Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) ANATOMÍA II Código 651G01002
Titulación
Grao en Fisioterapia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Medicina
Coordinación
Fuentes Boquete, Isaac Manuel
Toro Santos, Francisco Javier de
Correo electrónico
i.fuentes@udc.es
javier.toro@udc.es
Profesorado
Arufe Gonda, María del Carmen
Díaz Prado, Silvia María
Fernandez Fernandez, Esther Del Carmen
Fuentes Boquete, Isaac Manuel
Toro Santos, Francisco Javier de
Correo electrónico
maria.arufe@udc.es
s.diaz1@udc.es
esther.fernandez1@udc.es
i.fuentes@udc.es
javier.toro@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo da anatomía dos membros superiores e inferiores, do sistema cardiorespiratorio e da esplacnoloxía.

Competencias do título
Código Competencias do título
B2 Ciencias clínicas.
B11 Manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes.
B15 Manter unha actitude de aprendizaxe e mellora.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Dominar a terminoloxía anatómica, de modo que o alumnado coñeza a nomenclatura actualizada das estruturas anatómicas e adquira a capacidade de descricición destas estruturas empregando términos de orientación espacial. B2
B11
B15
C1
C7
C8
Desenvolver a capacidade de observación. B2
B15
C6
Coñecer a morfoloxía general do corpo humano, a localización, a forma e a estructura dos deus órganos, sistemas e aparatos, e as súas interrelaciones topográficas. B2
B15
C6
Coñecer a morfoloxía, a localización e as interrelaciones topográficas das estruturas anatómicas que constitúen, en particular, o aparato locomotor de membro superior e membro inferior, o sistema cardiocirculatorio e o aparato respiratorio. B2
B15
C6
Identificar a forma e as relacións das diferentes estruturas anatómicas mediante o uso de esquemas, debuxos, fotografias, cortes multidireccionais, reconstruccións planimétricas e modelos tridimensionais (maquetas). B2
B15
C6
Comprender a función dos órganos e sistemas a través da posición, forma e estructura básica. B2
B11
B15
C6
Utilizar os coñecementos anatómicos no plantexamento e análise de problemas clínicos pertinentes. B2
B11
B15
C6
Alcanzar o nivel suficiente de coñecementos anatómicos para comprender outras áreas da titulación relacionadas ou para realizar cursos de especializacion en diversos campos da Fisioterapia. B2
B11
B15
C6

Contidos
Temas Subtemas
IV.- Aparato locomotor. Membro superior. Membro inferior.
CONTIDOS:
1.- Anatomía funcional do membro superior. Ósos. Articulacións. Músculos.
2.- Vascularización e inervación do membro superior.
3.- Anatomía de superficie do membro superior.
4.- Anatomía funcional do membro inferior. Ósos. Articulacións. Músculos.
5.- Vascularización e inervación do membro inferior.
6.- Anatomía de superficie do membro inferior.

ACTIVIDADES PRÁCTICAS:
1.- Estudiar o esqueleto de membro superior e membro inferior en maquetas e ósos.
2.- Identificar en maquetas articulacións do membro superior e do membro inferior.
3.- Identificar en maquetas músculos do membro superior e do membro inferior.
4.- Estudiar en maquetas a vascularización e inervación do membro superior e do membro inferior.
5.- Anatomía de superficie do membro superior e do membro inferior.
V. Sistema cardiocirculatorio. CONTIDOS:
1.- Corazón. Morfoloxía externa. Relacións. Vasos e nervios do corazón.
2.- Corazón. Morfoloxía interna. Cavidades cardíacas.
3.- Sistema da arteria pulmonar. Sistema da arteria aorta.
4..- Venas pulmonares. Sistemas da vena cava superior e da vena cava inferior. Sistema linfático.

ACTIVIDADES PRÁCTICAS:
1.- Estudiar en maquetas a morfoloxía do corazón.
2.- Estudio en maquetas dos principais vasos sanguíneos.
VI.- Estesioloxía. CONTIDOS:
1.- Sentido da visión. Anexos do globo ocular. Estrutura do globo ocular.
2.- Sentido da audición. Oído externo. Oído medio. Oído interno.
3.- Sentidos do olfato, do gusto e do tacto.

ACTIVIDADES PRÁCTICAS:
1.- Identificar en maquetas as estruturas anatómicas do globo ocular.
2.- Identificar en maquetas as estruturas anatómicas do oído externo, medio e interno.
VII.- Esplacnoloxía. CONTIDOS:
1.- Sistema Dixestivo. Cavidade bucal, dentes, lingua e glándulas salivais. Farinxe e esófago. Glándulas tiroide e paratiroides. Timo. Estómago. Páncreas. Bazo. Fígado e vías biliares. Intestino delgado e groso. Recto e ano. Peritoneo. Vascularización e inervación.
2.- Aparato Respiratorio. Cavidades nasais. Larinxe, tráquea e bronquios. Pulmóns, pleuras e mediastino. Vascularización e inervación. Mecánica respiratoria.
3.- Aparato Xénito-Urinario. Aparato urinario: ril, uréter, vexiga urinaria. Uretra. Glándula suprarrenal. Aparato xenital masculino: órganos xenitais internos e externos. Aparato xenital feminino: órganos xenitais internos e externos.

ACTIVIDADES PRÁCTICAS:
1.- Identificar en maquetas os compoñentes do aparato dixestivo.
2.- Identificar en maquetas os componentes do aparato respiratorio.
3.- Estudiar en maquetas os componentes dos aparatos xenitais masculino e feminino.
4.- Estudiar en maquetas a estrutura do ril e da nefrona.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 14 28 42
Prácticas de laboratorio 16 32 48
Portafolios do alumno 0 26 26
Traballos tutelados 0 14 14
Presentación oral 6 8 14
Proba mixta 4 0 4
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clase teórica participativa, favorecendo o intercambio de opinións, o debate e a resposta das preguntas formuladas polo alumnado.
Prácticas de laboratorio Clases prácticas que complementan os contidos desenvolvidos nas clases teóricas. Empréganse as coleccións de maquetas e láminas do corpo humano e a osteoteca do Laboratorio de Anatomía Humana. Ademáis, mediante a palpación de estruturas, abórdase o estudio da anatomía de superficie. Nas prácticas de laboratorio foméntase a participación do alumnado, favorecendo o intercambio de opinións, o debate e a resolución de problemas. A docencia se imparte a un grupo reducido de alumnos, o que permite a atención personalizada para aclarar dúbidas.
Portafolios do alumno Consiste en exercicios que o alumnado debe realizar (completar debuxos esquemáticos de estruturas anatómicas; identificar detalles anatómicos nos debuxos esquemáticos; recoñecer mediante anatomía de superficie determiandas estruturas anatómicas, etc.) recollidos nos CADERNOS DE TRABALLO DE ANATOMÍA HUMANA, elaborados polo profesorado da Área de Anatomía e Embrioloxía Humana, e ós que o alumnado ten acceso a través da plataforma virtual da universidade.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos/das estudantes, baixo a tutela do profesorado e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos/polas estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Proba mixta Proba mixta.- Inclúe.

1.- PROBA DE ENSAIO.- Exame escrito constituido por 10 preguntas, cada unha delas cun enunciado que require unha resposta breve, en xeral dunha extensión non maior que media páxina. Esta proba permite determinar o grao de coñecemento sobre un aspecto concreto da materia e, en particular, valorar a capacidade de redacción e síntese do alumnado.

2..- PROBA OBXECTIVA.- Inclúe:

- Preguntas de resposta múltiple.- Exame escrito tipo test que consta de 20 preguntas, cada una delas cun enunciado e catro posibles respostas das que só unha é verdadeira.

- Preguntas de resposta breve.- Exame escrito contituido por preguntas que requiren como resposta unha palabra ou frase específica.

- Proba de completar.- Exame escrito, no que cada pregunta consiste nun enunciado acompañado dun debuxo esquemático dunha estrutura anatómica. O enunciado esixe completar o debuxo esquemático mediante palabras e liñas.

3.- PROBA ORAL.- Este exame está dirixido só a persoas con discapacidades que dificulten a realización de exames escritos. Substitúe, por tanto, á Proba de ensaio e á Proba obxectiva. Consiste en preguntas cortas que o alumnado debe responder de forma oral con certa amplitude.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Descrición
A atención personalizada consiste básicamente no control da aprendizaxe de cada alumno polo profesor-titor. A través da tutoría presencial e/ou da tutoría virtual (a través do correo electrónico), o profesor-titor aborda a resolución de dúbidas e a orientación ó estudio, así como o seguimento e a supervisión na realización de traballos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno Consiste en exercicios que o alumnado debe realizar (completar debuxos esquemáticos de estruturas anatómicas; identificar detalles anatómicos nos debuxos esquemáticos; recoñecer mediante anatomía de superficie determiandas estruturas anatómicas, etc.) recollidos nos CADERNOS DE TRABALLO DE ANATOMÍA HUMANA, elaborados polo profesorado da Área de Anatomía e Embrioloxía Humana, e ós que o alumnado ten acceso a través da plataforma virtual da universidade. 10
Proba mixta Proba mixta.- Inclúe.

1.- PROBA DE ENSAIO.- Exame escrito constituido por 10 preguntas, cada unha delas cun enunciado que require unha resposta breve, en xeral dunha extensión non maior que media páxina. Esta proba permite determinar o grao de coñecemento sobre un aspecto concreto da materia e, en particular, valorar a capacidade de redacción e síntese do alumnado.

2..- PROBA OBXECTIVA.- Inclúe:

- Preguntas de resposta múltiple.- Exame escrito tipo test que consta de 20 preguntas, cada una delas cun enunciado e catro posibles respostas das que só unha é verdadeira.

- Preguntas de resposta breve.- Exame escrito contituido por preguntas que requiren como resposta unha palabra ou frase específica.

- Proba de completar.- Exame escrito, no que cada pregunta consiste nun enunciado acompañado dun debuxo esquemático dunha estrutura anatómica. O enunciado esixe completar o debuxo esquemático mediante palabras e liñas.

3.- PROBA ORAL.- Este exame está dirixido só a persoas con discapacidades que dificulten a realización de exames escritos. Substitúe, por tanto, á Proba de ensaio e á Proba obxectiva. Consiste en preguntas cortas que o alumnado debe responder de forma oral con certa amplitude.
70
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
10
Presentación oral Exposición y defensa do traballo tutelado. 10
 
Observacións avaliación

Os créditos da materia Anatomía Humana II, de 6 ECTS, distribúense tal como segue:

- Aparato locomotor dos membros superiores e inferiores: 4 ECTS
- Sistema cardiocirculatorio, estesioloxía e esplacnoloxía: 2 ECTS.

En caso de que a materia sexa impartida por máis de 1 docente, a nota
final será a media entre as notas acadadas en cada parte evaluada. 

En
caso de ter una nota media final con 5 ou más de 5, e una parte
suspensa, ésta, deberá alcanzar un mínimo de 3 puntos sobre 10 (30 % de
coñecemento) para poder aprobar.


Fontes de información
Bibliografía básica Moore KL, Dalley AF (2002). Anatomía con orientación clínica. Madrid, Editorial Médica Panamericana
Netter FH (2007). Atlas de Anatomía Humana. Madrid, Elsevier
Drake RL, Wayne V, Mitchell AWM (2005). GRAY. Anatomía para estudiantes. Madrid, Elsevier
Schünke M, Schulte E, Schumacher U, Voll M, Wesker K (2005). PROMETHEUS. Texto y atlas de anatomía. Madrid, Editorial Médica Panamericana
Putz R, Pabst R (2001). SOBOTTA. Atlas de Anatomía Humana. Madrid, Editorial Médica Panamericana

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías