Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Enfoque Multidisciplinar da Dor: Neurobioloxía, Dor e Discapacidade, Sistemas de Avaliación, Novos P Código 651516006
Titulación
Mestrado Universitario en Discapacidade e Dependencia (plan 2015)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Rodriguez Romero, Beatriz
Correo electrónico
beatriz.romero@udc.es
Profesorado
Patiño Nuñez, Sergio
Rodriguez Romero, Beatriz
Souto Gestal, Antonio
Correo electrónico
sergio.patino@udc.es
beatriz.romero@udc.es
antonio.souto@udc.es
Web
Descrición xeral En esta asignatura se profundiza en los aspectos neurobiológicos del dolor crónico; se revisan los conceptos actuales sobre la fisiopatología del dolor más relevantes en su manejo clínico; se estudian las implicaciones del dolor, especialmente, en la esfera sensitiva y motora; y se analizan las diferentes pruebas de valoración y las estrategias de tratamiento del dolor crónico más actuales y basados en la evidencia disponible.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Actividades iniciais
Sesión maxistral: modalidade (ii)
Estudo de casos
Análises de fontes documentais
Proba de resposta múltiple

*Metodoloxías docentes que se modifican
Discusión dirixida realizarase a través de Moodle o Teams en formato foro de debate.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
O que xa se especifica nesta guía.

4. Modificacións na avaliación
Non se modifica

*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios.

Competencias do título
Código Competencias do título
A8 CERF3. Ser capaces de entender a fisiopatoloxía da dor relevante na práctica clínica así como as súas implicacións dende un punto de vista sensitivo-perceptivo-motora
A9 CERF4. Capacidade para deseñar e executar proxectos de investigación na problemática bio-psico-social da dor
B1 CB6. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B7 CG2 Identificar, avaliar e resolver os problemas derivados da presenza de discapacidade e dependencia
B9 CG4 Ser capaz de intervir na problemática derivada da discapacidade e da dependencia
B10 CG5 Capacidade para integrar coñecementos científicos de carácter avanzado ligados ao ámbito da discapacidade e a dependencia
C6 CT6. Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas aos que deben enfrontarse
C7 CT7. Ser capaz de valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade?

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Describir o impacto clínico e socioeconómico da dor crónica. AI9
BI1
CI6
Profundizar nos aspectos neurobiolóxicos da dor. AI8
BI1
BI10
CI6
Comparar os paradigmas utilizados para explicar a dor. AI8
AI9
BI10
CI7
Identificar as características e manifestacións clínicas das diferentes tipos de dor. AI8
BI7
BI9
Revisar os conceptos actuais sobre a fisiopatoloxía da dor relevantes no seu manexo clínico. AI8
AI9
BI1
BI7
BI9
Estudar as implicacións da dolor dende un punto de vista sensitivo-perceptivo-motriz. AI8
BI7
BI9
BI10
Identificar as características comunes dos síndromes de dor crónico. BI1
BI7
BI9
BI10
Revisar e ser capaz de aplicar diferentes probas de evaluación da dor. AI9
BI1
BI7
BI9
CI7
Analizar as novas estratexias de tratamento da dor crónica, estudar a sua evidencia e coñecer as recomendacións para o seu uso na práctica clínica. AI9
BI1
BI7
BI9
BI10
CI6
CI7

Contidos
Temas Subtemas
1. Epidemioloxía da dor 1.1. Epidemioloxía da dor músculo-esquelético. Xeneralidades
1.2. Epidemioloxía da dor lumbar
1.3. Epidemioloxía da dor cervical
1.4. Epidemioloxía da osteoartritis
1.5. Epidemioloxía da dor crónica xeneralizada e da fibromialxia
2. Paradigmas no manexo da dor: a dor como unha experiencia multidimensional 2.1. Modelo patoanatómico
2.2. Modelo biopsicosocial
2.3. Modelo da neuromatriz
3. Aspectos neurobiolóxicos da dor 3.1. Definicións da dor
3.2. Características e manifestacións clínicas da dor
3.3. Propiedades celulares e moleculares das neuronas aferentes primarias
3.4. Mediadores inflamatorios e moduladores da dor
3.5. Mecanismos moduladores da resposta dolorosa: neuroplasticidade
3.6. Cerebro e dor
3.7. Xenética e dor
4. Fisiopatoloxía da dor crónica 4.1. Definición do fenómeno de centralización
4.2. Fenómeno de wind-up
4.3. Cambios nos neurotransmisores
4.4. Alteración funcional das conexións excitatorias e inhibitoras
4.5. Creación de novas conexións
4.6. Cambios neuroplásticos supraespinales: reorganización dos mapas corticais somatosensorial e motor
4.7. Modificación do patrón de resposta de áreas corticais e subcorticais
4.8. Impacto de factores emocionais e cognitivo-conductuais
4.9. Dor como resposta multisistémica: participación do SNA, neuroendocrino e inmunitario

5. Síndromes de dor crónico 5.1. Fibromialxia
5.2. Síndrome de fatiga crónica
5.3. Síndrome rexional complexo tipo I
5.4. Outros
6. Métodos de avaliación da dor 6.1. Historia clínica
6.2. Escalas de medición da intensidade da dor
6.3. Escalas para medir "bandeiras amarelas"
6.4. Escalas de incapacidade funcional
6.5. Escalas de Calidade de Vida Relacionada coa Saude
6.6. Outras escalas de medición
6.7. Probas físicas
7. Análise e revisión da evidencia sobre as novas estratexias de tratamento da dor 7.1. Pedagoxía da dor
7.2. Exercicio terapéutico
7.3. Imaxinación motora gradual
7.4. Outros métodos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais C7 0 2 2
Sesión maxistral A8 A9 B1 B7 B9 B10 C6 C7 18 36 54
Estudo de casos A8 B1 B7 B9 B10 0 25 25
Análise de fontes documentais A8 A9 B1 B9 B10 C6 C7 0 25 25
Discusión dirixida B1 C6 C7 4 12 16
Proba de resposta múltiple A8 B1 B9 B10 1 21 22
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentarase a proposta académica da materia, recomendacións, a súa metodoloxía de avaliación e todos aqueles aspectos fundamentais para o desenvolvemento da mesma. Explícase como e para que se usará o Campus Virtual e as ferramentas de Microsoft 365 nesta materia. Darase ó alumnado a posibilidade de enviar á coordinadora os intereses e motivacións relacionados coa materia co obxectivo de facilitar o proceso de aprendizaxe.
Sesión maxistral As sesións maxistrais correspóndense a dúas modalidades de clases: (i) ás clases teóricas presenciais impartidas na aula; (ii) ás clases asíncronas que se entregarán ao alumnado en diversos formatos (videolecciones, apuntamentos en formato pdf, etc.) e que se colgarán en Moodle. Estarán destinadas fundamentalmente para os obxectivos de coñecementos ou de saber.
Estudo de casos Os/as alumnos/as traballarán sobre casos clínicos (reais ou supostos) caracterizados pola presenza de dor crónica, co obxectivo de propor cuestións que contribúan a identificar o substrato/s etiopatogénicos, de estudar as súas características e relacionalas coas síndromes dolorosas estudados na materia, propor alternativas de exploración, avaliación e/ou enfoques terapéuticos de forma razoada.
Análise de fontes documentais Constará de dous partes:
(i) Procura e análise de documentos multimedia (blogues, vídeos, páxina web, contas de Twitter, podcast, etc.) relevantes e relacionados coa temática da materia. En grupos de 2-3 alumnos/as analizarán e realizarán o seguimento dun recurso, e explicarán porqué a súa elección e porqué a recomendación da súa lectura, visionado ou escoita.

(ii) A partir dun artigo relacionado coa temática da materia, cada estudante analizará as características deste, as características métricas da revista de publicación e presentarase un resumo-análise dos diferentes apartados do artigo. Engadirase ademais unha procura de 2 artigos publicados nos 5 últimos anos relacionados coa temática de tal artigo e un resumo xeral de cada un deles.
Discusión dirixida A través desta técnica de dinámica de grupos os/as alumnos/as discutirán de forma libre sobre un tema previamente seleccionado polo profesorado. O alumnado estará coordinado por un/a moderador/a.
Proba de resposta múltiple O exame constará de 30 preguntas tipo test, de resposta simple, onde cada 2 respostas incorrectas restarán unha ben contestada. O exame terá un valor do 40% da nota total da materia.
Requírese alcanzar un mínimo de 4 puntos sobre 10 para aplicar todas as porcentaxes asignadas a cada metodoloxía.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Proba de resposta múltiple
Discusión dirixida
Sesión maxistral
Análise de fontes documentais
Descrición
A atención personalizada realizarase preferentemente a través da plataforma Microsoft Teams. Campus Virtual e do correo electrónico; e poderá aplicarse a través de diferentes modalidades e contextos:

- A través de tutorías, especificamente solicitadas polo/o alumno/a ou subgrupo de alumnos/as, para resolver cuestións relativas a calquera dos aspectos incluídos na guía docente ou sobre os contidos da materia. Farase preferiblemente a través da ferramenta Teams.

- Durante a realización das prácticas de laboratorio, o/a alumno/a recibirá un feedback da execución de tales prácticas, e poderá resolver todas as dúbidas relativas ás mesmas.

- Durante a realización dos talleres a profesora guiará ao alumno/a no proceso de razoamento clínico para levar a cabo a exploración subxectiva dun caso.

- Durante a realización do estudo de casos, os subgrupos contan co seguimento por parte da profesora a través da revisión continuada da progresión da tarefa.

- A través do Campus Virtual, crearase un foro de dúbidas para cada tema onde o alumnado pode lanzar as súas preguntas e/ou establecer debate entre profesora/alumnado ou entre o alumnado.

*Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, cada estudante debe contactar coa coordinadora da materia ao comezo do curso para establecer a modalidade de atención personalizada preferente; e fixar ao comezo de curso as posibles adaptacións das tarefas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A8 B1 B7 B9 B10 Avalíase a capacidade do/a estudante para levar a cabo o proceso de razoamento clínico sobre casos reais ou ficticios, así como a de discusión sobre a súa proposta de solución, ao responder as preguntas formuladas sobre cada caso. 20
Proba de resposta múltiple A8 B1 B9 B10 Exame tipo test de resposta simple cun total de 30 preguntas. Cada 2 respostas incorrectas restarase unha ben.
Requírese alcanzar un mínimo de 4 puntos sobre 10 para aplicar todas as porcentaxes asignadas a cada metodoloxía.
40
Discusión dirixida B1 C6 C7 Avalíase a asistencia e participación activa nas dúas sesións programadas de forma presencial.

*Para o alumnado con dispensa académica de exención de asistencia, esta tarefa será entregada en formato audiovisual (podcast, video, etc.)
20
Análise de fontes documentais A8 A9 B1 B9 B10 C6 C7 Avalíase a capacidade do/a estudante de facer unha estratexia de procura adecuada, así como a capacidade de síntese dos documentos científicos identificados a partir de dita procura. 20
 
Observacións avaliación

 Estes criterios de avaliación manteranse para todas as convocatorias do curso académico.

Estes criterios de avaliación manteranse tanto para o alumnado matriculado a tempo completo como a tempo parcial.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de face a convocatoria extraordinaria".


Fontes de información
Bibliografía básica Moseley, G.L., Hodges, P.W. (2006). Dolor crónico y control motor. Barcelona: Masson
Butler D (2010). Explicando el dolor. Adelaida, Australia: Noigroup
Nijs, J., Van Houdenhove, B. (2009). From acute musloskeletal pain to chronic widespread pain and fibromyalgia: application of pain neurophysiology in manual therapy practice. Manual Therapy
Iannetti, G.D., Mouraux, A. (2010). From the neuromatrix to the pain matrix (and back). Exp Brain Res
Zamorano Zárate E. (2013). Movilización neuromeníngea: tratamiento de los trastornos mecanosensitivos del sistema nervioso. Madrid: Panamericana
Enriquez-Blanco, H., Schneider, R., Rodríguez, J. T. (2010). Síndrome del intestino irritable y otros trastornos relacionados.. Madrid: Panamericana
Serra Catafau J. (2007). Tratado de dolor neuropático. Madrid: Médica Panamericana
Sengupta, J.N. (2009). Visceral Pain: the neurophysiological mechanism. Handb Exp Pharmacol
Stephen B. McMahon, Martin Koltzenburg (2006). Wall y Melzack tratado del dolor. Madrid: Elsevier. 5ª ed.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos do Plan Green Campus da Facultade de Fisioterapia, os traballos documentais que se realicen nesta materia poderanse solicitar tanto en formato papel como virtual ou soporte informático. De realizarse en papel, seguiranse na medida do posible as seguintes recomendacións xerais:

- Non se utilizarán plásticos. 

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a realización de borradores.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías