Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) MARCO TEÓRICO DA FISIOTERAPIA E A REHABILITACIÓN FÍSICA Código 651G01006
Titulación
Grao en Fisioterapia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Primeiro Obrigatoria 9
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias Biomédicas, Medicina e Fisioterapia
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Fernandez Cervantes, Ramon
Correo electrónico
ramon.fcervantes@udc.es
Profesorado
Fernandez Cervantes, Ramon
Correo electrónico
ramon.fcervantes@udc.es
Web
Descrición xeral Ao finalizar esta materia o alumno será capaz de coñecer o proceso histórico da fisioterapia e rehabilitación física. O desenvolvemento conceptual da fisioterapia e a súa constitución como profesión sanitaria. O rol da fisioterapia dentro das ciencias da saúde, e singularmente na rehabilitación, dentro dun enfoque biopsicosocial. Coñecerá a dimensión científica desta disciplina relacionándoa co seu método de intervención. Respecto deste último, prestará especial atención ao coñecemento do marco teórico do diagnóstico en fisioterapia e á adquisición de coñecementos e habilidades en relación á relación terapeuta-paciente e á comunicación dentro da relación terapeuta-paciente.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e comprender a morfoloxía, a fisioloxía, a patoloxía e a conduta das persoas, tanto sas como enfermas, no medio natural e social.
A2 Coñecer e comprender as ciencias, os modelos, as técnicas e os instrumentos sobre os que se fundamenta, articula e desenvolve a fisioterapia.
A3 Coñecer e comprender os métodos, procedementos e actuacións fisioterapéuticas, encamiñados tanto á terapéutica propiamente dita a aplicar na clínica para a reeducación ou recuperación funcional, como á realización de actividades dirixidas á promoción e mantemento da saúde.
A4 Adquirir a experiencia clínica adecuada que proporcione habilidades intelectuais e destrezas técnicas e manuais; que facilite a incorporación de valores éticos e profesionais; e que desenvolva a capacidade de integración dos coñecementos adquiridos; de forma que, ao termo dos estudos, os estudantes saiban aplicalos tanto a casos clínicos concretos no medio hospitalario e extrahospitalario, como a actuacións na atención primaria e comunitaria.
A5 Valorar o estado funcional do paciente, considerando os aspectos físicos, psicolóxicos e sociais.
A6 Valoración diagnóstica de coidados de fisioterapia segundo as normas e cos instrumentos de validación recoñecidos internacionalmente.
A7 Deseñar o plan de intervención de fisioterapia atendendo a criterios de adecuación, validez e eficiencia.
A8 Executar, dirixir e coordinar o plan de intervención de fisioterapia, utilizando as ferramentas terapéuticas propias e atendendo á individualidade do usuario.
A9 Avaliar a evolución dos resultados obtidos co tratamento en relación cos obxectivos marcados.
A10 Elaborar o informe de alta dos coidados de fisioterapia unha vez cubertos os obxectivos propostos.
A11 Proporcionar unha atención de fisioterapia eficaz, outorgando unha asistencia integral aos pacientes.
A12 Intervir nos ámbitos de promoción, prevención, protección e recuperación da saúde.
A13 Saber traballar en equipos profesionais como unidade básica na que se estruturan de forma uni ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demais persoal das organizacións asistenciais.
A14 Incorporar os principios éticos e legais da profesión á práctica profesional así como integrar os aspectos sociais e comunitarios na toma de decisións.
A15 Participar na elaboración de protocolos asistenciais de fisioterapia baseada na evidencia científica, fomentando actividades profesionais que dinamicen a investigación en fisioterapia.
A16 Levar a cabo as intervencións fisioterapéuticas baseándose na atención integral da saúde que supón a cooperación multiprofesional, a integración dos procesos e a continuidade asistencial.
A17 Comprender a importancia de actualizar os coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que integran as competencias profesionais do fisioterapeuta.
A18 Adquirir habilidades de xestión clínica que inclúan o uso eficiente dos recursos sanitarios e desenvolver actividades de planificación, xestión e control nas unidades asistenciais onde se preste atención en fisioterapia e a súa relación con outros servizos sanitarios.
A19 Comunicarse de modo efectivo e claro, tanto de forma oral como escrita, cos usuarios do sistema sanitario así como con outros profesionais.
B1 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C9 Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Diferenciar, dentro do desenvolvemento histórico xeneral da Fisioterapia, as principais características das etapas precientífica e científica. A1
A2
B1
C3
Analizar a Fisioterapia desde unha perspectiva conceptual establecendo a diferenciación con outras disciplinas das ciencias da saúde. A2
B2
C3
Identificar o concepto e as características psicosociais dunha profesión, a Fisioterapia, as súas normas reguladoras e os principios éticos que a rexen. A2
A13
A14
B2
Analizar o marco competencial do fisioterapeuta e establecer a súa relación co marco académico no que se adquire e cos ámbitos de exercicio profesional. A3
B2
C3
Diferenciar o coñecemento común do coñecemento científico describindo as orixes, as características e as fases do método científico. Analizar o método científico en Fisioterapia. A4
A9
A10
B3
C8
Nomear os marcos teóricos da Fisioterapia: marco teórico tradicional e marco teórico actual, profundando nas teorías xerais, básicas e propias. A2
A3
A9
A10
A15
B1
B2
C5
Identificar as fases do proceso fisioterapéutico, secuenciando as diferentes etapas que o compoñen, argumentando a necesidade da súa implementación na actuación profesional do fisioterapeuta. A5
A7
A8
A9
A17
A18
B2
B3
C9
Definir o concepto de diagnóstico de Fisioterapia, os criterios básicos para a súa formulación e a terminoloxía diagnóstica. Deseñar un diagnóstico de fisioterapia seguindo os modelos establecidos, analizando as súas limitacións e propoñendo alternativas. A6
B2
B3
B4
C9
Manexar os principios que rexen a relación terapeuta?paciente na contorna clínica, identificando os tipos de relación existente e seleccionando aquela que se axuste a un contexto biopsicosocial. A11
A12
A16
A19
B4
B5
C1
C3
C4
C9

Contidos
Temas Subtemas
PROGRAMA TEÓRICO

UNIDADE I. DESENVOLVEMENTO HISTÓRICO XENERAL.

PRIMEIRA PARTE: TERAPÉUTICA Ou PRECIENTÍFICA.

Tema 1.- O home primitivo . Primeiras formas de tratamento físico e recuperación funcional.


1.1Metodoloxía de estudo:
1.1.1- Os axentes e medios físicos na terapéutica.
1.1.2- O exercicio terapéutico como pricipio da recuperación da función corporal.


Tema 2.- CIVILIZACIÓNS ARCAICAS. 2.1 EXTINGUIDAS: Antiga mesopotamia e antigo Exipto.
2.2 PERVIVIENTES: China antiga e India antiga e América precolombina.
SEGUNDA PARTE:

TERAPÉUTICA TÉCNICA Ou CIENTÍFICA.

Tema 3.- Grecia e Roma clásicas.



3.1 Antiga Grecia:
3.1,1 Precientifísmo.
3.1.2 Cientifísmo.
3.2 Antiga Roma.
Tema 4.- Antecedentes da fisioterapia e a rehabilitación física na Idade Media. 4.1 A Alta Idade Media.
4.2 A Baixa Idade Media.
Tema 5.- Antecedentes históricos da fisioterapia e a rehabilitación física durante o Renacemento.
5.1 O século XV.
5.2 O século XVI.
Tema 6.- Antecedentes históricos da fisioterapia e a rehabilitación física durante os séculos XVII e XVIII. 6.1 O século XVII.
6.2 O século xVIII.
Tema 7.- Antecedentes históricos da fisioterapia e a rehabilitación física no século XIX.
7.1 A fisioloxía.
7.2 A famacología.
7.3 Os axentes Físicos.
Tema 8.- Antecedentes da fisioterapia e rehabilitación física no século XX. 8.1 O nacemento da fisioterapia actual.
Tema 9.- A institucionalización da fisioterapia en España. 9.1 Primeiras achegas conceptuais.
9.2 A figura do fisioterapeuta.
UNIDADE II. MARCO CONCEPTUAL DA FISIOTERAPIA E A REHABILITACIÓN .

Tema 10.- Análise conceptual e interdiciplinar.
10.1 Concepto de fisioterapia.
10.2 Concepto de rehabilitación: a rehabilitación física.
10.3 Concepto de terapia ocupacional.
10.4 Concepto de medicina.
10.5 Concepto de enfermería.
Tema 11.- La fisioterapia como profesión.
11.1 Definicións de profesión.
11.1.1 Características psicosociais do concepto de profesión.
11.2 Normas reguladoras da profesión de fisioterapeuta.
11.3 A ética profesional.
11.4 A fisioterapia como profesión da saúde.
Tema 12.- Funcións dos fisioterapeutas. Ámbitos para o exercicio profesional. Marco académico da fisioterapia .Ferramentas do desenvolvemento académico e profesional da fisioterapia. 12.1 Concepto de función, tarefa, actividade, acción.
12.1.1 Funcións xerais dos fisioterapeutas: Asistencial, docente, investigación, xestión.
12.2 Área de coñecemento.
12.3 Competencias do título de grao en fisioterapia.
12.4 As organizacións científicas e profesionais en fisioterapia.
12.4.1 A Confederación Mundial de Fisioterapia.
12.4.2 A Asociación Española de Fisioterapeutas.
12.4.3 Os colexios profesionais.
12.5. Publicacións cientificas e eventos científico.
Tema 13.- A fisioterapia como ciencia. Coñecemento. O método científico. O artigo científico. A lei. A teoría. O modelo. 13.1 Coñecemento común e coñecemento científico.
13.1.1 Ramas da ciencia.
13.1.2. Fisioterapia e coñecemento científico.¨
13.2 Orixes do método científico.
13.2.1 Características do método científico.
13.2.2 Fases do método científico.
13.2.3 Estrutura do artigo científico.
UNIDADE III. MARCOS TEÓRICOS DA FISIOTERAPIA.

Tema 14.- Marco teórico tradicional. Marco teórico actual. Teorías xerais. Teorías básicas. Teorías propias. .
14.1 Teorías científicas.
14.1.2 Cambios de paradigma científico.
14.2 Teoría xeral de sistemas.
14.3 Teoría das necesidades básicas humanas.
14.4 Teorías básicas do a fisioterpapia que parten da física.
14.5 Principios desde a anatomía.
14.6 Principios desde a fisioloxía.
principios desde a medicina.
14.7 A fisioterapia como ciencia do movemento
UNIDADE IV. O PROCESO FISIOTERAPÉUTICO.

Tema 15.- O método científico e o proceso fisioterpéutico. Fases do proceso fisioterapéutico. Rexistro de fisioterapia.
15.1 Datos de referencia.
15.2 Anamnesis.
15.3 Exploración física.
15.4 Análise dos datos.
15.5 Formulación do plan de tratamento.
15.6 Tratamento.
15.7 Avaliación dos resultados.
Tema 16.- O diagnóstico. O diagnóstico de fisioterapia. 16.1.Concepto.
16.2 Características.
16.3 Obxectivo.
13.4 Elaboración.
13.5 Tipos.
Tema 17.- A relación terapeuta-paciente. 17.1 Concepto.
17.1.1 Características.
17.1.2 Tipos de relación.
17. 2 Contención emocional na relación terapeuta-paciente.
17.3 Relación orientada ao consultante.
17.4 Aplicación do modelo biopsicosocial á práctica clínica
Tema 18.- A comunicación en practícaa clínica. 18.1 Concepto.
18.2 Características.
18.3 Tipos.
18.4 Barreiras
18.5 Efectos dunha inadecuada comunicación na relación co paciente.
19.- O traballo asistencial en equipo. 19.1 Proceso de constitución do equipo.
19.2 Características do traballo en equipo.
19.3 Vantaxes do traballo en equipo.
19.4 Dificultades do traballo en equipo.
PROGRAMA PRÁCTICO

Práctica 1.-
Buscar en revistas e libros imaxes de personaxes históricos relevantes relacionados coa fisioterapia e a rehabilitación física, previos ao século XX, e elaborar carteis coas imaxes e os datos relativos a datas e achegas relevantes.
Elaborar carteis.
Práctica 1.-
Buscar en revistas e libros imaxes de personaxes históricos relevantes relacionados coa fisioterapia e a rehabilitación física, previos ao século XX, e elaborar carteis coas imaxes e os datos relativos a datas e achegas relevantes.
Elaborar carteis.
Práctica 3.-
Recompilar de fontes bibliográficas (revistas, xornais, boletíns, etc), relacionadas coa fisioterapia, noticias relativas ao desenvolvemento ciéntifico e académico da fisioterapia en España desde o inicio do século XX ata 1957, elaborando carteis con estes materiais.
Elaborar carteis
Práctica 4.-
Recompilar de fontes bibliográficas (revistas, xornais, boletíns, etc), relacionadas coa fisioterapia, noticias relativas ao desenvolvemento ciéntifico e académico da fisioterapia en España desde o inicio do século XX ata 1957, elaborando carteis con estes materiais.
Elaborar carteis.
Práctica 6.-
Buscar definicións de fisioterapia no espazo suramericano, francófono e anglosaxón e realizar unha análise conceptual identificando similitudes, diferenzas e complementaciónes. Elaborar un informe escrito para ser lido na aula.
Elaborar informe.
Práctica 7.-
Recompilar as funcións de: Enfermeira, técnico de planta hospitalaria, auxiliar de enfermería, celador, terapeuta ocupacional e podólogo e expoñer unha análise das mesmas na aula.
Elaborar análise.
Práctica 8.- Acceder a páxinas electrónicas de centros asistenciais de fisioterapia e analizar a estrutura, organización funcional e equipamento dos mesmos. Análise de datos.
Práctica 9.-
Recompilar diferentes rexistros clínicos de medicina, enfermería e fisioterapia e analizsar a súa estrutura.
Análise de datos.
Práctica 10.-
Dramatizar unha entrevista clínica analizando as súas fases, as fortalezas e as debilidades da mesma.
Dramatización.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa A2 A13 A19 C1 C5 10 25 35
Prácticas de laboratorio A2 A3 A4 A13 A18 C3 C8 10 10 20
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A5 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A17 A18 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C4 C5 C8 C9 60 30 90
Proba mixta A2 A3 A5 A6 A7 A9 A13 A14 A15 A16 A19 B1 B2 B3 B4 B5 C9 C8 2 0 2
Recensión bilbiográfica A2 A17 0 66 66
Presentación oral C1 C3 8 0 8
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Recensión bilbiográfica Recensión bilbiográfica A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, nin unha mera análise do contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica científica é a crítica que merece a xuízo do autor da recensión, en relación a outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou en relación a súa propia experiencia.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Prácticas de laboratorio
Proba mixta
Sesión maxistral
Presentación oral
Descrición
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Ao tratarse dunha materia de fundamentos teóricos para alumnos de primeiro curso a atención personalizada está orientada a axudar ao alumno na clarificación de conceptos interrelacionados, resolución de dúbidas e adquirir unha visión integrada deste corpo de coñecementos. Tamén posúe o obxectivo de axudarlle na procura e interpretación das fontes bibliográficas.
Para a tutorización desta metodoloxía docente establécense catro horas de atención personalizada distribuídas regularmente ao longo do curso

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A2 A13 A19 C1 C5 Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
A avaliación terá en conta a participación activa nas sesions docentes. A cualificación outorgarase entre un mínimo de 0 e un máximo de 3.
5
Prácticas de laboratorio A2 A3 A4 A13 A18 C3 C8 Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
A avaliación terá en conta a participación activa na elaboración dos trabllos ademáis da súa exposición na clase. A cualificación outorgarase entre un mínimo de 0 e un máximo de 3.
10
Proba mixta A2 A3 A5 A6 A7 A9 A13 A14 A15 A16 A19 B1 B2 B3 B4 B5 C9 C8 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
A avaliación terá en conta responder axeitadamente as cuestións formuladas na proba. A superación da mesma conseguirase obtendo como mínimo 6 sobor de 10 puntos de media na proba. Cada cuestión valorarase de 0 a 10 puntos.
65
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A5 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A17 A18 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C4 C5 C8 C9 Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
A avaliación terá en conta a presentación dun pequeno resumo do tratado na aula o acabar a clase. A cualificación será de 0 no caso de non presentalo ou facelo mal e 1.
5
Recensión bilbiográfica A2 A17 A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, nin unha mera análise do contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica científica é a crítica que merece a xuízo do autor da recensión, en relación a outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou en relación a súa propia experiencia.
Se avaliará a súa presentación en tempo e forma ademáis de dada un dos apartados da mesma. A cualificación se axudicará entre un mínimo de 0 e un máximo de 3.
15
 
Observacións avaliación

A relación entre os contidos teóricos e prácticos establécese nun 75% para os teóricos e un 25% para os prácticos.


Fontes de información
Bibliografía básica Comelles J M (2000). Atención Primaria de Salud: El Difícil Maridaje entre Atención Integral y Atención Institucional. En: Jano. Jano
Mancusi M, Faccio C A (2003). Antropología Social. Buenos Aires. Editorial Docenca
Uribe Oyarbide J M (2000). Atención Primaria de Salud y Centro de Salud: La Construcción Social de la Salud. Jano
Martín Zurro A, Cano Pérez J.F. (2003). Atención Primaria de Salud. Conceptos, organización y práctica clínica.. Madrid. Elsevier
Calvo Arenillas J.I. (2002). Avances en Discapacidad. En: I Jornadas de Fisioterapia y Salud. Escuela Universitaria de Fisioterapia. Departamento de Fisioterapia
Gallego T (2007). Bases Teóricas y Fundamentos de la Fisioterapia. Panamericana
Carlos Chordá (2005). Ciencia para Nicolás. LAETOLI
Charpentier P, Aboiron H (2006). Clasificación Internacional de las deficiencias, discapacidades y minusvalías. Enciclopedia Médico Quirúrgica
Fernández Cervantes R (1996). Definición de la Fisioterapia desde la Asociación Española de Fisioterapeutas. En: Libro de Ponencias del X Congreso Nacional de Fisioterapia. Salamanca. Viajes y Congresos
Viel Eric (1999). Diagnóstico Fisioterápico. MASSON
Fernández Cervantes R (2004). Diagnóstico Fisioterápico. En: Libro de Ponencias de las VIII Jornadas Nacionales de Fisioterapia en Atención Primaria. Servei de Publicaciones de la Universidadad Rovira y Virgil
Martínez Rodríguez A (2008). Fisioterapia en Atención Primaria. Sintésis
Martínez Rodríguez A, Fernández Cervantes R, Medina Mirapeix F (2002). Habilidades comunicacionales en la entrevista clínica. En: Fisioterapia. Madrid. Masson
Climent J.M. (2001). Historia de la Rehabilitación Médica. EDIKAMED
Heerkens Y.F. y col. (1994). Impairments and disabilities - The difference: Proposal for adjustment of the international classification of impairments, disabilities, and handicaps. En: Physical Therapy. Physical Therapy
Bunge M. (1995 ). La Ciencia su Método y su Filosofía. Buenos Aires. Sudamericana
Loscertales Abril F, Gómez Garrido A (1999). La comunicación con el enfermo. Alhuila
Montesinos A. (1974). La Enfermera y la organización del trabajo hospitalario. Científico-Médica
Raposo Vidal I, Fernández Cervantes R, Martínez Rodríguez A (2001). La Fisioterapia en España durante los siglos XIX y XX hasta la integración en escuelas universitarias de Fisioterapia, En: Fisioterapia. Madrid. Masson
Feridson E. (1978). La Profesión Médica. Ediciones Península
Villanueva C, Eusebio J, Peralta V. ( 2005). Las clasificaciones de la enfermedad y la discapacidad de la OMS. En: Fisoterapia. Madrid. Elsevier
Lindberg D.C. (2002). Los Inicios de la Ciencia Occidental. Paidos Orígenes
Fernández Cervantes R, Martínez Rodríguez A (1999). Los nuevos retos de gestión y su aplicación en Fisioterapia de Atención Primaria. En: Libro de ponencias de las VI Jornadas Nacionales de Fisioterapia en Atención Primaria. Asociación Española de Fisioterapeutas
Fernández Cervantes R, Raposo Vidal I (1997). Perspectivas de salud en el siglo XXI. En: Libro de Ponencias del XI Congreso Nacional de Fisioterapia. Madrid. Panamericana
Guccione A. (1991). Physical therapy diagnosis and funtions. En: Physical Therapy. Phys. Ther.
Rose J S (1989). Physical Therapy Diagnosis: Role and Function. En: Physical Therapy. Physical Therapy
Carlos Ongallo (1999). Unidad Didáctica I. En: Empatía. Pharma Consult Services, S.A.
Minaire P. (1989). Utilisation Classificatión International des Déficiencies, Incapacités et handicaps (CIDIH) en réeducation et réadaptation. . Strasbourg. Conseil de Europe
Fernández Cervantes R (2005). ¿Quo Vadis Profesionalidad? (editorial). En: El Fisioterapeuta.. Asociación Española de Fisioterapeutas

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos do Plan Green Campus da Facultade de Fisioterapia, os traballos documentais que se realicen nesta materia poderanse solicitar tanto en formato papel como virtual ou soporte informático. De realizarse en papel, seguiranse na medida do posible as seguintes recomendacións xerais:

- Non se utilizarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a realización de borradores.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías