Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) FISIOTERAPIA XERAL Código 651G01008
Titulación
Grao en Fisioterapia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Primeiro Obrigatoria 9
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias Biomédicas, Medicina e Fisioterapia
Coordinación
Riveiro Temprano, Socorro
Correo electrónico
socorro.riveiro.temprano@udc.es
Profesorado
Barcia Seoane, Miriam
Martinez Rodriguez, Alicia
Riveiro Temprano, Socorro
Correo electrónico
miriam.barcia.seoane@udc.es
alicia.martinez@udc.es
socorro.riveiro.temprano@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende capacitar ao alumnado para fundamentar a elección da técnica de electroterapia, ultrasonoterapia, fototerapia, magnetoterapia, masoterapia, hidroterapia e balneoterapia, entre outras, en base aos coñecementos científicos existentes e á experiencia clínica e necesidades específicas (contextuales, clínicas e psicosociais). Para iso é básico o coñecemento do fundamento físico de cada axente, os efectos que produce (distintos parámetros regulables) e cómo se traducen en efectos fisiolóxicos e terapéuticos.
En canto á destreza no manexo dos equipos e as técnicas precísase do traballo non presencial a partir da demostración no laboratorio.

Competencias do título
Código Competencias do título
A3 Conocer y comprender los métodos, procedimientos y actuaciones fisioterapéuticas, encaminados tanto a la terapéutica propiamente dicha a aplicar en la clínica para la reeducación o recuperación funcional, como a la realización de actividades dirigidas a la promoción y mantenimiento de la salud.
A7 Diseñar el plan de intervención de fisioterapia atendiendo a criterios de adecuación, validez y eficiencia.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
- Identificar os fundamentos físicos dos axentes empregados, de tipo electromagnético (corrientes, láser e fototerapia, magnetoterapia), mecánicos (ultrasons, masoterapia, hidroterapia), térmicos (crioterapia e termoterapia) e físico-químicos (balneoterapia) A3
C1
- Coñecer e atender ás indicacións e contraindicacións de cada modalidade de aplicación e a súa fundamentación pola tradución dos efectos físicos en efectos fisiolóxicos e, ou ben terapéuticos, ou ben nocivos, segundo se trate de indicacións ou contraindicacións, respectivamente. A3
C1
- Realizar as accións oportunas para velar pola hixiene e prevención de infeccións, así como para a correcta conservación dos equipos e elementos empregados A3
- Seleccionar a postura e mobiliario máis convinte para a aplicación do tratamento/actuación preventiva segundo a correcta ergonomía do paciente e fisioterapeuta, o equipo escollido e a eficiencia da intervención. A3
- Coñecer, seleccionar e utilizar correctamente os parámetros de aplicación e elementos asociados ao método, equipo ou técnica seleccionado/a, sabendo explicar de modo sinxelo o porqué da elección. A3
A7
C1
C6
- Adaptar a aplicación ás necesidades concretas de saúde da persoa que acude á terapia/actuación preventiva, sexan de tipo clínico como de carácter psicosocial, recoñecendo o carácter complementario da maioría das modalidades terapéuticas pasivas. A7
C1
C6
- Identificar os sinais de alarma para a inmediata interrupción da terapia ou modificación dos parámetros seleccionados. A7
C1

Contidos
Temas Subtemas
MÓDULO I MASOTERAPIA E OUTRAS TERAPIAS PRIMEIRO CUATRIMESTRE.
TEMA 1. Masoterapia Concepto e principios xerais.
Efectos.
Modo de aplicación.
Indicacións e contraindicacións
TEMA 2. Magnetoterapia Definición.
Efectos.
Modo de aplicación.
Indicacións e contraindicacións.
TEMA 3. Hidroterapia e balneoterapia Concepto e principios xerais.
Tipos de agua, principios físico-químicos.
Efectos.
Modo de aplicación.
Indicacións e contraindicacións.
TEMA 4. Climatoterapia e talasoterapia Concepto e principios xerais.
Efectos.
Modo de aplicación.
Indicacións e contraindicacións.
TEMA 5. Termoterapia e crioterapia Concepto e principios xerais.
Efectos.
Modo de aplicación.
Indicacións e contraindicacións.
TEMA 6. Fototerapia Concepto e principios xerais.
Efectos.
Modo de aplicación.
Indicacións e contraindicacións.
TEMA 7. Outras terapias afíns. Tipos de terapias e efectos.
PRACTICAS MÓDULO I MASOTERAPIA E OUTRAS TERAPIAS
1.- Masaxe clasico
2.- Magnetoterapia
3.- Hidroterapia
4.-Termoterapia
5.-Crioterapia
6.-Fototerapia
Descripción dos equipos
Protocolos de aplicación
Realizar as aplicacións
Limpeza do material e reordenación do laboratorio.
MÓDULO II. ELECTROTERAPIA E ONDAS MECÁNICAS. SEGUNDO CUATRIMESTRE
TEMA 8. Ondas mecánicas. Vibroterapia. Ultrasonoterapia. Concepto e principios xerais.
Efectos.
Modo de aplicación.
Indicacións e contraindicacións.
TEMA 9. Tipos de estimulación electrica e electromagnetica. Electroterapia.
Tipos de estimulación eléctrica e electromagnética.
Clasificación das correntes.
.
TEMA 10. Corrente galvánica. Corrente galvanica. Concepto e principios xerais
Efectos. Modoos de aplicación. Indicacións e contraindicacións.
TEMA 11. Correntes de baixa frecuencia. Correntes pulsadas de baixa frecuencia con efecto galvánico (diadinámicas, Träbert). Efectos e modo de aplicación.
Correntes pulsadas de baixa frecuencia para analxesia e cicatrización (microcorrentes, alto voltaxe e TENS). Iontoforesis. Efectos e modo de aplicación.
Correntes pulsadas de baixa frecuencia para lograr efecto excitomotor e fortalecemento. Efectos e modo de aplicación.
Indicacións e contraindicacións das correntes de baixa frecuencia.
TEMA 12. Correntes de media frecuencia Interferenciales, correntes Rusas e outras (Aussie currents).
Concepto e principios xerais.
Efectos.
Modo de aplicación.
Indicacións e contraindicacións.
TEMA 13. Correntes de alta frecuencia ou electromagnéticas Onda corta e microonda e radiofrecuencia.
Concepto e principios xerais.
Efectos.
Modo de aplicación.
Indicacións e contraindicacións.
TEMA 14. Outras aplicacións con estimulación eléctrica Terapia combinada.
Estimulación eléctrica funcional (FES)
Electrodiagnóstico.
PRÁCTICAS MÓDULO II

1.Utrasons.
2.Corriente galvánica, diadinámicas e Trabert. Iontoforesis.
3. Corrientes de baixa frecuencia analxésicas
I- TENS.
4. Corrientes de baixa frecuencia analxésicas
II - Alto voltaxe.
5. Correntes de baixa frecuencia para o fortalecemento muscular (NMES I).
6. Correntes analxésicas de media frecuencia (Interferenciais).
7.Correntes de media frecuencia para fortalecemento muscular (NMES II).
8. Alta frecuencia I- onda corta.
9.Alta frecuencia II- microonda.
10. Ultrason I
11. Ultrason II
Descripción do equipo e coidado do material
Descripción do protocolo de aplicación
Realización das aplicacións
Limpeza do material empleado e reordenamiento do laboratorio

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A3 A7 48 12 60
Prácticas de laboratorio A3 A7 39 10 49
Aprendizaxe colaborativa A3 A7 C6 C1 0 20 20
Proba práctica A3 A7 C1 C6 1 40 41
Proba mixta A3 A7 C1 C6 2 50 52
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Se requerirá a participación do alumnado polo menos en parte da clase para facilitar a aprendizaxe significativa, pudendo organizar dita participación por subgrupos.
Prácticas de laboratorio Como actividade presencial, se realizarán no laboratorio en grupos de 10 alumnos, coa demostración e explicación previa da profesora.

É moi necesaria a práctica posterior por conta do alumnado para adquirir a destreza necesaria. Por esto, se requerirá a práctica non presencial para o que se recomienda a participación no programa de alumnado colaborador e poder así abrir os laboratorios fora dos horarios da clase.
Aprendizaxe colaborativa Se realizará por grupos unha síntese de documentos suministrados ou ben a resolución de preguntas/casos plantexados.

Se controlará a súa realización ao longo do curso.

Computará un máximo do 20% da nota, pero siempre que se tema alcanzado polo menos un 5 sobre 10 no exame práctico e no teórico en cada módulo.
Proba práctica Computará o 30% da nota final.

Platexarase un ou máis casos e o/a alumno/a que se examina deberá realizar unha aplicación fundamentando a súa elección e explicando cada parámetro. Dispoñerá dun tempo máximo de 10 minutos por caso. Valoraranse os seguintes parámetros: validez do argumento para a selección da técnica;adecuación do mobiliario e da posición correcta do paciente; aplicación correcta e parámetros pertinentes (tempo, intensidade...); rapidez na execución e ausencia de efectos negativos (pellizco, caída dun utensilio ao chan, risco de quemadura...). O mal uso dun material baixará a nota e poderá quedar automáticamente suspenso.
Poderase realizar exame parcial si a dinámica da clase o posibilita.

Só se sumará a nota da aprendizaxe colaborativa si se sacase polo menos un 5/10 no exame teórico e práctico en cada módulo.
Proba mixta Computará o 50% da nota final.

Podera-se compoñer dunha ou varias preguntas de resposta aberta enfocadas ao razoamento, preguntas de resposta curta ou test. Poderase facer un exame parcial se a dinámica da clase o posibilita.

Só se sumará a nota da aprendizaxe colaboradora se se saca polo menos un 5/10 no exame práctico e polo menos un 5/10 no teórico.

A nota final da materia será a media entre os dous módulos, sempre e cando se superen ambos os dous (condición indispensable ter aprobados ambos os dous módulos para facer media) tendo en conta o aspecto anterior de que só se suma a avaliación continuada se se sacou polo menos un 5 (sobre 10) tanto no exame práctico como no teórico, en cada un dos módulos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Aprendizaxe colaborativa
Sesión maxistral
Descrición
A sesión maxistral realízase na aula 1 cos medios audiovisuais e didácticos pertinentes (transparencias, diapositivas,...) partindo dunha pregunta e desenvolvendo as súas implicacións durante a clase. Para iso necesítase a participación directa do/do alumno/a.

As prácticas de laboratorio terán un carácter demostrativo. Para adquirir as habilidades pertinentes o/o alumno/a terá que practicar en horario non presencial.

Recomendase non deixar as dudas pra o final, pois ademais da dificultade do aprendizaxe, e probable que non poidan solventarse coa profundidade necesaria. Débese empregar o traballo colaborativo e as prácticas non presenciais para ir preparando a materia facendo uso das titorías para ir solventando as dúbidas. Tratarase de crear un foro coas dúbidas máis frecuentes para que poidan ser consultadas por todos e todas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A3 A7 C6 C1 Realizarase en grupos. O profesorado exporá as preguntas/temas/casos que han de ir resolvendo/preparando o alumnado. Irase controlando a súa realización secuencialmente e contabilizará ata un 20 % da nota final, que só se sumará en caso de ter aprobado o exames teórico e práctico de cada módulo.

Adicionalmente, segundo flúa a dinámica da clase (e exclusivamente para o módulo II) poderá desemvolverse un programa de titorización por pares que poderá sumar ata un punto a nota final.Este programa voluntario, a xuicio do docente, será densenvolvido ao final do cuatrimestre.
20
Proba mixta A3 A7 C1 C6 O exame teórico contará o 50% da nota final. Poderá constar de preguntas de resposta aberta enfocada ao razoamento científico-clínico, preguntas curtas que aborden a capacidade de síntese e/ou tipo test.

Para poder facer media deberá alcanzarse un mínimo de 50% da nota máxima en cada un dos exames das partes (teórica e práctica). Se poderá realizar un exame parcial se a dinámica da clase o posibilita.

Só se engadirá a nota da aprendizaxe colaborativa se se aprobaran ambos exames (teórico e práctico) de cada un dos módulos.

Só se fará a media da materia coa nota de ambos os módulos, se en ambos se sacou polo menos un 50% da nota máxima.
50
Proba práctica A3 A7 C1 C6 O exame práctico contará o 30% da nota final. Constará de 1 o máis casos que se plantexarán ao alumnado para a súa resolución teórico-práctica. O estudiante será avaliado por un/unha profesor/a que non ten por qué coincidir co que lle impartiu a práctica.

Para poder facer media deberá alcanzarse un mínimo de 50% da nota máxima en cada un dos exames das partes (teórica e práctica). Só se engadirá a nota da aprendizaxe colaborativa se se aprobaran ambos examen (teórico e práctico) de cada un dos módulos.

Só se fará a media da materia coa nota de ambos os módulos, se en ambos se sacou polo menos un 50% da nota máxima.
30
 
Observacións avaliación

A asistencia á clase práctica é moi recomendable e a non asistencia debe estar ben xustificada e podería impedir a valoración da aprendizaxe colaborativa. Se gardará cada nota do módulo aprobado ata a convocatoria de xullo, incluida. Se non se aprobaran os dous módulos na convocatoria de xuño, gardarase o módulo aprobado para o curso seguinte se se obtivo polo menos o 50% da nota. Se algún/a alumno/a preséntase ao exame dun dos dous módulos e non ao outro, constaralle como non presentado na nota final. No momento que se presentou a algún exame de ambos os módulos ou se lle deu por superado un deles e presentouse ao outro, xa non poderá constar como non presentado, sendo necesaria a aprobación dos dous módulos para poder constar como aprobado na nota final.

A porcentaxe asignada a cada proba pode sofrir pequenas modificacións en función das variaciones externas que incidan sobre a materia, non obstante nunca será inferior ao 50% no caso do exame teórico e o 30% no caso do práctico.


Fontes de información
Bibliografía básica (). .
Andrade, Carla-Krystin, (2004). Masaje basado en resultados. Barcelona : Editorial Paidotribo
Koury JM (1998). Acuaterapia. Barcelona:Ediciones Bellaterra
Schmid F (1987). Aplicación de corrientes estimulantes. Barcelona:Ed. Jims
Robinson AJ, Snyder-Mackler LS. ( 2008). Clinical Electrophysiology. Electrotherapy and electrophysiologic testing. Philadelphia: Lippincott Williams & Wilkins
Hernández Álvaro J y Tovar Pescador J (1997). Electricidad y magnetismo. Jaén: Universidad de Jaén
Watson T. (2009). Electroterapia basada en la evidencia. Barcelona. Elsevier
Sheila Kitchen, Sarah Bazin (1998). Electroterapia de Clayton . Sâo Paolo : Editora Manole
Rodriguez M (2004). Electroterapia en fisioterapia. . Madrid: Ed. Médica Panamericana
Low, J (1999). Electrotherapy explained : principles and practice . Boston, MA : Butterworth-Heinemann
San José Arango, C (2012). Hidrología médica y terapias complementarias. Sevilla: Publicaciones universitarias
Termatalia (2008). Jornadas técnicas sobre hidrología médica.
Martínez et al (1998). Manual de medicina física. Barcelona: Harcourt Brace
Prentice WE (1990). Medicina deportiva. Técnicas terapéuticas. Barcelona: Mosby
Pérez Fernández et al. (2005). Principios de hidroterapia y balneoterapia. Madrid: McGraw Hill Interamericana
Albornoz Cabello M, Meroño Gallut J. (2012). Procedimientos generales de fisiotrapia. Práctica basada en la evidencia. Barcelona: Elsevier

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
ANATOMÍA I E HISTOLOXÍA/651G01001
ANATOMÍA II/651G01002
BIOFÍSICA E BIOQUÍMICA/651G01004
MARCO TEÓRICO DA FISIOTERAPIA E A REHABILITACIÓN FÍSICA/651G01006

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase como algo básico o levar ao día os contidos teóricos e prácticos para aproveitar as clases ao máximo e poder superar a materia, dada a densidade de contidos, a abstracción dos seus fundamentos e a localización en primeiro curso. É importante ter coñecementos de inglés ou realizar algún curso do mesmo, sobre todo para o módulo II.

Aínda que o idioma máis frecuentemente usado polo profesorado desta materia é o castelán, usarase indistintamente o castelán ou o galego e, loxicamente, o alumnado poderá expresarse por oral e escrito no idioma da súa preferencia. Facilitarase o exame en galego a petición do alumnado interesado. Dita petición realizarase como moi tarde unha semana antes do exame.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías