Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) ANATOMÍA II Código 651G01002
Titulación
Grao en Fisioterapia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Fuentes Boquete, Isaac Manuel
Correo electrónico
i.fuentes@udc.es
Profesorado
Díaz Prado, Silvia María
Fernandez Fernandez, Esther Del Carmen
Fuentes Boquete, Isaac Manuel
Toro Santos, Francisco Javier de
Correo electrónico
s.diaz1@udc.es
esther.fernandez1@udc.es
i.fuentes@udc.es
javier.toro@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo da anatomía dos membros superiores e inferiores, do sistema cardiorespiratorio e da esplacnoloxía.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: Non se realizarán cambios nos contidos.

2. Metodoloxías:
*Metodoloxías docentes que se manteñen: mantéñense todas as metodoloxías, excepto o traballo tutelado e a súa exposición oral. Ademais, non computan na avaliación da materia a participación activa nas prácticas de laboratorio nin o obradoiro.
*Metodoloxías docentes que se modifican:
As sesións maxistrais e as prácticas de laboratorio (nas que se imparten contidos teóricos co apoio na docencia presencial do uso de maquetas e de ósos da osteoteca) faranse a través de Teams.
A proba obxectiva realizarase a través de MOODLE e suporá o 80% da nota final da materia.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Farase a través dos medios institucionais da UDC de atención a distancia. En particular, empregarase: correo electrónico, MOODLE e Teams. As titorías serán a demanda, previa solicitude por correo electrónico e, preferiblemente, en horario oficial de titorías.

4. Modificacións na avaliación:
A avaliación consistirá en:
Proba mixta: 20%.
Proba obxectiva: 80%.
Ambas probas (mixta e obxectiva) realizaranse a través de MOODLE.
A proba obxectiva consistirá unicamente dun exame tipo test.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: non hai modificacións.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e comprender a morfoloxía, a fisioloxía, a patoloxía e a conduta das persoas, tanto sas como enfermas, no medio natural e social.
A17 Comprender a importancia de actualizar os coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que integran as competencias profesionais do fisioterapeuta.
A19 Comunicarse de modo efectivo e claro, tanto de forma oral como escrita, cos usuarios do sistema sanitario así como con outros profesionais.
B1 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C9 Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Dominar a terminoloxía anatómica, de modo que o alumnado coñeza a nomenclatura actualizada das estruturas anatómicas e adquira a capacidade de descricición destas estruturas empregando términos de orientación espacial. A1
A17
A19
B1
B2
B3
B4
B5
C1
C8
C9
Desenvolver a capacidade de observación. A1
A17
A19
B1
B2
B3
B4
B5
C1
C8
C9
Coñecer a morfoloxía xeral do corpo humano, a localización, a forma e a estructura dos seus órganos, sistemas e aparatos, así como as suas interrelacions. A1
A17
A19
B1
B2
B3
B4
B5
C1
C8
C9
Coñecer a morfoloxía, a localización e as interrelaciones das estruturas anatómicas que constitúen, en particular, o aparato locomotor de membro superior e membro inferior, o sistema cardiocirculatorio e o aparato respiratorio. A1
A17
A19
B1
B2
B3
B4
B5
C1
C8
C9
Identificar a forma e as relacións das diferentes estruturas anatómicas mediante o uso de esquemas, debuxos, fotografias, e modelos tridimensionais (maquetas). A1
A17
A19
B1
B2
B3
B4
B5
C1
C8
C9
Comprender a función dos órganos e sistemas a través da posición, forma e estructura básica. A1
A17
A19
B1
B2
B3
B4
B5
C1
C8
C9
Utilizar os coñecementos anatómicos no plantexamento e análise de problemas clínicos pertinentes. A1
A17
A19
B1
B2
B3
B4
B5
C1
C8
C9
Alcanzar o nivel suficiente de coñecementos anatómicos para comprender outras áreas da titulación relacionadas e realizar cursos de especialización en diversos campos da Fisioterapia. A1
A17
A19
B1
B2
B3
B4
B5
C1
C8
C9

Contidos
Temas Subtemas
IV. Membro superior. CONTIDOS:
1. Ósos do membro superior. Cintura escapular, úmero, radio e cúbito, ósos do carpo, ósos do metacarpo e dos dedos.
2. Articulacións do membro superior. Complexo articular do ombro. Articulacións do cóbado e radiocubital distal. Complexo articular do pulso. Articulacións da man.
3. Musculatura do membro superior. Musculatura do ombro. Musculatura do brazo. Musculatura do antebrazo. Musculatura da man.
4. Vascularización do membro superior.
5. Inervación do membro superior.

ACTIVIDADES PRÁCTICAS:
1. Estudar o esqueleto do membro superior nos ósos e nas maquetas do laboratorio de Anatomía Humana.
2. Estudar as articulacións do membro superior nas maquetas do laboratorio de Anatomía Humana.
3. Identificar músculos do membro superior nas maquetas do laboratorio de Anatomía Humana.
4. Identificar mediante palpación estruturas anatómicas do membro superior.
5. Valorar a acción de músculos do membro superior.
V. Membro inferior. CONTIDOS:
1. Ósos do membro inferior. Cintura pelviana, fémur, tibia e peroné, ósos do tarso, ósos do metatarso e dos dedos.
2. Articulacións do membro inferior. Articulación sacroilíaca. Sínfise púbica. Articulación coxofemoral. Articulación do xeonllo. Articulación do nocello e articulacións tibioperoneas proximal e distal. Articulacións do pé.
3. Musculatura do membro inferior. Musculatura da rexión glútea. Musculatura do muslo. Musculatura da perna. Musculatura do pé.
4. Vascularización do membro inferior.
5. Inervación do membro inferior.

ACTIVIDADES PRÁCTICAS:
1. Estudar o esqueleto do membro inferior nos ósos e nas maquetas do laboratorio de Anatomía Humana.
2. Estudar as articulacións do membro inferior nas maquetas do laboratorio de Anatomía Humana.
3. Identificar músculos do membro inferior nas maquetas do laboratorio de Anatomía Humana.
4. Identificar mediante palpación estruturas anatómicas do membro inferior.
5. Valorar a acción de músculos do membro inferior.
VI. Sistema cardiocirculatorio. CONTIDOS:
1. Corazón. Morfoloxía externa. Relacions. Vasos e nervios do corazón.
2. Corazón. Morfoloxía interna. Cavidades cardíacas.
3. Circulacion maior ou sistemica e circulacion menor ou pulmonar
4. Sistema linfático.

ACTIVIDADES PRÁCTICAS:
1. Estudar nas maquetas a morfoloxía do corazón.
2. Estudar nas maquetas os principais vasos sanguíneos.
VII. Estesioloxía. CONTIDOS:
1. Sentido da visión. Anatomía do globo ocular e os seus anexos.
2. Sentido da audición. Anatomía do oído externo, oído medio e oído interno.
3. Sentidos do olfato, gusto y tacto.

ACTIVIDADES PRÁCTICAS:
1. Identificar nas maquetas as estructuras anatómicas do globo ocular.
2. Identificar nas maquetas os elementos anatómicos do oído externo, medio e interno.
VIII. Esplacnoloxía. CONTIDOS:
1. Sistema Dixestivo. Cavidade oral e glándulas salivales. Farinxe e esófago. Estómago. Páncreas. Bazo. Fígado y vías biliares. Intestino delgado, intestino grueso, sigma, recto e ano. Peritoneo.
2.- Aparato Respiratorio. Cavidade nasal. Larinxe, tráquea e árbol bronquial. Pulmons, pleura e mediastino. Mecánica respiratoria.
3. Aparato Xénito-Urinario. Aparato urinario: ril, uréter, vexiga urinaria. Uretra. Glándula suprarrenal. Aparato xenital masculino e femenino: órganos xenitales internos y externos.

ACTIVIDADES PRÁCTICAS:
1. Identificar nas maquetas os componentes do aparato dixestivo.
2. Identificar nas maquetas os componentes do aparato respiratorio.


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A17 A19 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C8 C9 26 39 65
Prácticas de laboratorio A1 A17 A19 B1 B4 B5 C1 C8 C9 20 30 50
Traballos tutelados A1 A17 A19 B1 B2 B4 B5 C1 C8 C9 0 9 9
Presentación oral A1 A17 A19 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C8 C9 3 0 3
Obradoiro A1 A17 A19 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C8 C9 0 16 16
Proba mixta A1 B3 B4 B5 C1 4 0 4
Proba obxectiva A1 2 0 2
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clase que desenvolve os contidos teóricos dunha unidade temática. É unha clase participativa, favorecendo o intercambio de opinións e o debate.
Prácticas de laboratorio Clases que desenvolven a un tempo contidos teóricos e prácticos dunha unidade temática. Ademais dos recursos da sesión maxistral (encerado, vídeo-proxección, etc.), empréganse como apoio á docenca as maquetas e os ósos da osteoteca do laboratorio de Anatomía Humana.

A docencia impártese a grupos reducidos, de modo que favorece a participación do alumnado mediante o intercambio de opinións, o debate e a resolución de problemas, permitindo así a atención personalizada.

Avaliación continua: valorarase a actitude, o interese pola aprendizaxe e a capacidade para solucionar problemas formulados polo profesorado.
Traballos tutelados Avaliación continua. O alumnado deberá facer un traballo sobre un tema que estea relacionado co contido do programa.
Este traballo realizarase en grupo (mínimo, 2 estudantes; máximo, 4 estudantes).
Presentación oral Avaliación continua. O alumnado deberá expoñer e defender o traballo tutelado diante do profesorado e resto do alumnado, respondendo a calquera dubida formulada tanto por calquera deles/as.
Obradoiro Avaliación continua. Consiste en exercicios que o alumnado debe realizar (completar debuxos esquemáticos de estruturas anatómicas, identificar detalles anatómicos en debuxos esquemáticos, recoñecer mediante anatomía de superficie determinadas estruturas anatómicas, etc.).
Proba mixta Avaliación continua. Exames tipo test e preguntas de resposta breve para determinar o nivel de comprensión e coñecemento da parte da materia examinada.
Proba obxectiva Consiste nunha PROBA ESCRITA, que consta de dúas partes:

1. Preguntas curtas (entre 10 e 25), que requiren unha resposta breve, en xeral dunha extensión máxima de media páxina. Consisten en preguntas de desenvolvemento textual e láminas anatómicas para completar ou identificar elementos.

2. Exame tipo test de 48 preguntas, cada unha con catro opcións e unha única resposta. Non se puntúa negativo por resposta incorrecta, mais descártase para o aprobado o 25% das repostas correctas.

No caso do alumnado que conte cunha adaptación curricular concedida pola Unidade de Atención á Diversidade (ADI) da UDC na que se recolla a dificultade para a realización de exames escritos, poderase substituír a Proba Escrita por unha PROBA ORAL, que consistirá en preguntas de resposta breve.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Obradoiro
Descrición
A atención personalizada sirve para o seguimiento da aprendizaxe de cada alumno por parte do profesor.

A través da tutoría, presencial ou a distancia, o profesorado aborda a resolución de dubidas, a orientación ao estudo, así como o seguimiento e a supervisión de traballos.

As prácticas de laboratorio (nas que se desenvolven contidos teóricos co apoio de maquetas e ósos da osteoteca e, ademais, de palpación de estruturas e valoración muscular), ao realizarse con grupos reducidos, tamén facilita a aclaración de dubidas de forma mais individual.

A atención personalizada online farase a través dos medios institucionais da UDC de atención a distancia. En particular, empregarase: correo electrónico, MOODLE e Teams.

As titorías serán a demanda, previa solicitude por correo electrónico e, preferiblemente, en horario oficial de titorías.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A1 A17 A19 B1 B4 B5 C1 C8 C9 Avaliación continua. Valorarase a actitude, a participación, o interese pola aprendizaxe e a capacidade para solucionar problemas plantexados polo profesorado. 5
Proba obxectiva A1 Proba escrita ou oral (no caso de que o/a estudante conte cunha adaptación curricular concedida pola Unidade de Atención á Diversidade da UDC na que se recolla a dificultade para a realización de exames escritos).




60
Traballos tutelados A1 A17 A19 B1 B2 B4 B5 C1 C8 C9 Avaliación continua. Consiste na realización dun traballo en grupo (de entre 2 e 4 estudantes) sobre un tema relacionado cos contidos do temario. 5
Presentación oral A1 A17 A19 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C8 C9 Avaliación continua. Exposicion oral e defensa do traballo tutelado ante o profesorado e o resto do alumnado. Valorarse a orixinalidade na presentacion, o contido, o traballo en grupo e o dominio do tema exposto.
Ao final da presentacion, os/as estudantes que expoñen o traballo deben contestar calquera dubida plantexada polos/as compañeiros/as e/ou profesores/as.
5
Proba mixta A1 B3 B4 B5 C1 Avaliación continua. Exames tipo test e preguntas curtas para determinar o nivel de comprensión e coñecemento da parte da materia examinada. 20
Obradoiro A1 A17 A19 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C8 C9 Avaliación continua. Consiste en completar láminas anatómicas. Valorarase o traballo realizado por cada estudante. 5
 
Observacións avaliación

Os créditos da materia Anatomía Humana II, de
6 ECTS, distribúense tal como se indica:



  • Membro superior: 2 ECTS.
  • Membro inferior: 2 ECTS.
  • Sistema cardiocirculatorio, estesioloxía e esplacnoloxía:
    2 ECTS.

Na cualificación da proba obxectiva, cada parte
contribuirá como segue (indícanse os valores referidos a 10):

  • Membro superior: 33,0% (3,3 sobre 10; aprobado: 1,65).
  • Membro inferior: 33,0% (3,3 sobre 10; aprobado: 1,65).
  • Sistema cardiocirculatorio, estesioloxía e esplacnoloxía:
    34,0% (3,4 sobre 10; aprobado: 1,7).

Para cada parte, o exame tipo test e as
preguntas curtas contribuirán a partes iguais (50% cada tipo de proba).

O aprobado da proba escrita sobre 10 corresponde a 5,0, sendo necesario obter en cada parte o 70% do aprobado.

No caso de que nunha das partes non se alcance a cualificación mínima necesaria para aprobar a proba
escrita
, o/a alumno/a non superará a materia.


Fontes de información
Bibliografía básica THIBODEAU-PATTON. (2008). "Estructura y Funcion del Cuerpo Humano". Barcelona. Ed. Elsevier
GRAY. (2015). Anatomia para Estudiantes. Barcelona Ed. Elsevier.
SOBOTTA. (2012). Atlas de Anatomía Humana. Barcelona. Ed. Elsevier.
F. NETTER. (2015). Atlas de Anatomía Humana. Barcelona. Ed. Elsevier
SOBOTTA. (2018). Texto de Anatomia. Barcelona Ed. Elsevier.
PROMETHEUS (2014). Texto y Atlas de Anatomia. Anatomia General y Aparato Locomotor" Vol.1.. Ed. Panamericana
PROMETHEUS (2014). Texto y Atlas de Anatomia. Cabeza, Cuello y Neuroanatomía". Vol 3. Ed. Panamericana
PROMETHEUS (2014). Texto y Atlas de Anatomia. Organos Internos". Ed. Panamericana

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos do Plan Green Campus da Facultade de Fisioterapia, os traballos documentais que se realicen nesta materia poderanse solicitar tanto en formato papel como virtual ou soporte informático. De realizarse en papel, seguiranse na medida do posible as seguintes recomendacións xerais:

- Non se utilizarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a realización de borradores.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías