Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Bases e Principios de Neurociencia e Rehabilitación Neurolóxica Código 651516008
Titulación
Mestrado Universitario en Discapacidade e Dependencia (plan 2015)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Fisioterapia
Coordinación
Viñas Diz, Susana
Correo electrónico
susana.vinas.diz@udc.es
Profesorado
Robles García, Verónica
Viñas Diz, Susana
Vivas Costa, Jamile
Correo electrónico
veronica.robles@udc.es
susana.vinas.diz@udc.es
j.vivas@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia ofrece coñecementos básicos e principios da investigación en neurociencia e da práctica clínica en neurorrehabilitación, co obxectivo de proporcionar fundamentos da patoloxía neurolóxica, capacitando o alumno a integrar de forma crítica as distintas situacións no eido da discapacidade e dependencia. Por último, esta materia habilitará o alumnado a deseñar proxectos de investigación nas disfuncións neurolóxicas.

Competencias do título
Código Competencias do título
A12 CERF7. Ser capaz de integrar coñecementos avanzados no ámbito dos problemas neurolóxicos na persoa con discapacidade
A13 CERF8. Capacidade para deseñar e executar proxectos de investigación nas disfuncións neurolóxicas
B2 CB7. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B5 CB10. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B7 CG2 Identificar, avaliar e resolver os problemas derivados da presenza de discapacidade e dependencia
B9 CG4 Ser capaz de intervir na problemática derivada da discapacidade e da dependencia
B10 CG5 Capacidade para integrar coñecementos científicos de carácter avanzado ligados ao ámbito da discapacidade e a dependencia
C6 CT6. Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas aos que deben enfrontarse
C7 CT7. Ser capaz de valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade?

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer a patoloxía xeral do dano neurolóxico encefálico e medular. AI12
BI7
BI9
BI10
Ser capaz de identificar as características do desenvolvemento sensitivo, motor e cognitivo normal durante a infancia. AI12
BI2
BI5
BI7
BI9
BI10
Analizar os fundamentos neurolóxicos da discapacidad e coñecer as bases terapéuticas e capacidade de mellora na patoloxía neurolóxica BI2
BI5
BI7
BI9
BI10
CI6
Integrar as teorías de control motor e aprendizaxe motor AI12
BI2
BI5
BI7
BI9
BI10
CI6
Coñecer as bases fisiolóxicas da plasticidade e rexeneración neural. AI12
BI2
BI5
BI10
Afondar na modulación dependente da práctica da plasticidade neural, como base da fisioterapia neurolóxica. AI12
BI2
BI5
BI7
BI9
BI10
CI6
CI7
Coñecer diferentes técnicas de imaxe para o estudo do sistema nervioso AI13
BI2
BI5
BI10
CI7
Coñecer diferentes técnicas de neurofisioloxía clínica para o estudo do sistema nervioso. AI12
AI13
BI2
BI10
CI6
CI7
Coñecer os modelos e técnicas de investigación básica en neurociencia, así como os conceptos e os principios da investigación en patoloxía neurolóxica. AI12
AI13
BI2
BI10
CI6
CI7
Comprender a importancia da investigación no eido da recuperación funcional e da rehabilitación neurolóxica AI12
CI7
Adquirir habilidades para identificar e avaliar os diferentes escenarios da investigación na patoloxía neurolóxica AI12
AI13
BI2
BI5
BI7
BI10
CI6
CI7

Contidos
Temas Subtemas
Fundamentos neurolóxicos da discapacidade -Embrioloxía, desenvolvemento e maduración do sistema nervioso.
-Anatomía e fisioloxía dos sistemas de control motor e control postural.
-Anatomía e fisioloxía dos sistemas de percepción sensorial.
-Identificación das patoloxías neurolóxicas que xeran discapacidade e características destas.
-Patoloxía xeral do dano neurolóxico encefálico e medular.
-Fisiopatoloxía dos principais achados semiolóxicos en pacientes neurolóxicos.
Bases terapéuticas e capacidade de mellora na patoloxía neurolóxica -Obxectivos das diferentes terapias que se utilizan na abordaxe das patoloxías neurolóxicas.
-Concepto de capacidade funcional e discapacidade segundo a CIF (OMS, 2001).
-Modelos teóricos nos que se fundamentan as terapias físicas que se utilizan para abordar as patoloxías neurolóxicas.
-Teoría do control motor e aprendizaxe motor, fisioloxía da discapacidade e rexeneración neuronal. Fisioloxía das neuronas espello.
Investigación básica en neurociencia.
Presente e futuro da investigación en neurociencia.
-Modelos experimentales e técnicas de laboratorio.
-Radioloxía e técnicas de imaxe para o estudo do sistema nervioso
-Neurofisioloxía clínica.
-Avaliación cinemática e funcional da patoloxía neurolóxica.
-Estratexias terapéuticas basadas no aprendizaxe motor.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral B7 B10 C6 C7 15 0 15
Recensión bilbiográfica A12 B5 B10 C6 C7 0 5 5
Prácticas de laboratorio A12 A13 B5 B7 B9 C6 18 0 18
Traballos tutelados A12 A13 B2 B5 B7 B9 B10 C6 C7 5 45 50
Seminario A12 B10 C6 C7 5 5 10
Discusión dirixida A12 A13 B2 B7 B9 C6 C7 15 5 20
Estudo de casos A12 B2 B7 B9 B10 15 10 25
Proba mixta A12 A13 B2 B7 B9 B10 C6 C7 2 0 2
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Recensión bilbiográfica Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de afondamento nos contidos traballados
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo dun tema caracterizado pola discusión, a participación e a elaboración de documentos.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador
Estudo de casos Metodoloxía na que un estudante se enfronta ante unha descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas a través dun proceso de discusión. O alumno situáse ante un problema en concreto (caso), que describe unha situación real da vida profesional no ámbito da investigación clínica e debe de ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento o dunha acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Proba mixta Exame teórico que constará de preguntas tipo test e desenvolvemento

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Sesión maxistral
Recensión bilbiográfica
Traballos tutelados
Descrición
En todas e cada unha das metodoloxías, o alumno terá unha atención personalizada. Naquelas metodoloxías orientadas a que o alumno realice un traballo mais autónomo, os alumnos terán unha atención especializada podendo facer uso das titorías presenciais e/ou virtuais mediante a plataforma Moodle e/ou correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Recensión bilbiográfica A12 B5 B10 C6 C7 Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de afondamento nos contidos traballados 10
Traballos tutelados A12 A13 B2 B5 B7 B9 B10 C6 C7 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor. Os estudantes teñen que adquirir/asumir a responsabilidade da súa propia aprendizaxe, cun seguimento desta polo profesor. 40
Seminario A12 B10 C6 C7 Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo dun tema caracterizado pola discusión, a participación e a elaboración de documentos. 10
Proba mixta A12 A13 B2 B7 B9 B10 C6 C7 Proba que integra preguntas tipo de proba de ensaio e preguntas de tipo obxectivas. En relación coas preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en relación coas preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. 40
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Hulley, S.; Cummings, S.; Browner, W.; Grady, B. (2013). Diseño de investigaciones clínicas. Philadelphia: Lippincott Williams & Wilkins
Stokes, M; Stacks, E. (2013). Fisioterapia en la rehabilitación neurológica. Barcelona: Elsevier
Cudeiro Mazaira, J; Arias Rodríguez, P; Robles García, V; Corral Bergantiños, Y (2015). Fundamentos de neurociencia y neurorrehabilitación. Madrid: Síntesis
García García, J.; Jiménez Ponce, F; Arnaud Viñas,M; Ramírez Tapia, Y; Lino Pérez, L. (). Introducción a la metodología de investigación en Ciencias de la Salud. México: McGraw-Hill Interamericana editores
Cano de la Cuerda, R; Collado Vázquez, S (2012). Neurorrehabilitación. Métodos específicos de valoración y tratamiento. Madrid: Panamericana
Kandel,ER (2013). Principles of neural science.. New York: McGRaw-Hill
Haines, D. (2014). Principos de Neurociencia. Aplicaciones básicas y clínicas. Barcelona: Elsevier Saunders
Arias Rodríguez, P; Cudeiro Mazaira, J; Mariño Alfonso, X; Molero Ruiz, J; Rivadulla Fernández, C; R (2014). Reeducación funcional en la enfermedad de Parkinson. Barcelona: Elsevier España

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías