Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) FISIOTERAPIA MANUAL E OSTEOPÁTICA I Código 651G01014
Titulación
Grao en Fisioterapia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias Biomédicas, Medicina e Fisioterapia
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Fernandez Cervantes, Ramon
Correo electrónico
ramon.fcervantes@udc.es
Profesorado
Fernandez Cervantes, Ramon
Martinez Bustelo, Sandra
Souto Gestal, Antonio
Correo electrónico
ramon.fcervantes@udc.es
s.martinez1@udc.es
antonio.souto@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia recollense contidos específicos do campo da Fisioterapia coa a finalidade de que os estudantes adquiran unha visión ecléctica dos diversos métodos e técnicas para o diagnóstico e a terapéutica propostas por diversas escolas e autores do campo das terapias manuais. As terapias manuais no seu conxunto, incluindo a osteopatía, constituen unha ampla colección de procedementos de intervención clínica orientados á detección e tratamento das alteracións biomécanicas que afectan o aparello locomotor e nas que o meirande síntoma e a dor.
O paradigma que encadra estes procedementos artellase dentro dunha visión holística da función corporal, na existencia dunha relación recíproca entre a estructura e a función corporais mediada polo sistema nervoso central e na interpretación da dor de costas dentro dun modelo biopsicosocial.
O/a estudante deberá coñecer os fundamentos teóricos dos diferentes métodos e técnicas e o seu campo de aplicación na clínica, asemade adquirirá as habilidades psicomotrices necesarias para executar, con precisión profesional, as intervencións manuais necesarias para poder ensaiar esta modalidade de terapia. Deberá manexar eficazmente o proceso de avaliación e diagnóstico funcional que antecede á terapia manipulativa, os métodos terapéuticos, a súa fundamentación científica e neurofisiolóxica, as fases de execución e aplicación das manipulacións en tódalas súas variantes, dominando un número de técnicas seleccionado que lle permitan abordar a meirande parte dos trastornos do aparello locomotor que sexan susceptibles de beneficiarse desta modalidade terapéutica.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e comprender a morfoloxía, a fisioloxía, a patoloxía e a conduta das persoas, tanto sas como enfermas, no medio natural e social.
A2 Coñecer e comprender as ciencias, os modelos, as técnicas e os instrumentos sobre os que se fundamenta, articula e desenvolve a fisioterapia.
A3 Coñecer e comprender os métodos, procedementos e actuacións fisioterapéuticas, encamiñados tanto á terapéutica propiamente dita a aplicar na clínica para a reeducación ou recuperación funcional, como á realización de actividades dirixidas á promoción e mantemento da saúde.
A5 Valorar o estado funcional do paciente, considerando os aspectos físicos, psicolóxicos e sociais.
A6 Valoración diagnóstica de coidados de fisioterapia segundo as normas e cos instrumentos de validación recoñecidos internacionalmente.
A7 Deseñar o plan de intervención de fisioterapia atendendo a criterios de adecuación, validez e eficiencia.
A8 Executar, dirixir e coordinar o plan de intervención de fisioterapia, utilizando as ferramentas terapéuticas propias e atendendo á individualidade do usuario.
A9 Avaliar a evolución dos resultados obtidos co tratamento en relación cos obxectivos marcados.
A10 Elaborar o informe de alta dos coidados de fisioterapia unha vez cubertos os obxectivos propostos.
A11 Proporcionar unha atención de fisioterapia eficaz, outorgando unha asistencia integral aos pacientes.
A12 Intervir nos ámbitos de promoción, prevención, protección e recuperación da saúde.
A13 Saber traballar en equipos profesionais como unidade básica na que se estruturan de forma uni ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demais persoal das organizacións asistenciais.
A14 Incorporar os principios éticos e legais da profesión á práctica profesional así como integrar os aspectos sociais e comunitarios na toma de decisións.
A15 Participar na elaboración de protocolos asistenciais de fisioterapia baseada na evidencia científica, fomentando actividades profesionais que dinamicen a investigación en fisioterapia.
A16 Levar a cabo as intervencións fisioterapéuticas baseándose na atención integral da saúde que supón a cooperación multiprofesional, a integración dos procesos e a continuidade asistencial.
A17 Comprender a importancia de actualizar os coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que integran as competencias profesionais do fisioterapeuta.
A18 Adquirir habilidades de xestión clínica que inclúan o uso eficiente dos recursos sanitarios e desenvolver actividades de planificación, xestión e control nas unidades asistenciais onde se preste atención en fisioterapia e a súa relación con outros servizos sanitarios.
A19 Comunicarse de modo efectivo e claro, tanto de forma oral como escrita, cos usuarios do sistema sanitario así como con outros profesionais.
B1 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero.
C6 Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C9 Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ser capaz de contextualizar, criticar e integrar de maneira coherente os diferentes métodos e escolas de avaliación e terapéutica manual dentro do marco teórico da Fisioterapia Manual. A2
A3
B1
B2
B3
B4
C4
C6
C8
Ser capaz de valorar o estado funcional do paciente/usuario e determinar o diagnóstico de Fisioterapia e así como o prognóstico, en base ao interrogatorio clínico, aos resultados obtidos das probas de exploración física e ao estudo de probas e informes complementarios. A5
A6
A9
A12
A13
A16
A19
B3
B4
B5
C1
C9
Ser capaz de diagnosticar disfuncións biomecánicas, identificando os parámetros de restrición e o ou os tecidos responsables a limitación cinemática. A1
A5
A6
A7
A11
B3
B4
C8
Prescribir, deseñar, dirixir e executar o Plan de Intervención de Fisioterapia, adecuando as diferentes posibilidades terapéuticas e/ou preventivas ás necesidades de cada paciente/usuario. A3
A8
A9
A11
A12
A13
A15
A16
A18
B3
B4
B5
C8
C9
Saber plasmar os resultados da anamnesis, exploración física, obxectivos, plan de intervención, resultados e reevaluación na Historia de Fisioterapia e/ou nun informe. A5
A6
A9
A10
A14
A19
B3
B5
C1
C9
Actuar dentro dos límites da competencia profesional, coñecendo as indicacións e contraindicaciones da terapia manual e primando en todo momento a protección cara ao paciente/usuario. A11
A13
A14
A15
A17
A18
B2
B5
C4
Incorporar á práctica os principios éticos, legais e deontolóxicos da profesión. A14
B2
B5
C4

Contidos
Temas Subtemas
PROGRAMA TEÓRICO:

TEMA 1.- Estudo histórico e conceptual das terapias manuais e a osteopatía.
1.1.- Evolución histórica das terapias manuais e a osteopatía.
1.2.- Análise conceptual das terapias manuais, osteopatía, quiropraxia, técnica de Cyriax.
1.3.- Achegas da fisioterapia ás terapias manuais.
1.4.- A terapéutica manipulativa e osteopática como parte da fisioterapia.
TEMA 2.- Principios biomecánicos aplicados á terapia manual e osteopatía. 2.1.- Estudo da relación entre a estrutura e a función corporais.
2.2.- O equilibrio estático-dinámico do corpo e a súa alteración funcional.
2.3.- Mobilidade global e analítica da columna vertebral e pelvis.
2.4.- Disfuncións por hipo e hipermovilidad articular e respostas funcionais adaptativas.
TEMA 3.- Disfuncións biomecánicas articulares. 3.1.- A lesión por restrición articular. Características e tipos.
3.2.- Teorías do mecanismo lesional. Estudo neurofisiológico e biomecánico das disfuncións articulares.
3.3.- Evidencia científica da terapéutica manipulativa.
3.4.- Obxectivos da terapia manual nas síndromes radiculares e pseudorradiculares.
TEMA 4.- A exploración e diagnóstico das disfuncións biomecánicas do aparello locomotor. 4.1.- O diagnóstico e informe médico.
4.2.- Análise estática e dinámica do corpo.
4.3.- Exploración palpatoria: palpación estática e palpación dinámica.
4.4.- Probas biomecánicas e cinéticas.
3.5.- Probas ortopédicas, neuro-ortopédicas e outras probas específicas.
3.6.- Diagnóstico fisioterapéutico: Localización do nivel disfuncional e detección dos parámetros lesionales.
TEMA 5.- A arte da terapia manual e osteopática. 5.1.- Técnicas estruturais de manipulación.
5.2.- Técnicas funcionais de manipulación.
5.3.- Principios básicos e modo xeral de execución de cada técnica.
4.4.- Indicacións e contraindicaciones das técnicas terapéuticas.
5.5.- Posibles efectos iatrogénicos da terapia manual e osteopática.
TEMA 6.- Terapia Manual na pelvis e coxa. 6.1.-Síndromes dolorosas pélvicas e coxofemorais de orixe funcional.
6.2.- Biomecánica clínica da pelvis e a articulación coxofemoral.
6.3.- Exploración e valoración funcional das articulacións:
6.3.1- Sacroilíacas.
6.3.2.- Coccíxeas.
6.3.3.- Coxofermorales.
6.4.- Tipos de lesións funcionais e o seu diagnóstico.
6.5.- Tratamento: técnicas de partes brandas, terapias articulatorias, técnicas estruturais e funcionais.
TEMA 7.- Terapia manual na columna lumbar. 7.1.- Síndromes dolorosas da columna vertebral lumbar de orixe funcional.
7.2.- Biomecánica clínica da columna vertebral lumbar.
7.3.- Exploración e valoración funcional das articulacións interapofisarias e do disco intervertebral.
7.4.- Tipos de lesións funcionais e o seu diagnóstico. Lesións discales a nivel lumbar.
7.5.- Tratamento das síndromes pseudorradiculares: técnicas de partes brandas, técnicas articulatorias, manipulacións estruturais e funcionais.
7.6.- Tratamento das síndromes dolorosas de orixe discal con e sen afectación radicular.
TEMA 8.- Terapia manual na columna dorsal e costelas. 8.1.- Síndromes dolorosas da columna vertebral dorsal.
8.2.- Biomecánica clínica da columna vertebral dorsal e das articulacións costotransversas.
8.3.- Exploración e valoración funcional das articulacións: interapofisarias e costotransversas.
8.4.- Tipos de lesións funcionais e o seu diagnóstico.
8.5.- Tratamento das síndromes dolorosas pseudorradiculares: técnicas de partes brandas, técnicas articulatorias, manipulacións estruturais e funcionais.
TEMA 9.- Terapia manual na columna cervical. 9.1.- Síndromes dolorosas cervico-craniais.
9.2.- Biomecánica clínica da columna cervical e das articulacións occipito-atloideas.
9.3.- Exploración e valoración funcional das articulacións interapofisarias, odonto-atloidea, occipito-atloideas e dos discos intervertebrales.
9.4.- Proba da arteria vertebral.
9.5.- Tipos de lesións funcionais e o seu diagnóstico. Lesións discais a nivel cervical.
9.6.- Tratamento das síndromes dolorosas pseudorradiculares: técnicas de partes brandas, técnicas articulatorias, manipulacións estruturais e funcionais.
9.7.- Tratamento das síndromes dolorosas de orixe discal con e sen afectación radicular.
9.8.- Contraindicaciones específicas da terapia manual na columna cervical.
TEMA 10.- Terapia manual na cintura escapular e ombreiro. 10.1.- Síndromes disfuncionais da cintura escapular e ombreiro.
10.2.- Biomecánica clínica da cintura escapular e ombreiro.
10.3.- Exploración e valoración funcional das articulacións: Esternoclavicular, acromioclavicular, subdeltoidea, escapulotorácica, glenohumeral.
10.4.- Tipos de lesións funcionais e o seu diagnóstico.
10.5.- Tratamento das lesións funcionais: técnicas de partes brandas, técnicas articulatorias, manipulacións estruturais e funcionais.
PROGRAMA PRÁCTICO:

MÓDULO PRÁCTICO 1.- Principios xerais dos diferentes métodos e técnicas terapéuticas que se empregan en terapia manual.
1.1 Técnicas musculares
1.1.1 T. de Fortalecemento
1.1.2 T. de Estiramento
1.1.3 T. Isolíticas
1.1.4 T. de Inhibición
1.2 Técnicas de ligamento
1.2.1 T. de Estiramento
1.2.2 T. de Bombeo
1.3 Técnicas articulatorias
1.3.1 T. de Estiramento
1.3.2 T. Rítmicas
1.3.3 T. Estruturais
1.3.4 T. Funcionais
MÓDULO PRÁCTICO 2.- A terapia manual na pelvis e articulación coxofemoral. 2.1 Introdución
2.2 Exploración estática e dinámica
2.3 Exploración palpatoria
2.4 Probas de mobilidade
2.5 Test ortopédicos
2.6 Valoración e técnicas de partes brandas
2.7 Técnicas articulatorias
2.8 Manipulación con impulso
MÓDULO PRÁCTICO 3.- A terapia manual na columna lumbar e dorsal. 3.1 Introdución
3.2 Exploración estática e dinámica
3.3 Exploración palpatoria
3.4 Probas de mobilidade
3.5 Test ortopédicos
3.6 Valoración e técnicas de partes brandas
3.7 Técnicas articulatorias
3.8 Manipulación con impulso
MÓDULO PRÁCTICO 4.- A terapia manual na columna cervical. 4.1 Introdución
4.2 Exploración estática e dinámica
4.3 Exploración palpatoria
4.4 Probas de mobilidade
4.5 Test ortopédicos
4.6 Valoración e técnicas de partes brandas
4.7 Técnicas articulatorias
4.8 Manipulación con impulso

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A19 A18 A17 A16 A15 A14 A13 A12 A11 A10 A9 A8 A7 A6 A5 A3 A2 A1 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C4 C8 C9 17 23 40
Prácticas de laboratorio A1 A3 A5 A6 A8 A9 A11 A12 A16 C6 30 26 56
Aprendizaxe colaborativa A1 A2 A3 A10 A19 C1 C4 C6 10 10 20
Recensión bilbiográfica A1 A2 A3 A10 A19 C1 C4 C6 0 28 28
Proba mixta A19 A17 A16 A15 A14 A13 A12 A11 A10 A9 A8 A7 A6 A5 A3 A2 A1 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C4 C6 C9 2 0 2
Proba práctica A1 A3 A5 A6 A7 A8 A9 A11 A12 A16 B2 B3 1 0 1
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
Neste caso, as prácticas de laboratorio levarán a cabo en grupos de aproximadamente 12 estudantes. O profesor/a explicará as diferentes técnicas diagnósticas e terapéuticas, efectuando una unha demostración práctica que deberá ser replicada polos estudantes por parellas. Nese momento o profesor/a prestará atención individualizada a cada estudante, realizando posibles observacións ou incidindo sobre certos parámetros a mellorar, facilitando así a adquisición de habilidades psicomotrices por parte dos estudantes.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.

Recensión bilbiográfica A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, nin unha mera análise do contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica científica é a crítica que merece a xuízo do autor da recensión, en relación a outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou en relación a súa propia experiencia.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Proba práctica Proba na que se busca que o alumno desenvolva total ou parcialmente algunha práctica que previamente tivese feito durante as clases prácticas. A proba práctica pode incluír previamente a resolución dunha pregunta/problema que teña como resultado a aplicación práctica dunha determinada técnica ou práctica aprendida.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
Ao tratarse dunha materia de fundamentos teóricos-prácticos para alumnos de segundo curso, a atención personalizada está orientada a axudar ao alumno na clarificación de conceptos interrelacionados, resolución de dúbidas e adquirir unha visión integrada deste corpo de coñecementos. Ademais, poderá utilizarse para explicar habilidades prácticas buscando a integración cos contidos teóricos. Tamén posúe o obxectivo de axudarlle na procura e interpretación das fontes bibliográficas.
Para a tutorización desta metodoloxía docente establécense tres horas de atención personalizada distribuídas regularmente ao longo do curso, na que se poden resolver cuestións de tipo tanto teórico como práctico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A19 A18 A17 A16 A15 A14 A13 A12 A11 A10 A9 A8 A7 A6 A5 A3 A2 A1 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C4 C8 C9 Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
A asistencia regular as clases asi como as actitudes e aptitudes amosadas nas mesmas serán evaluadas de xeito continuado, outorgándoselles un 5% da nota total da asignatura.
5
Prácticas de laboratorio A1 A3 A5 A6 A8 A9 A11 A12 A16 C6 Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
A asistencia regular as prácticas de laboratorio asi como as actitudes e aptitudes amosadas nas mesmas serán evaluadas de xeito continuado, outorgándoselles un 5% da nota total da asignatura.
5
Aprendizaxe colaborativa A1 A2 A3 A10 A19 C1 C4 C6 Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
A realización dos traballos propostos polo profesor a súa calidade e as actitudes e aptitudes amosadas polos alumnos nesta tarefa, serán avaliados nunha porcentaxe do 5% da nota final da asignatura.
5
Recensión bilbiográfica A1 A2 A3 A10 A19 C1 C4 C6 A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, nin unha mera análise do contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica científica é a crítica que merece a xuízo do autor da recensión, en relación a outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou en relación a súa propia experiencia.
A presentación en tempo e forma das recensions así como a súa calidade, serán avaliados nunha porcentaxe do 5% da nota final da asignatura.
5
Proba mixta A19 A17 A16 A15 A14 A13 A12 A11 A10 A9 A8 A7 A6 A5 A3 A2 A1 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C4 C6 C9 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Para computar na nota final da evaluación da asignatura, e poder optar a superar a mesma, deberá obter como mínimo un 4 puntos sobre 10 na proba mixta. A cualificación desta proba supón o 50% da nota media final da asignatura.
50
Proba práctica A1 A3 A5 A6 A7 A8 A9 A11 A12 A16 B2 B3 Proba na que se busca que o alumno desenvolver total ou parcialmente algunha práctica que previamente fixese durante as clases prácticas. A proba práctica pode incluír previamente a resolución dunha pregunta/problema que teña como resultado a aplicación práctica dunha determinada técnica ou práctica aprendida.
Para computar na nota final da avaliación da materia, e poder optar a superar a mesma, deberá obter como mínimo uns 4 puntos sobre 10 na proba práctica. A cualificación desta proba supón o 30% da nota media final da materia.
30
 
Observacións avaliación

As porcentaxes asignadas a cada proba poden sufrir pequenas modificacións dun curso a outro en función das necesidades da materia; no entanto, o valor do exame (teórico e práctico) nunca será inferior ao 70% da nota final, e o valor da avaliación continuada (asistencia, traballos tutelados, recensións, etc.) nunca será superior ao 30%.

A nota final establecerase nun rango de "0" a "10". Esta nota estará formada pola suma das notas parciais, obtidas en cada un dos apartados da avaliación, na porcentaxe que lle corresponda, e que esta indicada no esquema exposto arriba. A cualificación de aprobado obterase cando a nota media final sexa de "5". 

Para poder calcular a media exposta anteriormente, o/a estudante deberá obter tanto na proba mixta como na proba práctica, unha puntuación mínima de 4 sobre 10 puntos . De ser inferior a 4 sobre 10 puntos, a cualificación resultante será automaticamente de suspenso/a.

Debido ao carácter e perfil competencial da materia, non se contempla a posibilidade de a dispensa académica que exima aos estudantes a tempo parcial da asistencia as clases prácticas.

Os/as estudantes que teñan opción a Matrícula de Honra, para optar a ela deberán presentar a memoria dos contidos do curso (tanto teóricos como prácticos), elaborados por eles mesmos, no prazo que se estableza. Si a avaliación dos mesmos resulta positiva alcanzarán a cualificación ante dita. No caso de que houbese máis candidatos que Matrículas de Honra dispoñibles, establecerase unha orde de prelación. 


Fontes de información
Bibliografía básica Chaitow, L. (2007). Aplicación clínica de las técnicas neuromusculares. Barcelona : Paidotribo
Fernández Cervantes R, González Doniz M L, Rodríguez Romero B (2002). Aspectos académicos de la Terapia Manual. En: Cuadernos de Fisioterapia. Madrid. Jims
Amigues J P (2005). Compendio de Osteopatía. Madrid. Mac Graw Hill-Interamericana
Meadows J T (2000). Diagnóstico Diferencial en Fisioterapia. Madrid. Mac Graw Hill-Interamericana
Fernández Cervantes R y cols (1996). Fisioterapia Manipulativa en las fijaciones anterior y posterior del iliaco. En: Fisioterapia. Madrid. Masson
Kaltenborn F M (2001). Fisioterapia Manipulativa: Extremidades. Madrid. Mac Graw Hill-Interameericana
Kaltenborn F M (2000). Fisioterapia Manual: Columna. Madrid. Mac Graw Hill-Interamericana
Boyling J D, Jull G A (2006). Grieve. Terapia Manual Contemporánea. Columna vertebral. Barcelona. Masson
Fernández Cervantes R, González Doniz M L, Armenta Peinado J A (1992). Justificación de la Fisioterapia Manipulativa en el dolor pseudorradicular. En: Fisioterapia. Madrid. Masson
Torres Cueco R. (2008). La columna cervical. Madrid: Panamericana
Maitland J (2007). Manipulación Vertebral. Madrid. Elsevier
Stoddar A (1982). Manual de Técnicas de Quiropraxia. Barcelona. Jims
Dvörak J, Dvörak V (1993). Medicina Manual. Diagnóstico (2ª ed.). Barcelona. Ediciones Scriba SA
Scheider W, Dvörak J, Dvörak V (1994). Medicina Manual. Terapéutica (2ª ed.). Barcelona. Ediciones Scriba SA
Seco J. (Director) (2015). Músculo Esquelético. Volumen I. Madrid. Panamericana
Parsons J. & Marcer N (2007). Osteopatía: modelos de diagnóstico, tratamiento y práctica. Madrid : Elsevier
Greeman (2000). Principios y práctica de la medicina manual (2ª ed). Madrid. Mac Graw Hill-Interamericana
Buckup K (2007). Pruebas clínicas para patología ósea, atricular y muscular. Barcelona. Elsevier-Masson
Cosentino R (1982). Ráquis. Buenos Aires. El Ateneo
Fryer, G. (2016). Somatic dysfunction: An osteopathic conundrum.. International Journal of Osteopathic Medicine, 22, 52-63.
Giles Gyer (2019). Spinal manipulation therapy: Is it all the brain? A current review of the neurophysiological effects of manipulation. Journal of Integrative Medicine
Fernández-Cervantes R, Souto-Gestal, A. (2015). Terapia manual y osteopática. Técnicas estructurales de manipulación. Técnicas funcionales de manipulación. En Métodos específicos de intervención en Fisioterapia. Madrid. Panamericana
Chaitow L (2001). Terapia Manual. Valoración y Diagnóstico. Madrid. Mac Graw Hill-Interamericana
Ricard F, Sallé J L (2003). Tratado de Osteopatía (3ª ed.). Madrid. Panamericana
Díaz Mancha, J. A. (2014). Valoración manual. Barcelona : Elsevier

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
ANATOMÍA I E HISTOLOXÍA/651G01001
ANATOMÍA II/651G01002
FISIOLOXÍA/651G01003
CINESITERAPIA XERAL/651G01005
VALORACIÓN FUNCIONAL E PSICOSOCIAL/651G01007

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
BIOMECÁNICA/651G01009
SEMIOLOXÍA CLÍNICA/651G01010
CINESITERAPIA: BASES DO EXERCICIO TERAPÉUTICO/651G01013

Materias que continúan o temario
FISIOTERAPIA NAS ALTERACIÓNS ESTÁTICAS E DINÁMICAS DO RAQUIS/651G01015
FISIOTERAPIA MANUAL E OSTEOPÁTICA II/651G01019
FISIOTERAPIA NAS DISFUNCIÓNS DO APARELLO LOCOMOTOR/651G01024

Observacións

Consideracións medioambientais: co obxectivo de axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos do Plan Green Campus da Facultade de Fisioterapia, os traballos documentais que se realicen nesta materia poderanse solicitar tanto en formato papel como virtual ou soporte informático. De realizarse en papel seguiranse na medida do posible as seguintes recomendacións xerais:

- Non se utilizarán plásticos. 

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a realización de borradores.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías