Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Antropoloxía da Saúde e a Discapacidade Código 651516004
Titulación
Mestrado Universitario en Discapacidade e Dependencia (plan 2015)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Couceiro Dominguez, Enrique
Correo electrónico
enrique.couceiro.dominguez@udc.es
Profesorado
Couceiro Dominguez, Enrique
Correo electrónico
enrique.couceiro.dominguez@udc.es
Web
Descrición xeral Proporcionar ao alumno, mediante un curso introdutorio, coñecementos teórico-metodolóxicos en Antropoloxía da saúde e da minusvalidez, para a comprensión e análise empírica cualitativa dos aspectos socioculturais da discapacidade, e da enfermidade e saúde, como experiencias de vida e como fenómenos e condicións cunha esencial dimensión moral e simbólica.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1. Ser capaz de integrar o fenómeno da discapacidade e a dependencia dentro da construción social do proceso saúde-enfermidade
A4 CE4. Capacidade para a análise da influencia das achegas sociais e científicas das ciencias socio-sanitarios sobre a discapacidade e a dependencia no sistema xurídico
B1 CB6. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 CB7. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B3 CB8. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B7 CG2 Identificar, avaliar e resolver os problemas derivados da presenza de discapacidade e dependencia
B9 CG4 Ser capaz de intervir na problemática derivada da discapacidade e da dependencia
C1 CT1. Ser capaz de relacionarse de forma eficiente con e dentro do equipo multidisciplinar, intradisciplinar e transdisciplinar.
C4 CT4. Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C6 CT6. Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas aos que deben enfrontarse

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender a relevancia da antropoloxía social e cultural dentro da paradigma saúde-enfermidade e de normalidade ao que se enfronta o ser humano. Recoñecer as raíces antropolóxicas sobre as que se constrúe calquera sistema terapéutico e de representacións da discapacidade e a dependencia- AI1
AI4
BI1
BI3
BI7
Comprender a metodoloxía de estudo desta disciplina e executar algunha técnica de recollida de información antropolóxica. AI1
BI2
BI3
CI1
Integrar a importancia dos símbolos, representacións, valores e comportamentos que se producen en diferentes culturas ao redor da saúde, a enfermidade, a discapacidade e a dependencia BI9
CI4
CI6

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. A Antropoloxía social e cultural como disciplina. Que é; cal é o seu obxecto e método.
Tema 2º. Os métodos e técnicas de investigación en Antropoloxía Social e Cultural. Traballo de campo, observación participante, investigación-acción, a entrevista etnográfica, a historia de vida, o método xenealóxico.
Tema 3º Relativismo e diversidade cultural. O concepto cultural de normalidade As culturas como sistemas simbólicos de representacións, valores e comportamentos. A interpretación dos específicos coñecementos, valores e prácticas locais en Antropoloxía.
Tema 4º Antropoloxía da saude. Historia disciplinaria. Aperspectiva antropolóxica da enfermedade e a curación; A Enfermidade; A Curación
Tema 5º Antropoloxía médica e etnomedicina. Premisas culturais da biomedicina; O campo da biomedicina a sua compartimentación en especialidades; Valores e práctica na biomedicina; .
Tema 6º Tendencias culturais e elección en medicina e saúde. A construción social do médico, do enfermo e do proceso diagnóstico-
terapéutico.
Tema 7º. O universo da enfermedade, a discapacidade e a dependencia. Deficencia, discapacidade e minusvalía.
A dependencia
Tema 8º Enfermidade e curación. Tres teorías Enfoque cultural. Enfoque ecolóxico. Enfoque socio-político.
Tema 9º. Discapacidade: O papel da sociedade e a cultura. A percepción como interpretación
A vista en occidente;
Conclusión
Tema 10º. Antropoloxía aplicada en discapacidade A crítica dos supostos culturais da discapacidade. Da discapacidade á Diversidade funcional

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A4 B7 B2 C1 2 25 27
Proba obxectiva A1 C4 1.5 20 21.5
Sesión maxistral C6 20 0 20
Lecturas B3 8 20 28
Recensión bilbiográfica B1 B9 0 14 14
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados O alumno seleccionará, para realizar o seu traballo, unha das seguintes opcións temáticas:
1. Percepción, clasificación e experiencia emic da discapacidade, e os seus específicos condicionantes socioculturais . O proceso específico de conflito e negociación entre especialistas e discapacitados.
2. Modelos, contestación e alternativas na construción sociocultural das categorías enfermidade/curación/saúde, ou minusvalidez/tratamento/integración, e dos roles especialista/paciente ou especialista /discapacitado.
A metodoloxía consistirá nun pequeno estudo do tema elixido, dende a propia experiencia profesional, asistencial ou formativa do alumno, apoiada na descrición empírica dalgúns casos asociados a un dos temas anteditos, e desenvolvendo unha interpretación que teña en conta os procesos sociais e culturais que operan en torno a ese fenómeno de minusvalidez. Debido ás características do curso, obxecto e obxectivo de estudo serán moi concretos, e o alcance da análise limitada.
Proba obxectiva Consistirá na realización dun exame temático mediante cuestións con resposta breve, o día e hora marcados para o efecto pola organización do máster. O exame poderá ser optativo para o alumnado asistente, pero obligado para o alumnado que non asistirá a un mínimo de 2/3 das sesións
Sesión maxistral Presentación en clase polo profesor, apoiándose en esquemas proxectados en power-point, da materia de cada un dos dez temas do programa. Aclaracións e diálogo sobre aspectos polémicos ou de especial interese da materia presentada.
Lecturas Lectura, resumo, presentación en cada sesión, e debate aberto en clase de 11 lecturas referentes a temas de antropoloxía da saúde e minusvalidez:
Lecturas a comentar en clase:
1ª- Seppilli, Tullio (2000) “De qué hablamos cuando hablamos de factores culturales en salud. A modo de presentación”, en Perdiguero y Comelles (eds.) Medicina y cultura. Barcelona, Bellaterra.
2ª- Jauregui Balenciaga, Inmaculada (2006) “La anorexia. Una patología cultural de la modernidad”, en Gazeta de Antropología, 22 (Rev.electrónica).
3ª- Cátedra, María (1989) “Especialistas de la curación. La integración tradicional de la modernidad”, en Actas do I Coloquio de Antropoloxía. Santiago, Xunta
4ª- Douglas, Mary (1998) “La elección entre lo somático y lo espiritual. Algunas preferencias médicas”, en Estilos de pensar. Barcelona, Gedisa.
5ª- McCombie, Susan “Folk Flu and Viral Syndrome. An Anthropological Perspective”, en Hahn, Robert Anthropolgy and Public Health.
6ª- Otegui, Rosario (2000) “Factores culturales del dolor y el sufrimiento”, en Perdiguero y Comelles (eds.) Medicina y cultura. Barcelona, Bellaterra.
7ª- Brandes, Stanley (2004) “Buenas noches, compañeros. Historias de vida en Alcohólicos Anónimos”. En Revista de Antropología Social, Vol. 13. 2004
8ª- Rengel Morales, Manuel (2005) “La construcción social del otro. Estigma, prejuicio e identidad en drogodependientes”. Gazeta de Antropología, nº 21. Rev. electrónica.
9ª- Daley, Tamara / Thomas Weisner (2003) “’I speak a different dialect’: Teen Explanatory models of difference and disability”, en Medical Anthropology Quarterly, 17.
10ª- Sengas & Monagham (2002) “Sign of their times: Deaf Communities and the Culture of Language”, en Annual Review of Anthropology”, ,nº 31. 2002 En Revistas Electrónicas UDC – Servidor Jstor.
11ª- Lock, Margaret "Death in Technological Time: Locating the End of Meaningful Life", en Medical Anthropology Quarterly, 10
Recensión bilbiográfica Realización de breves comentarios críticos sobre as seguintes lecturas:
1ª Lísón Tolosana, Carmelo (2007) "Obertura en tono menor (Horizontes antropológicos)". Cap. 1º de Introducción a la Antropología social y cultural. Madrid, Akal
2ª Martínez, Angel (2008) "Símbolos, cuerpos y aflicciones. Las teorías culturales de la enfermedad", cap. 3º de Antropología médica. Teorías sobre la cultura, el poder y la enfermedad. Barcelona, Anthropos.
3º Preat, J., Pujades, J., Comelles, J.(1980) "Sobre el contexto cultural del enfermar", en Kenny, Michael y Jesus M. de Miguel, comps. La antropología médica en España. Barcelona, Anagrama

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Lecturas
Descrición
A atención personalizada consistirá na orientación e seguimento, mediante tutorización, tanto da elaboración do traballo tutelado de curso, coma da preparación das lecturas a expoñer e valorar criticamente.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia deberá desenvolver as metodoloxías previstas para os restantes alumnos, entregando os traballos indicados (traballo tutelado, lecturas e recensión bibliográfica). Pero estará exento da asistencia ás sesións maxistrais, así como será obrigatorio o someterse á proba obxectiva de fin de curso.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Recensión bilbiográfica B1 B9 Avaliarase a capacidade crítica do alumno á hora de valorar o texto proposto para recensión, así como a súa capacidade para realizar resumenes esquemáticos deste, e a detección dos seus conceptos clave 10
Traballos tutelados A4 B7 B2 C1 Para valorar o traballo tutelado a desenvolver durante o curso, terase en contan o desenvolvemento do estudo básico sobre os temas propostos, tendo en conta a aproximación experiencial -profesional ou práctica- expresada, así como a interpretación deste polo alumno dende os modelos teóricos da Antropoloxía da saúde ou da discapacidade. 40
Proba obxectiva A1 C4 A proba escrita final tratará de avaliar os coñecementos teóricos obtidos da atención ás clases presenciais. Consistirá en responder a dez cuestións de resposta breve. Sobre a base das lecturas sobre os contidos do programa. É obligatoria para os alumnos non asistentes e para aqueles que non asistan polo menos ós 2/3 das sesións, e opcional para os asistentes regulares. 20
Lecturas B3 Valorarase a capacidade de análise, identificación de problemas e argumentación crítica de respostas a estes na presentación e comentario persoais, seguidos de debate, ao final das sesións, sobre lecturas escollidas de Antropoloxía e etnografía da saúde e a minusvalidez 30
 
Observacións avaliación
Os alumnos non asistentes, ou aqueles que non asistan polo menos a 2/3 das sesións do curso, deberán realizar obrigatoriamente a proba obxectiva, así como as restantes metodoloxías contempladas (os non asistenciais deberán acordar unha das sesións co profesor para realizar a presentación e comentario oral da Lectura).
- Os alumnos asistentes regulares poderán optar por realizar a proba obxectiva. Se optan por non realizala, o traballo tutelado supoñeralles un 50% da cualificación, as lecturas un 35% e as recensión bibliográficas un 15%
- Os alumnos que se presenten á convocatoria de segunda oportunidade deberán facelo naquelas metodoloxías non superadas -ou non presentadas debendo facelo- na primeira convocatoria.

Fontes de información
Bibliografía básica
Augé, Marc – Jean-Paul Colleyn (2005) Qué es la Antropología. Barcelona, Paidós. Brown, Peter J. (1998) Understanding and Applying Medical Anthropology. Mountain View, Mayfield Publishing Company Comelles, Josep Mª - Angel Martinez (1993) Enfermedad, cultura y sociedad. Douglas,Mary (1998) Estilos de pensar. Barcelona, Gedisa. Giner Abati, Francisco (1992) Los Himba. Cap. 8º (“Medicina y magia entre los Himba”). Salamanca, Amarú Kuschik, Ingrid (1995) Medicina popular en España Madrid, Siglo XXI. Hahn, Robert A. (ed.)Anthropology in Public Health, New York, Oxford University Press Lévi-Strauss, Claude (1980) “La eficacia simbólica”, en Id. Antropología estructural. Buenos Aires, Eudeba. Martinez, Angel(2008) Antropología médica. Teorías sobre la cultura, el poder y la enfermedad. Barcelona, Anthropos. Martínez, Angel (1996)“Antropología de la salud. Una aproximación genealógica”, en Prat, Joan y Angel Martínez (eds.) Ensayos de antropología cultural. Barcelona, Ariel. Otegui, Rosario (2005) “ ’Una cosa fea’: VIH-SIDA y sistema de género entre los gitanos españoles”, en Revista de Antropología Social. Vol. 14. Publicaciones Universidad Complutense de Madrid. Turner, Vïctor (1988) “Niveles de clasificación en un ritual de vida y muerte”, en Id., El proceso ritual. Madrid, Taurus
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Metodoloxía da Investigación/651516001

Materias que continúan o temario

Observacións
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir o obxectivo estratéxico 11 do Plan Green Campus da Facultade de Fisioterapia, os traballos documentais que se realicen nesta materia poderanse solicitar tanto en formato papel como virtual ou soporte informático. De realizarse en papel, seguiranse na medida do posible as seguintes recomendacións xerais: - Non se utilizarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a realización de borradores.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías