Identifying Data 2023/24
Subject (*) PHISIOLOGY Code 651G01003
Study programme
Grao en Fisioterapia
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate Yearly
First Basic training 9
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinador
Sangiao Alvarellos, Susana
E-mail
susana.sangiao@udc.es
Lecturers
Cordido Carballido, Fernando
Cudeiro Mazaira, F.Javier
Labra Pinedo, Carmen de
Pardo Vázquez, José Luis
Sangiao Alvarellos, Susana
E-mail
fernando.cordido@udc.es
javier.cudeiro@udc.es
c.labra@udc.es
jose.pardo.vazquez@udc.es
susana.sangiao@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/
General description Esta materia pretende o desenvolvemento de competencias que permitan ao alumnado comprender e aplicar os coñecementos relacionados coa Fisioloxía Humana.
Descritor: Coñecementos sobre a función do corpo humano que capaciten para avaliar, sintetizar e aplicar tratamentos de Fisioterapia.


Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Coñecer e comprender a morfoloxía, a fisioloxía, a patoloxía e a conduta das persoas, tanto sas como enfermas, no medio natural e social.
A2 Coñecer e comprender as ciencias, os modelos, as técnicas e os instrumentos sobre os que se fundamenta, articula e desenvolve a fisioterapia.
A3 Coñecer e comprender os métodos, procedementos e actuacións fisioterapéuticas, encamiñados tanto á terapéutica propiamente dita a aplicar na clínica para a reeducación ou recuperación funcional, como á realización de actividades dirixidas á promoción e mantemento da saúde.
A4 Adquirir a experiencia clínica adecuada que proporcione habilidades intelectuais e destrezas técnicas e manuais; que facilite a incorporación de valores éticos e profesionais; e que desenvolva a capacidade de integración dos coñecementos adquiridos; de forma que, ao termo dos estudos, os estudantes saiban aplicalos tanto a casos clínicos concretos no medio hospitalario e extrahospitalario, como a actuacións na atención primaria e comunitaria.
A9 Avaliar a evolución dos resultados obtidos co tratamento en relación cos obxectivos marcados.
B1 CB1 - Que los estudiantes hayan demostrado poseer y comprender conocimientos en un área de estudio que parte de la base de la educación secundaria general, y se suele encontrar a un nivel que, si bien se apoya en libros de texto avanzados, incluye también algunos aspectos que implican conocimientos procedentes de la vanguardia de su campo de estudio
B2 CB2 - Que los estudiantes sepan aplicar sus conocimientos a su trabajo o vocación de una forma profesional y posean las competencias que suelen demostrarse por medio de la elaboración y defensa de argumentos y la resolución de problemas dentro de su área de estudio
B3 CB3 - Que los estudiantes tengan la capacidad de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro de su área de estudio) para emitir juicios que incluyan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica o ética
B4 CB4 - Que los estudiantes puedan transmitir información, ideas, problemas y soluciones a un público tanto especializado como no especializado
B5 CB5 - Que los estudiantes hayan desarrollado aquellas habilidades de aprendizaje necesarias para emprender estudios posteriores con un alto grado de autonomía
C3 Using ICT in working contexts and lifelong learning.
C8 Valuing the importance of research, innovation and technological development for the socioeconomic and cultural progress of society.
C9 Ability to manage times and resources: developing plans, prioritizing activities, identifying critical points, establishing goals and accomplishing them.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Capacidade para aplicar o método científico para constatar a efectividade dos métodos de intervención, avaliar os métodos de traballo aplicados A2
A4
C3
Coñecementos e capacidade para aplicar as funcións do corpo humano dentro do contexto da Fisioterapia A1
A2
B1
B2
Capacidade para recoñecer e interpretar signos de función-disfunción da persoa A1
A2
B1
B2
Capacidade para saber traballar en equipo co obxectivo de lograr o benestar do paciente A1
A2
A3
B4
C9
Coñecementos e capacidade para aplicar a Función do corpo humano dentro do contexto da Fisioterapia A1
A2
Coñecementos e capacidade para aplicar Fisiopatoloxía dentro do contexto da Fisioterapia A1
A2
A3
A4
B2
C3
Valorar a importancia que ten no campo da fisioloxía a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. A3
A4
A9
B3
B5
C8

Contents
Topic Sub-topic
Capítulo 1.- INTRODUCIÓN Á FISIOLOXÍA CELULAR. FISIOLOXÍA XERAL DA NEURONA E DAS CÉLULAS EXCITABLES




Tema 1: Fisioloxía celular. A célula como un compartimento para os procesos de intercambio fisiolóxico. Organelas celulares. Intercambio de sustancias entre a célula e a súa contorna.

Tema 2: Potencial de membrana e a súa orixe. Equilibrio de Donnan. Ecuacións de Nerst e Goldman. Propiedades pasivas da membrana celular. Equivalentes eléctricos. Canles iónicos e métodos para o seu estudo.

Tema 3: Potencial de acción (PA). Bases iónicas. Características do P.A. Condución do P.A.

Tema 4: Tipos e características xerais da neurona. A sinapse. Tipos de sinapses e as súas características. A sinapse neuromuscular como modelo de sinapse química. Alteracións a este nivel: A miastenia gravis.

Tema 5: Concepto de excitación e inhibición sináptica. Integración sináptica. Sumación espacial e temporal.

Tema 6: Neurotransmisores e neuromoduladores. Transmisión sináptica mediada por segundos mensaxeiros. Neurotransmisores clásicos, peptídicos e heterodoxos.
Capítulo 2.- FISIOLOXÍA DO MÚSCULO Y DA CONTRACCIÓN MUSCULAR


Tema 1: Acoplamento excitación-contracción no músculo estriado. Excitación da fibra muscular e modificación dos niveis de Ca+2. Bases moleculares da contracción no músculo esquelético e a súa regulación.

Tema 2: Tipoloxía fibrilar estriada. Diferentes nomenclaturas. Concepto de unidade motora. Regulación da forza de contracción. Sistemas enerxéticos.


Tema 3: Mecánica muscular. Relación lonxitude-tensión: contraccións isométricas. Relación forza-velocidade. Tipos de contracción. Compoñentes elásticos musculares.

Tema 4: Estudo do músculo liso, os seus tipos e as súas características diferenciais con respecto ao estriado.
Capítulo 3.- INTEGRACIÓN SENSORIOMOTORA

Tema 1: Concepto de receptor sensorial e tipos. Transdución. Propiedades dos receptores. Integración sensorial: concepto de vía e sistema. Campo receptor. Percepción e discriminación sensorial. Tipos de fibras aferentes.

Tema 2: Receptores musculares: características morfo-funcionais. Regulación da forza, lonxitude e velocidade. Sistema gamma. Coactivación alfa-gamma e o seu significado. Receptores articulares e a súa colaboración cos receptores musculares na propiocepción.

Tema 3: Concepto de reflexo. Estudo do reflexo de estiramento e o seu significado funcional. Estudo do reflexo Ib (miotático inverso). Reflexos espiñais complexos. Circuítos espiñais e patróns rítmicos de locomoción.
Capítulo 4.- SISTEMA NERVIOSO



Tema 1: O tacto. Diferenzas entre pel glabra e veluda. As terminacións libres. Os corpúsculos terminais superficiais. O receptor de Paccini. Córtex somatosensorial.

Tema 2: Dor e analxesia. Nociceptores e a súa activación. Organización sináptica medular dos aferentes primarios. Neurotransmisores e dor. Modulación da dor por aferencias non nociceptivas. Control central da dor.

Tema 3: Sentidos químicos: O gusto. O receptor gustativo. As distintas calidades gustativas correspóndense con distintos mecanismos de transdución. Hipotálamo, sistema límbico e córtex gustativo. O olfacto. O receptor olfactivo. Anatomía funcional do glomérulo olfactivo. Tálamo, sistema límbico e córtex olfactivo.

Tema 4: O oído. A enerxía auditiva e o seu sistema de transmisión no oído. Os receptores auditivos e a transdución. Características funcionais da membrana basilar. Procesamento subcortical e cortical da audición.

Tema 5: O equilibrio. O órgano otolítico e os seus elementos, función como graviceptor. As canles semicirculares. As células receptoras e o seu mecanismo de transdución. Núcleos vestibulares e control da postura.

Tema 6: A visión. Estrutura da retina. A fototransdución. Características diferenciais de conos e bastóns. Procesamento visual retiniano. O corpo xeniculado lateral e a segregación da información visual. A codia visual primaria. Percepción do movemento, a profundidade e as formas. A visión da cor. Os movementos oculares. Os reflexos vestíbulo-ocular e opto-cinético. Movementos de persecución, sacádicos e de verxencia; estruturas implicadas.

Tema 7: Niveis de organización motora. Organización xerárquica e organización en paralelo. Control do movemento voluntario: Existen diversas areas corticais con funcións motoras e organízanse somatotopicamente. O córtex motor primario. Áreas corticais premotoras e córtex parietal posterior.

Tema 8: Sistemas motores descendentes con orixe en mesencéfalo e tronco: sistemas vestibuloespiñal, rubroespiñal e reticuloespiñal. Regulación das musculaturas proximal e distal. Interrelacións entre os sistemas descendentes. Neuronas propioespiñais. Centro locomotor mesencefálico.

Tema 9: O cerebelo: organización rexional. Estudo das súas divisións funcionais: vestibulocerebelo, espinocerebelo e cerebrocerebelo. Papel na aprendizaxe motora.

Tema 10: Os ganglios basais: estrutura e conexións. Papel no control do movemento e en aspectos da conduta non motora. Os circuítos nos ganglios basais utilizan diversos neurotransmisores.

Tema 11: A formación reticular e as súas funcións excitadoras e inhibidoras. Os ritmos biolóxicos. Ciclo sono-vixilia. Tipos de soños, e as súas bases neurobiolóxicas. Funcións do sono. Durmir e soñar. A melatonina e a súa relación co ritmo sono-vixilia.

Tema 12: Hipotálamo e sistema límbico. Anatomía funcional do sistema límbico e consideracións preliminares. Integración central das funcións hormonais e neurovexetativas. Bases neuronais da emoción e da motivación. Funcións específicas do sistema límbico.

Tema 13: Estudo do sistema nervioso autónomo (SNA). Organización. Características funcionais do SNA. Control central das funcións autónomas: papel do hipotálamo e do núcleo do tracto solitario. Bases celulares do funcionamento do SNA. Accións do SNA sobre as vísceras.

Tema 14: Funcións superiores do sistema nervioso. Areas de asociación: córtex prefrontal, córtex parietal posterior e córtex temporal. Neurobioloxía da memoria e a aprendizaxe. Mecanismos celulares. Receptores NMDA e non-NMDA
Capítulo 5.- SISTEMA RESPIRATORIO
Tema 1: Ventilación pulmonar. Mecánica da ventilación pulmonar. Curvas presión-volume. Efecto da tensión superficial e o seu control. Volumes e capacidades pulmonares; a súa medida. Ventilación alveolar. Concepto de punto de igual presión. Concepto de espazo morto.

Tema 2: Intercambio gasoso a nivel alveolar. Leis da difusión. Difusión de gases a través da membrana alveolar e factores dos que depende. Cociente ventilación-perfusión.

Tema 3: Transporte de gases polo sangue. Presións de O2 e CO2 en pulmóns, sangue e tecidos. Transporte de O2; curva da hemoglobina. O efecto Böhr. Transporte de CO2. Curva de disociación. O efecto Haldane.

Tema 4: Control da respiración pulmonar. Ritmicidade respiratoria. Receptores e vías aferentes. Centros respiratorios. Reflexos que interveñen no control respiratorio. Control químico da respiración.

Tema 5: Fisioloxía da respiración en condicións especiais. Respiración a baixas presións. Respiración a altas presións.
Capítulo 6.- SISTEMA CARDIOCIRCULATORIO Tema 1: Electrofisioloxía cardíaca. Características do potencial de acción cardíaco e das súas fases. Acoplamento excitación-contracción no músculo cardíaco. Automatismo e condución eléctrica. O electrocardiograma.

