Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) CINESITERAPIA: BASES DO EXERCICIO TERAPÉUTICO Código 651G01013
Titulación
Grao en Fisioterapia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Fisioterapia
Coordinación
Bello Rodriguez, Olalla
Correo electrónico
olalla.bello@udc.es
Profesorado
Bello Rodriguez, Olalla
Correo electrónico
olalla.bello@udc.es
Web
Descrición xeral Tendo en conta a importancia do Movemento no ámbito da Fisioterapia como alicerce fundamental tanto na avaliación como na terapéutica, esta materia pretende servir de base para o desenvolvemento curricular do alumno/a en todos os aspectos relacionados coa terapia a través do exercicio físico. Deste xeito, abordaranse temáticas que van desde os métodos e sistemas de avaliación do movemento humano, as adaptacións xerais e específicas do organismo á actividade física, así como a prescrición do exercicio como ferramenta terapéutica en todos os seus ámbitos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Conocer y comprender la morfología, la fisiología, la patología y la conducta de las personas, tanto sanas como enfermas, en el medio natural y social.
A2 Conocer y comprender las ciencias, los modelos, las técnicas y los instrumentos sobre los que se fundamenta, articula y desarrolla la fisioterapia.
A3 Conocer y comprender los métodos, procedimientos y actuaciones fisioterapéuticas, encaminados tanto a la terapéutica propiamente dicha a aplicar en la clínica para la reeducación o recuperación funcional, como a la realización de actividades dirigidas a la promoción y mantenimiento de la salud.
A6 Valoración diagnóstica de cuidados de fisioterapia según las normas y con los instrumentos de validación reconocidos internacionalmente.
A7 Diseñar el plan de intervención de fisioterapia atendiendo a criterios de adecuación, validez y eficiencia.
A8 Ejecutar, dirigir y coordinar el plan de intervención de fisioterapia, utilizando las herramientas terapéuticas propias y atendiendo a la individualidad del usuario.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e comprender as bases científicas, os modelos, as técnicas e os instrumentos sobre os que se fundamenta, articula e desenvolve o Exercicio terapéutico A2
A3
C1
Elaborar un Plan de Exercicio Terapéutico atendendo a criterios de adecuación, validez e eficiencia. A2
A3
A6
A7
C1
Definir as bases anatómicas, biomecánicas e fisiolóxicas do Exercicio Terapéutico A2
A3
C1
Coñecer e relacionar os efectos fisiolóxicos e terapéuticos do exercicio sobre os diferentes sistemas e tecidos orgánicos A1
A2
A3
C1
Coñecer o concepto de Exercicio Terapéutico así como os seus obxectivos e modalidades de avaliación e aplicación/execución A2
A3
A6
C1
Coñecer as indicacións e contraindicacions do Exercicio Terapéutico A2
A3
C1
Saber executar as distintas modalidades e técnicas de exercicio terapéutico e avaliar os resultados mostrando en todo momento unha actitude de aprendizaxe e mellora. A2
A3
A7
A8
C1

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1: Introdución ao exercicio terapéutico en Fisioterapia. Consideracións xerais sobre a estrutura do movemento. Concepto de Exercicio terapéutico
Modelo actual de discapacidade
Consideracións xerais sobre a estrutura do movemento.
TEMA 2: Adaptación e exercicio físico. Adaptación. Tipos de adaptación
Fatiga
Carga: concepto e tipos
Principios xerais do adestramento
TEMA 3: Adaptacións do aparello locomotor ao exercicio terapéutico Adaptación do tecido neuro-muscular
Adaptación do tecido osteo-cartilaxinoso
Adaptación do tecido conxuntivo
TEMA 4: Adaptacións cardiovasculares ao exercicio terapéutico Resposta e adaptación cardíaca ao exercicio
Respostas e adaptacións da circulación periférica e presión arterial ao exercicio
TEMA 5: Adaptacións respiratorias e exercicio terapéutico
Función respiratoria durante exercicio. Regulación
Difusión e transporte de gases no exercicio
Equilibrio acedo-base
TEMA 6: Outras adaptacións e exercicio terapéutico Adaptacións neuroendocrinas ao exercicio
Adaptacións hematolóxicas ao exercicio
Función renal e exercicio
Función gastrointestinal e exercicio
Adaptación psicosocial e exercicio

TEMA 7: Sistemas de avaliación e rexistro en exercicio terapéutico Probas antropométricas
Probas cardiorrespiratorias
Probas neuromusculares
Probas biomecánicas
Outras probas
TEMA 8: Capacidades físicas e metodoloxía de desenvolvemento no ámbito terapéutico.
Capacidades Físicas. Xeneralidades
Forza
Velocidade
Resistencia
Flexibilidade
Métodos de intervención
Deseño dun programa

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A3 A6 C1 12 11 23
Aprendizaxe colaborativa A2 A3 A7 C1 12 15 27
Prácticas de laboratorio A6 A7 A8 C1 26 10 36
Proba práctica A6 A7 A8 C1 1 20 21
Proba mixta A1 A2 A3 A6 A7 C1 2 40 42
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Efectuarase a exposición oral do temario da materia, complementándose a mesma co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes.
Aprendizaxe colaborativa Organizarase a clase en varios grupos nos que os alumnos traballan conxuntamente na resolución de tarefas e/ou realización de traballos propostos polo profesor co fin de lograr unha mellor comprensión dos programas de exercicio terapéutico. Con este obxetcivo poderán tamén realizarse prácticas de exercicio terapeútico nas que os alumnos vivencien a dirección e realización dun programa destas características.
Prácticas de laboratorio Estas sesións servirán para pór en práctica os contidos teóricos impartidos mostrando ao alumno a execución, os procedementos e as técnicas de prescrición do exercicio terapéutico en fisioterapia así como distintos sistemas de avaliación/rexistro. Así mesmo profundarase na execución práctica e o control das distintas modalidades de exercicio terapéutico.
Proba práctica Proba de carácter oral na que se valorará fundamentalmente a a execución das distintas técnicas de tratamento e valoración así como o deseño de exercicios/programas no ámbito do exercicio terapéutico.
Proba mixta Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe que pode conter distintos tipos de preguntas: preguntas test, de resposta breve e de desenvolvemento.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Sesión maxistral
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
Tanto nas sesións maxistrais, como nas prácticas de laboratorio, fomentarase a participación activa do alumno, estimulando a formulación de dúbidas e a intervención do alumnado. No caso da aprendizaxe colaborativo, orientarase ao alumnado e resolveranse as dúbidas que poidan ir xurdindo, de forma grupal ou individual. En todas e cada unha das metodoloxías, o alumno terá acceso a unha atención personalizada a través das tutorías presenciais e/ou virtuais (a través da plataforma moodle e/ou do correo electrónico).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba práctica A6 A7 A8 C1 Exame práctico de todos os contidos da materia.

Superar esta proba será requisito indispensable para aprobar a materia. Os alumnos terán dúas opcións para realizar a proba práctica:

1. Ao longo do curso, xa que se realizará unha ou varias probas de avaliación durante as prácticas.

2. Nas oportunidades oficiais de xaneiro e xullo.

Os alumnos que superasen a opción 1 pero queiran subir a nota mediante a opción 2, poderán presentarse a este última pero non se lles manterá a nota anterior.
20
Proba mixta A1 A2 A3 A6 A7 C1 Exame de todos os contidos da materia, que inclúe os tratados nas sesións maxistrais, prácticas, sesións de aprendizaxe colaborativo e lecturas recomendadas. O tipo de exame será de exposición escrita podendo incluír preguntas tipo test e/ou preguntas de resposta breve e/ou para desenvolver.

Superar esta proba será requisito indispensable para aprobar a materia. Os alumnos terán dúas opcións para superar a proba mixta:

1. Ao longo do curso, xa que se realizarán distintas probas de avaliación dos contidos. Para superar esta opción, os alumnos deberán sacar polo menos un 5 sobre 10 en cada unha das probas propostas polo profesorado.

2. Nas oportunidades oficiais de xaneiro e xullo.

Os alumnos que superasen a opción 1 pero queiran subir a nota mediante a opción 2, poderán presentarse a última pero non se lles manterá a nota anterior. alumnos que superasen a opción 1 pero queiran subir a nota mediante a opción 2, poderán presentarse a este última pero non se lles manterá a nota anterior.
60
Prácticas de laboratorio A6 A7 A8 C1 Os contidos tratados nestas prácticas serán obxecto de avaliación mediante a proba práctica e/ou proba mixta.

Valorarase tamén a asistencia, puntualidade, actitude e participación razoada, de forma continuada durante todo o curso. A avaliación continuada das prácticas suporá un 10 % da nota final en caso de superar a proba práctica e a proba mixta.
10
Aprendizaxe colaborativa A2 A3 A7 C1 Os contidos tratados nestas clases interactivas de aprendizaxe colaborativo serán obxecto de avaliación mediante a proba mixta e/ou proba práctica.

Valorarase tamén a asistencia e a realización de traballos propostos, de forma continuada durante todo o curso. Esta avaliación suporá un 10% da nota final en caso de superar probar práctica e a proba mixta.
10
 
Observacións avaliación
<br />

Fontes de información
Bibliografía básica García Manso JM, Navarro M, Ruiz JA (1998). Bases teóricas del entrenamiento deportivo. Madrid: Gymnos
Kisner C, Colby LA (2010). Ejercicio terapéutico fundamentos y técnicas. Barcelona: Paidotribo
Hall CM, Brody LT. (2006). Ejercicio Terapéutico. Recuperación funcional.. Barcelona: Paidotribo
Lesmes, D (2007). Evaluación clínico-funcional del movimiento corporal humano. Bogota: Panamericana
López Chicharro, J, Fernández Vaquero, A (2007). Fisiología del Ejercicio. Madrid: Panamericana

Bibliografía complementaria Cook, G. (2010). Movement : functional movement systems : screening, assessment, and corrective strategies. Aptos : On Target Publications
Cook, G. (2003). Athletic body in balance. Champaign : Human Kinetics
(). Functional Training for Sports. United States: Human Kinetics

Boyle, M. Functional Training for Sports. United States: Human Kinetics; 2004

Reiman, M.P., Manske, R.C. Functional Testing in Human Performance. United States: Human Kinetics; 2009

Heyward, V.H. Evaluación de la aptitud física y Prescripción del ejercicio. Madrid: Panamericana. 2008

Hall, C.M., Brody, L.T. Therapeutic Exercise: Moving Toward Function. Baltimore: Lippincott Williams &amp; Williams. 2005

Ellenbecker, T.S., Davies, G.J. Closed Kinetic Chain Exercise: A Comprehensive Guide to Multiple-Joint Exercises. United States: Human Kinetics. 2001

Huber, F.E., Wells, C.L. Therapeutic Exercise: Treatment Planning for Progression. United States: Elsevier. 2006

Bandy, W.D., Sanders, B. Therapeutic Exercise for Physical Therapist Assistants: Techniques for Intervention. United States: Lippincott Williams &amp; Williams. 2008

Lesmes, D. Evaluación clínico-funcional del movimiento corporal humano. Bogota: Panamericana. 2007


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
ANATOMÍA I E HISTOLOXÍA/651G01001
ANATOMÍA II/651G01002
FISIOLOXÍA/651G01003
CINESITERAPIA XERAL/651G01005
VALORACIÓN FUNCIONAL E PSICOSOCIAL/651G01007

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
CINESITERAPIA XERAL/651G01005
VALORACIÓN FUNCIONAL E PSICOSOCIAL/651G01007
BIOMECÁNICA/651G01009
FISIOTERAPIA NAS ALTERACIÓNS ESTÁTICAS E DINÁMICAS DO RAQUIS/651G01015
REHABILITACIÓN CARDIO-RESPIRATORIA E VASCULAR/651G01020
FISIOTERAPIA NAS DISFUNCIÓNS DO APARELLO LOCOMOTOR/651G01024
FISIOTERAPIA DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTIVA/651G01025
ESTANCIAS CLÍNICAS I/651G01035
ESTANCIAS CLÍNICAS II/651G01036

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías