Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) FISIOTERAPIA NAS DISFUNCIÓNS DO APARELLO LOCOMOTOR Código 651G01024
Titulación
Grao en Fisioterapia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias Biomédicas, Medicina e Fisioterapia
Coordinación
Barcia Seoane, Miriam
Correo electrónico
miriam.barcia.seoane@udc.es
Profesorado
Barcia Seoane, Miriam
Patiño Nuñez, Sergio
Ramos Gómez, Fernando
Correo electrónico
miriam.barcia.seoane@udc.es
sergio.patino@udc.es
fernando.ramos@udc.es
Web
Descrición xeral Na presente asignatura abordaranse os aspectos clínicos, semiolóxicos e diagnósticos que caracterizan as principais patoloxías e síndromes doloroso-disfuncionáis que afectan ó aparato locomotor. Así mesmo, analizarase cómo desenvolver o proceso de diseño e aplicación do plan de intervención fisioterápica, baixo un modelo fundamento no razoamento clínico. Trala superaración da asignatura, o alumno alcanzaría as competencias básicas necesarias para programar e levar a cabo unha intervención fisioterápica baseada na evidencia científico-clínica neste ámbito de intervención.


Competencias do título
Código Competencias do título
A6 Valoración diagnóstica de coidados de fisioterapia segundo as normas e cos instrumentos de validación recoñecidos internacionalmente.
A7 Deseñar o plan de intervención de fisioterapia atendendo a criterios de adecuación, validez e eficiencia.
A8 Executar, dirixir e coordinar o plan de intervención de fisioterapia, utilizando as ferramentas terapéuticas propias e atendendo á individualidade do usuario.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Elaborar e cumprimentar de forma sistémica os rexistros de Fisioterapia no paciente que presenta disfuncións do aparello locomotor. A6
A7
A8
C1
Valorar o estado funcional do paciente que presenta disfuncións do aparello locomotor, considerando os aspectos físicos psicolóxicos e sociais. A6
A7
A8
C1
Adecuar a intervención de fisioterapia ás diversas disfuncións do aparello locomotor en función dos obxectivos establecidos A6
A7
A8
C1
Determinar o diagnóstico de Fisioterapia nos pacientes que presentan disfuncións do aparello locomotor segundo as normas e cos instrumentos de validación recoñecidos internacionalmente. A6
A7
A8
C1
Deseñar o plan de intervención de Fisioterapia nos pacientes que presentan disfuncións do aparello locomotor atendendo a criterios de adecuación, validez e eficacia. A6
A7
A8
C1
Executar, dirixir e coordinar o plan de intervención de Fisioterapia no enfermo que presenta disfuncións do aparello locomotor utilizando as ferramentas terapéuticas propias e atendendo á individualidade do usuario. A6
A7
A8
C1
Avaliar a evolución dos resultados obtidos co tratamento en relación cos obxectivos propostos. A6
A7
A8
C1
Proporcionar unha atención de Fisioterapia eficaz, outorgando unha asistencia integral aos pacientes. A6
A7
A8
C1
Adquirir os coñecementos necesarios para aplicar a técnica de vendaxe funcional nas disfuncións traumáticas, microtraumáticas e alteracións neuromusculares que con máis frecuencia afectan o aparello locomotor. A6
A7
A8
C1

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. Bases e fundamentos de avaliación e tratamento fisioterápico nos procesos traumatolóxicos sin lesión neurolóxica
TEMA 2. Procedementos de actuación fisioterápica en lesions/disfuncions de partes brandas, síndromes doloroso-disfuncionáis lumbo-pélvicos e de extremidades
.

TEMA 3. Pranteamento de intervención fisioterápica en lesions traumáticas e dexenerativas articulares dos membros
TEMA 4. Procedementos de actuación fisioterápica en lesions/disfuncions e síndromes dolorosos do raquis

TEMA 5. Fisioterapia en patoloxía reumática
.

TEMA 6. Abordaxe fisioterápico tras intervencions protésicas
TEMA 7. Técnicas de contención, vendaxe funcional e neuromuscular (kinesiotaping)

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A6 A7 A8 C1 35 60 95
Prácticas de laboratorio A6 A7 A8 24 25 49
Proba obxectiva A6 A7 A8 C1 2 0 2
Proba práctica A6 A7 1 0 1
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Método expositivo impartido polo profesor, onde se desenvolve un tema do programa utilizando soporte técnico. Os contidos abordados nas sesions maxistrales, poderanse complementar/reforzar con algunha lectura recomendada, ou ben mediante a posta en práctica de actividades de resolución de problemas.
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
Proba obxectiva A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
Así mesmo, nesta proba valorarase a parte correspondente ao estudo de casos

Proba práctica Proba na que se busca que o alumno desenvolva total ou parcialmente algunha práctica que previamente tivese feito durante as clases prácticas. A proba práctica pode incluír previamente a resolución dunha pregunta/problema que teña como resultado a aplicación práctica dunha determinada técnica ou práctica aprendida.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Descrición
Actividade académica desenvolvida polo profesorado, individual ou en pequeno grupo, que ten como finalidade atender as necesidades e consultas do alumnado relacionadas co estudo e/ou temas vinculados coa materia, proporcionándolle orientación, apoio e motivación no proceso de aprendizaxe. Esta actividade pode desenvolverse de forma presencial (directamente na aula e nos momentos que o profesor ten asignados a titorías de despacho) ou de forma non presencial (a través do correo electrónico ou do campus virtual).

Enténdese por atención personalizada o tempo que cada profesor reserva para atender e resolver dúbidas ao alumnado en relación a unha materia concreta.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A6 A7 A8 C1 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
Asimismo, en esta prueba se valorará la parte correspondiente al estudio de casos
60
Sesión maxistral A6 A7 A8 C1 Os contidos abordados nas sesions maxistrais avaliaranse mediante probas de comprensión, traballos tutelados, etc, así como na proba obxetiva e práctica.
Con todo, dentro da avaliación continuada da materia, valorarase tamén a asistencia, puntualidade, actitude, e participación razoada neste tipo de sesions, así como nas prácticas de laboratorio.

10
Proba práctica A6 A7 Proba na que se busca que o alumno desenvolva total ou parcialmente algunha práctica que previamente tivese feito durante as clases prácticas. A proba práctica pode incluír previamente a resolución dunha pregunta/problema que teña como resultado a aplicación práctica dunha determinada técnica ou práctica aprendida. 30
 
Observacións avaliación

Para superar a matería é imprescindible conseguir un 5 na proba
obxetiva e outro 5 na proba práctica para proceder a calcular a
media ponderada.

Os contenidos abordados tanto nas prácticas
como nas sesions maxistrais, reforzaranse mediante probas de
comprensión, traballos tutelados, resolución de casos, etc. A execución e
resultados alcanzados nestas actividades teranse en conta dentro
da avaliación continuada, así como aspectos relacionados coa asistencia, puntualidade, actitude e participación razoada.


Fontes de información
Bibliografía básica

-BALIUS MATAS RAMÓN. Patología muscular en el deporte; diagnóstico tratamiento y recuperación funcional. Barcelona: Masson; 2005

-BRENT BROTZMAN, KEVIN E. WILK. Rehabilitación ortopédica clínica. 2ª ed. Madrid: Mosby; 2005

-HOPPENFELD, MURTHY. Fracturas, tratamiento y rehabilitación. Madrid: Marban; 2001

--MCRAE RONALD. Ortopedia y Fracturas; Exploración y Tratamiento. Madrid: Marban; 2000

-S BRENT BROTZMAN, KEVIN E WILK. Rehabilitación ortopédica clínica. 2ª ed. Madrid: Mosby; 2005

--SERRA GABRIEL MR, DÍAZ PETIT J, SANDE CARRIL ML. Fisioterapia en Traumatología, Ortopedia y Reumatología. 2ª ed. Barcelona: Masson; 2003

-T DUCKWORTH. Ortopedia y fracturas: guía práctica. 3ª ed. Mexico: McGraw-Hill; 1998

-VILARD EDUARD, SUREDA SERGI: Fisioterapia del aparato locomotor. Madrid: McGraw-Hill; 2005

-WALTER B. GREENE, (director). Essentials, Bases para el Tratamiento de las Afecciones musculoesqueléticas. 2ª ed. Buenos Aires: Panamericana; 2002

- DIAZ PETIT. Rehabilitación en la artritis reumatoide. Barcelona: Masson; 2002.

- ANTHONY  S.  FAUCI. Harrison. Reumatología. Madrid: McGraW- Hill. Interamericana; 2007.

Bibliografía complementaria

 


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
ANATOMÍA I E HISTOLOXÍA/651G01001
ANATOMÍA II/651G01002
FISIOLOXÍA/651G01003
CINESITERAPIA XERAL/651G01005
BIOMECÁNICA/651G01009
PATOLOXÍA MÉDICO-CIRÚRXICA I/651G01011
FISIOTERAPIA MANUAL E OSTEOPÁTICA I/651G01014

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
PATOLOXÍA MÉDICO-CIRÚRXICA II/651G01018
FISIOTERAPIA MANUAL E OSTEOPÁTICA II/651G01019
ESTANCIAS CLÍNICAS I/651G01035

Materias que continúan o temario
NUTRICIÓN E FISIOTERAPIA/651G01026
ECOGRAFÍA EN FISIOTERAPIA/651G01031

Observacións

El contenido y la planificación de la asignatura esté estrechamente relacionada con otras, no solo, con el objeto de evitar solapar contenidos, sino para que las diferentes unidades didácticas se relacionen y se desarrollen en estrecha coordinación de este modo lograremos una enseñanza integrada que facilitará al alumno la comprensión, y el aprendizaje de los contenidos de Fisioterapia nas disfuncións no aparello locomotor.

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos do Plan Green Campus da Facultade de Fisioterapia, os traballos documentais que se realicen nesta materia poderanse solicitar tanto en formato papel como virtual ou soporte informático. De realizarse en papel, seguiranse na medida do posible as seguintes recomendacións xerais:

- Non se utilizarán plásticos. 

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías