Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) VALORACIÓN FUNCIONAL E PSICOSOCIAL Código 651G01007
Titulación
Grao en Fisioterapia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Primeiro Obrigatoria 9
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias Biomédicas, Medicina e Fisioterapia
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Raposo Vidal, Isabel
Correo electrónico
isabel.raposo.vidal@udc.es
Profesorado
Barcia Seoane, Miriam
Raposo Vidal, Isabel
Senin Camargo, Francisco José
Souto Camba, Sonia
Correo electrónico
miriam.barcia.seoane@udc.es
isabel.raposo.vidal@udc.es
francisco.senin@udc.es
sonia.souto@udc.es
Web
Descrición xeral Ao final do curso o estudante adquirirá a competencia de valorar, dende a perspectiva da fisioterapia, o estado funcional do paciente/usuario, considerando os aspectos físicos, psicolóxicos e sociais do mesmo, así como coñecer, comprender e aplicalos procedementos manuais e instrumentais de valoración funcional e psicosocial de interese no exercicio profesional da fisioterapia e rehabilitación física, e identificar os fundamentos científicos da súa utilidade e efectividade.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Coñecer e comprender as ciencias, os modelos, as técnicas e os instrumentos sobre os que se fundamenta, articula e desenvolve a fisioterapia.
A3 Coñecer e comprender os métodos, procedementos e actuacións fisioterapéuticas, encamiñados tanto á terapéutica propiamente dita a aplicar na clínica para a reeducación ou recuperación funcional, como á realización de actividades dirixidas á promoción e mantemento da saúde.
A5 Valorar o estado funcional do paciente, considerando os aspectos físicos, psicolóxicos e sociais.
A6 Valoración diagnóstica de coidados de fisioterapia segundo as normas e cos instrumentos de validación recoñecidos internacionalmente.
A7 Deseñar o plan de intervención de fisioterapia atendendo a criterios de adecuación, validez e eficiencia.
A8 Executar, dirixir e coordinar o plan de intervención de fisioterapia, utilizando as ferramentas terapéuticas propias e atendendo á individualidade do usuario.
A9 Avaliar a evolución dos resultados obtidos co tratamento en relación cos obxectivos marcados.
A10 Elaborar o informe de alta dos coidados de fisioterapia unha vez cubertos os obxectivos propostos.
A15 Participar na elaboración de protocolos asistenciais de fisioterapia baseada na evidencia científica, fomentando actividades profesionais que dinamicen a investigación en fisioterapia.
A19 Comunicarse de modo efectivo e claro, tanto de forma oral como escrita, cos usuarios do sistema sanitario así como con outros profesionais.
B1 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
C9 Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer, analizar e comprender os procedementos e instrumentos nos que se basea o proceso de valoración fisioterápica. A2
A3
B1
B2
B3
B4
B5
Desenvolver o concepto de valoración e identificar as diferenzas entre valoración, exploración e diagnóstico, indentificando as fases do Proceso de Atención Fisioterápica, así como o papel da valoración funcional e psicosocial dentro do mesmo. A5
A7
B1
B2
B3
B4
B5
Coñecer os obxectivos xerais da valoración fisioterápica e describir os diferentes tipos de exploración. A6
B1
B2
B3
B4
B5
Coñecer e describir o procedemento de exploración visual, manual e instrumental da pel, articulacións, músculos, tendóns e ligamentos, segundo as normas e cos instrumentos recoñecidos internacionalmente e relacionalos resultados obtidos. A6
A8
B1
B2
B3
B4
B5
Coñecer e aplicar a sistemática de valoración funcional ás articulacións do Membro Superior, Membro Inferior e Columna Vertebral. A5
B1
B2
B3
B4
B5
C9
Avaliar a evolución do problema de saúde do paciente/usuario, relacionando os resultados cos obxectivos propostos. A7
A9
B1
B2
B3
B4
B5
Establecer a relación entre a valoración funcional e psicosocial e os métodos, procedementos e actuacións fisioterápicas desenvolvidas no ámbito clínico, tanto para a selección e dosificación dos procedementos de reeducación ou recuperación funcional, como para as actividades dirixidas á promoción e conservación da saúde. A3
A8
A15
B1
B2
B3
B4
B5
C6
Deseñar un sistema de rexistro da información obtida durante a valoración, identificando os seus obxectivos e recoñecendo a relevancia do devandito rexistro no ámbito clínico, así como o informe de evolución e alta relativos ao proceso de atención fisioterápica unha vez cubertos os obxectivos propostos. A10
A19
B1
B2
B3
B4
B5
C1
C9

Contidos
Temas Subtemas
PROGRAMA TEÓRICO

TEMA 1.- EXPLORACIÓNS E MEDICIÓNS: Conceptualizacións e clasificacións.

1.1. Concepto de valoración, exploración e diagnóstico. Obxectivos da valoración. Tipos de exploración.
1.2. Métodos de exploración: Entrevista. Técnica da entrevista.
1.3. Sistemas de rexistro da información: historia de fisioterapia.
1.4. Métodos de exploración: inspección, palpación e medicións instrumentais.
1.5. Exploración analítica do tecido cutáneo e subcutáneo visual, manual e instrumental.

TEMA 2.- EXPLORACIÓNS E MEDICIÓNS: Exploración analítica articular estática. Xeneralidades
2.1. Inspección da postura.
2.2. Inspección analítica: volume muscular e contorno muscular.
2.3. Palpación dos tecidos articulares: óseo, músculo-tendinoso e ligamentoso. Localización da interlínea articular.

TEMA 3.- EXPLORACIÓNS E MEDICIÓNS: Exploración analítica articular dinámica.
3.1. Inspección da movilidade articular: activa.
3.2. Movilidade articular pasiva. Global e analítica.
3.3. Patrons capsulares e non capsulares de restricción. Sensación terminal.
3.4. Probas de lonxitude muscular.
3.5. Probas instrumentais de amplitude articular: goniometría e cintometría.
3.6. Probas de balance muscular.
TEMA 4.- EXPLORACIÓNS E MEDICIÓNS. A dor 4.1. Xénese e modulación da percepción da dor.
4.2. Tipos de dor.
4.3. Escalas de valoración da dor.

TEMA 5.- EXPLORACIÓN ANALÍTICA E FUNCIONAL DO OMBREIRO E DA CINTURA ESCAPULAR.
5.1- Exploración analítica:
5.1.1- Observación, palpación e probas instrumentais da articulación gleno-humeral, escapulo-toracica, esterno-clavicular e acromio –clavicular.
5.2- Exploración funcional da articulación gleno-humeral, escapulo-toracica, esterno-clavicular e acromio –clavicular.
TEMA 6.- EXPLORACIÓN ANALÍTICA E FUNCIONAL DO COMPLEXO ARTICULAR DO CÓBADO, PULSO E MAN. 6.1- Exploración analítica da articulación humero-cubital, humero-radial e radio-cubital superior.
6.2.- Exploración funcional da articulación humero-cubital, humero-radial e radio-cubital superior.
6.3.- Exploración analítica das articulacións radiocarpiana, radiocubital inferior, mediocarpiana, carpometacarpianas, metacarpofalángicas e interfalángicas.
6.4.- Exploración funcional das articulacións radiocarpiana, radiocubital inferior, mediocarpiana, carpometacarpianas, metacarpofalángicas e interfalángicas.
6.5.- Exploración funcional do MMSS e da cintura escapular.
TEMA 7.- EXPLORACIÓN ANALÍTICA E FUNCIONAL DA COXA E CINTURA PÉLVICA. 7.1- Exploración analítica da articulación coxofemoral e articulacións pélvicas
7.2.- Exploración funcional da articulación coxofemoral e articulacións pélvicas.

TEMA 8.- EXPLORACIÓN ANALÍTICA E FUNCIONAL DO COMPLEXO ARTICULAR DO XEONLLO, NOCELLO E PÉ. 8.1.- Exploración analítica das articulacións fémoro-tibial, fémoro-patelar, tibioperonea superior e inferior, morno-peronea-astragalina, subastragalina, articulación de Lisfrac, articulación de Chopart, articulación metatarsofalángicas e inerfalángicas.
8.2.- Exploración funcional do complexo articular do xeonllo, nocello e pé.
8.3.- Exploración funcional do MMII e da Marcha.
TEMA 9.- EXPLORACIÓN ANALÍTICA E FUNCIONAL DO RAQUIS. 9.1.- Exploración analítica e funcional do raquis cervical.
9.2.- Exploración analítica e funcional do raquis dorsal.
9.3.- Exploración analítica e funcional do raquis lumbar
TEMA 10.- EXPLORACIÓNS E MEDICIÓNS: HISTORIA DE FISIOTERAPIA. 10.1- Concepto e obxectivos da historia de fisioterapia
10.2- Apartados básicos da historia de fisioterapia
10.3- Informes de evolución e informes de alta.



TEMA 11: CONSTRUCTO MULTIDIMENSIONAL DE SAÚDE 11.1.- Operativización da saúde.
11.1.1 A saúde física.A saúde mental.A saúde social. O status funcional.A percepción de saúde.
11.2.- Instrumentos de medida do estado de saúde.
11.2.1 Clasificación dos instrumentos de medida segundo ámbito de aplicación, segundo o contido e segundo a súa estrutura. Estudo das propiedades psicométricas: validez e fiabilidade. A súa aplicación nas ciencias da saúde.
11.3.- A calidade de vida e a súa dimensionalización.
11.3.1 Conceptos de calidade de vida e calidade de vida relacionada coa saúde.
11.3.2 As dimensións da calidade de vida.
11.3.3 O modelo conceptual de Wilson e Cleary.
11.3.4 WHOQOL como instrumento universal de medida da calidade de vida.
PROGRAMA PRÁCTICO

PRÁCTICA 1: MÉTODOS DE EXPLORACIÓN DA PEL

1.1- Observación da pel
1.2- Palpación da pel
1.3- Exploración instrumental


PRÁCTICA 2: EXPLORACIÓN ARTICULAR INSTRUMENTAL 2.1- Goniometría articular: Técnica xeral
2.1.1- Posición xeral
2.1.2- Posición articular
2.1.3- Psicionamiento do goniometro
2.1.4- Movementos de substitución
PRÁCTICA 3: VALORACIÓN MUSCULAR 3.1- Técnica xeral
3.1.1 Posición articular
3.1.2 Estabilización
3.1.3 Proba de gravidade
3.1.4 Proba de resistencia
3.2- Valoración muscular dos músculos da cara
PRÁCTICA 4: VALORACIÓN ANALÍTICA ARTICULAR: Exploración do complexo articular do ombreiro e cintura escapular

4.1- Observación da articulación
4.2- Palpación de:
4.2.1- Tuberosidades óseas
4.2.2- Interlinea articular
4.2.3- Ligamentos
4.2.4- Tendóns
4.2.5- Músculos
4.3- Mobilidade articular manual
4.4- Mobilidade articular instrumental
4.5- Balance muscular
4.5- Probas funcionais
PRÁCTICA 5: VALORACIÓN ANALÍTICA ARTICULAR:
Exploración do complexo articular do cóbado, pulso e man.
5.1- Observación da articulación
5.2- Palpación de:
5.2.1 - Tuberosidades óseas
5.2.2 - Interlinea articular
5.2.3- Ligamentos
5.2.4- Tendóns
5.2.5- Músculos
5.3- Mobilidade articular manual
5.4- Mobilidade articular instrumental
5.5- Balance Muscular
5.4- Probas funcionais
PRACTICA 6: VALORACIÓN ANALÍTICA ARTICULAR:
Exploración da articulación coxofemoral e cintura pélvica.
6.1- Observación da articulación
6.2- Palpación de:
6.2.1 - Tuberosidades óseas
6.2.2 - Interlinea articular
6.2.3- Ligamentos
6.2.4- Tendóns
6.2.5- Músculos
6.3- Mobilidade articular manual
6.4- Mobilidade articular instrumental
6.5- Balance Muscular
6.4- Probas funcionais
PRACTICA 7: VALORACIÓN ANALÍTICA ARTICULAR:
Exploración do complexo articular do xeonllo.
7.1- Observación da articulación
7.2- Palpación de:
7.2.1 - Tuberosidades óseas
7.2.2 - Interlinea articular
7.2.3- Ligamentos
7.2.4- Tendóns
7.2.5- Músculos
7.3- Mobilidade articular manual
7.4- Mobilidade articular instrumental
7.5- Balance Muscular
7.4- Probas funcionais
PRACTICA 8 VALORACIÓN ANALÍTICA ARTICULAR:
Exploración do complexo articular do nocello e do pé.

8.1- Observación da articulación
8.2- Palpación de:
8.2.1 - Tuberosidades óseas
8.2.2 - Interlinea articular
8.2.3- Ligamentos
8.2.4- Tendóns
8.2.5- Músculos
8.3- Mobilidade articular manual
8.4- Mobilidade articular instrumental
8.5- Balance Muscular
8.4- Probas funcionais
PRACTICA 9: VALORACIÓN ANALÍTICA ARTICULAR:
Exploración da columna vertebral.

9.1- Observación do ráquis
9.2- Palpación de:
9.2.1 - Tuberosidades óseas
9.2.2 - Interlinea articular
9.2.3- Ligamentos
9.2.4- Tendóns
9.2.5- Músculos
9.3- Mobilidade articular manual
9.4- Mobilidade articular instrumental: goniometría e medicións centimétricas.
9.5- Balance Muscular
9.6- Probas funcionais

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A2 A3 A5 A6 A7 A8 A9 A19 B1 B2 B3 B4 C1 45 55 100
Sesión maxistral A2 A3 A5 A6 A7 A8 A10 A15 A19 B1 B2 B3 B4 B5 C9 42 77 119
Proba mixta A2 A3 A5 A6 A19 C1 C6 C9 2 0 2
Proba práctica A5 A6 A8 C9 1 0 1
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Proba práctica Esta proba valora a destreza práctica do estudante en diferentes supostos plantexados polo profesor. Proba na que se busca responder, de forma oral e práctica, a preguntas cortas ou de certa amplitude, valorando a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de elaboración e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Sesión maxistral
Descrición
O obxectivo primordial será orientación, apoio e motivación para facilitar o proceso de aprendizaxe.

Farase de forma presencial (directamente na aula e nos momentos que o profesor ten asignados a tutorías de despacho) e/ou de forma non presencial (a través do correo electrónico ou do campus virtual).

Durante as sesións maxistrais recoméndase a formulación de cuestións por parte dos alumnos/as (a "participación" é un elemento a ter en conta durante a avaliación continuada).

Nas prácticas de laboratorio onde se explorarán diferentes rexións anatómicas, é importante expor "in situ" aquelas preguntas ou dúbidas relacionadas con cada un dos apartados programados. Iso contribuirá a reforzar os aspectos técnicos e perceptivos por parte do interesado.

Na preparación do exame recoméndase expor de forma pública, as cuestións xurdidas durante dito proceso, aproveitando o final das sesións maxistrais e/ou prácticas de laboratorio. Igualmente, abriranse diversos foros en moodle para tratar estas dúbidas ou cuestións e que todos os estudantes poidan beneficiarse das achegas dos seus compañeiros.

Por tanto, a atención personalizada está orientada a axudar ao alumno na clarificación de conceptos interrelacionados, resolución de dúbidas e adquirir unha visión integrada deste corpo de coñecementos.

Ademais, ten o obxectivo de orientar ao estudante na procura e interpretación das fontes bibliográficas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A2 A3 A5 A6 A19 C1 C6 C9 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.

En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
50
Proba práctica A5 A6 A8 C9 Proba que valora o desempeño práctico do estudante fronte a supostos plantexados polo profesor.

Proba na que se busca responder, de forma oral, a preguntas cortas ou de certa amplitude, valorando a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico.

Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de elaboración e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
40
Sesión maxistral A2 A3 A5 A6 A7 A8 A10 A15 A19 B1 B2 B3 B4 B5 C9 Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propondo cuestións, facendo aclaracións e expondo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.

Os contidos abordados nas sesións maxistrais serán obxecto de avaliación continuada mediante probas de comprensión que se realizarán, de forma aleatoria, en diferentes momentos do cuadrimestre, e/ou traballos tutelados.

Ademais, dentro da avaliación continuada da materia, valorarase tamén a asistencia, puntualidade, actitude, participación razoada, traballo en equipo, resolución de prácticas e axuda aos compañeiros durante as mesmas.
10
 
Observacións avaliación

Para superar a materia requírese ter aprobada a proba mixta e a
proba práctica (puntuación igual ou superior a 5/10 puntos en cada proba). Non
se sumará a puntuación correspondente á avaliación continuada se non se cumpre
este requisito.

Se a cualificación obtida da ponderación da proba mixta e da proba
práctica resulta igual ou superior a 5/10 puntos, pero una das partes non
alcanza o mínimo esixido (5/10 puntos), a cualificación final será de suspenso
(cunha puntuación de 4,9/10 puntos). 

Se o/a estudante consegue superar unha das partes (proba mixta ou
proba práctica) no exame de 1ª oportunidade (maio/xuño), gardarase a
cualificación obtida na mesma así como a avaliación continuada só ata a
convocatoria de 2ª oportunidade (xuño/xullo).

As porcentaxes asignadas a cada proba poden sufrir pequenas modificacións dun curso a outro en función das necesidades da materia; non obstante o valor do exame (teórico e práctico) non será infeior ó 80% da nota final e o valor da avaliación continuada nunca será superior ó 20%.


Fontes de información
Bibliografía básica Norkin CC, White CJ. (2006). Goniometría. Evaluación de la Movilidad Articular. 7ª edición. Madrid: Marban
Neumann D.A. (2007). Cinesiología del sistema musculoesquelético : fundamentos de la rehabilitación física . Barcelona : Paidotribo
Seidel HM, Ball JW, Dains JE, Flyinn JA, Salomon BS, Steward RW. (2011). Colaboración con los pacientes: realización de la anamnesis. En Manual Mosby de Exploración Física.. Barcelona: Elsevier
Hislop HJ, Montgomery J. (2014). Daniels & Worthinghans´s. Técnicas de Balance Muscular.. Madrid: Elsevier
Hislop HJ, Montgomery J. (2003). Daniels & Worthinghans´s. Técnicas de Balance Muscular.. Madrid: Elsevier
Meadows JT. (2000). Diagnóstico Diferencial en Fisioterapia.. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana
Daza Lesmes J. (2007). Evaluación clínico-funcional del movimiento humano.. Bogotá: Médica Panamericana
Cleland J. Netter. (2006.). Exploración clínica en ortopedia. Un enfoque para fisioterapeutas basado en la evidencia.. Barcelona: Masson
Hoppenfield S (1979). Exploración de la Columna Vertebral y de las Extremidades. MEXICO: El Manual Moderno
Petty NJ, Moore AP. (2003). Exploración y evaluación neuromúsculoesquelética. Un manual para terapeutas.. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana
Palmer ML, Epler ME (2002). Fundamentos de las técnicas de evaluación músculo esquelética.. Barcelona: Paidotribo
Martínez A, Patiño S, Paseiro G, Martínez S, Nachez N, Fernández R (2001). Influencia del contexto en la calidad de la entrevista clínica en fisioterapia. . Rev Iberoam Fisioter Kinesiol 2001;4(2):75-80
Martínez A, Fernánez R, Medina F, Raposo I, Viñas S, Chouza M. (2001). Influencia del contexto en la calidad de la entrevista clínica en fisioterapia.. Fisioterapia 2002;24(2):90-96
Frisch H. (2005). Método de exploración del aparato locomotor y de la postura. Diagnóstico a través de la terapia manual.. Barcelona : Paidotribo
Kendall FP, Kendall E, Geise P. (2000). Músculos, Pruebas, Funciones y Dolor postural.. Madrid: Marban
Gross JM, Fetto J, Rosen E. (2009). Musculoskeletal examination. Chichester : Wiley-Blackwell
Dutton M. (2012). Orthopaedic. Examination, Evaluation & Intevention. New York: McGraw-Hill
Seidel HM, Ball JW, Dains JE, Flyinn JA, Salomon BS, Steward RW. (2011). Piel, pelo y uñas. En Manual Mosby de Exploración Física.. Barcelona: Elsevier
Hazle M. (2003). Proceso evaluativo músculo esquelético. Amplitud de movimiento articular y test manual de fuerza muscular.. Barcelona: Paidotribo
Rodríguez MJ. (2006). Valoración y manejo del dolor. . Madrid: Arán

1-Martínez A, Patiño S, Paseiro G, Martínez S, Nachez N, Fernández R.Influencia del contexto en la calidad de la entrevista clínica en fisioterapia. Rev Iberoam Fisioter Kinesiol 2001;4(2):75-80

2-Martínez A, Fernánez R, Medina F, Raposo I, Viñas S, Chouza M. Influencia del contexto en la calidad de la entrevista clínica en fisioterapia. Fisioterapia 2002;24(2):90-96

3-Seidel HM, Ball JW, Dains JE, Flyinn JA, Salomon BS, Steward RW. Colaboración con los pacientes: realización de la anamnesis.  En Manual Mosby de Exploración Física. Barcelona: Elsevier; 2011

4-Seidel HM, Ball JW, Dains JE, Flyinn JA, Salomon BS, Steward RW. Piel, pelo y uñas.  En Manual Mosby de Exploración Física. Barcelona: Elsevier; 2011

5-Meadows JT. Diagnóstico Diferencial en Fisioterapia. 2ª edición. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana; 2000.

6-Daza Lesmes J. Evaluación clínico-funcional del movimiento humano. Bogotá: Médica Panamericana, 2007.

7-Dutton M. Orthopaedic. Examination, Evaluation & Intevention. New York: McGraw-Hill, 2012.

8-Cleland J. Netter. Exploración clínica en ortopedia. Un enfoque para fisioterapeutas basado en la evidencia. Barcelona: Masson,2006.

9-Norkin CC, White CJ. Goniometría. Evaluación de la Movilidad Articular. 7ª edición. Madrid: Marban; 2006.

10-Hislop HJ, Montgomery J. Daniels & Worthinghans´s. Técnicas de Balance Muscular. 9ª edición. Madrid: Elsevier; 2014.

11-Kendall FP, Kendall E, Geise P. Músculos, Pruebas, Funciones y Dolor postural. 4ª Edición. Madrid: Marban; 2000.

12-Hoppenfield S. Exploración de la Columna Vertebral y de las Extremidades. Méjico: El Manual Moderno; 1979.

13-Rodríguez MJ. Valoración y manejo del dolor. 1ª edición. Madrid: Arán; 2006.

14-Petty NJ, Moore AP. Exploración y evaluación neuromúsculoesquelética. Un manual para terapeutas. 2ª edición. McGraw-Hill-Interamericana: Madrid; 2003

15-Hazle M. Proceso evaluativo músculo esquelético. Amplitud de movimiento articular y test manual de fuerza muscular. 2ª edición. Paidotribo: Barcelona, 2003.

16-Palmer ML, Epler ME. Fundamentos de las técnicas de evaluación músculo esquelética. 1ª edición. Paidotribo: Barcelona, 2002.

17-Frisch H. Método de exploración del aparato locomotor y de la postura. Diagnóstico a través de la terapia manual. 1ª edición. Paidotribo: Barcelona, 2005.

 

Bibliografía complementaria Jesús Seco Calvo (2016). Métodos Específicos de Intervención en Fisioterapia. Madrid: Panamericana
Jesús Seco Calvo (2016). Fisioterapia en Especialidades Clínicas. Madrid: Panamericana


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
ANATOMÍA I E HISTOLOXÍA/651G01001
FISIOLOXÍA/651G01003
BIOFÍSICA E BIOQUÍMICA/651G01004
MARCO TEÓRICO DA FISIOTERAPIA E A REHABILITACIÓN FÍSICA/651G01006
FISIOTERAPIA XERAL/651G01008

Materias que continúan o temario

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos do Plan Green Campus da Facultade de Fisioterapia, os traballos documentais que se realicen nesta materia poderanse solicitar tanto en formato papel como virtual ou soporte informático. De realizarse en papel, seguiranse na medida do posible as seguintes recomendacións xerais:

- Non se utilizarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a realización de borradores.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías