Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) BIOFÍSICA E BIOQUÍMICA Código 651G01004
Titulación
Grao en Fisioterapia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Física e Ciencias da Terra
Coordinación
Cabeza Gras, Oscar
Correo electrónico
oscar.cabeza@udc.es
Profesorado
Cabeza Gras, Oscar
Lamas Maceiras, Mónica
Rilo Siso, Esther
Correo electrónico
oscar.cabeza@udc.es
monica.lamas@udc.es
esther.rilo.siso@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia trata dos fundamentos físicos e químicos necesarios para entender os procesos fisiolóxicos mais importantes, así como a aparataxe usado habitualmente na práctica da Fisioterapia.
Plan de continxencia

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e comprender a morfoloxía, a fisioloxía, a patoloxía e a conduta das persoas, tanto sas como enfermas, no medio natural e social.
A2 Coñecer e comprender as ciencias, os modelos, as técnicas e os instrumentos sobre os que se fundamenta, articula e desenvolve a fisioterapia.
A17 Comprender a importancia de actualizar os coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que integran as competencias profesionais do fisioterapeuta.
B1 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C9 Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Realizar unha introducción á Bioquímica para coñecer a estrutura e funcionamento do ser humán a un nivel molecular, tanto no que fae referencia as súas moléculas compoñentes (biomoléculas) como ás relacions que se establecen entre elas (metabolismo), plantexando tamén a enorme complexidade organizativa. A1
A2
B1
B2
B3
B4
B5
C1
C8
C9
Coñecer e comprender os concetos básicos e principais da Física Xeral. A2
B1
B2
B3
B4
B5
C1
C3
C4
C8
C9
Manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes científicas relacionados coa Biofísica e Bioquímica, cunha actitude de aprendizaxe e mellora. A17
C4
C5

Contidos
Temas Subtemas
1. Biofísica • Tema 1.1: Magnitudes físicas. Medida, dimensións e unidades.
• Tema 1.2: Enerxía mecánica. Conservación. Rozamento.
Medios deformables. Elasticidade.
• Tema 1.3: Biorreoloxía e Fluídos. Principios de hidrostática.
Principios de hidrodinámica. Fluidos reais.
• Tema 1.4: Calor e temperatura. Propagación da calor.
Primeiro e Segundo Principios da Termodinámica.
• Tema 1.5: Movemento vibratorio. Son. Ultrason
• Tema 1.6: Electricidade. Cargas, campos e potenciais eléctricos. Elementos eléctricos activos e pasivos.
Electrocinética continua e alterna. Magnetismo.
• Tema 1.7: Radiación electromagnética. Espectro electromagnético. Radioactividade.
2. Bioquímica • Tema 2.1 Biomoléculas e bioelementos.
• Tema 2.2 Glúcidos estrutura e función
• Tema 2.3 Lípidos estructura e función
• Tema 2.4 Ácidos nucleicos
• Tema 2.5 Proteínas estructura e función
• Tema 2.6 Enzimas e cinética enzimática
• Tema 2.7 Introducción ao Metabolismo
• Tema 2.8 Introducción á Bioloxía Molecular

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A2 C8 2 2 4
Sesión maxistral A1 A2 B1 C8 29 29 58
Solución de problemas A1 A2 B2 9 21 30
Prácticas de laboratorio A2 C5 C3 9 11 20
Prácticas a través de TIC A2 C1 6 12 18
Proba obxectiva A2 C8 3 0 3
Proba práctica A2 C1 C3 C8 1 0 1
Traballos tutelados A17 B2 B3 B4 B5 C3 C4 C8 C9 1 11 12
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación da asignatura por parte dos profesores responsables indicando o programa da materia e as pautas para a sua evaluación.
Sesión maxistral Explicación pormenorizada dos distintos temas e subtemas teóricos da materia.
Solución de problemas Resolución de problemas por parte dos alumnos co auxilio do profesor. Parte dos mesmos os realizan os alumnos de forma autónoma, induvidualmente o en parella.
Prácticas de laboratorio Faranse prácticas de laboratorio reais coa participación activa dos alumnos dentro das posibilidades que nos brinda a Escola. Inclúese a toma de datos e o seu tratamento, así como a entrega dos resultados.
Prácticas a través de TIC Faranse prácticas virtuais a través de páxinas web adecuadas. O alumno terá que supoñer casos, tomar datos e tratalos. Os resultados se entregarán o Profesor para a sua evaluación.
Proba obxectiva Exame dos contidos teóricos e prácticos da materia, con especial atención á resolución de problemas.
Proba práctica Realización dunha proba basada nos coñecimentos e destrezas adquiridos no laboratorio
Traballos tutelados Os alumnos realizarán un traballo de cada Tema da materia a proposición do Profesor. Dito traballo será entregado para a súa evaluación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Prácticas de laboratorio
Prácticas a través de TIC
Traballos tutelados
Descrición
Os profesores da materia atenderán personalmente a todos e cada un dos seus alumnos para guialos na solución dos problemas plantexados, a realización das prácticas tanto de Laboratorio coma usando TIC. Os titulos dos traballos tutelados serán repartidos entre o alumnado para a súa realización, xunto coas fontes bibliográficas necesarias. Finalmente se habilitarán horas de tutoría para a atención personalizada do alumno onde se lle resolverán as dúbidas de calquera parte da materia e metodoloxía.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A1 A2 B2 Corrección dos problemas propostos os alumnos para a súa realización autónoma. 14
Prácticas de laboratorio A2 C5 C3 Asistencia e Libreta de Laboratorio 3.5
Prácticas a través de TIC A2 C1 Asistencia e Folla de resultados acadados e o seu tratamento 2.5
Proba obxectiva A2 C8 Exame de Teoría e de Problemas. 68.5
Traballos tutelados A17 B2 B3 B4 B5 C3 C4 C8 C9 Corrección do traballo entregado polo alumno. 9
Proba práctica A2 C1 C3 C8 Exame dos coñecementos e destrezas adquiridos no laboratorio 2.5
 
