Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) FISIOTERAPIA DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTIVA Código 651G01025
Titulación
Grao en Fisioterapia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias Biomédicas, Medicina e Fisioterapia
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Ramos Gómez, Fernando
Correo electrónico
fernando.ramos@udc.es
Profesorado
Ramos Gómez, Fernando
Correo electrónico
fernando.ramos@udc.es
Web
Descrición xeral En liñas xerais, a materia pretende formar ao alumno no campo da prevención de lesións provocadas pola práctica deportiva ou exercicio, no tratamento de atletas/practicantes de actividade física que sofren unha lesión aguda ou enfermidade no adestramento ou na competición, e na asistencia na recuperación do óptimo funcionamento e mellora do rendemento do atleta/practicante de actividade física.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e comprender a morfoloxía, a fisioloxía, a patoloxía e a conduta das persoas, tanto sas como enfermas, no medio natural e social.
A3 Coñecer e comprender os métodos, procedementos e actuacións fisioterapéuticas, encamiñados tanto á terapéutica propiamente dita a aplicar na clínica para a reeducación ou recuperación funcional, como á realización de actividades dirixidas á promoción e mantemento da saúde.
A6 Valoración diagnóstica de coidados de fisioterapia segundo as normas e cos instrumentos de validación recoñecidos internacionalmente.
A7 Deseñar o plan de intervención de fisioterapia atendendo a criterios de adecuación, validez e eficiencia.
A8 Executar, dirixir e coordinar o plan de intervención de fisioterapia, utilizando as ferramentas terapéuticas propias e atendendo á individualidade do usuario.
A17 Comprender a importancia de actualizar os coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que integran as competencias profesionais do fisioterapeuta.
B1 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
C9 Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e comprender os distintos mecanismos das lesións no deporte e as bases para a súa prevención A1
A3
C1
Coñecer e comprender as bases, así como as particularidades de atención da Fisioterapia da Actividade Física e Deportiva A1
A3
C1
Coñecer as adaptacións dos distintos tecidos ao exercicio e as bases do seu tratamento mediante fisioterapia da Actividade Física e o Deporte. A1
A3
B1
C1
Coñecer as lesións máis frecuentes que se producen na Actividade Física e o deporte, o seu tratamento médico; o seu diagnóstico, prognóstico, avaliación e as técnicas máis adecuadas para o seu tratamento de fisioterapia. A1
A3
C1
Coñecer os métodos e/ou técnicas de intervención de Fisioterapia, máis adecuados previr ou tratar lesións derivadas da práctica de Actividade Física e Deporte; así como para aumentar o rendemento dos deportistas A3
C1
Saber realizar o exame e valoración adecuadados ao estado funcional do deportista / practicante de Actividade Física. A3
A6
A7
C1
Seleccionar e aplicar os métodos e/ou técnicas de intervención de Fisioterapia máis adecuados previr ou tratar lesións derivadas da práctica de Actividade Física e Deporte; así como para aumentar o rendemento dos deportistas. A3
A7
A8
C1
C9
Coñecer a resposta apropiada na lesión aguda ou crónica, tanto na competición como no adestramento, tendo en conta a coordinación previa con outros profesionais para identificar e establecer roles e responsabilidades. A1
A3
B4
C1
Comprender a importancia da actualización constante de coñecemento e a revisión crítica da información. A17
B2
B3
B5
C6

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1: Conceptos Xerais de Fisioterapia da actividade fisica e deportiva Conceptualización
Importancia da fisioterapia na actividade física e deportiva
Xeneralidades da fisioterapia na actividade física e deportiva
TEMA 2: Mecanismos das lesions do deporte. Prevención Concepto de lesión deportiva
Clasificación das lesións deportivas
Estatistica lesional
Etiología
Factores de risco
Mecanismo de produción da lesión
Deporte practicado e lesións máis frecuentes
-Lesións no tenis
-Lesiones na natación
-Lesións no baloncesto
-Lesiones na carreira
-Lesiones no fútbol
-Lesiones noutros deportes
Prevención das lesións no deportista
TEMA 3: Aspectos importantes sobre as lesions nos distintos tecidos Músculo
Tendón
Ligamento
Óso
Nervios
Cartílago
Tratamento dos distintos tecidos mediante fisioterapia
TEMA 4: Lesións específicas da actividade física e do deporte no membro superior e tronco Guía de exame
Lesiones máis frecuentes
Avaliación clínica
Técnicas e procedementos de tratamento e prevención
TEMA 5: Lesións específicas da actividade física e do deporte no membro inferior e pelvis Lesiones máis frecuentes
Avaliación clínica
Técnicas e procedementos de tratamento e prevención
TEMA 6: Reeducación sensitivo-perceptivo motriz nas lesións deportivas Concepto de Reeducación propioceptiva
Elementos e sistemas no feedback propioceptivo
Fases dun programa de Reeducación propioceptiva
Elementos a ter en conta nun programa de reeducación propioceptiva
Técnicas para a realización dun programa de reeducación propioceptiva
TEMA 7: Vendaxes na actividade física e deportiva Conceptualicación
Tipos de vendaxes
Vendaxe funcional
Vendaxe neuromuscular
TEMA 8: Atención na actividade física e deportiva. Axudas ergoxénicas e doping no deporte Axudas ergoxénicas na actividade física e do deporte.
Dopaxe
Consideracións farmacolóxicas
Consideracións psicolóxicas do deportista
Viaxes cos equipos
Botiquín de viaxe do fisioterapeuta.
Protocolos de actuación en eventos deportivos.
O fisioterapeuta no banco. Tratamento no escenario da lesión
Equipo multidisciplinar e traballo interdisciplinar no deporte

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A1 1 0 1
Sesión maxistral A1 A3 A7 A17 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C6 C9 23 55 78
Prácticas de laboratorio A7 A8 C1 34 32 66
Proba práctica A6 A7 A8 C1 1 0 1
Proba mixta A1 A3 A7 C1 1 0 1
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais O primeiro día de clase realizaráse unha completa explicación de todos os aspectos tratados na guía docente co fin de que os alumnos coñezan cales son as competencias que se pretende que adquiran, a dinámica de traballo da materia e como se efectuará o proceso de avaliación.
Sesión maxistral Efectuarase a exposición oral do temario da materia, complementándose co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes. Complementarase con sesións de aprendizaxe colaborativa e revisión crítica da literatura científica.
Prácticas de laboratorio Sesións nas que levará á práctica no laboratorio os contidos da materia.
Proba práctica Proba de carácter oral na que o alumno deberá executar diferentes técnicas de valoración e/ou tratamento para valorar fundamentalmente a adquisición de habilidades e destrezas.
Proba mixta Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe que pode conter distintos tipos de preguntas: preguntas test, de resposta breve e de desenvolvemento.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Descrición
Tanto nas sesións maxistrais, como nas prácticas de laboratorio, fomentarase a participación activa do alumno, estimulando a formulación de dúbidas e a intervención do alumnado. En todas e cada unha das metodoloxías, o alumno terá acceso a unha atención personalizada a través das tutorías presenciais e/ou virtuais (a través da plataforma moodle e/ou do correo electrónico).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba práctica A6 A7 A8 C1 Exame práctico de todos os contidos da materia. Os alumnos terán dúas opcións realizar a proba práctica:

1. Ao longo do curso, xa que se realizará unha ou varias probas de avaliación durante as prácticas.

2. Nas oportunidades oficiais de xaneiro e xullo.

Os alumnos que superasen a opción 1 pero queiran subir a nota mediante a opción 2, poderán presentarse a este última pero non se lles manterá a nota anterior.
30
Sesión maxistral A1 A3 A7 A17 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C6 C9 Os contidos tratados nestas clases serán obxecto de avaliación mediante a proba mixta. Valorarase tamén a asistencia e puntualidade de forma continuada durante todo o curso e a participación no proceso de revisión crítica da literatura científica Esta avaliación suporá un 10% da nota final. 10
Proba mixta A1 A3 A7 C1 Exame de todos os contidos da materia, que inclúe os tratados nas sesións maxistrais e prácticas. O tipo de exame será de exposición escrita podendo incluír preguntas tipo test e/ou preguntas de resposta breve e/ou para desenvolver.

Superar esta proba será requisito indispensable para aprobar a materia. Os alumnos terán dúas opcións para superala:

1. Ao longo do curso, xa que se realizarán distintas probas de avaliación dos contidos. Para superar esta opción, os alumnos deberán sacar polo menos un 5 sobre 10 en cada unha das probas propostas polo profesorado.

2. Nas oportunidades oficiais de xaneiro e xullo.

Os alumnos que superasen a opción 1 pero queiran subir a nota mediante a opción 2, poderán presentarse a este última pero non se lles manterá as nota anterior.
60
 
Observacións avaliación

As porcentaxes asignadas a cada proba poden sufrir pequenas modificacións dun curso a outro en función das necesidades da materia; non obstante a suma dos valores de proba práctica e mixta non será inferior ao 80% da nota final e o valor da avaliación continuada nunca será superior ao 20%


Fontes de información
Bibliografía básica Watson, Tim. (2009). Electroterapia práctica basada en la evidencia Publicacion . Barcelona:Elsevir
Esnault, Michèle. (1994). Estiramientos analíticos en fisioterapia activa. Barcelona : Masson
Heyward (2008). Evaluacion de la aptitud fisica y prescripción de ejercicio. Madrid. Panamericana
Gregory S. Scott, Lynn Snyder-Mackler (2003). Fisioterapia del deporte y el ejercicio. Madrid : Elsevier, [2003]
Hüter-Becker¨, A. (2005). La rehabilitacion en el deporte. Barcelona. Paidotribo
Kulund, Daniel N. (1990). Lesiones del deportista. Barcelona:Salvat
Roald Bahr, Sverre Mæhlum (2007/09). Lesiones deportivas : diagnóstico, tratamiento y rehabilitación . Madrid. Panamericana
Hinrichs, Hans-Uwe. (1995). Lesiones deportivas prevención, primeros auxilios, diagnóstico, rehabilitación . Barcelona : Hispano Europea,
R.G. Danowski, J.C. Chanussot (1992). Manual de traumatología del deporte. Barcelona : Masson
Walter R.Frontera (2008). Medicina deportiva clínica : tratamiento médico y rehabilitación. Madrid:Elsevier
Pancorbo Sandoval, Armando E. (2008). Medicina y ciencias del deporte y actividad física. Majadahonda : Ergon, [2008]
Vilarrubias, J. Mª. (1996). Patología del aparato extensor de la rodilla. . Barcelona : Jims, 1996
Ramón Balius Matas (2004). Patología muscular en el deporte diagnóstico, tratamiento y recuperación funcional . Barcelona : Masson
Woolf-May,K., Bird,S. (2008). Prescripción de ejercicio:Fundamentos fisiologicos. Barcelona. Elsevier.Masson
Sijmonsma, Josya (2006). Taping Neuro Muscular : manual. Cascais : Aneid Press
William E. Prentice (2001). Técnicas de rehabilitación en la medicina deportiva. Barcelona. Paidotribo
A. Basas García, C. Fernández de las Peñas, J.A. Martín Urrialde (2003). Tratamiento fisioterápico de la rodilla. Madrid : McGraw Hill
Vicente Ferrer López (2003). Urgencias y patología traumática en el ejercicio físico. Albacete] : Altabán


Bibliografía complementaria Esnault, Michèle. (2009). Columna vertebral y stretching. Badalona : Paidotribo, 2009.
McMahon, Patrick J. (2007). Diagnóstico y tratamiento en medicina del deporte. Madrid : McGraw Hill
Naclerio Ayllón, Fernando (2010). Entrenamiento deportivo: fundamentos y aplicaciones en diferentes deportes. Madrid. Panamericana
Maya Martín, Julián (2010). Estimulación eléctrica transcutánea y neuromuscular. Barcelona : Elsevier, [2010]
Mª Isabel Martín Fontelles ; Raquel Abalo Delgado (2008). Farmacología para fisioterapeutas. Madrid:Sintesis
Betés de Toro,M.,Durán Hortolá,M.Mestres Miralles,C.,Nogués Llort,M.R. (2008). Farmacología para fisioterapeutas. Madrid. Panamericana
Pérez Ares, Javier. (2004). Fisioterapia del complejo articular del hombro evaluación y tratamiento de los tejidos blandos . Barcelona : Masson
Bernhardt, Donna B. (1989). Fisioterapia del deporte. Barcelona : Jims, D.L.1989
Carl L. Stanitski. (2003). Lesiones deportivas en la edad escolar. Madrid:Panamericana
Hengeveld, Elly (2007). Maitland manipulación periférica. Barcelona: Elsevier
Nicholas, James A. (1993). Medicina deportiva Patología de las extremidades superiores. Madrid : Mosby
Cook, Grey; Burton, Lee (2015). Movement : functional movement systems : screening, assessment, and corrective strategies. Aptos, CA : On Target Publications
Cook, Chad (2012). Orthopedic manual therapy : an evidence based-approach. Upper Saddle River, NJ : Pearson
Cook, Chad (2014). Orthopedic physical examination tests : an evidence-based approach. Harlow : Pearson
Buckup, Klaus. (2007). Pruebas clínicas para patología ósea, articular y muscular exploraciones, signos, síntomas. Barcelona : Masson
Buceta,Jose Maria (1996). Psicología y lesiones deportivas:prevención y recupoeracion. Madrid: Dykinson, 1996
Pacheco Arajol,L. Garcia Tirado,J.J.. (2010). Sobre la aplicacion de estiramientos en el deportista sano y lesionado. Barcelona. Elsevier. Apunts
Muñoz Soler, Alberto. (1988). Sobre la patología psíquica en el deporte. Madrid : Alberto Muñoz, 1988
David Joyce (2016). Sports injury prevention and rehabilitation : integrating medicine and science for performance solutions. London : Routledge, 2016


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
ANATOMÍA I E HISTOLOXÍA/651G01001
FISIOLOXÍA/651G01003
CINESITERAPIA XERAL/651G01005
VALORACIÓN FUNCIONAL E PSICOSOCIAL/651G01007
FISIOTERAPIA XERAL/651G01008
BIOMECÁNICA/651G01009
CINESITERAPIA: BASES DO EXERCICIO TERAPÉUTICO/651G01013
FISIOTERAPIA MANUAL E OSTEOPÁTICA I/651G01014
FISIOTERAPIA NAS ALTERACIÓNS ESTÁTICAS E DINÁMICAS DO RAQUIS/651G01015

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
NUTRICIÓN E FISIOTERAPIA/651G01026
ECOGRAFÍA EN FISIOTERAPIA/651G01031
FISIOTERAPIA NAS AFECCIÓNS PODOLÓXICAS/651G01032

Materias que continúan o temario

Observacións
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir o obxectivo estratéxico 11 do Plan Green Campus da Facultade de Fisioterapia, os traballos documentais que se realicen nesta materia poderanse solicitar tanto en formato papel como virtual ou soporte informático. De realizarse en papel, seguiranse na medida do posible as seguintes recomendacións xerais:
- Non se utilizarán plásticos. 
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a realización de borradores


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías