Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) INGLÉS Código 651G01027
Titulación
Grao en Fisioterapia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Floyd Moore, Alan
Correo electrónico
alan.floyd@udc.es
Profesorado
Floyd Moore, Alan
Fowlie , James Alexander
Correo electrónico
alan.floyd@udc.es
james.fowlie@udc.es
Web http://www.udc.es
Descrición xeral A adquisición de coñecementos relacionados có inglés das ciencias da saúde en xeral, e especialmente o inglés de fisioterapia. Práctica nas 4 abilidades básicas: escoitar, falar, ler e escribir.

Competencias do título
Código Competencias do título
A13 Saber traballar en equipos profesionais como unidade básica na que se estruturan de forma uni ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demais persoal das organizacións asistenciais.
A17 Comprender a importancia de actualizar os coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que integran as competencias profesionais do fisioterapeuta.
A19 Comunicarse de modo efectivo e claro, tanto de forma oral como escrita, cos usuarios do sistema sanitario así como con outros profesionais.
B1 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C9 Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Poder comunicarse cos pacentes de outros países, garantizando así a calidade na práctica da súa profesión. A13
A17
A19
B1
B2
C2
Aprender o inglés escrito e falado como habilidade necesaria para a súa vida profesional. A17
A19
B2
B3
B4
C4
Traballar co responsabilidade nas tarefas profesionais diarias. A19
B1
C1
C2
C3
C9
Manter unha actitude hacía a aprendizaxe que lles permita abrirse a diferentes maneiras de expresarse. B2
B3
B5
C5
C8
Dominar a comprensión e expresión oral e escrita do inglés ata un nivel medio. A13
A17
B1
B5
C2
C8
Asumir como profesional a importancia da aprendizaxe desta materia. C2
C4

Contidos
Temas Subtemas
Introdución á linguaxe das ciencias da saúde e a fisioterapia. Linguaxe diaria para o profesional de ciencias da saúde. Introdución á linguaxe de números e letras. "A miña especialidade" (traballo escrito)
Hospitais 1. O equipo de hospital. 2. Dentro e ao redor do hospital (Direccións) 3. Comprensión Auditiva: "Unha Entrevista de Traballo". 4. Escoitar e falar: "Perfil dun estudante de enfermeiría".
Coidarse a si mesma/ou 1. Benestar Físico
2. Que facer para tratar as enfermedades comúns.
3. Como ficar san (carta de consello a un amigo)
4. Comprension auditiva: "Que exercicios podo facer?"
A linguaxe semi-científica Comparación do inglés e do español técnico.
Léxico e linguaxe semi-técnicos en artigos científicos: "O Nocello" e "Escordaduras de Nocello".
Comprensión aural: "A Utilización do voso Cerebro".
A dor e as enfermidades 1. Accidentes e emerxencias (Primeiras Axudas)
2. A dor: Leitura, comprensión auditiva e escritura
3. Síntomas e remedios.
A fisioterapia 1. O Exercicio (Protexe a vosa espalda, comprensión auditiva: "Movemento, Postura e Levantamento de obxectos"; Vídeo "Exercicios e LBP"(dor de espalda)
2. Outros tratamentos de fisioterapia. (adxectivos e substantivos en longos grupos)
A xuventude e a vellez 1. Os coidados para o ancián
2. Comprehension leitora: "Traballar cos Nenos"; "Os Nenos de Hope Hospice".
Tratamentos 1. Medicación: Deben e poden facer receitas os fisioterapeutas? (Artigo: "Os fisioterapeutas poden conseguir o dereito a recetar medicamento")

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Discusión dirixida A19 B1 B2 C2 22 0 22
Traballos tutelados A19 A13 B3 C8 22 44 66
Presentación oral B4 B5 C5 3 20 23
Sesión maxistral C1 C3 C9 22 0 22
Portafolios do alumno A17 C2 C3 C4 2 7 9
 
Atención personalizada 8 0 8
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida A maior parte das clases incluirán tempo reservado para a discusión e/ou exposición en inglés acerca dos temas tratados en parellas ou en grupo ou na clase enteira se o número de alumnos é reducido. Seguimento polos profesores. Inclue a tradución de textos escritos, tanto de inglés a español como de español a inglés.
Traballos tutelados Os alumnos terán que escribir un traballo orixinal dunhas 6 páxinas A4 (Times New Roman 12, dobre espazo) onde describen unha terapia ou tratamento pertencente á súa especialidade ou outro tem elixido polo alumno a discreción y aprobación do profesor. O traballo pode respectar a seguinte estrutura: (Introdución, Parte central, Discusión e conclusións).
Presentación oral A presentación oral, probablemente en tempo de clase, debería durar uns 5 minutos e probablemente basearase no traballo tutelado.
Sesión maxistral Clases maxistrais impartidas por ambos os profesores, o titular da materia e o profesor lector.
Portafolios do alumno Á parte do traballo tutelado, os alumnos terán que presentar algúns traballos escritos e tamén ensaiarán a presentación brevemente (con outro tema) en tempo de clase.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Axuda individual dos profesores na realización dos traballos esixidos. (Presentación e Traballo Tutelado)

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A19 A13 B3 C8 Traballo escrito de unhas 6 páxinas acerca dun tema de Fisioterapia, en inglés. Os detalles atópanse na sección de "Metodoloxías" e na páxina correspondente da plataforma Moodle.
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos do Plan Green Campus da Facultade de Fisioterapia, os traballos documentais que se realicen nesta materia poderanse solicitar tanto en formato papel como virtual ou soporte informático. De realizarse en papel, seguiranse na medida do posible as seguintes recomendacións xerais:
- Non se utilizarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a realización de borradores.
40
Presentación oral B4 B5 C5 Presentacións en inglés resumindo o traballo tutelado, dun máximo de 5 minutos. Detalles na plataforma Moodle 30
Portafolios do alumno A17 C2 C3 C4 Asistencia, participación e traballos escritos durante o curso para ambos os profesores. 30
 
Observacións avaliación

As porcentaxes asignadas a cada proba poden sufrir pequenas variacións dun curso a outro con respecto á memoria verificada, en función das necesidades da materia. Con todo, o valor da parte teórica (proba mixta máis traballos tutelados) terá un valor aproximado (de entre 40% e 60%) e a avaliación da parte práctica (presentación oral máis portafolios do alumno) terá un valor de aproximadamente 50% (de entre 40% e 60%).

Na oportunidade de xullo os estudantes realizarán un traballo sobre os textos técnicos (50% da nota) e o exame (50%). Aqueles estudantes que ao longo do curso presentaran traballos satisfactoriamente, non presentarán ningún traballo adicional.

Os estudantes que non se presenten ás probas obxectivas da primeira o segunda oportunidade acadarán a cualificación de Non presentado se non entregan o 50% das actividades availables durante o curso.

Segundo as directrices do VOAT, os estudantes que suspendan na primeira oportunidade e non se presenten á segunda de xullo, figurarán coa nota Sspenso na primeira oportunidade.

Os estudantes a tempo parcial ou con licenza presentarán un traballo máis extenso e realizarán o exame.


Fontes de información
Bibliografía básica Thomson, A.J.; Martinet, A.V. (1993). A Practical English Grammar. Oxford. OUP
Grice, Tony (2007). Nursing 1 (Students' book). Oxford University Press ISBN: 978-0-19-456977-4
Glendenning,E.H. (2007). Professional English in Use. Medicine. Cambridge. CUP

Textos de fisioterapia, que se lles proporcionará aos alumnos ao longo do curso. En principio, non se esixe a compra de ningún libro de texto.

Bibliografía complementaria

Bibliografía

Algúns destes libros atópanse na biblioteca da Facultade de Fisioterapia (Campus de Oza):

1. Libros sobre a preparación de artículos e presentacións en inglés.

Albert, Tim (ed) The A-Z of Medical Writing Londres, BMJ Books (2000)

Day, R. A. and Barbara Gastel How to Write and Publish a Scientific Paper, (6th edition) Cambridge University Press, 2005

Day, Robert A. Cómo escribir y publicar trabajos científicos Washington, Organización Panamericana de la Salud (2003)

Greenhalgh, Trisha. Gianfranco Lia English for physicians [Grabación sonora]: English for medical conferences & presentations = inglés para médicos: inglés para congresos y presentaciones médicas. (versión española)

Iles, Robert L. and Debra Volkland Guidebook to Better Medical Writing Island Press (1997)

Norman, Guy (1999) Cómo escribir un artículo científico en inglés Madrid, Hélice. (en español, errores más corrientes)

Villemaire, Doreen and Lorraine (2005) Grammar and Writing Skills for the Health Professional New York; Thomson (Delmar Learning).

2. Libros de texto para inglés específico do campo da mediciña:

Bradley, Robin A. English for nursing and health care: a course in general and professional English Milano McGraw-Hill. Madrid Churchill Livingstone España (2005)

Cavusgil, Sharon L. (1998) The Road to Healthy Living Michigan; University of Michigan Press

Glendinning, Eric H. Beverly A.S. Holmström English in medicine (libro y audio CD archivo de ordenador)

Greenhalgh, Trisha (1993) Medicine Today London; Longman.

Luttikhuizen, Frances M. English for specific academic purposes: health sciences Barcelona, Edicions Universitat de Barcelona (2001)

Maclean, Joan (1991): English in Basic Medical Science Oxford; OUP.

McCullagh, Marie and Ros Wright (2008) Good Practice: Communication Skills in English for the Medical Practitioner CUP: Cambridge.

3. Libros sobre términos médicos en inglés. (ademáis dos moitos diccionarios biligües na biblioteca de Oza)

Collins, C. Edward A Short Course in Medical Terminology Baltimore: Lippincott, Williams and Wilkins (2006)

Leonard, Peggy C. (2001) Building Medical Vocabulary St Louis, Missouri; Elsevier Saunders. Milner, Martin (2006) English for Health Sciences Boston; Thomson ELT.

Pohl, Alison (2002) Test Your Professional English (Medical) London; Penguin.

4. Diccionarios

Dorland’s Illustrated Medical Dictionary (1988) Philadelphia: WB Saunders Co.

Garrido Ferrer, A. y Garrido Juan, A. (2006) Diccionario de Terminología Médica Barcelona: ESPAXS (recomendado)

Martin, Elizabeth A. (ed) (1985) Concise Medical Dictionary Oxford: OUP.

Rogers, Glenn T. [2007] English-Spanish Spanish-English Medical Dictionary. 

New York: McGraw-Hill.

ONLINE DICTIONARIES

http://medical-dictionary.thefreedictionary.com/ Farlex free online dictionary: Excellent

http://www.stedmans.com/ Medical dictionary

http://dictionary.reverso.net/spanish-english/ Collins online dictionary: excellent


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos do Plan Green Campus da Facultade de Fisioterapia, os traballos documentais que se realicen nesta materia poderanse solicitar tanto en formato papel como virtual ou soporte informático. De realizarse en papel, seguiranse na medida do posible as seguintes recomendacións xerais: 

- Non se utilizarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a realización de borradores.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías