Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) FISIOTERAPIA NAS DISFUNCIÓNS DO APARELLO LOCOMOTOR Código 651G01024
Titulación
Grao en Fisioterapia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias Biomédicas, Medicina e Fisioterapia
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Patiño Nuñez, Sergio
Correo electrónico
sergio.patino@udc.es
Profesorado
Barcia Seoane, Miriam
Patiño Nuñez, Sergio
Ramos Gómez, Fernando
Correo electrónico
miriam.barcia.seoane@udc.es
sergio.patino@udc.es
fernando.ramos@udc.es
Web
Descrición xeral Na presente asignatura abordaranse os aspectos clínicos, semiolóxicos e diagnósticos que caracterizan as principais patoloxías e síndromes doloroso-disfuncionáis que afectan ó aparato locomotor. Así mesmo, analizarase cómo desenvolver o proceso de diseño e aplicación do plan de intervención fisioterápica, baixo un modelo fundamento no razoamento clínico. Trala superaración da asignatura, o alumno alcanzaría as competencias básicas necesarias para programar e levar a cabo unha intervención fisioterápica baseada na evidencia científico-clínica neste ámbito de intervención.


Competencias do título
Código Competencias do título
A6 Valoración diagnóstica de coidados de fisioterapia segundo as normas e cos instrumentos de validación recoñecidos internacionalmente.
A7 Deseñar o plan de intervención de fisioterapia atendendo a criterios de adecuación, validez e eficiencia.
A8 Executar, dirixir e coordinar o plan de intervención de fisioterapia, utilizando as ferramentas terapéuticas propias e atendendo á individualidade do usuario.
B1 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
C9 Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Elaborar e cumprimentar de forma sistémica os rexistros de Fisioterapia no paciente que presenta disfuncións do aparello locomotor. A6
A7
A8
B3
B4
B5
C1
C9
Valorar o estado funcional do paciente que presenta disfuncións do aparello locomotor, considerando os aspectos físicos psicolóxicos e sociais. A6
A7
A8
B2
B3
B4
B5
C1
C9
Adecuar la intervención de fisioterapia a las diversas disfunciones del aparato locomotor en función de los objetivos establecidos A6
A7
A8
B2
B4
C1
C9
Determinar o diagnóstico de Fisioterapia nos pacientes que presentan disfuncións do aparello locomotor segundo as normas e cos instrumentos de validación recoñecidos internacionalmente. A6
A7
A8
B3
B4
C1
Deseñar o plan de intervención de Fisioterapia nos pacientes que presentan disfuncións do aparello locomotor atendendo a criterios de adecuación, validez e eficacia. A6
A7
A8
B1
B2
C1
C6
C9
Executar, dirixir e coordinar o plan de intervención de Fisioterapia no enfermo que presenta disfuncións do aparello locomotor utilizando as ferramentas terapéuticas propias e atendendo á individualidade do usuario. A6
A7
A8
B1
B3
C1
C9
Avaliar a evolución dos resultados obtidos co tratamento en relación cos obxectivos propostos. A6
A7
A8
B2
B3
B4
C1
C6
C9
Proporcionar unha atención de Fisioterapia eficaz, outorgando unha asistencia integral aos pacientes. A6
A7
A8
B2
B4
C6
C9
Adquirir os coñecementos necesarios para aplicar a técnica de vendaxe funcional nas disfuncións traumáticas, microtraumáticas e alteracións neuromusculares que con máis frecuencia afectan o aparello locomotor. A6
A8
B2

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. Bases e fundamentos de avaliación e tratamento fisioterápico nos procesos traumatolóxicos sin lesión neurolóxica 1.1. Razoamento clínico
1.2. Proceso de atención en fisioterapia
TEMA 2. Procedementos de actuación fisioterápica en lesions/disfuncions de partes brandas, síndromes doloroso-disfuncionáis lumbo-pélvicos e de extremidades
2.1. Lesions mioconectivas
2.2. Tendinopatías
2.3. Sindromes de dor cérvico-braquiais, cérvico-escapulares e da extremidade superior
2.4. Sindromes de dor lumbo-pélvico e da extremidade inferior
TEMA 3. Pranteamento de intervención fisioterápica en lesions traumáticas e dexenerativas articulares dos membros 3.1. Luxacions
3.2. Fracturas
3.3. Artropatías dexenerativas
TEMA 4. Procedementos de actuación fisioterápica en lesions/disfuncions e síndromes dolorosos do raquis
4.1. Discopatías
4.2. Traumatismos raquídeos
4.3. Artropatías dexenerativas
4.4. Alxias raquídeas de orixe inespecífico
TEMA 5. Fisioterapia en patoloxía reumática
.

TEMA 6. Abordaxe fisioterápico tras intervencions protésicas
6.1. Prótesis en membros superiores e inferiores
6.2. Prótesis en raquis
TEMA 7. Técnicas de contención, vendaxe funcional e neuromuscular (kinesiotaping)
7.1. Xeneralidades e principios metodolóxicos
7.2. Aplicacions en columna, membro superior e inferior

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A6 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C6 C9 35 60 95
Prácticas de laboratorio A6 A7 A8 B2 B3 C9 C6 24 25 49
Proba mixta B1 B2 C1 2 0 2
Proba práctica A6 A7 A8 B2 B3 B4 C1 C9 1 0 1
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Método expositivo impartido polo profesor, onde se desenvolve un tema do programa utilizando soporte técnico. Os contidos abordados nas sesions maxistrales, poderanse complementar/reforzar con algunha lectura recomendada, ou ben mediante a posta en práctica de actividades de resolución de problemas, e/ou estudo de casos
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
Proba mixta Integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxetivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxetivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación
Proba práctica Proba na que se busca que o alumno desenvolva total ou parcialmente, algunha práctica que previamente fixera durante as clases prácticas. A proba práctica pode incluir previamente, a resolución dunha pregunta/problema que teña como resultado, a aplicación práctica dunha determinada técnica ou práctica aprendida

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Proba práctica
Descrición
Actividade académica desenvolvida polo profesorado, individual ou en pequeno grupo, que ten como finalidade atender as necesidades e consultas do alumnado relacionadas co estudo e/ou temas vinculados coa materia, proporcionándolle orientación, apoio e motivación no proceso de aprendizaxe. Esta actividade pode desenvolverse de forma presencial (directamente na aula e nos momentos que o profesor ten asignados a titorías de despacho) ou de forma non presencial (a través do correo electrónico ou do campus virtual).

Enténdese por atención personalizada o tempo que cada profesor reserva para atender e resolver dúbidas ao alumnado en relación a unha materia concreta.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A6 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C6 C9 Os contidos abordados nas sesions maxistrais avaliaranse mediante probas de comprensión, traballos tutelados, etc, así como na proba obxetiva e práctica.
Con todo, dentro da avaliación continuada da materia, valorarase tamén a asistencia, puntualidade, actitude, e participación razoada neste tipo de sesions, así como nas prácticas de laboratorio.

5
Prácticas de laboratorio A6 A7 A8 B2 B3 C9 C6 Dentro da avaliación continuada da materia, valorarase, entre outros aspectos, a asistencia, puntualidade, actitude, e participación razoada neste tipo de sesions. 5
Proba mixta B1 B2 C1 A proba realizarase de forma escrita. Constará dunha parte de examen test, que poderá completarse cun apartado de preguntas/respostas de desenvolvemento, e/ou do plantexamento de actuación ante un caso clínico.
É preciso ter unha nota mínima dun 5 para superar esta parte.
60
Proba práctica A6 A7 A8 B2 B3 B4 C1 C9 En grupos de 3 alumnos/as, exporáselles unha situación clínica que afecte o aparello neuro-músculo-esqulético, similar ás traballadas tanto nas sesions maxistrais como nas prácticas. Cada un/unha d@s alumn@s, desenvolverá prácticamente algunha das partes das do proceso de atención en fisioterpia. Tras un tempo grupal de 5 minutos para pensar e programar a intervención, cada un/unha d@s alumn@s disporá dun máximo de 5 minutos para executar a pregunta plantexada. 30
 
Observacións avaliación

Para superar a matería é imprescindible conseguir un 5 na proba mixta, e outro 5 na proba práctica para proceder a calcular a
media ponderada, tras a suma da avaliación continuada.

Os contenidos abordados tanto nas prácticas
como nas sesions maxistrais, reforzaranse mediante probas de
comprensión, traballos tutelados, resolución de casos, etc. A execución e
resultados alcanzados nestas actividades teranse en conta dentro
da avaliación continuada, así como aspectos relacionados coa asistencia, puntualidade, actitude e participación razoada.


Fontes de información
Bibliografía básica

-BALIUS MATAS RAMÓN. Patología muscular en el deporte; diagnóstico tratamiento y recuperación funcional. Barcelona: Masson; 2005

-BRENT BROTZMAN, KEVIN E. WILK. Rehabilitación ortopédica clínica. 2ª ed. Madrid: Mosby; 2005

-HOPPENFELD, MURTHY. Fracturas, tratamiento y rehabilitación. Madrid: Marban; 2001

--MCRAE RONALD. Ortopedia y Fracturas; Exploración y Tratamiento. Madrid: Marban; 2000

-S BRENT BROTZMAN, KEVIN E WILK. Rehabilitación ortopédica clínica. 2ª ed. Madrid: Mosby; 2005

--SERRA GABRIEL MR, DÍAZ PETIT J, SANDE CARRIL ML. Fisioterapia en Traumatología, Ortopedia y Reumatología. 2ª ed. Barcelona: Masson; 2003

-T DUCKWORTH. Ortopedia y fracturas: guía práctica. 3ª ed. Mexico: McGraw-Hill; 1998

-VILARD EDUARD, SUREDA SERGI: Fisioterapia del aparato locomotor. Madrid: McGraw-Hill; 2005

-WALTER B. GREENE, (director). Essentials, Bases para el Tratamiento de las Afecciones musculoesqueléticas. 2ª ed. Buenos Aires: Panamericana; 2002

- DIAZ PETIT. Rehabilitación en la artritis reumatoide. Barcelona: Masson; 2002.

- ANTHONY  S.  FAUCI. Harrison. Reumatología. Madrid: McGraW- Hill. Interamericana; 2007.

- JULL,G. Latigazo cervical, cefalea y dolor en el cuello: orientaciones para las terapias físicas basadas en la investigación. Barcelona. Elsevier; 2009.

- TORRES CUECO, R. La Columna Cervical: Síndromes Clínicos y su Tratamiento Manipulativo. Aproximación clínnica y tratamiento específico de los síndromes clínicos cervicales, craneocervicales y cervicobraquiales. Madrid. Médica Panamericana; 2008.

- HODGES, PW. Spinal Control: The Rehabilitation of Back Pain: State of Art and Science. Edinburgh. Churchill Livingstone; 2013.

- HILDE-SABINE,R. Fisioterapia del Aparato Locomotor. Exploración y Tratamiento de Enfermedades Ortopédicas. Badalona. Paidotribo;2007.

- COOK,C. Orthopedic Pysical Examination Tests: an Evidence Based Aproach.Edinburgh. Pearson. 2014.

Bibliografía complementaria

 


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
ANATOMÍA I E HISTOLOXÍA/651G01001
ANATOMÍA II/651G01002
FISIOLOXÍA/651G01003
CINESITERAPIA XERAL/651G01005
BIOMECÁNICA/651G01009
PATOLOXÍA MÉDICO-CIRÚRXICA I/651G01011
FISIOTERAPIA MANUAL E OSTEOPÁTICA I/651G01014

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
PATOLOXÍA MÉDICO-CIRÚRXICA II/651G01018
FISIOTERAPIA MANUAL E OSTEOPÁTICA II/651G01019
ESTANCIAS CLÍNICAS I/651G01035

Materias que continúan o temario
NUTRICIÓN E FISIOTERAPIA/651G01026
ECOGRAFÍA EN FISIOTERAPIA/651G01031

Observacións

O contido e a planificación da asignatura, está estreitamente relacionada con outras, non só co obxeto de evitar solapar contidos, sinon para que as diferentes unidades didácticas, se relacionen e se desenvolvan coordinadamente. Deste modo lograrase unha ensinanza integrada de cara a facilitar ó alumn@ a comprensión, e o aprendizaxe dos contidos de Fisioterapia nas disfuncions do aparello locomotor.

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos do Plan Green Campus da Facultade de Fisioterapia, os traballos documentais que se realicen nesta materia poderanse solicitar tanto en formato papel como virtual ou soporte informático. De realizarse en papel, seguiranse na medida do posible as seguintes recomendacións xerais:

- Non se utilizarán plásticos. 

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías