Competencias do título |
Código
|
Competencias do título
|
A3 |
Conocer y comprender los métodos, procedimientos y actuaciones fisioterapéuticas, encaminados tanto a la terapéutica propiamente dicha a aplicar en la clínica para la reeducación o recuperación funcional, como a la realización de actividades dirigidas a la promoción y mantenimiento de la salud. |
A4 |
Adquirir la experiencia clínica adecuada que proporcione habilidades intelectuales y destrezas técnicas y manuales; que facilite la incorporación de valores éticos y profesionales; y que desarrolle la capacidad de integración de los conocimientos adquiridos; de forma que, al término de los estudios, los estudiantes sepan aplicarlos tanto a casos clínicos concretos en el medio hospitalario y extrahospitalario, como a actuaciones en la atención primaria y comunitaria. |
A5 |
Valorar el estado funcional del paciente, considerando los aspectos físicos, psicológicos y sociales. |
A7 |
Diseñar el plan de intervención de fisioterapia atendiendo a criterios de adecuación, validez y eficiencia. |
A12 |
Intervenir en los ámbitos de promoción, prevención, protección y recuperación de la salud. |
A17 |
Comprender la importancia de actualizar los conocimientos, habilidades, destrezas y actitudes que integran las competencias profesionales del fisioterapeuta. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias do título |
Recoñecer os elementos que interveñen no control postural e motor relacionado coa columna vertebral, así como o papel de cada un deles e as súas disfuncións. Explicar como se resolven tales disfuncións a través do exercicio terapéutico. |
A3 A4 A17
|
|
C6 C7
|
Aplicar as distintas probas de valoración da postura e do movemento da columna vertebral sobre un/a compañeir@. Interpretar o significado dos resultados obtidos nas devanditas probas. Formular unha conclusión xeral a partir de tales resultados. |
A3 A4 A5 A17
|
|
C1 C3 C6 C7
|
Diferenciar as características clínicas máis relevantes dos síndromes neuro-músculo-esqueléticos relacionados coa columna vertebral. |
A4 A5 A17
|
|
C3 C6 C7
|
Identificar as características xerais, as características anatomo-patolóxicas e as manifestacións clínicas das desviacións da columna vertebral no plano saxital e frontal. |
A4 A17
|
|
C3 C6 C7
|
Establecer a relación entre os obxectivos xerais e a metodoloxía de aplicación das diferentes modalidades de exercicio terapéutico aplicado ás desviacións e síndromes neuro-músculo-esqueléticos relacionados coa columna vertebral.
|
A3 A4 A7 A17
|
|
C1 C3 C6 C7
|
Aplicar diferentes exercicios terapéuticos relacionándoos cos seus obxectivos e a súa metodoloxía de aplicación. Seleccionar un número limitado de exercicios para casos clínicos concretos con desviacións ou síndromes neuro-músculo-esqueléticos relacionados coa columna vertebral.
|
A3 A4 A7 A12 A17
|
|
C1 C3 C6 C7
|
Identificar as fontes bibliográficas máis relevantes sobre a evidencia científica do exercicio terapeútico aplicado ás desviacións ou síndromes da columna vertebral. |
A17
|
|
C3 C6 C7
|
Resultados relacionados co plano subxectivo:
- Actuar mantendo un comportamento responsable (c@s compañeir@s, co grupo, c@ profes@r).
- Defender a confidencialidade da posible información clínica obtida de outr@s compañeir@s.
- Usar unha linguaxe clara e relacionada coa práctica profesional.
- Actuar con responsabilidade. |
A17
|
|
C1 C6 C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
PROGRAMA TEÓRICO |
5 temas |
Tema 1. Análise teórica e práctica do control postural e motor relacionado coa columna vertebral
|
1.1. Definicións da postura
1.2. Elementos que interveñen no control postural e motor. Funcións e disfuncións destes elementos.
1.3.Aspectos varios baseados na evidencia actual.
1.4. Protocolo de valoración da postura e do movemento da columna vertebral. |
Tema 2. Síndromes neuro-músculo-esqueléticos relacionados coa columna vertebral |
2.1. Dor de costas mecánicos
2.2. Radiculopatías
2.3. Síndromes posturales e do control motor |
Tema 3. Desviacións da columna vertebral no plano saxital e no plano frontal
|
3.1. Desviacións no plano saxital:
3.1.1. Xeneralidades
3.1.2. Cifose dorsal
3.1.3. Enfermidade de Sheuerman
3.1.4. Dorso plano
3.1.5. Hiperlordosis
3.1.6. Espondilolisis. Espondilolistesis
3.1.7. Rectificación lumbar
3.2. Desviacións no plano frontal: Escoliose
3.2.1. Recordo histórico. Definición. Etioloxía
3.2.2. Escoliose idiopática:
3.2.2.1. Definición. Prevalencia.
3.2.2.2. Cambios anatomo-patolóxicos.
3.2.2.3. Consideracións etiolóxicas.
3.2.2.4. Manifestacións clínicas.
3.2.2.5. Clasificación: a) cronolóxica, b) segundo a localización, c) segundo gravidade.
3.2.2.6. Evolución e factores prognóstico. |
Tema 4. Exercicio terapéutico nos síndromes neuro-músculo-esqueléticos e desviacións relacionadas coa columna vertebral
|
4.1. Definición de exercicio terapéutico e evidencia científica sobre a súa aplicación nos síndromes e desviacións relacionadas coa columna vertebral.
4.2. Descrición e análise dos obxectivos xerais do exercicio terapéutico.
4.3. Metodoloxía de aplicación das diferentes modalidades de exercicio terapéutico.
|
Tema 5. Exercicios específicos de fisioterapia para o tratamento da escoliose |
5.1. Evidencia científica sobre o tratamento conservador: exercicios específicos de fisioterapia
5.2. Obxectivos básicos do tratamento conservador
5.3. Consenso de recomendacións sobre os exercicios específicos de fisioterapia
|
PROGRAMA PRÁCTICO |
|
Prácticas nº1-nº7
Tema 1. Análise teórica e práctica do control postural e motor relacionado coa columna vertebral |
1.4. Protocolo de valoración da postura e do movemento da columna vertebral:
I. Anamnese ou exame subxectivo.
II. Exploración física:
1. Exploración estática
2. Exploración dinámica:
- Mobilidade global
- Test de control do movemento
- Test de inestabilidade
- Test musculares de estabilizadores e movilizadores
3. Exploración neurolóxica
4. Probas radiolóxicas
|
Prácticas nº8-nº14
Tema 4. Exercicio terapéutico nos síndromes neuro-músculo-esqueléticos e desviacións relacionadas coa columna vertebral |
4.2. Descrición e análise dos obxectivos xerais do exercicio terapéutico.
4.3. Metodoloxía de aplicación das diferentes modalidades de exercicio terapéutico:
- Exercicios de reeducación do patrón respiratorio
- Exercicios de reeducación sensitivo-motora
- Exercicios de activación de músculos estabilizadores
- Exercicios de flexibilización: articular, muscular, neural
- Exercicios de fortalecemento muscular |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A17 |
2 |
0 |
2 |
Sesión maxistral |
A3 A4 A5 A7 A12 A17 C1 C3 C6 C7 |
25 |
43 |
68 |
Prácticas de laboratorio |
A3 A4 A5 A7 A12 A17 C1 C3 C6 C7 |
30 |
44 |
74 |
Proba mixta |
A3 A7 C1 |
2 |
0 |
2 |
Proba práctica |
A3 A4 A5 C1 |
1 |
0 |
1 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
A través desta actividade inicial exporanse @s alumn@s os diferentes apartados da guía académica de forma detallada, e resolveranse as dúbidas relativas a calquera dos aspectos de programación da materia.
Tratarase ademais de identificar os intereses e motivacións d@ alumn@ co obxectivo de facilitar o proceso de aprendizaxe. |
Sesión maxistral |
As sesións maxistrais correspóndense ás clases programadas no calendario académico como docencia teórica. Estas clases serán impartidas na aula nº2 (planta soto). Presentaranse os aspectos crave da materia de maneira sintética e secuencial, co obxectivo de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe do alumn@. Estas sesións reforzarán o material elaborado e colgado en Moodle pola profesora. Realizaranse mediante exposición oral, con ou sen apoio audiovisual. Estará destinada fundamentalmente á obtención de resultados da aprendizaxe do plano cognitivo.
I) Dentro do horario asignado a estas sesións contémplase á súa vez a realización de Talleres. Os talleres estarán orientados fundamentalmente á obtención de resultados da aprendizaxe relacionados co saber facer. Durante a realización dos talleres o profesor guiará ao alumn@ na adquisición de habilidades psicomotoras relacionadas coa valoración e coa aplicación do exercicio terapéutico. A vantaxe desta metodoloxía radica en que é o propio alumn@ o que vivencia a experiencia de ser avaliade@ e/ou guiade@ na execución dunha serie de exercicios terapéuticos, facilitando así a identificación dos obxectivos e da metodoloxía de aplicación das diferentes modalidades de exercicio terapéutico. A asistencia aos talleres é obrigatoria.
II) Estas sesións reforzaranse á súa vez coa realización simultánea doutras actividades tales como a análise de fontes documentais (bibliográficos e/ou audiovisuais) relevantes para a materia; a aprendizaxe cooperativa ou prácticas a través de Tics, que contribuirán a identificar a práctica baseada na evidencia e reforzarán a adquisición dos resultados da aprendizaxe. |
Prácticas de laboratorio |
Esta metodoloxía permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, realización de probas de valoración clínica, exploracións ou exercicios.
O laboratorio ofrece unha excelente oportunidade para adquirir competencias técnicas, metodolóxicas, sociais e participativas. Estas prácticas irán dirixidas especialmente á adquisición de resultados da aprendizaxe no plano psicomotor ou do saber facer; e no plano subxectivo ou do saber ser.
Están relacionadas co tema 1 e tema 4 sobre a aplicación das distintas probas de valoración da postura e do movemento da columna vertebral, así como das diferentes modalidades de exercicio terapéutico.
As prácticas de laboratorio realizaranse no laboratorio de Fisioterapia Especial (2ª planta). O grupo de alumnos matriculados na materia distribúese en 6 grupos, cada un dos cales recibirá 2 horas de prácticas de laboratorio semanalmente (respectarase a distribución oficial dos grupos).
O alumno/a debe asistir ás mesmas con pixama clínico, bañador ou roupa deportiva similar, e sabanilla ou toalla.
I) Estas prácticas complementaranse coa elaboración dun portafolio individual sobre tales prácticas. Cada alumno deberá entregar o seu portafolio, en formato dixital, ao final do curso. Este debe incluír:
- os resultados de todas as probas de valoración realizadas (resultados de sí mesm@s)
- unha conclusión sobre tales resultados
- unha proposta de, polo menos, 4 exercicios que estarían indicados para a prevención ou tratamento das posibles desviacións ou síndromes detectadas na columna vertebral
- unha reflexión sobre a aprendizaxe adquirida
II) Estas prácticas se complementarán a su vez con un estudio de casos.
Búscase a través desta actividade promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes.
O alumn@ deberá realizar un estudo sobre un caso clínico.
Esta actividade levarase a cabo en colaboración con outros 2 compañeir@s (grupos de 3 alumn@s) a partir da composición dos grupos das clases prácticas, onde un d@s alumn@s asumirá o rol de caso clínico.
Deberase entregar a composición dos grupos o primeiro día de prácticas de laboratorio á profesora, nunha folla coa firma dos 3 integrantes.
Está actividade está relacionada fundamentalmente co tema 1 e tema 4 sobre a aplicación das distintas probas de valoración da postura e do movemento da columna vertebral, e a capacidade para seleccionar diferentes modalidades de exercicio terapéutico para o devandito caso clínico.
Requisitos para a súa elaboración, presentación e entrega:
1. Debe incluír os resultados da exploración subxectiva, da exploración estática e dinámica da columna vertebral.
- Para a exploración subxectiva incluirase unha descrición da anamnesis do alumn@ explorado segundo guión dado en clase.
- Para a exploración estática incluirase un mapa corporal coa representación da liña da plomada, e símbolos das principais alteracións estáticas do plano frontal e saxital. Deberase incluír os resultados da proba da plomada e da inspección en ambos os planos, así como de todas aquelas probas complementarias da estática. Para evidenciar os resultados presentaranse fotos de tales probas.
- Para a exploración dinámica presentaranse vídeos con cada unha das probas.
- Incluirase ademas a interpretación dos resultados obtidos cando éstes non se correspondan á normalidade; e unha conclusión xeral a partir de tales resultados.
2. Ao final do traballo farase unha proposta de, polo menos, dous exercicios indicados para a prevención ou tratamento das posibles desviacións ou síndromes relacionadas coa columna vertebral detectados no caso clínico.
3. Integrarase no devandito traballo os resultados obtidos sobre a valoración da composición corporal impartidos na materia de Cinesiterapia: bases do exercicio terapéutico.
4. Presentarase oralmente en clase, en formato power-point preferiblemente. Esta presentación será a que se entregue á profesora. Poderase utilizar o apartado de notas do power-point para calquera información complementaria.
5. Entregarase nun pen-drive, identificando o traballo co nome d@s 3 alumn@s: primeiro apelido e nome (de cada un@ dos compoñentes).
6. Data de presentación e entrega: a semana anterior a Semana Santa.
7. É obrigatorio a súa presentación para asistir ao exame.
|
Proba mixta |
Véxase apartado de Avaliación |
Proba práctica |
Véxase apartado de Avaliación |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Sesión maxistral |
|
Descrición |
A atención personalizada poderá aplicarse a través de diferentes modalidades e contextos:
- Durante a realización das prácticas de laboratorio -e tras a demostración previa da profesora de diferentes probas de valoración clínica, exploracións ou exercicios-, o alumn@ recibirá un feedback da execución de tales prácticas. A profesora estará presente en todo momento no laboratorio e resolverá aquelas dúbidas e dificultades que lle surxan ao alumn@. Durante a realización do estudo de casos, o alumn@ conta co seguimento por parte da profesora a través de tutorías previamente solicitadas por aquel.
- Durante a realización dos talleres a profesora estará presente na aula e guiará ao alumn@ na adquisición, especialmente, de habilidades psicomotoras relacionadas coa valoración da columna vertebral e coa aplicación de diferentes modalidades de exercicio terapéutico.
- A través de tutorías, especificamente solicitadas polo alumn@, para resolver calquera cuestión relativa a calquera dos aspectos incluídos nesta guía docente.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
A3 A4 A5 A7 A12 A17 C1 C3 C6 C7 |
I) A asistencia a todas as prácticas de laboratorio, terá o valor correspondente ao 10% da nota. Só se aceptarán faltas que estean xustificadas con evidencias.
Criterios de avaliación:
- asistencia a todas as prácticas
- participación activa en clase
- evidencias achegadas no portafolio
- demostración da adquisición progresiva de habilidades psicomotoras relacionadas cos contidos da materia
- aspectos relacionados co saber ser: comportamento, confidencialidade, uso apropiado da linguaxe, responsabilidade.
II) A presentación e defensa pública do traballo relativo ao estudo de casos terá unha puntuación máxima do 10% da nota.
Criterios de avaliación:
- cumprimento de todos os requisitos para a súa elaboración, presentación e entrega
- veracidade dos datos
- calidade do material fotográfico e audiovisual
- presentación xeral do traballo e defensa oral do mesmo
- capacidade de traballo en grupo
- puntuación dada polo resto de compañeir@s |
20 |
Sesión maxistral |
A3 A4 A5 A7 A12 A17 C1 C3 C6 C7 |
As diferentes actividades que se realicen durante as sesións maxistrais formarán parte da avaliación continuada, especialmente, os talleres.
A asistencia a todos os talleres terá o valor correspondente ao 10% da nota (como máximo). Só se aceptarán faltas que estean xustificadas con evidencias.
Criterios de avaliación:
- asistencia a todos os talleres
- participación activa en clase
- demostración da adquisición progresiva de habilidade psicomotoras relacionadas cos contidos da materia
- aspectos relacionados co saber ser: comportamento, confidencialidade, uso apropiado da linguaxe, responsabilidade
- achega de evidencias se estas son requiridas |
10 |
Proba mixta |
A3 A7 C1 |
A proba mixta correspóndese ao exame teórico da materia.
Esta proba constará de dous partes:
- preguntas tipo test de resposta simple
- e un suposto clínico sobre o que se exporán 10 preguntas curtas.
Criterios de avaliación:
- no test, por cada 2 respostas mal restarase unha ben (ou por cada resposta incorrecta restarase 0,5 ben)
- para avaliar o suposto clínico será imprescindible alcanzar unha nota igual a 5,5 sobre 10 nas preguntas tipo test
- cada parte da proba mixta (test / suposto clínico) representa o 50% da nota total da devandita proba
- vinculación coa PROBA PRACTICA: considerarase liberada a materia, única e exclusivamente, se se alcanza unha nota de 5/10 en cada proba (tanto no exame teórico como no exame práctico). E, será indispensable presentarse a ambas as probas para que poida avaliarse a suma de todas as metodoloxías. Cada unha das probas terá á súa vez un peso na avaliación do mesmo valor (50/50). A proba mixta e a proba práctica terán un valor do 70% (como mínimo) da nota total da materia; isto é, 35% / 35%. Só se reservará o aprobado nunha parte da materia (teórica ou práctica) para a convocatoria inmediatamente seguinte á que se aprobou dita parte, para o curso académico no que se atopa matriculado o alumn@. Exemplo: de xuño para xullo.
|
35 |
Proba práctica |
A3 A4 A5 C1 |
A proba práctica correspóndese co exame práctico da materia.
É unha proba na que se busca que o alumno desenvolva total ou parcialmente algunha práctica que previamente fixese durante as clases prácticas de laboratorio e/ou durante os talleres.
Esta proba constará de 3 preguntas.
Pedirase ao alumno que elixa ao azar 3 números que se corresponderán con números asignados a unha lista previa de preguntas prácticas.
Criterios de avaliación:
- integración de coñecementos teórico-prácticos
- adquisición da aprendizaxe psicomotor:postura do alumn@; posicionamento do alumn@ que fai o rol de paciente; abordaxe (tomas / contratomas); execución da técnica; destreza e control da actividade
- adquisición da aprendizaxe subxectiva: comportamento, confidencialidade, uso apropiado da linguaxe, responsabilidade
- tempo de resposta.
Puntuación: véxase proba mixta |
35 |
|
Observacións avaliación |
As porcentaxes asignadas a cada proba poden sufrir pequenas modificacións dun curso a outro en función das necesidades da materia. No entanto, o valor do exame (teórico e práctico) nunca será inferior ao 70% da nota final e o valor da avaliación continuada (estudo de casos, talleres, etc) nunca será superior ao 30%.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Norris, Christopher M. (2008). Back stability : integrating science and therapy. Champaign, IL : Human Kinetics
Stanmore, Tia. (2006). Espalda sana Ejercicios basados en el método Pilates para fortalecer el cuello los hombros y la espalda. Barcelona : RBA Integral
Florence Peterson Kendall ... [et al.] (2007). Kendall's, Músculos : pruebas funcionales, postura y dolor. Capítulo 3: Pruebas de longitud muscular. Capítulo 4: Postura estática. Actitud postural: alineamiento y equilibrio muscular. Capítulo 6: . Madrid : Marbán
http://fisioterapiadolordeespalda.udc.es/ (2013). HÁBITOS DE VIDA SALUDABLE Y PREVENCIÓN DE PROBLEMAS MÚSCULO-ESQUELÉTICOS. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia
Jull G, Sterling M, Falla D, Treleaven J, O´Leary S (2009). Latigazo Cervical, cefalea y dolor en el cuello. Barcelona: Elsevier
Liemohn, Wendell. (2005). Prescripción de Ejercicio para la espalda. Pág: 137-156. Badalona : Paidotribo |
|
Bibliografía complementaria
|
Rodríguez-Romero B et al (2007). O prezo da marea [Vídeo] : prevención de transtornos músculo-esqueléticos no marisqueo. Santiago de Compostela] : Xunta de Galicia
Rodríguez-Romero B (2009). www.fisaude.com , Apartado VIDEOS_categoría Ejercicios deEstabilización Lumbopélvica. Preferible ver los videos en el siguiente orden: 1-Introducción estabilización lumbo-pelvica:http://www.. Fisaude
Rodríguez-Romero B (2009). www.fisaude.com , Apartado: Fisioterapia > Lesiones > Cervicalgia (en formato texto).. Fisaude |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
ANATOMÍA I E HISTOLOXÍA/651G01001 | ANATOMÍA II/651G01002 | BIOMECÁNICA/651G01009 | CINESITERAPIA: BASES DO EXERCICIO TERAPÉUTICO/651G01013 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|