Tema 2: O corazón como músculo. Mecánica cardíaca. Lei de Frank-Starling e as súas bases estruturais. Curvas forza-velocidade e lonxitude-tensión. Conceptos de precarga, postcarga e contractilidade.

Tema 3: O corazón como bomba. A lei de Frank-Starling no corazón intacto. O ciclo cardíaco e as súas fases. Regulación do corazón como bomba: regulación heterométrica e homeométrica; efectos da innervación cardíaca. O volume minuto e o seu determinación. Factores dos que depende.

Tema 4: Circulación arterial. Características funcionais das arterias. Conceptos de: presión arterial sistólica, diastólica, media e diferencial. Método de medida. Factores cardiovasculares que inflúen na presión arterial. Regulación da presión arterial. Factores a curto e longo prazo. Diferenzas.

Tema 5: Circulación venosa. Características xerais do sistema venoso. Diferenzas co sistema arterial. Presión venosa. Retorno venoso e factores dos que depende.

Tema 6: Circulación capilar e sistema linfático. Características da circulación capilar. Intercambio de líquidos a nivel capilar e factores dos que depende. Sistema linfático e as súas características. Composición da linfa. Papel fisiolóxico do sistema linfático. Regulación do fluxo sanguíneo.

Tema 7: Circulacións rexionais e as súas características: coronaria, muscular, cutánea, espláncnica e fetal.
Capítulo 7.- SANGUE E SISTEMA INMUNITARIO Tema 1: Introdución e funcións xerais do sangue. Composición (I): sales e oligoelementos. Proteínas plasmáticas: Métodos de estudo. A albumina. Sistemas proteolíticos e inhibidores das proteasas. Composición (II): Proteínas de transporte específicas: As lipoproteínas.

Tema 2: Elementos formes do sangue. Clasificación xeral. O eritrocito. Metabolismo eritrocitario. A hemoglobina e a súa función. Eritropoese e hematopoese. Estudo dos leucocitos.

Tema 3: Hemostase e coagulación. Conceptos xerais. Papel das plaquetas na hemostase. A coagulación e as súas vías. Fibrinólise.

Tema 4: O sistema inmunitario. Inmunidade xeral e específica. Inmunidade celular e inmunidade humoral. Estrutura dos anticorpos. Mediadores.

Tema 5: Os grupos sanguíneos. Sistema ABO. Sistema Rh. Grupos sanguíneos e maternidade.
Capítulo 8.- ENDOCRINOLOXÍA E NUTRICIÓN Tema 1: Principios xerais de comunicación endócrina. Concepto de hormona e os seus mecanismos de actuación

Tema 2: O hipotálamo como glándula endócrina. Neurosecreción. Interrelacións hipotálamo-hipofisarias. Natureza química, síntese, liberación e accións biolóxicas das hormonas hipotalámicas.

Tema 3: Neurohipófise. Síntese, transporte axonal e liberación das hormonas neurohipofisarias. Accións biolóxicas e regulación da síntese e secreción da hormona antidiurética ou vasopresina. Accións biolóxicas e regulación da síntese e secreción de oxitocina.

Tema 4: Adenohipófise. Natureza química, síntese e liberación das hormonas adenohipofisarias. Hormonas glucoproteicas. POMC e derivados. GH e prolactina. Regulación da función adenohipofisaria: hormonas hipotalámicas e mecanismos de feedback.

Tema 5: Glándula tiroides: recordo anátomo-funcional. Mecanismo de biosínteses, almacenamento e liberación de hormonas tiroideas. Metabolismo das hormonas tiroideas. Accións biolóxicas das hormonas tiroideas. Regulación da función tiroidea. Estudo conxunto da regulación do eixe hipotálamo-hipófise-tiroideo.

Tema 6: Glándula adrenal. Recordo anátomo-funcional. Córtex adrenal: biosíntese de hormonas adrenocorticais. Metabolismo e excreción. Mineralocorticoides, glucocorticoides e esteroides sexuais. Regulación do trofismo adrenal: papel da ACTH. Regulación da secreción de hormonas córticoadrenais. Medula adrenal. Biosíntese de hormonas medulares. Almacenamento, liberación e metabolismo. Accións biolóxicas. Regulación da función da medula adrenal. Estudo conxunto do eixe hipotálamo-hipófiso-adrenal.

Tema 7: O páncreas endócrino. Organización celular dos illotes de Langerhans. Glicagón: biosíntese, secreción e metabolismo. Accións biolóxicas. Regulación da secreción de glicagón. Insulina: biosíntese, secreción e metabolismo. Accións biolóxicas. Regulación da secreción de insulina. Somatostatina: biosíntese, secreción e metabolismo. Accións biolóxicas.

Tema 8: Regulación hormonal da homeostase do calcio. Introdución xeral ao metabolismo do calcio. Paratiroides: estrutura. Síntese, almacenamento e liberación de paratohormona (PTH). Accións biolóxicas e mecanismos de acción. Regulación da secreción de PTH. Calcitonina: células de orixe, biosíntese e metabolismo. Accións biolóxicas e mecanismos de acción. Regulación da secreción de calcitonina. Vitamina D: Síntese e metabolismo. Accións biolóxicas e mecanismo de acción.

Tema 9: Control hormonal da reprodución no home. Testículo: recordo anátomo-funcional. Células de Leidig e células de Sertoli. Testosterona: biosíntese, accións biolóxicas. Control da función testicular: eixe hipotálamo-hipófiso-testicular.

Tema 10 Control hormonal da reprodución na muller. Ovario: recordo anátomo-funcional. Estróxenos e proxesterona: biosíntese, accións biolóxicas e mecanismo de acción. Control da función ovárica: eixe hipotálamo-hipófiso-ovárico. Regulación do ciclo menstrual.

Tema 11: Control hormonal do embarazo e da lactación. Placenta: hormonas placentarias: biosíntese, accións biolóxicas e mecanismo de acción. Cambios hormonais durante o embarazo e significación biolóxica. Influencia hormonal no parto. Control hormonal da lactación. Regulación do crecemento e desenvolvemento da glándula mamaria. Regulación da produción e exección de leite.

Tema 12: Fundamentos de nutrición. Control hormonal do metabolismo enerxético. Aspectos xerais do metabolismo de glúcidos, proteínas e lípidos. Control integrado do metabolismo da glucosa. Control integrado do metabolismo de proteínas e lípidos. Regulación do metabolismo durante o xaxún e trala inxestión.

Tema 13: Fame e saciedade. Regulación da inxestión de comida e peso corporal. Regulación do gasto enerxético e os seus efectos sobre o control do peso corporal. Papel da leptina.
Capítulo 9.- O RIL E OS LÍQUIDOS CORPORAIS Tema 1: Composición e compartimentos líquidos do organismo. Compartimentos intra e extracelular. Medida dos compartimentos líquidos. Composición dos líquidos orgánicos. Presión osmótica e intercambio de líquido entre compartimentos.

Tema 2: Formación de ouriña polo ril: Fluxo sanguíneo renal. Autorregulación do fluxo sanguíneo renal. Diurese de presión. Efectos da estimulación nerviosa. Filtración glomerular. Composición e índice de filtración glomerular. Regulación.

Tema 3: Mecanismos de reabsorción e secreción tubular. Mecanismos de transporte activo. Mecanismos de transporte pasivo. Absorción e secreción nas distintas partes da nefrona. Concepto de aclaramento plasmático e a súa utilidade.

Tema 4: Mecanismos de concentración e dilución urinaria. Estrutura da medula renal. Características funcionais dos segmentos tubulares implicados nos procesos de concentración e dilución. O mecanismo contracorrente. Formación dunha ouriña concentrada. Regulación do mecanismo de concentración. Formación de ouriña diluída. A micción e o seu control.

Tema 5: Regulación da osmolaridade e do volume do líquido extracelular. Sistema osmorreceptores-ADH. O mecanismo da sede e a súa regulación. Papel da aldosterona no control do sodio extracelular. Regulación da concentración de potasio e outros ións. Control do volume sanguíneo: factores nerviosos e hormonais de control.

Tema 6: Regulación do equilibrio ácido-básico. Introdución. Función dos sistemas tampón. Tampóns orgánicos. Regulación respiratoria do equilibrio ácido-básico. Control renal da concentración de hidroxenións. Tampóns tubulares renais. Escala temporal da regulación do equilibrio ácido-básico. Concepto de acidose e alcalose.
Capítulo 10.- SISTEMA DIXESTIVO Tema 1: Principios xerais da fisioloxía gastrointestinal. Motilidade esofáxica. Motilidade gástrica e a súa regulación. Motilidade do intestino delgado. Motilidade colónica. Motilidade ano-rectal. Defecación.

Tema 2: Fisioloxía da secreción salival e gástrica. Composición da saliva. Fisioloxía da mastigación e a deglutición e o seu control. Bases estruturais da secreción gástrica. Secreción gástrica e a súa regulación.

Tema 3: Fisioloxía da bile e da vía biliar. Composición e función da bile. Mecanismo de formación da bile. Motilidade da vía biliar.

Tema 4: Fisioloxía da absorción e secreción intestinal. Bases morfo-funcionais da absorción e secreción intestinal. Tipos de transporte. Transporte de diversas substancias. O sistema inmunolóxico do intestino. Hormonas gastrointestinais.

Tema 5: Fisioloxía do páncreas exócrino. Composición do zume pancreático: compoñente hidroelectrolítico e compoñente encimático. Control da secreción pancreática: mediadores implicados. Fases da secreción pancreática.

Tema 6: Fisioloxía hepática. O fígado como controlador na homeostase calórica: fases de inxestión, xaxún precoz, xaxún e xaxún prolongado. Glicólise, glicoxenoxénese e glicoxenólise. Manexo dos lípidos por parte do fígado. Metabolismo hepático de lipoproteínas e colesterol. Metabolismo hepático de vitaminas. Función detoxificante do fígado. Metabolismo hepático das hormonas.
Capítulo 11.- FISIOLOXÍA DO ENVELLECEMENTO: SEMINARIO Principios xerais sobre o envellecemento. O envellecemento como unha etapa do ciclo vital. Teorías sobre o envellecemento.

Características fisiolóxicas do envellecemento nos distintos sistemas corporais. envellecemento cerebral, deterioro neuronal e demencias
Prácticas:


1.- Simulacións por ordenador: potencial de membrana e potencial de acción.
2.- A contracción muscular
3.- O electroencefalograma
4.- Presión arterial
5.- Exploración cardiocirculatoria e introdución ao electrocardiograma
6.- Introdución á espirometría
7.- A glicemia
8.- Valoración antropométrica da saúde

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A1 A2 A3 A4 A9 C3 C8 60 96 156
Laboratory practice A2 A9 B3 C3 C8 24 6 30
Seminar B2 B4 B5 C3 C8 10 3 13
Mixed objective/subjective test A1 A9 B1 2 0 2
Supervised projects A1 C3 C8 C9 8 15 23
 
Personalized attention 1 0 1
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech A clase maxistral é tamén coñecida como conferencia, método expositivo ou lección maxistral. Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Para as competencias específicas do título referenciadas nesta materia.
Laboratory practice Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.

Para adquirir as competencias específicas do título referenciadas nesta materia.

Seminar Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario.

Para adquirir as competencias xenéricas do título referenciadas nesta materia.
Mixed objective/subjective test Proba para valorar os contidos teóricos a través de probas de ensaio (preguntas abertas de desenvolvemento) e probas obxectivas (preguntas de resposta múltiple, breve, de completar, ordenación, asociación e/ou discriminación). Segundo a natureza dos contidos poden aplicarse probas de ensaio ou probas obxectivas, illadamente.
Supervised projects Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado, baixo tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do como facer as cousas. Constitúe unha opción baseada na asunción polo alumnado da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.

Para adquirir as competencias xenéricas, fundamentalmente, e específicas do título referenciadas nesta materia

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Description
AA atención personalizada, incluído o alumnado a tempo parcial, farase mediante titorías personalizadas virtuais e/ou presenciais.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Laboratory practice A2 A9 B3 C3 C8 Asistencia obrigatoria.
Participación activa nas prácticas, caderno de prácticas e/ou proba mixta (15% da nota total)


15
Supervised projects A1 C3 C8 C9 Traballos escritos realizados polo alumno a partir dun tema recomendado polo profesor ou presentación de artigos científicos de forma individual ou en grupo. 10
Mixed objective/subjective test A1 A9 B1 Exame escrito para valorar os contidos teóricos que consistirá en probas tipo ensaio e/ou obxectivas 75
 
Assessment comments

Sistemasde avaliación primeira e segunda oportunidade: exame escrito da materia (75% da nota final).Traballos/presentacións (10%). Prácticas (15%). Sistemas decualificación: numérico desde o 0 ao 10, sendo 10 a máxima cualificación e 5 oaprobado. O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificaciónnumérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 desetembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo decréditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias decarácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema decualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaliente9-10. Matrícula de Honra (Graciable).

Oportunidadeadiantada: proba mixta que abordará todo o temario da materia.

Nonpresentado: considerarase "non presentado" a calquera alumna oualumno que non se presente a algunha das probas mixtas.

En caso de facerse examesindividualizados para cada cuadrimestre, deberase obter unha nota mínima de 3.5puntos sobre un máximo de 10 en cada parte para que se poida facer a media deambos os cuadrimestres. No caso de non obterse un 3.5 nalgún dos exames amateria estará suspensa. Se se suspende a materia, aínda tendo nalgún cuadrimestre5 ou máis puntos, os estudantes deberán examinarse da materia completa nasseguintes oportunidades.

Aproba mixta pode estar composta por calquera das seguintes modalidades e/ouunha combinación de varias: preguntas de ensaio (preguntas abertas dedesenvolvemento), preguntas test de resposta múltiple (podendo ser verdadeiras unhaou varias das respostas), preguntas de ordenación, preguntas de resposta breve,preguntas de discriminación, preguntas de completar, preguntas de asociación.

Enténdese que o alumnado universitarioten que ter asumidas as capacidades lingüísticas en relación á expresión oral eescrita. Polo tanto, será primordial e levarase a cabo obrigatoriamente acorrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación),gramatical e léxica nos traballos e exames realizados como condiciónimprescindible para superar a materia.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unhavez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso naconvocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso”(nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se acomisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Paraisto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeiraoportunidade, se fose necesario .

Matrículaa tempo parcial: Recoméndase ao alumnado nesta situación contactar o máisrapidamente posible co profesorado de cara a estudar de maneira individualizadacada caso.


Sources of information
Basic

·  Fisiología humana. Fox, Stuart Ira.  McGraw Hill.

·  Fisiología. Preston, Robin R.  Wolters Kluwer.

·  Fisiología humana: un enfoque integrado. Silverthorn, Dee Unglaub. Panamericana.

·  Fisiología. Costanzo, Linda S. Wolters Kluwer.

·  Fisiología. Costanzo, Linda S. Elsevier.

·  Fisiología humana. Derrickson, Bryan. Panamericana.

·  Fisiología médica: un enfoque por aparatos y sistemas. Raff, Hershel.  McGraw Hill Education.

·  Principios de anatomía y fisiología. Tortora, Gerard J. Panamericana.

·  Principios de fisiología humana. Stanfield, Cindy L.  Pearson Educación.

·  Guyton y Hall: tratado de Fisiología Médica. Hall, John E. Elsevier.

·  Tratado de fisiología médica. Guyton, Arthur C. Elsevier.

·  Fisiología. Berne y Levy. Elsevier.

·  Principios de fisiología humana. Stanfield, Cindy L. Pearson Educación.


https://www.udc.es/gl/biblioteca/recursos_informacion/libros_electronicos/libreria-pons_0001/ 
Complementary (). .


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

1. Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos do Plan Green Campus da Facultade de Fisioterapia, os traballos documentais que se realicen nesta materia poderanse solicitar tanto en formato papel como virtual ou soporte informático. De realizarse en papel, seguiranse na medida do posible as seguintes recomendacións xerais: - Non se utilizarán plásticos - Realizaranse impresións a dobre cara - Empregarase papel reciclado - Evitarase a realización de borradores

2. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

3. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.