Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) BIOMECÁNICA Código 651G01009
Titulación
Grao en Fisioterapia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Raposo Vidal, Isabel
Correo electrónico
isabel.raposo.vidal@udc.es
Profesorado
Meilán Devesa, José Ramón
Raposo Vidal, Isabel
Senin Camargo, Francisco José
Correo electrónico
jose.meilan@udc.es
isabel.raposo.vidal@udc.es
francisco.senin@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia, ao alumno capacítaselle coñecer os movementos do corpo humano e os seus principios fundamentais, que lle capacitará para realizar análises kinesiológicos básicos, avaliar os movementos con exactitude e en concordancia cos principios anatómicos, fisiológicos, e mecánicos, asi como a identificación dos efectos do movemento sobre a estrutura humana, o cal lle permitirá efectuar a selección de exercicios e actividades adecuadas para a prevención, terapia e mantemento do corpo humano.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se contemplan cambios nos contidos
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral: poderá realizarse de forma presencial ou virtual dependendo da evolución da pandemia.
- Prácticas de laboratorio: poderá realizarse de forma presencial ou virtual dependendo da evolución da pandemia.

*Metodoloxías docentes que se modifican
-Sesión maxistral: realizarase a través das clases expositivas participativas en tempo real a través da ferramenta Microsoft Teams e/ou clases coa presentación audio previas. Se complementan con actividades dirixidas aos estudantes, coa finalidade de facilitar a aprendizaxe e integrar coñecementos.
-Prácticas de laboratorio:as demostracións presenciais son substituídas por material visual demostrativo da execución dos procedementos prácticos da materia.
-Proba mixta: é substituída por unha proba escrita vío Moodle con preguntas abertas de desenvolvemento e/ou preguntas obxectivas tal e como se especificaba na guía inicial da materia.
-Proba práctica: substitúese por unha proba oral en tempo real, que incorpora contidos teóricos e prácticos, a través da ferramenta Microsoft Teams.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
A atención personalizada ao alumnado realizarase a través das seguintes ferramentas:
-Microsoft Teams: titorías a demanda do estudantado.
-Moodle: para propocionar todo o material necesario para o desenvolvemento da docencia. Realización de probas e resolución de dúbidas a través dos foros.
-Correo electrónico: para envío de convocatorias, avisos ou resolución de dúbidas a demanda do/da estudante.
4. Modificacións na avaliación
- Avaliación continua 20%
a. Asistencia a clases teóricas e prácticas presenciasis: actitude, puntualidade, a participación razoada, o traballo en equipo, probas de comprensión, presentación oral, resolución de prácticas e axuda aos compañeiros durante as mesmas, así como as destrezas e habilidades do/a alumno/a.
b. Participación en clases non presenciais a través de Teams.
c. Entrega de traballos non presenciais titorizados.
-Proba escrita 60%
Exame vía Moodle con preguntas abertas de desenvolvemento e/ou preguntas obxectivas tal e como se especificaba na guía inicial da materia.
-Proba oral 20%. Exame oral en tempo real, que incorpora contidos teóricos e prácticos, a través da ferramenta Microsoft Teams.
*Observacións de avaliación:
Programarase en data e hora a proba escrita e a proba oral.
Para a proba escrita farase a conexión vía Teams 15 ou 30 minutos antes do comezo do exame. Comprobaremos a asistencia do alumnado, a posibilidade de conexión, posibles incidencias e dúbidas. Garantizareos que todos poidan realizar a proba.
Si o/a estudante experimentase algunha dificultade técnica para conectarse ao inicio ou durante a proba, terá que comunicalo de forma inmediata ao profesor a través de chamada telefónica a unha extensión habilitada ao efecto. De non facelo a sú cualificación será de non presentado ou suspenso segundo o caso.
A continuación activarase o exame en Moolde con un tempo programado no que o estudantado subirá as respostas.
O exame oral levarase a cabo a través da plataforma Teams ou no seu defecto, a través da ferramenta que faga viable esta avaliación.
Para superar a materia requírese ter aprobada a proba esrita e a proba oral (puntuación igual ou superior a 5/10 puntos en cada proba). Non se sumará a puntuación correspondente á avaliación continuada se non se cumpre este requisito.
Se a cualificación obtida da ponderación da proba escrita e da proba oral resulta igual ou superior a 5/10 puntos, pero unha das partes non alcanza o mínimo esixido (5/10 puntos), a cualificación final será de suspenso (cunha puntuación de 4,9/10 puntos).
Se o/a estudante consegue superar unha das partes (proba escrita ou proba oral) no exame de 1ª oportunidade (xaneiro), gardarase a cualificación obtida na mesma así como a avaliación continuada só ata a convocatoria de 2ª oportunidade (xuño/xullo).
Os alumnos de primeria matrícula que non tivesen asistido ás clases e/ou non realizaran ou completarn as actividades de formación continuada presencial ou non presencial esixidas na planificación, serán avaliados a través do exame escrito e oral que suporán cada un deles o 70% e 30%, respectivamente, da cualificación final.
A avaliación de segunda oportunidade realizarase seguindo os mesmos criterios.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizan modificacións

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e comprender a morfoloxía, a fisioloxía, a patoloxía e a conduta das persoas, tanto sas como enfermas, no medio natural e social.
A2 Coñecer e comprender as ciencias, os modelos, as técnicas e os instrumentos sobre os que se fundamenta, articula e desenvolve a fisioterapia.
B1 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C9 Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os movementos que se producen globalmente e nos distintos segmentos vertebrais, os factores que inflúen nos mesmos e a repercusión de cada segmento no funcionamento global do raquis, así mesmo deberá comprender a influencia das articulacións costais nos movementos respiratorios A1
A2
B1
B2
B3
B4
B5
C1
C9
Coñecer os movementos que se producen nas articulacións do cinto pélvico, así como a relación que existe entre o posicionamento do sacro e a estática e a dinámica da charnela lumbosacra. Así mesmo debe coñecer o comportamento do cinto pélvico durante o parto. Tambien deberá coñecer os movementos que teñen lugar no membro inferior, así como os factores que colaboran na súa estabilidade, e o funcionalismo do aparello motor. A1
A2
B1
B2
B3
B4
B5
C1
C9
Coñecer a estrutura de cada unha das articulacións que conforman o cinto escapular e o membro superior, os factores que contribúen á súa estabilidade, e a amplitude de cada unha delas, así como os elementos musculares que interveñen nos devanditos movementos A1
A2
B1
B2
B3
B4
B5
C1
C9
Comprender os sistemas de control para o mantemento da postura erecta, e en especial da boa postura; así mesmo deberá integrar e relacionar a conexión que existe entre a postura e as cadeas cinéticas A1
A2
B1
B2
B3
B4
B5
C1
C9
Coñecer as características do patrón normal do adulto, así como as accións musculares que teñen lugar durante o desenvolvemento da mesma a nivel dos distintos segmentos do aparello locomotor, ademais das alteracións mecánicas que pode sufrir a marcha. A1
A2
B1
B2
B3
B4
B5
C1
C9

Contidos
Temas Subtemas
Introdución. FUNDAMENTOS DA BIOMECÁNICA E DA CINESIOLOXÍA a. Biomecánica e cinesioloxía.
b. Parámetros cinemáticos e cinéticos.
c. Biomecánica dos tecidos
c.1. Óseo
c.2. Cartílago articular
c.3. Ligamentos e tendóns
c.4. Fascias
c.5. Músculos
c.6. Tecido nervioso periférico
UNIDAD TEMÁTICA I: BIOMECANICA FUNCIONAL DO TRONCO Tema 1.1. Biomecánica da columna vertebral. (I)
Tema 1.2. Biomecánica da columna vertebral. (II)
Tema 1.3. Biomecánica do segmento lumbar da columna vertebral
Tema 1.4. Biomecánica do segmento dorsal da columna vertebral
Tema 1.5. Biomecánica da respiración
Tema 1.6. Biomecánica do segmento cervical da columna vertebral. (I)
Tema 1.7. Biomecánica do segmento cervical da columna vertebral. (II)
UNIDAD TEMÁTICA II: BIOMECANICA DO CINTURÓN PELVICO E DO MEMBRO INFERIOR Tema 2.1. Biomecánica do cinturón pélvico.
Tema 2.2.Biomecánica da cadera
Tema 2.3. Biomecánica do xeonllo
Tema 2.4. Biomecánica do tornecelo
Tema 2.5. Biomecánica do pé. ( I )
Tema 2.6. Biomecánica do pé. ( II )
UNIDAD TEMÁTICA III: BIOMECANICA DO CINTURON ESCAPULAR E DO MEMBRO SUPERIOR Tema 3.1. Biomecánica do cinturón escapular
Tema 3.2: Biomecánica da articulación glenohumeral
Tema 3.3. Biomecánica do cóbado
Tema 3.4. Biomecánica do pulso
Tema 3.5. Biomecánica da man
UNIDAD TEMÁTICA IV: BIOMECANICA DA POSTURA Tema 4.1. Cadeas cinéticas
Tema 4.2. Biomecánica da postura
UNIDAD TEMÁTICA V: BIOMECANICA DA MARCHA Tema 5.1. Biomecánica da marcha ( I )
Tema 5.2. Biomecánica da marcha ( II )
Tema 5.3. Biomecánica da marcha patolóxica
PRACTICAS DE LABORATORIO Práctica 1. Análise biomecánico da columna cervical.
Práctica 2. Análise biomecánico da columna dorsal e das articulacións costais.
Práctica 3. Análise biomecánico da columna lumbar.
Práctica 4. Análise biomecánico da columna vertebral en conxunto
Práctica 5. Análise biomecánico do cinturón pélvico.
Práctica 6. Análise biomecánico da articulación da cadeira.
Práctica 7. Análise biomecánico da articulación do xeonllo.
Práctica 8. Análise biomecánico de la articulación do tornecelo e do pé.
Práctica 9. Análise biomecánico do cinturón escapular.
Práctica 10. Análise biomecánico da articulación glenohumeral.
Práctica 11. Análise biomecánico da articulación do cóbado.
Práctica 12. Análise biomecánico da articulación da boneca.
Práctica 13. Análise biomecánico da man.
Práctica 14. Análise biomecánico da marcha



Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C9 35 60 95
Prácticas de laboratorio A2 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C9 22 27 49
Proba mixta A2 C1 C9 2 0 2
Proba práctica A2 C1 C9 1 0 1
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. Os contidos abordados nas sesións maxistrais serán obxecto de avaliación mediante probas de comprensión, e traballos tutelados
No entanto, dentro da avaliación continuada da materia, valorarase tamén a asistencia, puntualidade, actitude e participación razoada.
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
Os contidos abordados en tanto nas prácticas serán obxecto de avaliación mediante probas de comprensión e traballos tutelados
No entanto, dentro da avaliación continuada da materia, valorarase tamén a asistencia, puntualidade, actitude e participación razoada.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Proba práctica Proba na que se busca que o alumno desenvolva total ou parcialmente algunha práctica que previamente tivese feito durante as clases prácticas. A proba práctica pode incluír previamente a resolución dunha pregunta/problema que teña como resultado a aplicación práctica dunha determinada técnica ou práctica aprendida.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Sesión maxistral
Proba práctica
Descrición
Actividade académica desenvolvida polo profesorado, individual ou en pequeno grupo, que ten como finalidade atender as necesidades e consultas do alumnado relacionadas co estudo e/ou temas vinculados coa materia, proporcionándolle orientación, apoio e motivación no proceso de aprendizaxe.

Esta actividade farase preferentemente de forma non presencial (a través do correo electrónico, Microsoft Teams e/ou do campus virtual Moodle) e/ou, excepcionalmente, de forma presencial (directamente na aula e nos momentos que o profesor ten asignados a tutorías de despacho).

Enténdese por atención personalizada o tempo que cada profesor reserva para atender e resolver dúbidas ao alumnado en relación a unha materia concreta.

Non se debe confundir atención personalizada con titoría académica, xa que esta fai referencia á necesidade de asignar a cada alumno un titor desde primeiro curso da carreira ata que finaliza os estudos universitarios, co obxectivo de ofrecer un soporte permanente e formal en aqueles momentos nos que debe tomar decisións.

Para a súa realización é importante consultar co profesor os avances que se vaian realizando progresivamente para ofrecer as orientacións necesarias en cada caso para asegurar a calidade dos traballos de acordo aos criterios que se indicarán. O seguimento farase preferentemente de forma individualizada a través dos espazos de comunicación da ferramenta Moodle.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A2 C1 C9 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.

En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
70
Sesión maxistral A1 A2 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C9 Tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Os contidos abordados nas sesións maxistrais serán obxecto de avaliación continuada mediante probas de comprensión que se realizarán, de forma aleatoria, en diferentes momentos do cuadrimestre, e/ou traballos tutelados.

Ademais, dentro da avaliación continuada da materia, valorarase tamén a asistencia, puntualidade, actitude, participación razoada, traballo en equipo, resolución de prácticas e axuda aos compañeiros durante as mesmas.
10
Proba práctica A2 C1 C9 Proba na que se busca que o alumno desenvolva total ou parcialmente algunha práctica que previamente tivese feito durante as clases prácticas. A proba práctica pode incluír previamente a resolución dunha pregunta/problema que teña como resultado a aplicación práctica dunha determinada técnica ou práctica aprendida. 20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia a NOTA obtida deberá ser igual ou superior
ao 50% da puntuación posible, sendo imprescindible alcanzar unha puntuación
mínima de 5/10  puntos na proba mixta, e
de 4/10 puntos na proba práctica.

Se a cualificación obtida da ponderación da proba mixta e da proba
práctica resulta igual ou superior a 5/10 puntos, pero una das partes non
alcanza o mínimo esixido, a cualificación final será de suspenso (cunha
puntuación de 4,9/10 puntos).

Se o/a estudante consegue superar unha das partes (proba mixta ou
proba práctica) no exame de 1ª oportunidade (maio/xuño), gardarase a
cualificación obtida na mesma así como a avaliación continuada só ata a
convocatoria de 2ª oportunidade (xuño/xullo).

As porcentaxes asignadas a cada proba poden sufrir pequenas
modificacións dun curso a outro en función das necesidades da materia; no
entanto, o valor do exame (proba obxectiva e proba práctica) nunca será
inferior ao 70% da nota final, e o valor da avaliación continuada (traballos
tutelados e lecturas) nunca será superior ao 30%.


Fontes de información
Bibliografía básica

- Luttgens & Wells. Kinesiología: Bases científicas del movimiento humano. Septima edición. Madrid: Ed. C.B.S. College Publishing. (1985)

Miralles M. y Miralles R. Biomecánica clínica de los tejidos y las articulaciones del aparato locomotor. 2ª edición, 20005. Ed. Masson

- Dufour M., Pillu M. Biomecánica Funcional: Bases anatómicas, Estabilidad, Movilidad, Tensiones. Barcelona: Masson; 2006

- Kapandji. A. Fisiologia Articular. Tomos 1, 2 y 3.Madrid: Maloine; 2006

- Nordin & Frankel. Biomecánica básica de sistema músculoesquelético. 3ª ed. Madrid: McGraw – Hill – Interamericana; 2001

- Piéra J. B. y Grossiord A. La marche. Encycl. Méd. Chir. Paris. Kinésithérapie, 4.4.02, 26013 A10 y A15.

- Oatis C.A. Kinseiology; The mechanics and Pathomechanics of Human Movement. 2ª Edición , Lippincott Williams & Wilkins, a Wolters Kluwer business. 2009

- Levangie P. K. & Norking C.C. Joint Structure and Function; A Comprehensive Analysis. 4ª Edición. F.A. Davis Company 2005.

- Neuwmann D.A. Kinesiology of the Musculoskeletal System; Foundations for Physical Rehabilitation. Mosby 2002

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
ANATOMÍA I E HISTOLOXÍA/651G01001
ANATOMÍA II/651G01002
FISIOLOXÍA/651G01003
CINESITERAPIA XERAL/651G01005

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
FISIOTERAPIA DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTIVA/651G01025

Materias que continúan o temario
FISIOTERAPIA NAS ALTERACIÓNS ESTÁTICAS E DINÁMICAS DO RAQUIS/651G01015

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos do Plan Green Campus da Facultade de Fisioterapia, os traballos documentais que se realicen nesta materia poderanse solicitar tanto en formato papel como virtual ou soporte informático. De realizarse en papel, seguiranse na medida do posible as seguintes recomendacións xerais:

- Non se utilizarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a realización de borradores.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías