Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Rehabilitación Cardiorrespiratoria Avanzada Código 651516007
Titulación
Mestrado Universitario en Discapacidade e Dependencia (plan 2015)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias Biomédicas, Medicina e Fisioterapia
Coordinación
Souto Camba, Sonia
Correo electrónico
sonia.souto@udc.es
Profesorado
Gonzalez Doniz, Maria Luz
Lista Paz, Ana
Souto Camba, Sonia
Correo electrónico
luz.doniz@udc.es
ana.lista@udc.es
sonia.souto@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias do título
A10 CERF5. Ser capaz de integrar coñecementos avanzados no ámbito da disfunción cardiorrespiratoria
A11 CERF6. Capacidade para deseñar e executar proxectos de investigación nas disfuncións cardiorrespiratorias.
B2 CB7. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B5 CB10. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B7 CG2 Identificar, avaliar e resolver os problemas derivados da presenza de discapacidade e dependencia
B9 CG4 Ser capaz de intervir na problemática derivada da discapacidade e da dependencia
B10 CG5 Capacidade para integrar coñecementos científicos de carácter avanzado ligados ao ámbito da discapacidade e a dependencia
C6 CT6. Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas aos que deben enfrontarse
C7 CT7. Ser capaz de valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade?

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Alcanzar a adquisición de coñecementos avanzados e demostrar unha comprensión dos aspectos teóricos e prácticos e da metodoloxía de traballo nas disfuncións do sistema cardiopulmonar cunha profundidade que chegue ata a vangarda do coñecemento AI10
BI10
Ser capaces de predicir e controlar a evolución de situacións complexas, realizando unha aproximación sistemática á valoración e tratamento dos problemas do complexo cardiopulmonar mediante o desenvolvemento de metodoloxías de traballo adaptadas ao devandito ámbito de coñecemento, nas súas vertentes científica/investigadora e profesional. AI11
BI2
Capacidade de razoamento clínico aplicado á capacidade diagnóstica que garanta a toma de decisións clínicas seguras e baseadas na evidencia, así como a análise crítica dos procedementos terapéuticos existentes para o manexo do paciente con disfunción cardiorrespiratoria BI7
BI9
Ser capaz de avaliar e seleccionar a teoría científica adecuada e a metodoloxía precisa para desenvolver, implementar e avaliar os plans de atención e/ou as guías de práctica clínica en pacientes cardiorrespiratorios BI5
BI9
CI6
CI7
Desenvolver habilidades para o traballo multidisciplinar asistencial e/ou de investigación na disfunción cardiorrespiratoria BI2

Contidos
Temas Subtemas
Módulo 1: Manexo avanzado da disfunción respiratoria 1. Bases da fisiopatología respiratoria e da valoración do paciente respiratorio.
2. Atención integral e multidisciplinar do paciente respiratorio (control de factores de risco, soporte nutricional, farmacoloxía, fisioterapia, outras abordaxes terapéuticas).
3. Bases de tratamento do enfermo pulmonar crónico: programas de rehabilitación pulmonar, guías de práctica clínica e evidencia científica.
4. Bases de tratamento do enfermo neuromuscular: guías de práctica clínica e evidencia científica da intervención fisioterápica.
5. Bases de tratamento do enfermo crítico: guías de práctica clínica e evidencia científica da intervención fisioterápica.
6. A discapacidade no enfermo respiratorio. Avaliación da calidade de vida.
Módulo 2: Manexo avanzado da disfunción cardiovascular 1. Bases da fisiopatoloxía cardiovascualr e da valoración do paciente cardiovascular.
2. Atención integral e multidisciplinar do paciente cardiovascular: guías de práctica clínica e evidencia científica dispoñible.
3. Programas de rehabilitación cardiovascular: evidencia científica dispoñible.
4. A discapacidade no enfermo cardiovascular. Avaliación da calidade de vida.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Recensión bilbiográfica B5 C6 0 25 25
Prácticas de laboratorio B7 B9 28 0 28
Traballos tutelados A10 A11 B5 B10 C6 5 40 45
Seminario A10 B2 B7 C6 15 15 30
Proba mixta A10 B2 B7 2 0 2
Sesión maxistral A10 A11 B2 B7 B9 B10 C7 15 0 15
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Recensión bilbiográfica A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, nin unha mera análise do contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica científica é a crítica que merece a xuízo do autor da recensión, en relación a outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou en relación á súa propia experiencia.
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do %ou201Ccómo facer as cousas%ou201D. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como %ou201Cconferencia%ou201D, %ou201Cmétodo expositivo%ou201D ou %ou201Clección maxistral%ou201D. Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Durante a sesión maxistral integraranse de maneira puntual as metodoloxías de discusión dirixida e aprendizaxe baseado en problemas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Traballos tutelados
Descrición
Traballo tutelado: recoméndase a atención personalizada para axudar ao estudante a elaborar o seu traballo, desde a seleccion das fontes bibliográficas, ata a súa estructuración e desenvolvemento.
Proba mixta: recoméndase a atención personalizada para axudar ao alumno a resolver as dúbidas xurdidas da preparación da materia no seu conxunto.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A10 B2 B7 Proba mixta tipo test con pregunta desenvolvo 40
Recensión bilbiográfica B5 C6 Valoración das recensións achegadas polo estudante ao longo do cuadrimestre. 20
Traballos tutelados A10 A11 B5 B10 C6 Valoración do traballo tutelado presentado polo alumno. 30
Seminario A10 B2 B7 C6 Presentación de informes e traballos derivados da actividade grupal nos seminarios 10
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Jennifer a Pryor, S Ammani Prasad (2008). Physiotherapy for respiratory and cardiac problems : adults and paediatrics . Ediburgh : Churchill Livingstone
Beverley Harden (2009). Respiratory physiotherapy : an on-call survival guide. Edinburgh : Churchill Livingstone/Elsevier
Frownfelter, D (). Cardivascular and pulmonary physical Therapy.
Reid, W D (). Clinical Management notes and case histories in cardiopulmonary physical therapy.
Giraldo Estrada, Horacio (2003). Diagnóstico y manejo integral del paciente con EPOC. Bogotá: Panamericana
Booth S, Dudgeon D (2006 ). Dyspnoea in advanced disease. Oxfort
López Chicharro, J (2008). Fisiología Clínica del Ejercicio. Madrid : Editorial Médica Panamericana
West J (2008). Fisiología y fisiopatología pulmonar. Estudio de casos. Philadelphia: Lippincott Williams and Wilkins
Patiño, JF (2005). Gases sanguíneos, fisiología de la respiración e insuficiencia respiratoria aguda. Bogotá: Panamericana
Hyatt, Robert E. (2003). Interpretation of pulmonary function test. Philadelphia: Lippincott Williams and Wilkins
Badia X, Alonso J (2007). La medida de la salud: gúia de escalas de medida en español. Barcelona : Edittec
Esteban A, Anzueto DJ (2006). Manejo de pacientes con falla respiratoria basada en la evidencia. Bogotá: Editorial tribuna
Houg, A (2001). Physiotherapy in Respiratory Care. Nelsoon Thornes
Chiappero G, Villarejo F (2005). Ventilación Mecánica. Buenos Aires: Panamericana

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Metodoloxía da Investigación/651516001
Ferramentas Multimedia para a Investigación/651516002

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Xestión de Recursos Sociosanitarios en Discapacidade e na Dependencia/651516009

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías