J. (2001). Bioestadística. Barcelona: Masson
Martínez-González M.A. et al. (2014). Bioestadística amigable. Barcelona: Elsevier
Norell, S. (1994). Diseño de estudios epidemiológicos. Madrid: Siglo XXI
Hulley, S.B., Cummings, S.R.,Browner, W.S., Grady, D.G. & (2014). Diseño de investigaciones clínicas. Buenos Aires: Wolters Kluwer Health
Irala-Eatévez, J. de, Martínez-González, M.A. & Seguí-Gómez, M. (2004). Epidemiología aplicada. Barcelona: Ariel
Moreno Altamirano, L., Cano Valle, F. & García Romero, H. (1994). Epidemiología clínica. México: Interamericana-McGraw-Hill
Ruiz Morales, A. & Morillo Zárate, L.E. (2004). Epidemiología clínica. Investigación clínica aplicada. Bogota: Editorial Médica Panamericana
Rothman, K.J. (1987). Epidemiología moderna. Madrid: Ediciones Díaz de Santos
León, O.G. & Montero, I. (2003). Métodos de investigación en psicología y educación. Madrid: McGraw-Hill
León, O.G. & Montero, I. (2000). Métodos de investigación en Psicología y Educación. Madrid: McGraw-Hill
Cubo Delgado, S., Martín Marín, B. & Ramos Sánchez, J.L. (Coords.) (2011). Métodos de investigación y análisis de datos en ciencias sociales y de la salud. Madrid: Ediciones Pirámide
Coolican, H. (2005). Métodos de investigación y estadística en psicología. México: Manual Moderno
Silva, L.C. (2004). Regresión logísitca. Madrid: La Muralla
Pardo Merino, A. & Ruiz Díaz, M.A. (2002). SPSS 11. Guía para el análisis de datos. Madrid: McGraw-Hill

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir o obxectivo estratéxico 11 do Plan Green Campus da Facultade de Fisioterapia, os traballos documentais que se realicen nesta materia poderanse solicitar tanto en formato papel como virtual ou soporte informático. De realizarse en papel, seguiranse na medida do posible as seguintes recomendacións xerais:
- Non se utilizarán plásticos. 
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a realización de borradores.


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.