Observacións avaliación

As porcentaxes das cualificacións varian na parte de Biofísica e Bioquímica, aparecendo na táboa superior a media de ambas. Así, na mesma orde e de arriba abaixo, as porcentaxes de Biofísica son: 10, 5, 5, 70, 5 e 5%. E as de Bioquímica: 18, 2, 0, 67, 0 e 13%.

A realización das prácticas de Biofísica é OBLIGATORIA polo que non se pode aprobar esa parte da materia sen facelas. Os alumnos que por RAZÓN XUSTIFICADA non poidan asistir ás sesións de prácticas poderán facer un
traballo equivalente acordado coa profesora.

Será necesario obter un mínimo de 4 sobre 10 na Proba obxectiva para poder sumar o resto das notas. A inasistencia as clases en mais dun 20% inhabilita ó alumno a ser evaluado, excepto que haxa unha causa xustificada a opinión do Profesor.

A nota final será o 50% de Bioquímica e o 50 % de Biofísica. Para superar a asignatura será necesario ter as duas partes aprobadas. O aprobado dunha parte en xaneiro conservarase ate o exame de xullo.

As porcentaxes asignadas a cada proba poden sufrir pequenas
modificacións dun curso a outro en función das necesidades da
materia; non obstante o valor do exame (teórico e práctico) non será
inferior ao 65% da nota final e o valor da evaluación continuada
(traballo non presencial) nunca será superior ao 35%.


Fontes de información
Bibliografía básica Diaz Zagoya & Juárez Oropeza (2007). Bioquímica un enfoque básico aplicado a las ciencias de la vida. McGrawHill
Devlin, T.M. (2004). Bioquímica. Libro de texto con aplicaciones clínicas. Barcelona
Ortuño (1996). Física para biología, medicina, veterinaria y farmacia. Barcelona
Cromer A.H. (1992). Física para las ciencias de la vida. Barcelona
Voet, Voet & Voet (2013). Fundamentos de bioquímica. Paramericana
Angel Franco García (2006). Prácticas de Física. Universidad del Pais Vasco

Bibliografía complementaria Maugan, R., Gleeson, M. and Greenhaff, P.L. (1997). Biochemistry of Exercise & Training. Oxford
Teixidó Gómez, F. (2005). Biología. Madrid
Stryer, L., Berg, J.M. y Tymoczko, J.L. (2003). Bioquímica, 5ª ed. . Barcelona
Mathews, Van Holde y Ahern (2002). Bioquimico 3 ed.. Madrid
Varios (2008). Biorom. Varios
Cussó, López y Villar (2004). Física de los procesos biológicos. Barcelona
Zaragoza JR (1992). Física e instrumentación médicas. Madrid
Gómez Capilla, J.A., Gómez Llorente, C. (2004). Iniciación al estudio de la bioquimica. Madrid


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

E unha materia de caracter fundamental, e moitas da carreira necesitan destes coñecementos para ser comprendidas na súa totalidade.


Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir o obxectivo estratéxico 11 do Plan Green Campus da Facultade de Fisioterapia, os traballos documentais que se realicen nesta materia poderanse solicitar tanto en formato papel como virtual ou soporte informático. De realizarse en papel, seguiranse as seguintes recomendacións xerais:
- Non se utilizarán plásticos. 
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase na medida do posible a realización de borradores.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías